Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

James Harden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJames Harden

(2022)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)James Edward HardenEditar o valor en Wikidata
26 de agosto de 1989Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
EducaciónArtesia High School(en)Traducir
Universidade Estatal de ArizonaEditar o valor en Wikidata
Altura196 cmEditar o valor en Wikidata
Peso100 kgEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónbaloncestistaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade2009Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
DeportebaloncestoEditar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA eNational Basketball AssociationEditar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta eBaseEditar o valor en Wikidata
Número deportivo13Editar o valor en Wikidata
Convocado porOklahoma City Thunder, 3º (2009)Editar o valor en Wikidata
TraxectoriaEditar o valor en Wikidata
 EquipoNúmero de eventos xogadosPuntos/goles/tantos anotados
2007–2009Arizona State Sun Devils men's basketball
2009–2012Oklahoma City Thunder (Escolta)
2012–2021Houston Rockets (Escolta)
2021–2022Brooklyn Nets (Escolta)
2022–2023Philadelphia 76ers
2023–Los Angeles Clippers
 Selección nacionalNúmero de eventos xogados
 Estados Unidos de América
Participou en
2014Campionato do Mundo de Baloncesto de 2014
2012Xogos Olímpicos de 2012Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: jharden13Twitter: JHarden13Instagram: jharden12Olympics.com: james-hardenWikiTree: Harden-895Editar o valor en Wikidata

James Edward Harden Jr., nado nosÁnxeles (California) o26 de agosto de1989, é un xogador profesional debaloncestoestadounidense que pertence ao equipo dosLos Angeles Clippers daNational Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de altura xoga na posición deescolta.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Universidade

[editar |editar a fonte]

Xogou dúas tempadas cosSun Devils da Universidade Estatal de Arizona, onde acadou 19 puntos e 5,5 rebotes por partido.[1] Na súa segunda tempada foi un dos 50 finalistas no prestixioso Premio John R. Wooden.[2] Conseguiu a súa mellor marca anotadora o30 de novembro de2008, ao conseguir 40 puntos anteUTEP.[3] Foi elixido mellor xogador do torneo daPacific-10 Conference tras derrotar aUSC noStaples Center, e posteriormente xogador do ano da conferencia, ademais de entrar no primeiro equipoAll-American.[4] Tras dous anos na universidade, declarouse elixible para o draft de2009.[5]

Estatísticas

[editar |editar a fonte]
TempadaEquipoPPTSREBASTROUBTAP%TC%3P%TLMINPER
2007-08Arizona State Sun Devils3417.85.33.22.10.6.527.407.75434.12.6
2008-09Arizona State Sun Devils3520.15.64.21.70.3.489.356.75635.83.4
Total:6919.05.43.71.90.4.506.376.75535.03.0

Profesional

[editar |editar a fonte]

Oklahoma City Thunder (2009-2012)

[editar |editar a fonte]

Harden foi elixido na terceira posición doDraft da NBA do2009 polosOklahoma City Thunder.[6] Isto fixo que se convertera no primeiro xogador drafteado polos Oklahoma City Thunder dende que a franquía tivo ese nome.

Na súa primeira tempada na NBA, Harden xogou máis de 22 minutos por partido, facendo 9.9 puntos por encontro. Foi elixido no segundo equipo de rookies ao remate da tempada. No seu segundo ano, xogou nos 82 partidos da tempada regular, con 12.2 puntos de media. Nos playoffs acadou 13.0 puntos por partido, cunha porcentaxe de 47% de tiros de campo.

O18 de abril de2012, anotou 40 puntos na vitoria por 109-97 contra osPhoenix Suns, a máxima anotación da súa carreira. Atempada 2011-12 foi a súa mellor tempada dende que chegou á NBA, con 16.8 puntos en 31.4 minutos por partido, aínda que tan só xogou 2 partidos de 62 coma titular. Ao remate da tempada, foi elixido comaMellor Sexto Home da NBA, converténdose no segundo xogador máis novo en conseguilo. Liderou aos suplentes da NBA con 16.8 puntos por partido.[7]

Houston Rockets (2012-2021)

[editar |editar a fonte]

O27 de outubro de 2012, Harden foi traspasado ósHouston Rockets xunto aCole Aldrich,Daequan Cook eLazar Hayward a cambio deKevin Martin,Jeremy Lamb e varias futuras eleccións do Draft.[8] Este traspaso produciuse despois de que Harden rexeitara unha oferta de renovación por catro anos e 52 millóns dedólares cos Thunder, quen traspasaron ó escolta inmediatamente despois da súa negativa.

O31 de outubro de 2012, asinou un contrato por 5 anos e 80 millóns de dólares cos Rockets.[9] O mesmo día produciuse o seu debut contra osDetroit Pistons. Os Rockets gañaron por 105-96 enDetroit, e Harden conseguiu 37 puntos, 12 asistencias, 6 rebotes e 4 roubos de balón.[10] Desta forma, Harden igualou a terceira mellor marca de anotación dun xogador que debuta co seu novo equipo, tan só superado porKiki Vandeweghe, que anotou 47 puntos cosPortland Trail Blazers, eWilt Chamberlain, con 43 puntos para osPhiladelphia Warriors no seu debut na NBA.

Brooklyn Nets (2021-2022)

[editar |editar a fonte]

O14 de xaneiro de2021, Harden foi traspasado ósBrooklyn Nets nun traspaso entre catro equipos que mandou aRodions Kurucs,Dante Exum,Victor Oladipo, catro eleccións da primeira rolda do Draft e catro intercambios de elección da primeira rolda ós Rockets.[11][12]

Philadelphia 76ers (2022-2023)

[editar |editar a fonte]

O10 de febreiro de2022, Harden foi traspasado xunto aPaul Millsap ósPhiladelphia 76ers a cambio deBen Simmons,Seth Curry,Andre Drummond e dúas eleccións da primeira rolda do Draft.[13]

Los Angeles Clippers (2023-presente)

[editar |editar a fonte]

O1 de novembro de2023, osLos Angeles Clippers adquiriron a Harden xunto aP.J. Tucker eFilip Petrušev, a cambio deNicolas Batum,Kenyon Martin Jr.,Robert Covington eMarcus Morris.[14]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Ficha de Harden en TDR
  2. "2008-2009 John R. Wooden Award Preseason Top 50 List". Arquivado dendeo orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de outubro de 2009. 
  3. UTEP Miners vs. Arizona State Sun Devils - Box Score - November 30, 2008
  4. "Arizona State's James Harden Named USBWA First Team All-American". Arquivado dendeo orixinal o 25 de marzo de 2009. Consultado o 11 de outubro de 2009. 
  5. "James Harden Declares Entry to NBA Draft". Arquivado dendeo orixinal o 20 de abril de 2009. Consultado o 11 de outubro de 2009. 
  6. "2009 NBA Draft". Arquivado dendeo orixinal o 28 de xuño de 2009. Consultado o 11 de outubro de 2009. 
  7. "Thunder's James Harden wins Kia Sixth Man Award". Arquivado dendeo orixinal o 10 de maio de 2012. Consultado o 12 de maio de 2012. 
  8. "Thunder trade Harden to Rockets for Martin, Lamb and picks". Arquivado dendeo orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2012. 
  9. "Rockets sign new pickup Harden to five-year deal". Arquivado dendeo orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 01 de novembro de 2012. 
  10. "Notebook: Rockets 105, Pistons 96". Arquivado dendeo orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 01 de novembro de 2012. 
  11. "Brooklyn Nets Acquire James Harden".NBA.com. 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  12. "Rockets Announce Revised Four-Team Trade".NBA.com. 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  13. "76ers Acquire Seven-Time All-NBA Selection James Harden and Four-Time All-Star Paul Millsap in Trade with Brooklyn Nets".NBA. 10 de febreiro de 2022. Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  14. "Three-Team Deal with LA Clippers, Oklahoma City Thunder Completed".NBA.com. 1 de novembro de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Primeira Rolda
Segunda Rolda
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=James_Harden&oldid=6832971»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp