| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ivan Rakitić, nado enRheinfelden[1] (Suíza) o10 de marzo de1988, é unfutbolista profesional que xoga decentrocampista e o seu club actual é o Sevilla FC daLiga Santander. Ademais, é internacional naselección de Croacia. Malia haber xogado coas categorías inferiores de Suíza, Rakitić decidiu xogar internacionalmente con Croacia debido á nacionalidade dos seus pais.
Tras pasar uns anos nas categorías inferiores doFC Basel, Rakitić fixo o seu debut co primeiro equipo o29 de setembro de2005, nun partido daCopa da UEFA contra oŠiroki Brijeg.
O22 de xuño de2007, fichou poloFC Schalke 04 alemán por 5 millóns de euros.
O28 de xaneiro de2011, asinou un contrato de catro anos e medio coSevilla FC, a cambio de 2.5 millóns de euros.[2]
O16 de xuño de2014, Rakitić asinou un contrato de cinco anos coFC Barcelona, efectivo dende o día1 de xullo.[3]
Rakitić xogou coaselección croata dende 2007, incluíndo participacións nas Eurocopas de2008 e de2012, e noMundial de 2014.
- FC Basel
- 2006–07
- Sevilla
- 2013–14
- Barcelona
- 2014–15,2015–16,2017–18,2018–19
- 2014–15,2015–16,2016–17,2017–18
- 2016,2018
- 2014–15
- 2015