Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ivan Lendl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIvan Lendl

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1960Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Ostrava (Checoslovaquia)Editar o valor en Wikidata
ResidenciaGoshen(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altura188 cmEditar o valor en Wikidata
Peso79 kgEditar o valor en Wikidata
LateralidadedestroEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTenis,treinamento esportivo(pt)Traducir,golf ecoleccionismoEditar o valor en Wikidata
Ocupacióntenista (1978–1994), coleccionista de arte, adestrador de tenis, golfistaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1978Editar o valor en Wikidata - 1994Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado21.262.417 $Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaChecoslovaquia
Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
DeportetenisEditar o valor en Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobresEditar o valor en Wikidata
Man de xogodestroEditar o valor en Wikidata
ModalidadePartido de tenisRecorde individual (pt)Recorde individual (pt)Número de vitoriasRécord persoal
Tenis individual1068–242Editar o valor en Wikidata 94Editar o valor en Wikidata1 (1983)
Tenis dobres186–139Editar o valor en Wikidata6Editar o valor en Wikidata20 (1986)
Hall of fameInfo HOFEditar o valor en Wikidata
ATPInfo ATPEditar o valor en Wikidata
TraxectoriaEditar o valor en Wikidata
 EquipoCompetición
1978-1985Equipe checoslovaca na Copa Davis
Familia
PaiJiří LendlEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Records of persons of interest(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm1961891BNE: XX1155171Editar o valor en Wikidata

Ivan Lendl, nado enOstrava o 7 de marzo de 1960, é un extenista profesional e adestradorcheco nacionalizadoestadounidense aos 32 anos.

Estivo na primeira posición do ranking ATP durante 270 semanas (só por detrás deRoger Federer,Novak Djokovic ePete Sampras). Finalizou 4 tempadas como o mellor, 9 veces entre os 3 mellores, e 13 tempadas entre os Top 10 do ranking. Está quinto en cantidade de vitorias no tour profesional con 1071, por detrás deJimmy Connors,Roger Federer,Novak Djokovic eRafael Nadal e cuarto en cantidade de torneos gañados con 94, só superado polos mesmos Connors,Federer eNovak Djokovic. Obtivo 8 torneos deGrand Slam, 5 Torneos de fin de tempada, e 22 torneos Grand Prix Super Series (actuais Masters 1000). Por todos estes logros, Lendl está considerado entre os mellores tenistas de todos os tempos.[1][2]

Gañou oito torneos individuais deGrand Slam: oAberto dos Estados Unidos de 1985, 1986 e 1987, oTorneo de Roland Garros de 1984, 1986 e 1987, e oAberto de Australia de 1989 e 1990. Algo que nunca puido conseguir é gañar oCampionato de Wimbledon, onde foi finalista en 1986 e 1987, polo que nunca puido completar o Grand Slam. Acumulou un total de 19 finais e 28 semifinais, o que o sitúa cuarto en ambos os historiais da era aberta.

Lendl obtivo 22 títulos e 33 finais de Grand Prix Championship Series, situándose cuarto en ambos os historiais. Destácanse seis títulos no Masters de Canadá, converténdoo no xogador con máis títulos do mencionado torneo. Á súa vez, gañou cinco veces o Masters Grand Prix e foi finalista catro veces. Tamén triunfou na final de WCT de 1982 e 1985.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de tenistas. A súa nai chegou a ser a tenista número 2 do seu país.

Lendl converteuse en profesional en 1978. Mudouse aosEstados Unidos en 1986 tras ser ameazado publicamente pola asociación de tenis do seu país de non deixalo viaxar a participar en torneos no exterior, por participar no torneo de Sun City,Suráfrica. En 1992 converteuse en cidadán estadounidense.

Casou en 1989 con Samantha Frenkel e tiveron cinco fillas: Marika, as xemelgas Isabelle e Caroline, Daniela e Nikola. Tras o seu retiro dedicouse a xogar ao golf e a axudar ás súas fillas a practicalo, deporte no que as súas fillas demostraron ter gran potencial para triunfar no mundo profesional.

Tenista

[editar |editar a fonte]
Ivan Lendl na final do torneo mundial de tenis ABN de 1984 en Róterdan.

Lendl alcanzou notoriedade a temperá idade. En 1978 conquistou os títulos juniors deRoland Garros eWimbledon e alcanzou a posición de N 1, algo que lograría logo como profesional.

Alcanzou a posición número 1 do escalafón mundial o 28 de febreiro de 1983, e só a perdeu nalgunhas ocasións, até finalmente deixala en 1990. Mantívose un total de 270 semanas no máis alto, excedendo a marca de Jimmy Connors, e superado tan só porPete Sampras. En 2010 tamén Roger Federer o superou en número de semanas á fronte do ATP.

Lendl gañou 94 títulos en individuais durante a súa carreira: 8 Grand Slam, 5 Master Grand Prix e outros 81 torneos ATP.

Lendl gañara aCopa Davis de 1980 conChecoslovaquia, pero catro anos máis tarde mudouse aNova York e deixou de xogar este torneo. En 1992 converteuse en cidadán dosEstados Unidos.

