Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Jack Kerouac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJack Kerouac

(1956)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr)Jean-Louis Lebris de KérouacEditar o valor en Wikidata
12 de marzo de 1922Editar o valor en Wikidata
Lowell, Estados Unidos de América(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte21 de outubro de 1969Editar o valor en Wikidata (47 anos)
San Petersburgo, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia internaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaEdson Cemetery(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo ecatolicismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia
Lowell High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura dos Estados Unidos(pt)Traducir,novela autobiográfica eAmerican poetry(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, guionista, novelista, poeta, prosistaEditar o valor en Wikidata
MovementoXeración beatEditar o valor en Wikidata
Influencias
TraxectoriaEditar o valor en Wikidata
 EquipoCompetición
-Columbia Lions football
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeStella Sampas(1966–1969),morte da persoa
Joan Haverty Kerouac(1950–1951)
Edie Parker(1944–1948)Editar o valor en Wikidata
PaisLéo Alcide KerouacEditar o valor en Wikidata  e Gabrielle Ange LévesqueEditar o valor en Wikidata
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih,Editar o valor en Wikidata
Sitio webjackkerouac.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0449616Allocine: 38200Allmovie: p37887TV.com: people/jack-kerouac
BNE: XX915622Musicbrainz: ccf81e74-b701-4277-a599-3e0942e70b53Songkick: 309232Discogs: 265235WikiTree: Kerouac-8Find a Grave: 577Editar o valor en Wikidata

Jack Kerouac, nado enLowell (Massachusetts) o12 de marzo de1922 e finado enSan Petersburgo (Florida) o21 de outubro de1969, foi un novelista e poeta estadounidense, integrante daXeración beat.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

O seu nome orixinal eraJean-Louis Lebris de Kérouac, descendente de canadensesfrancófonos. Non aprendeu a falar inglés ata os seis anos.

Jack Kerouac axiña destacou como deportista practicandofútbol americano, gañando unha bolsa de estudos para aUniversidade de Columbia (Nova York). Porén, unha lesión na perna e unha discusión co adestrador frustraron a súa carreira, polo que decidiu enrolarse na mariña mercante.

Viaxes de Kerouac no libroOn the Road.

Escribía constantemente cando estaba en terra. Estaba asentado na cidade de Nova York, onde coñeceu outros membros daXeración Beat, comoAllen Ginsberg,Neal Cassady ouWilliam S. Burroughs.

Morreu con 47 anos debido a un derramo interno, produto dunhacirrose. Na súa tumba pódese ler o seguinte epitafio "Ti-Jean, honrou a vida". Foille outorgado un doutoramento póstumo por parte daUniversidade de Massachusetts.

Estilo

[editar |editar a fonte]

Pasou varios anos buscando un estilo propio, ao que finalmente chamouprosa espontánea ou "kickwriting". Cando lle preguntaban acerca das súas opinións acerca da escritura, non se esforzaba en facer diferenzas entre a prosa e a poesía. Sostiña que as súas ideas se aplicaban tanto a un como ao outro xénero. A espontaneidade como método traspasaba os límites das formas da escritura. Gustáballe dicir que cando estaba traballando nunha novela cada parágrafo era un poema dentro dun estendido texto que flotaba no mar da lingua inglesa.

A fama acabou co tímido entolecido de Kerouac, que tiña o costume de presentarse bébedo ásentrevistas para intentar superar o difícil transo de explicar amística dasnovelas que escribira moitos anos atrás e que ninguén se atrevera a publicar.

Entre as súas influencias están autores comoThomas Wolfe,Fiódor Dostoievski,Marcel Proust,Jack London ouJames Joyce.

Así mesmo, serviu de referencia a xente comoTom Robbins,Richard Brautigan,Ken Kesey,Jim Morrison,John Lennon,Bob Dylan,Tom Wolfe,Tom Waits,Jerry Garcia,Ben Gibbard ouJoe Cutler.

Obras

[editar |editar a fonte]

Prosa

[editar |editar a fonte]
  • Atop an Underwood: Early Stories and Other Writings (1936-1943)
  • Orpheus Emerged (1944-1945)
  • And the Hippos Were Boiled in Their Tanks (1945) (non publicada; escrita con Burroughs)
  • The Town and the City (1946-1949)
  • On the Road (1948-1956)
  • Visions of Cody (1951-1952)
  • Pic (1951 & 1969)
  • Book of Sketches (1952-1957)
  • Book of Dreams (1952-1960)
  • Doctor Sax (1952)
  • Maggie Cassidy (1953)
  • The Subterraneans (1953)
  • Good Blonde & Others (1955)
  • Tristessa (1955-1956)
  • Visions of Gerard (1956)
  • Old Angel Midnight (1956)
  • Desolation Angels (1956-1961)
  • The Dharma Bums (1957)
  • Lonesome Traveler (1960)
  • Big Sur (1961)
  • Satori in Paris (1965)
  • Vanity of Duluoz (1968)

Poesía, cartas, gravacións e outros escritos

[editar |editar a fonte]
  • Mexico City Blues (1955)
  • Scattered Poems (1945-1968)
  • Heaven and Other Poems (1957-1962)
  • Trip Trap: Haiku on the Road from SF to NY (1959) (con Albert Saijo e Lew Welch)
  • Pomes All Sizes (compilación de 1960)
  • San Francisco Blues (1954)
  • Book of Blues (1954-1961)
  • Book of Haikus
  • Dear Carolyn: Letters to Carolyn Cassady (1983)
  • The Scripture of the Golden Eternity (1956) (meditacións, poemas...)
  • Wake Up (1955)
  • Some of the Dharma (1954-1955)
  • Beat Generation
  • Jack Kerouac: Selected Letters, 1940-1956
  • Jack Kerouac: Selected Letters, 1957-1969
  • Windblown World: The Journals of Jack Kerouac (1947-1954)
  • Safe In Heaven Dead (fragmentos de entrevista)
  • Conversations with Jack Kerouac (entrevistas)
  • Empty Phantoms (entrevistas)
  • Departed Angels: The Lost Paintings
  • Readings by Jack Kerouac on the Beat Generation (1959) (LP)
  • Poetry For The Beat Generation(1959) (LP)
  • Blues And Haikus (1960) (LP)
  • The Jack Kerouac Collection (1990)
  • The Jack Kerouac Romnibus(1995)
  • Reads on the Road (1999) (CD de son)
  • Doctor Sax & Great World Snake (2003)
  • Door Wide Open (2000) (de Joyce Johnson. Inclúe cartas de Jack Kerouac)

Películas

[editar |editar a fonte]
  • Pull My Daisy (1959 - curtametraxe)[1]
  • What Happened to Kerouac? (1986 - Documental)[2]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Jack KerouacModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Jack_Kerouac&oldid=6905788»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp