Itihasa ouItihaasa (ensánscrito: इतिहास, taméntranscritoItihaasah,Itihāsa eIti-hasa) significa literalmente "así foi" ou "iso sucedeu" e refírese á colección de descricións escritas de eventos importantes dentro doHinduísmo, incluíndo obras como oRamayana e oMahabharata.[1][2][3]
Estas historias adoitan serpoemasépicos que se compoñen en forma depoesía para facilitar a súa memorización e transmisión oral.[4] Escavacións modernas e probasarqueolóxicas mostran que estasépicas indias se corresponden ás veces con historia real. A autenticidade histórica destas epopeas é un tema de debate continuo entre académicos.[5][6]
O significado orixinal de Itihasa é máis preciso que a palabrahistoria comunmente utilizada hoxe, indicando un relato que se supón que ten unha base histórica, aínda que está contada de forma lendaria ou tradicional.[3]
Na formación dunpríncipe antigo, segundo oArthashastra deChanakya, Itihasa defínese xunto con textos como osPurāṇas e outras obras literarias como parte do seu currículo educativo.[3]
Engloba varios tipos de narrativas e sabedorías, incluíndo:
Estes elementos compoñen oItihasa, e pretende que quen os lea ou escoite poida aprender e aplicar as leccións na súa vida. Esta idea vese reflectida no traballo deKalhana, un historiador doséculo XII que escribiu que a historia non só relata eventos pasados, senón que tamén ofrece consellos e ensinos para vivir mellor a vida, cumprindo conDharma (deberes e ética) e buscandoMoksha ouSamsara (liberación ou iluminación espiritual).[7]
![]() | A Galipedia ten unportal sobre:India |
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Itihāsa |