O20 de xuño de1929, o deputado serbio, Puniša Račić, dispara contra cinco membros do opositor Partido Campesiño Croata, naAsemblea Nacional, resultando na morte de dous deputados e, unhas semanas máis tarde, da do líder Stjepan Radić. O reiAlexandre I, elimina a constitución o6 de xaneiro de1929, prohibe os partidos políticos nacionais,asume o poder executivo e renomea o país coma Iugoslavia. Agardaba frear as tendenciasseparatistas e mitigar as paixónsnacionalistas. Impón unha novaconstitución e renuncia á súaditadura en1931.[7] Porén, as políticas deAlexandre atopan posteriormente oposición por parte doutras potencias europeas, debido aos acontecementos enItalia eAlemaña, onde osfascistas e osnazis acadan o poder, e naUnión Soviética, ondeIosif Stalin se converte no gobernante absoluto. Ningún destes tres réximes favorecía a política seguida porAlexandre I. De feito,Italia eAlemaña querían revisar os tratados internacionais asinados após aprimeira guerra mundial, e ossoviéticos estaban resoltos en recuperar as súas posicións enEuropa, levando a cabo unha política internacional máis activa.
Alexandre I tenta crear unha Iugoslaviacentralizada. Decide abolir as rexións históricas do país, e esbózanse novas fronteiras internas para asprovincias oubanovinas.[8] Estas últimas, noméanse na honra de ríos. Moitos políticos foron encarcerados ou mantidos baixo vixilancia policial durante o seu reinado, amais, osmovementos comunistas restrínxense por completo.
O rei foiasasinado enMarsella durante unha visita oficial aFrancia en1934, por Vlado Chernozemski, un tirador experimentado da Organización Interna Revolucionaria de Macedonia, de Ivan Mihailov, coa cooperación dos Ustaše, unha organización revolucionariafascistacroata.[9]Alexandre é sucedido entón polo seu fillo de once anos, Pedro II, e un consello de rexencia encabezado polo seu curmán, o príncipe Paulo de Iugoslavia.[10]