Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Istambul

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:41°00′36″N28°57′37″L / 41.01,28.9603
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaIstambul
İstanbul (tr)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 41°00′36″N28°57′37″L / 41.01,28.9603
EstadoTurquía
Provinciaprovincia de IstambulEditar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación15.655.924(2023)Editar o valor en Wikidata (2.930,17hab./km²)
Xeografía
Superficie5.343 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porBósforo,Mar de Mármara,Mar Negro eCorno de OuroEditar o valor en Wikidata
Altitude100 mEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoAydos Dağı(pt)Traducir (537 m)Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación29 de maio de 1453Editar o valor en Wikidata
Evento clave
13 de novembro de 1918Ocupación de ConstantinoplaEditar o valor en Wikidata
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataEkrem İmamoğlu(2019–)Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal34000–34990Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico212 e 216Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Varsovia
Aktau(pt)Traducir
Río de Xaneiro(1965–)Editar o valor en Wikidata../... 43+

Sitio webistanbul.gov.trEditar o valor en Wikidata
Facebook: istanbulbuyuksehirbldTwitter: istanbulbldBNE: XX451084Editar o valor en Wikidata

Istanbul[1] ouIstambul,[2][3][4] (enturcoİstanbul[is'tanbul] (AFI)) é a maior cidade deTurquía, e tamén unha das cidades máis poboadas deEuropa, con 11 008 790 de moradores (censo de2007).

É tamén a capital administrativa daProvincia de Istanbul na chamadaRumelia ouTracia Oriental. Foi chamadaBizancio (engregoΒυζάντιον,tr."Byzantion") ata330, eConstantinopla ata1453, nome co que se lle denominou xeralmente en Occidente ata1930. Durante o períodootomán os turcos chamaban á cidade 'İstanbul' alteración da frase en linguagrega: εἰς τὴν πόλιν (á cidade), que no grego bizantino se prunciaba algo así comoistimbólin, pero oficialmente empregábase o nomeḲosṭanṭīnīye (قسطنطنيه) ("Cidade de Constantino" en turco otomán). O nome oficial deİstanbul foi imposto o28 de marzo de1930.

Foi sucesivamente a capital doImperio Romano de Oriente, oImperio Bizantino, doImperio Otomán e máis tarde da República deTurquía até1923.

Aínda que dende1923 a capital de Turquía éAncara, Istanbul segue sendo unha cidade que ten un papel fundamental naindustria, nocomercio e na cultura de Turquía. Alberga máis dunha ducia de universidades. É sé doPatriarcado Ecuménico de Constantinopla, cabeza daIgrexa Ortodoxa.

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Istanbul.

Fundación de Bizancio

[editar |editar a fonte]
Murallas.

Bizancio foi o nome orixinal da moderna cidade de Istanbul. Bizancio foi establecida por colonosgregos deMegara no667 a.C. e nomeada en honra do seu rei Byzas. O nome «Bizancio» é unha transliteración do nome grego orixinal de Βυζάντιον. Ogrego moderno demótico pronuncia este como Βυζάντιο, /vi.za.ⁿdjo/.

A través dos anos, esta cidade estivo en mans dospersas, os cales a ocuparon e destruíron noséculo V a.C. Recuperada poloespartanoPausanias no479 a.C., comezou a reconstruíla no478 a.C. Máis tardeEsparta tivo que disputar o seu control aosatenienses, quen a tomaron no409 a.C., mais foron expulsados no405 a.C., aínda que no390 a.C. volveu a mans atenienses.

Entre o336 e o323 a.C. estivo en mans dosmacedonios, durante o reinado deAlexandre Magno. Logo deste, a cidade recuperou certa independencia, agás cando no279 a.C. osceltas conquistaronTracia, impondo un tributo a Bizancio.

O Imperio Romano

[editar |editar a fonte]

No ano191 a. C. a cidade pasou a ser aliada deRoma, quen a recoñeceu como cidade ceibe, aínda que posteriormente pasou a ser posesión directa da República (100 a. C.).

No ano194, Bizancio viuse envolvida nunha disputa entre o emperador romanoSeptimio Severo ePescennius Niger, tomando partido polo derradeiro. Debido a isto Severo cercou a cidade, onde resistían os partidarios de Niger. O sitio durou tres anos, o que alporizou a Severo que, cando finalmente se rendeu, a saqueou, destruíndo as súas murallas.

O Imperio Bizantino

[editar |editar a fonte]
Aigrexa de Santa Sofía (Hagia Sofia) foi convertida en mesquita durante oImperio Otomán e dende 1935 é un museo.
AMesquita Azul (Mesquita do Sultán Ahmed).
Silueta da Mesquita Azul e do museo Hagia Sofia.
Ponte do Bósforo sobre oEstreito do Bósforo.

A estratéxica posición de Bizancio atraeu ao emperador romanoConstantino I o Grande, quen no ano330, fundou de novo a cidade comoNova Roma ouConstantinopolis na súa honra (Constantinopla, en grego:Konstantinoupolis,Κωνσταντινούπολις) e converteuna na capital doImperio Romano e, trala súa división en395, doImperio Romano de Oriente, que pasou á historiografía moderna co nome deImperio Bizantino. O nome deNova Roma nunca se empregou con frecuencia e foi o deConstantinopla o que prevaleceu ata a caída do Imperio en1453 e foi usado ata oséculo XX enEuropa, no canto de Istanbul (aínda se emprega enGrecia).

A combinación deimperialismo e posición estratéxica desempeñarían un papel importante, como encrucillada entre dous continentes (Europa eAsia), e máis tarde como un incentivo paraÁfrica e outros territorios á súa vez, en termos de comercio, cultura, diplomacia e estratexia. Nunha localización tan valiosa, Constantinopla era quen de controlar a ruta entre Asia e Europa, así como o paso domar Mediterráneo aoEfxinos Pontos (mar Negro). Isto fixo que mentres que a parte occidental do Imperio Romano entrou nunha crise económica, comercial, política e demográfica, Constantinopla mantivese a súa posición durante séculos, converténdose na grande urbe europea medieval.

Do primeiro período de esplendor do Imperio destaca aIgrexa de Santa Sofía, obra mestra da arte bizantina que mandou construír o EmperadorXustiniano. Tras unha pequena crise nos séculosVII eVIII, volvería outra etapa de renacemento noIX eX, coCisma de Oriente, tralo que viría a decadencia do Imperio coascruzadas, a división en varios estados como oImperio Latino, e a constante ameaza turca. No entanto a cidade mantería a súa importancia como centro cultural e comercial daconca do Mediterráneo, contando con consulados e colonias de mercadores de diversos países.

O derradeiroemperador (oubasileos) bizantino foiConstantino XI quen morreu na defensa da cidade.

O Imperio Otomán

[editar |editar a fonte]

ACaída de Constantinopla baixo dominio turco o29 de maio de1453 foi un suceso que impactou á sociedade europea da época e que se considera o final daIdade Media. A cidade caeu tras un longo asedio e anos de conflitos cos turcos, que xa conquistaran o resto doImperio Bizantino, debido ao tesón do sultánMehmed II, chamado naquel momentoFatih, en turco «O Conquistador» e formou parte doImperio Otomán ata a súa disolución oficial o1 de novembro de1922. Os otománs denominaron a cidadeİstanbul ou Istanbul.

Durante o período otomán a cidade franqueou un cambio cultural completo, e pasou de ser unha cidade bizantina imperial e cristiá ortodoxa a outra otomá eislámica. AHagia Sophia, a Igrexa da Divina Sabedoría, foi convertida nunhamesquita como o foron algunhas outras igrexas na cidade (sobre todo as igrexas dos barrios que puxeron máis empeño en defender a cidade fronte Mehmed III). Moitas igrexas conserváronse e novas mesquitas construíronse ao redor da cidade; cada Sultán construíu unha magníficamesquita para conmemorar o seu reinado. Entre estas mesquitas, as máis extraordinarias son: aMesquita de Beyazid, aMesquita de Süleymaniye (a máis grande de Istanbul), aMesquita do Sultán Ahmed (o primeiro sermón do venres ou «Jutba» nesta Mesquita foi lido polo Jelveti Sufí Xeque Aziz Mahmud Hudayi) e aMesquita de Fatih.

As donas e nais dos Sultáns tamén contribuíron á construción de mesquitas e varias destas, tanto no lado europeo como no asiático da cidade, teñen o nome Mesquita do Sultán Valide, para simbolizar que foron construídos conforme ás ordes da nai do Sultán.

As ordessufíes, tan estendidas no mundo islámico de entón, tiñan a numerosos discípulos que participaran na conquista da cidade e trasladáronse para instalarse na capital. Durante tempos do Imperio Otomán máis de 100Tekkes (centros de reunión e retiro ao xeito dos mosteiros cristiáns nos que se celebraban rituais sufíes) estaban activos tan só en Istanbul.

Vista deBeşiktaş en2020.

Moitos destes Tekkes aínda perviven no día de hoxe, uns en forma de mesquitas outros como museos, como Jerrahi Tekke en Fatih, as mesquitas de Sünbül Efendi e Ramazan Efendi o Gálata Mevlevihane en Beyoğlu, Yahya Efendi Tekke en Beşiktaş e Bektaşi Tekke en Kadıköy que na actualidade é empregada por musulmáns Alevíes como unha Cemevi. Un elemento pintoresco da paisaxe de certas zonas da cidade de Istanbul, que aínda pervive hoxe en día, son asTürbes, características tumbas do período otomán.

A República de Turquía

[editar |editar a fonte]

Cando a República deTurquía foi establecida porMustafa Kemal Atatürk o29 de outubro de1923, a capital foi trasladada de Constantinopla aAncara. İstanbul adoptouse como nome oficial en1930. Nos primeiros anos da república, Istanbul foi pasada por alto en favor da nova capital Ancara, pero durante a década dos anos 50 e 60 Istanbul someteuse ao gran cambio estrutural. A cidade, no seu día cunha numerosa e próspera comunidadegrega, herdeiros das orixes gregas da cidade, diminuíu logo dos acontecementos do6 e o7 de setembro de1955, nos que unha turba atacou e asaltou as comunidadesarmenia, grega exudía da cidade, sen lamentar moitos danos persoais, aínda que un gran número de gregos abandonaron os seus fogares e viaxaron á veciñaGrecia.

Nadécada de 1960 o goberno deAdnan Menderes procurou desenvolver o país no seu conxunto, e foron construídas novas autoestradas e redes de estradas así como fábricas en todo o país. Unha moderna rede viaria foi construída en Istanbul, pero nalgúns casos, lamentablemente, a expensas da derriba de edificios históricos no interior da cidade.

En1963 asinouse oAcordo de Ankara, que constitúe o primeiro paso do país no seu proceso de integración naComunidade Económica Europea (posteriormente, naUnión Europea).

Durante os anos 70 a poboación de Istanbul comezou a medrar rapidamente no momento en que a xente deAnatolia emigrou á cidade para atopar emprego en moitas das novas fábricas construídas nos arredores da cidade. Este brusco e repentino aumento da poboación provocou unha explosión inmobiliaria, a construción de edificios non se detivo (algúns de mala calidade sofren danos cos frecuentes terremotos que golpean a cidade). Durante este crecemento desmedido moitos lugares situados antes na periferia da cidade foron absorbidos pola granmetrópole de Istanbul. A maioría dos turcos que viviron en Istanbul nesas décadas aínda poden recordar como os distritos da cidade como Maltepe, Kartal, Pendik e outros eran campos verdes. Outras áreas comoTuzla non eran máis que unha vila costeira.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Vista satélite da área de Istanbul.
Cisternas de Basílica.
Fortaleza de Rumeli Hisari.
Gran Bazar
Bazar dasespecias
Acuedutos de Valens

Istanbul atópase ao sur doestreito do Bósforo, ao noroeste daRexión do Mármara entre aTurquíaeuropea easiática. A parte europea da cidade atópase na parte occidental, mentres a parte asiática atópase na parte oriental. A cidade de Istanbul ten unha superficie de 1.539 km², mentres que a área metropolitana da cidade ten unha superficie de 6.220 km².

O Bósforo

[editar |editar a fonte]

OBósforo (EnturcoBoğaziçi) é unestreito que divide en dúas partes a cidade de Istanbul, conectando aomar de Mármara comar Negro e separando fisicamenteAsia deEuropa.

Sobre o estreito construíronse dúaspontes que comunican os dous continentes. A ponte Bogazici (Boğaziçi Köprüsü), de 1.074 metros de longo, foi completada en1973. A segunda ponte, aFatih Sultan Mehmet (Fatih Sultan Mehmet Köprüsü, FSM) posúe unha lonxitude de 1.014 metros, foi completada en1988 e atópase a case cinco quilómetros ao norte da primeira ponte. Estas pontes unen Istanbul coas veciñas cidades asiáticas deÜsküdar (en gregoCrisopolis) eKadiköy (en gregoCalcedonia), que pasaron a formar unha conurbación con Istanbul na segunda metade doséculo XX.

