Jack Benny, nado comoBenjamin Kubelsky o14 de febreiro de1894 enChicago e finado o26 de decembro de1974 enBeverly Hills, foi un humorista e actorestadounidense.
Benny foi unha das personalidades estadounidenses do entretemento máis recoñecidas do século XX, permanecendo activo 39 anos tanto naradio, natelevisión e nocine, os seus programas de radio e máis tarde de televisión foron inmensamente populares desde a década de 1930 ata a de 1960 e foron unha das influencias fundacionais dacomedia de situación. Comezou a estudar oviolín aos seis anos, e eseinstrumento converteuse nun dos seus trazos característicos, a partir de 1911 tocábao envodeviles da súa cidade natal e ao ano seguinte formou un dúo coa pianista Cora Salisbury. Participou naprimeira guerra mundial onde adoitaba entreter ás tropas co seu violín, logo da guerra seguiu a actuar en vodeviles e en 1929 interveu no seu primeiro filmeThe Hollywood Revue of 1929, un dos primeiros filmes sonoros. Foi co programaJack Benny Program cando se converteu nunha figura coñecida en todo o país, emitiuse na radio desde1932 ata1955 e na televisión de1950 ata1965.
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jack Benny![]() |