Dise que unha das razóns do seu éxito débese á superficie utilizada nas canchas do "Flushing Meadows Park". Os traballadores que cada ano preparan a superficie son os mesmos que o fan na casa de Lendl enLong Island. Desta forma, Lendl obtén unha copia exacta na súa propia cancha.

A actitude profesional de Lendl, o seu moderno estilo de xogo, os seus métodos de adestramento científicos e o seu éxito sen precedentes a longo prazo produciron un impacto considerable no tenis mundial de hoxe. Unha cita típica de Lendl é: "Se non practicase da forma en que o fago, entón non xogaría da maneira que sei que podo facelo".

Con isto dito, o checo retirouse cun historial de partidos 1069-242, o que significou un 81.5% en porcentaxe de vitorias; do mesmo xeito, acumulou un 390-83 en dura, 329-77 en arxila, 81-27 en céspede e 269-55 en moqueta; así mesmo, posúe historiais favorables contra 349 xogadores e gañoulle polo menos unha vez a 381 tenistas. Do mesmo xeito, é importante acoutar que gañou 95 veces a xogadores situados no top-5, cifra superior á deRafael Nadal que acumulou 93. Así mesmo, alcanzou 44 vitorias consecutivas desde o 29 de setembro de 1981 no Torneo de Madrid fronte a Gabriel Urpi até a súa derrota fronte aYannick Noah na final do torneo da Quinta o 15 de febreiro de 1982, superando a outros ilustres comoNovak Djokovic con 43;Roger Federer con 41; Jimmy Connors con 37; Thomas Muster con 35; o propio Nadal con 32; e o seu antigo alumnoAndy Murray con 28.

Outras actividades

[editar |editar a fonte]

Despois de finalizar a súa carreira no tenis en 1994, dedicouse a xogar aogolf, tendo un hándicap de 0. En 2004 organizou un torneo de beneficencia chamado Ivan Lendl Celebrity Golf Tournament.

En xaneiro de 2012, converteuse en adestrador deAndy Murray.[3] O británico perdera as súas primeiras catro finais de Grand Slam. Logrou o seu primeiro Grand Slam o cal, de logralo, sería aos seus 24 anos á mesma idade en que Lendl logrou o seu primeiro torneo grande. Murray obtivo o Aberto de Estados Unidos 2012 e o Campionato de Wimbledon 2013. Lendl deixou de ser o seu adestrador en marzo de 2014.

Torneos

[editar |editar a fonte]

Vitorias (8)

[editar |editar a fonte]
AnoTorneoAdversario na finalScore
1984Roland-GarrosJohn McEnroe3-6, 2-6, 6-4, 7-5, 7-5
1985US OpenJohn McEnroe7-6, 6-3, 6-4
1986Roland-GarrosMikael Pernfors6-3, 6-2, 6-4
1986US OpenMiloslav Mečíř6-4, 6-2, 6-0
1987Roland-Garros  Mats Wilander7-5, 6-2, 3-6, 7-6
1987US OpenMats Wilander6-7, 6-0, 7-6, 6-4
1989Open de AustraliaMiloslav Mečíř6-2, 6-2, 6-2
1990Open de AustraliaStefan Edberg4-6, 7-6, 5-2,ab.

Finais (11)

[editar |editar a fonte]
AnoTorneoAdversario na finalScore
1981Roland-GarrosBjörn Borg6-1, 4-6, 6-2, 3-6, 6-1
1982US OpenJimmy Connors6-3, 6-2, 4-6, 6-4
1983US OpenJimmy Connors6-3, 6-7, 7-5, 6-0
1983Open de AustraliaMats Wilander6-1, 6-4, 6-4
1984US OpenJohn McEnroe6-3, 6-4, 6-1
1985Roland-GarrosMats Wilander3-6, 6-4, 6-2, 6-2
1986WimbledonBoris Becker6-4, 6-3, 7-5
1987WimbledonPat Cash7-6, 6-2, 7-5
1988US OpenMats Wilander6-4, 4-6, 6-3, 5-7, 6-4
1989US OpenBoris Becker7-6, 1-6, 6-3, 7-6
1991Open de AustraliaBoris Becker1-6, 6-4, 6-4, 6-4

Traxectoria na Masters Cup

[editar |editar a fonte]
An0Masters Cup
1980FinalBjörn Borg
1981VitoriaVitas Gerulaitis
1982VitoriaJohn McEnroe
1983FinalJohn McEnroe
1984FinalJohn McEnroe
1985VitoriaBoris Becker
1986VitoriaBoris Becker
1987VitoriaMats Wilander
1988FinaleBoris Becker
19891/2 finalStefan Edberg
19901/2 finalStefan Edberg
19911/2 finalPete Sampras
1992Forfait

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Top 10 Greatest Tennis Players (Male) of All Time".www.sportsxm.com(eninglés). 2014-09-24. Consultado o2024-08-27. 
  2. "Top 10 Greatest Tennis Players (Male) of All Time 2022"(eninglés). 2022-01-03. Consultado o2022-05-13. 
  3. "Lendl será el entrenador de Murray". Arquivado dendeo orixinal o 3 de febrero de 2012. Consultado o 27 de enero de 2012. 
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ivan_Lendl&oldid=6820421»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp