Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Islas Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Islas Airways
IATA
IF
OACI
ISW
Indicativo
PINTADERA
Fundación2002
Inicio das operacións2003
Fin das operacións16 de outubro de2012
Plan de voo frecuenteIslas Premium
Eslogan da compañíaContigo. Con los tuyos
SedeSanta Cruz de Tenerife
Páxina web:http://www.islasairways.com/

Islas Líneas Aéreas foi unhaaeroliñaespañola con sede social enPuerto de la Cruz (Tenerife,Canarias) e bases de operacións nalgúns aeroportos das illas. Operaba voos regulares interinsulares nasIllas Canarias. Foi constituída en2001 e empezou a operar en febreiro de2003. Islas Líneas Aéreas pertencía na súa totalidade ao grupo de propietarios deSanta Bárbara Airlines (Venezuela).

Posteriormente, Islas Líneas Aéreas foi propiedade do empresario da construción palmeiroMiguel Concepción a través do Grupo SOAC. No verán do2007, Islas Airways iniciou unha importante fase de expansión das súas operacións co pedido de 8 novos ATR 72-500 e a contratación dun equipo de coñecidos executivos internacionais da aviación (Andreas Blass CEO, Rainer Uphoff CCO e Mario Goldberg COO).

Islas Líneas Aéreas operaba servizos regulares entre os aeroportos deGran Canaria,Tenerife Sur,Tenerife Norte,Fuerteventura,Lanzarote,La Palma eEl Hierro. A aeroliña cesou todas as súas operacións o16 de outubro de2012.

Historia

[editar |editar a fonte]

A aeroliña constituíuse enLa Orotava o7 de setembro de2001 cun capital social de 70 000 €. Os accionistas iniciais da empresa eran Francisco González Yanes (tinerfeño residente enVenezuela) cun 89%, a Sociedad Canaria Americana de Inversiones cun 10% representada por Francisco Sánchez Jordán e Antonio Luis González cun 1%.

En maio de2002 a compañía quedou inscrita na Zona Especial Canaria (ZEC) e no mes seguinte ampliouse o capital social ata os 1 080 000 €. A principios de2003 solicitou autorización e dereitos de aterraxe e engalaxe para operar diversas rutas interinsulares, así como os códigos aeronáuticosIATA eOACI e a implementación destas rutas nos sistemas de reservas.

O28 de marzo de2003 iniciou a súa actividade comercial con seu primeiro voo na liñaGran Canaria-Fuerteventura operada cunATR 72. O15 de abril baiutizouse o seu segundo ATR 72 noaeroporto de La Palma, comezando as súas operacións ao día seguinte na rutaLa Palma-Tenerife Norte.

O20 de xuño de2007 a aeroliña formalizou a compra de seis avións ATR 72-500 por un valor duns 110 millóns de dólares. Os aparellos serían entregados entre finais dese anos e2009.[1]

O día15 de outubro de2012 a compañía publicou un comunicado anunciando o cesamento temporal de operacións de tráfico regular despois da incerteza vivida os días anteriores. Despediron os esmpregados sen recibir indemnizacións. Posteriormente a compañía intentaría, sen éxito, restablecer os voos. En xaneiro de2014 volveu a perder a licenza de voo e defíxose da súa frota de catro avións, vendéndoos a outras compañías aéreas.

O Ministerio de Fomento acusou en 2012 a Islas Airways de fraude coas subvencións para residentes canarios.​[2] O Tribunal Supremo confirmou en2018, dentro dun expediente administrativo de reintegro da subvención que o propio Ministerio de Fomento iniciara, a sentenza de instancia que obrigaba a Islas Airways a devolver 7,5 millóns de euros, esas cantidades xa foran retidas polo ministerio polo que a sentenza non tiña xa efectos económicos.[3]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. elEconomista.es."ATR vende 6 aviones 72-500 a Islas Airways por unos 110 millones de dólares - elEconomista.es"(encastelán). Consultado o2018-12-02. 
  2. "Islas Airways, primera en caer bajo la sombra del fraude | Noticias de Aerolíneas | Revista de turismo Preferente.com".Preferente.com(encastelán). 2012-10-16. Consultado o2018-12-02. 
  3. Tenerife, La Opinión de."El Supremo confirma que Islas Airways debe devolver 7,5 millones de euros por fraude en las subvenciones". Arquivado dendeo orixinal o 09 de xullo de 2018. Consultado o2018-12-02. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Islas_Airways&oldid=5875430»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp