Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Jan Steen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJan Steen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(nl)Jan Havicksz. SteenEditar o valor en Wikidata
1626Editar o valor en Wikidata
Leiden, Países BaixosEditar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 1679Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Leiden, Países BaixosEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPieterskerk(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo neerlandésEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoLeiden
Warmond(en)Traducir
Delft
A Haia
HaarlemEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, artista visual, debuxante arquitectónicoEditar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura de xénero,Pintura de historia,Arte de paisaxes,retrato eautorretratoEditar o valor en Wikidata
MovementoPintura do século de ouro dos Países BaixosEditar o valor en Wikidata
Catálogo críticoJan Steen catalogue raisonné, 1833(en)Traducir(1833)
Jan Steen catalog raisonné, 1908(en)Traducir(1908)
Jan Steen, étude sur l'art en Hollande(en)Traducir(1864)
Jan Steen catalog raisonné, 1954(en)Traducir(1954)Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNicolaus Knupfer(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeGrietje Van GoyenEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Great Theatre of Dutch Painters(en)Traducir, (sec:Jan Steen)
Nordisk familjebok
Lives of Flemish, German, and Dutch painters(en)Traducir, (sec:Jan Steen, Tome Troisieme, pag. 26)Editar o valor en Wikidata
BNE: XX854092Discogs: 2234325WikiTree: Steen-529Find a Grave: 6238809Editar o valor en Wikidata
Campesiños diante dun albergue.

Jan Havickszoon Steen, nado enLeiden cara a1626 e sepultado na mesma vila o3 de febreiro de1679, foi un pintorneerlandés de obras xéneropainter doséculo XVII (aIdade de Ouro de Holanda). Os seus trazos distintivos son a visión psicolóxica, o sentido do humor e o colorido.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

A súa familiacatólica era ben coñecida na vila natal, onde rexentaron a tabernaThe Red Halbert durante varias xeracións. Ao mesmo que o seu máis famoso contemporáneoRembrandt van Rijn, Jan Steen asistiu áEscola Latina de Leiden. Foi educado pictoricamente porNicolaes Knupfer (1603-1660), un pintor alemán especializado en escenas históricas e figurativas, enUtrecht. A influencia de Knupfer pode atoparse nos usos compositivos e na cor. Outra fonte de inspiración foiAdriaen van Ostade (1610 -1685), pintor de escenas rurais e de interior, que vivía enHaarlem. Descoñécese se Steen estudou con Ostade.

En1648 Jan Steen entrou naSint Lucas Guild (Confraría de San Lucas) de pintores en Leiden, mais axiña se converteu no axudante do renomeado pintor paisaxistaJan van Goyen (1596-1656), trasladándose á súa casa da Bierkade naHaia. O3 de outubro de1649 casou coa filla de Jan van Goyen, Margriet, con quen tivo sete fillos. Steen traballou co seu sogro ata1654, ano no que se trasladou aDelft, onde abriu a cervexaríaDe Roscam, sen grande éxito. Viviu enWarmond de1656 a1660 e enHaarlem desde1660 ata1670, período no que foi especialmente produtivo. En 1670, logo do pasamento da súa muller en1669 e do seu pai en 1670, Steen regresou a Leiden, onde permaneceu o resto da súa vida. En abril de1673 casou de novo, con Maria van Egmont, que lle deu un outro fillo. En1674 foi presidente da Sint Lucas Guild. Faleceu en Leiden en1679 e foi enterrado na tumba familiar na Pieterskerk.

Actividade artística

[editar |editar a fonte]

Steen é un dos pintores máis apreciados doBarroco holandés, ata o punto que hai quen pensa que a súa fama só foi superada porRembrandt eVermeer. Foi un autor prolífico; estímase que pintou uns 800 cadros, dos que subsisten arredor de 350. Con frecuencia os membros da súa familia posaron como modelos. Nos seus varios autorretratos adoitou representarse modestamente.

Un dos asuntos preferidos de Steen foron as “escenas de xénero”, nas que monta un ambiente vivaz e desordenado, cheo de nenos barulleiros. Porén, era un mestre pintando meniños.

Outro dos seus temas preferidos era o do médico que visita unha muller doente; son polo menos vinte os lenzos seus en que representa este tema. A dona é case sempre nova e apática, e de seguro o seu mal é de amores.

Outros cadros están dedicados a representacións eróticas, ás veces en forma de farsa e noutros casos en forma tráxica. No entanto, os temas paisaxísticos son escasos e sempre con temas rurais.

Non abunda nas composicións relixiosas nin mitolóxicas.

Galería

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jan_Steen&oldid=4711219»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp