Järvenpää está situada na rexión de Uusimaa, ao sur de Finlandia, no extremo norte do lagoTuusulanjärvi. Encóntrase 37 km ao norte do centro deHelsinqui, limitando coas cidades deTuusula,Sipoo eMäntsälä, se ben hai xente que se refire aKerava como unha cidade veciña, mesmo a pesar de que ambas cidades non limitan entre si. A cidade forma parte doGran Helsinqui.
Järvenpää foi separada da cidade deTuusula en1951, constituíndose como un novo concello e conseguindo o status de cidade de mercado (kauppala) despois da separación. Os distritos veciños de Kellokoski e Nummenkylä non foron engadidos ao novo concello, e a controversia sobre o tema continúa 50 anos despois. Actualmente Kellokoski continúa a formar parte de Tuusula. En1967 foille concedido o status de cidade.
A maior parte da poboación de Järvenpää é de fala finesa, mentres que a minoría sueca constitúe menos dun 1 % da poboación do concello, en2012 a distribución das linguas no concello era a seguinte:[2]
A cidade está a unha distancia de en torno a media hora da capital tomando avaltatie 4 que une Helsinqui eLahti. Está comunicada por ferrocarril e por estrada á capital e tamén está próxima aoaeroporto de Helsinqui-Vantaa, en torno a 20 minutos. As conexións ferroviarias coa capital son boas e os trens de Uusimaa saen da estación dúas veces cada hora, e doutras estacións cada hora.[3]
Järvenpää é frecuentemente coñecida por ser o concello no que se encontraAinola, a casa do compositorJean Sibelius. Ainola está situada a uns dous quilómetros do centro da cidade. O compositor mudouse coa súa familia á casa deseñada polo arquitectoLars Sonck o24 de setembro de1904, e Sibelius viviu alí ata a súa morte en1957. Ainola está aberta para os visitantes nos meses de verán como "museo de Sibelius". A principios doséculo XX, outros moitos artistas se instalaron na cidade para fuxir das tentacións de Helsinqui.
O escritor e xornalistaJuhani Aho mudouse coa súa mullerVenny Soldan-Brofeldt o Järvenpää en1897. Ambos viviron durante 14 anos nunha vila chamadaVårbacka, ao carón da costa do lago Tuusulanjärvi. A vila foi posteriormente chamadaAhola.
Os eventos culturais da cidade teñen lugar noJärvenpää-talo ao longo do ano: concertos, teatro e exposicións de arte. O lugar favorito para os nenos é a casa de Pikku-Aino, onde os nenos poden xogar, facershows, e outras actividades.
Cada ano celébrase na cidade oPuistoblues, un evento musical traducido como "Parque do Blues". A semana doblues comeza coa "Rúa do Blues" do centro da cidade, e os bares e restaurantes acollen concertos ejam-sessions. O principal concerto ten lugar ao final da semana, e ten lugar en Vanhankylänniemi o sábado.