Ivan Bunin Biografía Nacemento 22 de outubro de 1870Voronej, Rusia (pt) Morte 8 de novembro de 1953 (83 anos)16º distrito de París, Francia Causa da morte infarto agudo de miocardio Lugar de sepultura Cemitério Russo de Sainte-Geneviève-des-Bois (pt) Actividade Campo de traballo Novela ,conto ,poesía ediario Ocupación escritor , prosista , dramaturgo , poeta , tradutor , gañador do Premio Nobel Período de actividade 1887 - 1953 Membro de Obra Obras destacables
Familia Familia House of Bunin (en) Cónxuxe Vera Muromtseva-Bunin (1922–) Anna Tsakni (1898–valor descoñecido) ,divorcio Irmáns Yuly Bunin Premios Sinatura Descrito pola fonte Concise Literary Encyclopedia (en) , (vol:1)Enciclopedia Larousse en liña Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978 , (sec:Бунин Иван Алексеевич)
Iván Alexéievich Bunin , encirílico ruso Иван Алексеевич Бунин , nado enVoronezh o22 de outubro de1870 e finado enParís o8 de novembro de1953 , foi unescritor ruso . Gañou o Premio Puxquin de literatura.
Iván Alexéievich Bunin Nado naRusia Central, no seo dunha familia nobre, viviu ata os sete anos na propiedade que os seus pais posuían enYelets . Educouse no fogar paterno baixo a disciplina dun titor, quen lle ensinou a ler e escribir utilizando unha tradución ao ruso deDon Quixote , cos contos e lendas de Gogol e coRobinson Crusoe .
Durante algún tempo estudou naUniversidade de Moscova . Publicou os seus primeiros poemas en1897 nunha revista literaria deSan Petersburgo . A súa primeira colección de poemas,Listopad , apareceu en 1901 sendo calidamente acollida pola crítica. En1903 recibiu oPremio Pushkin da Academia rusa polas súas traducións ao ruso das obras do poeta estadounidenseHenry Wadsworth Longfellow , así como dos poetas inglesesLord Byron eAlfred Tennyson .
Nos anos previos ao comezo daprimeira guerra mundial adicouse a viaxar porItalia ,Turquía ,Palestina ,Exipto ,Grecia ,Alxeria eTunisia . Tras a revolución rusa de1917 , en1919 emigrou a París, onde se estableceu, vivindo modestamente ata a súa morte acaecida en 1953.
A súapoesía continúa a tradición clásica dosparnasianistas e, especialmente, deAleksandr Pushkin . A partir de1920 , debido ao seu exilio, a súa poesía derivou cara a un lirismo máis acentuado. Cultivou tamén oconto e anovela , fiel ao realismo ruso doséculo XIX .Vladimir Nabokov encomiou a súa poesía, comparándoa coa deAlexander Blok , pero despreciou a súaprosa .
En1933 recibiu oPremio Nobel de Literatura pola súa arte, coa cal continuou as tradicións rusas clásicas na escritura da prosa . Na viaxe a través deAlemaña para aceptar o premio enEstocolmo , osnazis , aparentemente facendo un control dexoias , detivérono, coñecedores da forte oposición do autor ao réximenazi .
1915 :Grammatika liubov 1915:Gospodín iz San Francisco 1916 :Sîn 1924 :Mitina liubov 1925 :Solnecinîi udar 1925:Delo korneta Elaghina 1930 :Jizn Arsenieva 1937 -1944 : :Tiomnîe allei 1941 :Natalie 1944 :Holodnaia osen
1901–1925 1926–1950 1951–1975 1976–2000 Dende 2001