Untúnelferroviario de 13,7 quilómetros está sendo construído e estímase a súa terminación para2008. Aproximadamente 1400 metros do túnel van construírse baixo o estreito, mediante a técnica de inmersión do conduto, e prevese que será o máis profundo túnel executado por este método (cun máximo de 56m baixo o nivel da auga). O proxecto contempla a construción dun metro de 13,3 km con catro estacións, que unirá o centro de Istanbul coa urbe oriental e coa urbe occidental.

Risco sísmico

[editar |editar a fonte]

Istanbul está situada preto de falla Anatolia do Norte, unha falla xeoloxicamente activa que foi responsable de varios tremores mortais na historia contemporánea da cidade. Os estudos demostran que hai un risco elevado de que nas próximas décadas se produza un terremoto devastador preto de Istanbul. As dificultades para establecer e impor convenientes normas de calidade na construción dos edificios probablemente causarán un enorme número de derrubamentos e esborralles, sobre todo en vivendas de albanelería baratas como os «gecekondu» dos suburbios de Istanbul.

Clima

[editar |editar a fonte]

A cidade de Istanbul posúe un clima temperado continental, consistente en quentes, longos e húmidos veráns e invernos fríos, chuviosos e con nevadas ocasionais que poden ser abondosas. A media de precipitacións total é de 870 mm anuais. A humidade relativa da cidade é constantemente alta o que fai que se sintan temperaturas moito máis rigorosas que as que en realidade existen. As temperaturas máximas medias durante os meses de inverno varían entre 3 e os 8°C, e ata podendo baixar aos -5 °C e inferiores. Ao contrario da crenza común, as grandes precipitacións en forma de neve son comúns, podendo acaecer entre os meses de novembro e abril. Os meses de verán de xuño a setembro traen temperaturas diúrnas medias de 28 graos centígrados e superiores. A pesar de que o verán é a tempada máis seca, a choiva é común e as inundacións semellantes a un monzón acontecen durante aquela época do ano.[5][6][7]

Economía

[editar |editar a fonte]

Sector financeiro

[editar |editar a fonte]

Istanbul constitúe a "capital financeira" deTurquía, aínda candoAncara vén sendo a capital do país dende1923. O nacemento de mercados específicos durante a década dos80 reforzaron aínda máis o status da cidade. Inaugurada a comezos de1986, aBolsa de Valores de Istanbul (ISE) é o único mercado de valores de Turquía, establecida para proporcionar operacións con accións, cupóns de dereito, abonos do estado, letras do Tesouro, certificados de participación nos ingresos, bonos emitidos pola privatización da Administración, bonos corporativos, e para levar a cabo transaccións da noite á mañá.[8] No ano1993 oISE decidiu sobre a liberalización dos mercados doouro, e en1995 oIstanbul Gold Exchange foi establecido, poñendo fin aomonopolio das importacións de lingotes de ouro do Banco Central de Turquía, transferíndose ao sector privado.[9]

Os distritos financeiros deLevent eMaslak son a sede dos principais bancos, compañías turcas, e tamén dos grandes xigantes do sector financeiro comoCitibank,Merrill Lynch,J. P. Morgan,HSBC,ABN Amro,Fortis,ING Bank,BNP Paribas,Société Générale,Banca di Roma,UniCredit,WestLB,Deutsche Bank,Commerzbank, entre outros. Os distritos deLevent eMaslak teñen un constante crecemento dinámico que se pode comprobar coa constante construción de novosrañaceos todos os anos.

Turismo

[editar |editar a fonte]

Istanbul é a principal cidade turística deTurquía. Na cidade atópanse centos dehoteis e industrias orientadas aoturismo. No2006 un total de 23 148 669 turistas viaxaron aTurquía, a maioría deles entraron no país a través dos aeroportos e portos de Istanbul eAntalya[10]. O número total de turistas que entraron a través dos Aeroportos Internacionais de Atatürk e Sabiha Gökçen de Istanbul chegou aos 5 346 658, fronte aos 4849.353 do2005.

Istanbul é tamén un dos maiores destinos de conferencias do mundo, medrando a súa elección como destino entre as principais asociacións mundiais[11]. O atractivo de Istanbul como cidade de conferencias desenvolveuse coa creación de tres áreas de conferencias e exhibicións:The Conference Valley Val das conferencias,The Airport & Exhibition District Distrito do aeroporto e das exhibicións (con 150.000 m² de espazo para exhibicións) e oBusiness & Financial District Distrito de negocios e financeiro. Estas áreas presentan unha combinación de aloxamento, facilidades de encontro, e espazo de exhibición. Estas áreas poden ser visitadas de xeito individual ou colectivo, grazas á rede demetro que as une; entre as tres poden acoller a máis de 10.000 visitantes.

Lugares de interese

[editar |editar a fonte]

Istanbul foi e é un crisol cultural e étnico. Por conseguinte, hai numerosas mesquitas, igrexas, sinagogas e palacios históricos dignos de visitar na cidade.

A cidade vella está principalmente situada no estreito doBósforo. Con todo, a cidade moderna é máis ampla e comprende ambos os lados (europeo e asiático) do estreito. Entre os seus encantos turísticos inclúense aIgrexa da Divina Sabedoría (Hagia Sofia), Sarıyer, Eyüp e Taksim na parte europea, e Beyköz, Üsküdar, Kadıköy, Moda, Bostancı e Adalar na parte asiática. Como capital que foi de dous dos imperios máis poderosos da Terra, e cidade cosmopolita que, para oséculo XVI, era probablemente a máis civilizada e multicultural, Istanbul alberga monumentos extraordinarios: palacios, igrexas e o Hipódromo que datan da época bizantina; as mesquitas de Sultanahmet e Süleymaniye; e oPalacio de Topkap? (Topkapı Sarayı), sede do poder imperial otomán, entre outros.

Edificios e monumentos

Mercados, barrios e lugares diversos

  • Restaurantes de peixe da zona de Bebek
  • Beyoğlu
  • Corno de Ouro
  • Praza de Taksim
  • OGran Bazar
  • O Bazar exipcio ou das Especias,
  • Cemiterio de Eyüp
  • Moda, Kadğköy
  • Bağdat Caddesi, Kadıköy

Construcións emblemáticas

Cidades irmandadas

[editar |editar a fonte]

Istanbul está irmandada con 45 cidades:

Predecesor:
LituaniaVilnius
AustriaLinz

Capital Europea da cultura
xunto aAlemañaEssen eHungríaPécs

2010
Sucesor:
FinlandiaTurku
EstoniaTalín

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parabizantino.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura.Lingua galega: dúbidas lingüísticas(PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009).Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo.Do Cumio.ISBN 978-84-8289-328-0. 
  4. Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007.ISBN 9788482893600. 
  5. Kottek, Markus; Grieser, Jürgen; Beck, Christoph; Rudolf, Bruno; Rube, Franz (June 2006)."World Map of the Köppen-Geiger climate classification updated"(PDF).Meteorologische Zeitschrift15 (3): 259–263.Bibcode:2006MetZe..15..259K.doi:10.1127/0941-2948/2006/0130. Consultado o29 March 2013. 
  6. Peel, M. C.; Finlayson, B. L.; McMahon, T. A. (2007)."Updated world map of the Köppen-Geiger climate classification"(PDF).Hydrology and Earth System Sciences4 (2): 439–473.doi:10.5194/hessd-4-439-2007. Consultado o29 March 2013. 
  7. "Total Participation Data: August"(en Turkish). Turkish State Meteorological Service. Arquivado dendeo orixinal o 16 de maio de 2012. Consultado o6 July 2012. 
  8. Foreign Economic Relations Board Turkey DEIK (ed.)."Financial sector"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 18 de decembro de 2006. Consultado o2007-01-01. 
  9. World Gold Council (ed.)."World Gold Council > jewellery:Turkey". Consultado o2007-01-01. 
  10. Hürriyet: 2006’da Türkiye’ye gelen turist başına harcama 728 dolara indi
  11. Reed Exhibitions Limited (member of the Association of Event Organisers (AEO)) (ed.)."EIBTM 2007 - The Global Meetings & Incentive Exhibition for the MICE Industry". Arquivado dendeo orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o2006-03-11. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  IstambulModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Capitais europeas da cultura
Bandeira da Unión Europea
Mapa de Europa coas CEC
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Istambul&oldid=6869900»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp