Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Islandia

Coord.:65°N19°O / 65,-19
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIslandia
Ísland (is)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoLofsöngurEditar o valor en Wikidata

EpónimoxeoEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 65°N19°O / 65,-19
CapitalReiquiavikEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación364.260(2019)Editar o valor en Wikidata (3,54hab./km²)
Lingua oficiallingua islandesaEditar o valor en Wikidata
RelixiónluteranismoEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie103.004 km²Editar o valor en Wikidata
Auga2,7 %Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoHvannadalshnúkur(pt)Traducir (2.109 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 17 de xuño de 1944:  (Founding of the Republic of Iceland(en)Traducir)Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentariaEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataHalla Tómasdóttir(2024–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de IslandiaEditar o valor en Wikidata
• Primeiro ministroEditar o valor en WikidataKristrún Mjöll Frostadóttir(2024–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAlþingi ,(Escano: 63)Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupremo Tribunal da Islândia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal27.841.648.044 $ (2022)Editar o valor en Wikidata
MoedaCoroa islandesaEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.isEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+354Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112Editar o valor en Wikidata
Código de paísISEditar o valor en Wikidata
Código NUTSISEditar o valor en Wikidata

Sitio webiceland.isEditar o valor en Wikidata
BNE: XX451947

Islandia[1] (enislandés:Ísland) é un país insular situado naDorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada enEuropa. A illa está bañada poloocéano Atlántico ao sur e ao oeste e polomar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos sonGroenlandia ao noroeste, da cal está separada poloestreito de Dinamarca, asIllas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illanorueguesa deJan Mayen ao nordeste.

Debido á súa localización naDorsal mesoatlántica, Islandia é unha illa xeoloxicamente activa e con moitaactividade volcánica; esta localización é a causante da paisaxe característica islandesa. A paisaxe do interior da illa caracterízase pola presenza de grandes chairas, montañas eglaciares. Grazas áCorrente do Golfo, Islandia posúe unclima menos rigoroso que o que lle correspondería pola súalatitude, e por iso pode desenvolverse a vida na illa.

Islandia está habitada dende o ano874 cando, segundo oLandnámabók, o xefenorueguésIngólfur Arnarson converteuse no primeiro habitante permanente da illa. Co paso dos séculos a illa poboouse con xentes de orixenórdica ecéltica. Entre1262 e1944 a illa pertenceu ásmonarquíasnorueguesa edinamarquesa. Até oséculo XX, a poboación islandesa adicouse principalmente actividades relacionadas coapesca e aagricultura, non foi até finais deste século cando a economía islandesa comezou a desenvolverse e a virar cara a outras actividades.

Hoxe en día Islandia é un país desenvolvido, oquinto país do mundo en canto aProduto Interior Bruto per cápita e oprimeiro, xunto conNoruega, en canto adesenvolvemento humano. Islandia posúe unhaeconomía de libre mercado, baseada nos servizos, nas finanzas, napesca e nalgunhasindustrias principalmente. Oturismo é un sector importante no país, xa que moita xente é atraída pola súa exótica paisaxe. A illa é membro daOrganización das Nacións Unidas, daOrganización do Tratado do Atlántico Norte, doConsello de Europa, daOrganización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e doConsello Nórdico.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]
Nórdicos desembarcando en Islandia – unha reprentación doséculo XIX obra deOscar Wergeland.

Ísland é unvocablo que provén dalingua nórdica antiga, que significa "terra de xeo". Con todo, de acordo coassagas de islandeses o primeiro nome do país foiSnæland ("terra de neve"), cuñado polomariñeiro viquingoNaddoddr, un noruegués que foi un dos primeiros poboadores dasIllas Feroe, e que se converteu no primeiro nórdico en chegar á illa. PosteriormenteGardar Svavarsson, un dos primeiros islandeses, rebatizou a illa comoGarðarshólma ("illotes de Gardar")[2]>[3]

O nome definitivo "Ísland" tería sido dado porFlóki Vilgerðarson, en alusión ás paisaxes deinverno do actual territorio islandés.[2] A filla de Flóki afogárase na viaxe, logo o seu gando morreu. As sagas din que abatido Flóki subiu unha montaña e viu un fiorde (Arnarfjörður), cheo de icebergs, o que o levou a darlle á illa o seu nome actual.[4] A lenda de que os poboadores viquingos escolleron este nome para disuadir a colonización da súa verde illa é un mito.[4]

Outras teorías falan de nomes recibidos antes do descubrimento noruegués da illa, como por exemplo que proveña do nome dadeusaexipciaIsis. Unha última teoría conta que o nome procede dunhalingua celta, segundo teorías que din que a illa xa fora habitada antes da chegada dosviquingos, neste caso por unha tribo que se chamarían os "Iceni" que, despois de enfrontarse aos romanos contra oséculo I, emigrarían dasillas Británicas cara ao norte chegando a Islandia, co que a orixe do nome viría de "Ice-leanbh" ou "os fillos de Iceni".[5]

A pesar de que nalgúns documentos oficiais indícaseLýðveldið Ísland (República da Islandia) como o nome oficial do país, a constitución actual do país defíneo simplemente como "Ísland" (Islandia), sen a anteposición do termo "república".[6]

Historia

[editar |editar a fonte]
Harald I recibindo o Reino deNoruega.

Aínda que existen evidencias da presenza de monxesirlandeses na illa, xeralmente considérase que Islandia foi fundada e poboada por exploradoresnoruegueses. O primeiro destes foiIngólfur Arnarson, quen construíu o seu fogar enReiquiavik, capital actual da Islandia. Ingólfur foi seguido por outros poboadores, principalmente homesnoruegueses e os seus escravosirlandeses. No ano930 fundouse o primeiro estado libre islandés, coAlþingi como principal órgano político, lexislativo e xudicial. No ano1000 a illa adoptou oCristianismo como relixión oficial.

O estado libre islandés durou até1262, cando o sistema político elaborado polos primeiros poboadores sucumbiu ante o aumento do poder dos xefes islandeses. Os problemas internos e civís sucedéronse no período máis sanguento da historia da Islandia, coñecido comoSturlungaöld (narrado naSaga Sturlunga), o que levou á sinatura doGamli sáttmáli, acordo polo que Islandia pasaba a estar baixo o dominio da coroanorueguesa. Noséculo XIV Islandia pasou ás mans doReino de Dinamarca e Noruega e máis tarde áUnión de Kalmar tras a unión doReino Dano-noruegués conSuecia. Nos séculos vindeiros Islandia converteuse nun dos países máis pobres daEuropa debido ás erupcións volcánicas e ao duro clima, que facían moi difícil a vida nunha sociedade que vivía exclusivamente daagricultura e dapesca.

A mediados doséculo XVI, o reiChristian III de Dinamarca comezou a impoñer o luteranismo en todo os seus dominios. O último bispo católico en Islandia foi decapitado en1550, e foi despois disto cando toda a poboación se converteu ao luteranismo, a denominación cristiá predominante no país desde entón.

En1814, no curso dasGuerras napoleónicas, a unión deDinamarca e Noruega rompeu en dous reinos separados mediante oTratado de Kiel. Islandia, porén, seguiu dependendo deDinamarca. A situación do país empeorou durante oséculo XIX, levando a que houbese emigracións masivas aAmérica do Norte, sobre todo aoCanadá. Mentres xurdiu un novo movemento de independencia baixo o liderado deJón Sigurðsson, inspirado polas ideoloxíasrománticas enacionalistas daEuropa Continental.

Reino de Islandia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Reino de Islandia.

En1874Dinamarca outorgoulle a Islandia a autonomía política, que foi ampliada en1904. O Acto de Unión, un tratado con Dinamarca asinado o1 de decembro de1918, recoñeceu a Islandia como unEstado soberano independente unido con Dinamarca baixo a coroa dun mesmo rei. Durante asegunda guerra mundial, a ocupaciónalemá deDinamarca o9 de abril de1940 rompeu as comunicacións entre Islandia e Dinamarca. Un mes despois, as forzas militares británicas navegaron até o porto deReiquiavik, comezando a invasión e ocupación de Islandia polasforzas aliadas que aguantarían ao longo de toda a guerra. No verán de1941 os británicos abandonaron a illa e a ocupación foi asumida polosEstados Unidos. Coa axuda americana, e segundo un plebiscito, Islandia volveuse formalmente unha República Independente o17 de xuño de1944. Fixéronse dousreferendos, un sobre aindependencia política deDinamarca e outro sobre o establecemento dunharepública. Oreferendo sobre aindependencia acadou uns resultados do 97% a favor e oreferendo sobre arepública tivo arredor do 95% de votos a favor. As forzas de ocupación marcharon en1946. O5 de maio de1951, dous anos despois de que Islandia se unise áOTAN, asinouse un acordo de defensa cosEstados Unidos e as tropas americanas volveron e quedaron como parte do tratado de defensa até o outono do2006.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Islandia vista dende un satélite espacial
Mapa da illa de Islandia
Lago volcánico de Grímsvötn noglaciar deVatnajökull
Dettifoss, a maiorfervenza daEuropa, atópase no nordeste de Islandia
Ovolcán Eyjafjallajökull en erupción.
(10-5-2010).

Topografía e localización

[editar |editar a fonte]

Islandia atópase no Atlántico norte ao sur doCírculo polar ártico, situada ao mesmo nivel que a illa islandesa deGrímsey no norte da costa islandesa. Ao contrario que a súa veciñaGroenlandia, Islandia considérase parte daEuropa, e non docontinente americano, aínda que xeoloxicamente a illa pertence a ambos os dous continentes. Debido á súa cultura, economía e semellanzas lingüísticas, Islandia adoita incluírse naEscandinavia. A illa é adécimo oitava illa maior do mundo e a segunda maior de Europa, só detrás daGran Bretaña.

Aproximadamente o 11 % da illa atópase baixo osglaciares,[7] incluído o maior de Europa, o Vatnajökull, cuns 8400 km² e un grosor medio duns 900 m.[8] A illa posúe unha costa de 4970 km, onde se sitúan a maioría das vilas, xa que o interior é practicamente inhabitábel. As vilas principais do país sonReiquiavik,Keflavík, onde se atopa o aeroporto principal, eAkureyri. A illa deGrímsey noCírculo polar ártico posúe o núcleo de poboación máis setentrional de Islandia.[9]

O únicomamífero terrestre nativo que había na illa cando chegaron os primeiros humanos era oraposo ártico (Vulpes lagopus L.). O raposo chegou á illa ao rematar a idade do xeo, camiñando sobre o mar conxelado. Na illa non existen ninréptiles ninanfibios nativos. En Islandia hai arredor de 1300 especies coñecidas deinsectos, unha cifra bastante baixa en comparación coa doutros países (existen arredor de 925 000 especies coñecidas no mundo). Durante a derradeira idade do xeo todo o país quedou cuberto permanentemente de neve e xeo glaciar, o que explica o pequeno número de especies que viven en Islandia.

Cando os humanos chegaron, os bosques debidueiros cubrían aproximadamente entre o 25 e o 40 % do territorio islandés, máis en canto chegaron os primeiros habitantes, estes bosques foron tallados para a construción dos novos poboados. Durante oséculo XX os bosques islandeses chegaron a un mínimo histórico, chegando case a desaparecer. Dende aquela, a plantación de novos bosques fixo medrar a superficie arborada da illa, aínda que non é comparábel coa superficie que tiveron os bosques orixinarios.

Superficie

[editar |editar a fonte]
  • Total: 103 000 km²
  • Vexetación: 23 805 km²
  • Lagos: 2 757 km²
  • Glaciares: 11 922 km²
  • Ermo: 64 538 km²[10]

Glaciares

[editar |editar a fonte]

No ano 2025 máis do 11% da superficie está cuberta porglaciares, que ocupan unha superficie superior á ocupada por glaciares na Europa continental. O maior (e o maior de Europa) é oVatnajökull, ó leste,protexido como parque nacional. A súa área é duns 8400 km², cun espesor medio de máis de 900 m. Séguenlle en importancia o Langjökull e o Hofsjökull, ambos no interior da illa.[11]

Actividade xeolóxica e volcánica

[editar |editar a fonte]

Un terreo xeoloxicamente novo, Islandia atópase nun punto xeolóxico quente, que se cre foi causado por unha columna de fume, naDorsal mesoatlántica, que pasa xusto polo medio da illa. Esta situación significa, xeoloxicamente, que a illa posúe unha actividade moi forte, e ten variosvolcáns activos, destacando o Hekla, o Eldgjá e o Eldfell. A erupción do Laki entre1783 e1784 causou unha famenta que matou preto dun cuarto da poboación da illa; a erupción causou nubes de po e unha especie de néboa que permaneceu sobre a maior parte deEuropa e partes deAsia eÁfrica durante algúns meses.

Na illa tamén existen multitude degeysers (palabra derivada do nome dun dos moitos existentes en Islandia, Geysir). Grazas á dispoñibilidade da enerxía xeotérmica, e aos numerosos ríos efervenzas que se aproveitan paraenerxía hidráulica, os habitantes da maioría das poboacións teñen auga quente e calefacción a baixo prezo. A illa en si mesma está composta principalmente debasalto, unharocha ultrabásica (moi baixa endióxido de silicio) asociada co vulcanismo ao igual que enHawai. Hai, porén, unha variedade de tipos de volcáns en Islandia que producen lavas máis evolucionadas, que forman rochas como ariolita e aandesita.

Islandia posúe unha das illas máis novas do mundo, a illa deSurtsey, xurdida do océano debido a unha erupción volcánica entre o8 de novembro de1963 e o5 de xuño de1968.

Lista dos maiores lagos da Islandia

[editar |editar a fonte]
  • Þórisvatn: 83–88 km²
  • Þingvallavatn: 82 km²
  • Lögurinn: 53 km²
  • Mývatn: 37 km²
  • Hvítárvatn: 30 km²
  • Hóp: 30 km²
  • Langisjór: 11,6 km²[10]

Lista dos lagos máis profundos

[editar |editar a fonte]
Strokkur,géyser no proceso de erupción. Atopada no medio daDorsal mesoatlántica, Islandia é unha das zonas xeoloxicamente máis activas da terra.
  • Öskjuvatn: 220m
  • Hvalvatn: 160 m
  • Jökulsárlón: 150 m
  • Þingvallavatn: 114 m
  • Þórisvatn: 113 m
  • Lögurinn: 112 m
  • Kleifarvatn: 97 m
  • Hvítárvatn: 84 m
  • Langisjór: 75 m[10]

Distancia aos países e illas máis próximas

[editar |editar a fonte]

Clima

[editar |editar a fonte]
Niños degarruchos e dearaos dos cons.

O clima da costa de Islandia é oceánico frío. A quenteCorrente do Golfo proporciona á zona maiores temperaturas que as que teñen outras zonas na mesmalatitude no mundo. Os invernos adoitan seren benignos e ventosos, mentres que os veráns normalmente son húmidos e frescos. No mundo pódense encontrar outras rexións con climas semellantes, como asIllas Aleutianas, apenínsula de Alasca e aTerra do Fogo (Chile/Arxentina). Existen algunhas diferenzas respecto ao clima segundo as zonas da illa. A costa sur é máis quente, húmida e ventosa que a norte. A neves son tamén máis comúns no norte que no sur. AsTerras altas centrais constitúen a parte máis fría do país.

A maior temperatura rexistrada na illa foi de 30,5 C o22 de xuño de1939 en Teigarhorn, na costa sueste. A temperatura máis fría rexistrada foi de -38 °C o22 de xaneiro1918 en Grímsstaðir e Möðrudalur no interior e nordeste. O rexistro de temperatura máxima enReiquiavik foi de 24,8 °C o11 de agosto do2004, e -24,5 °C o21 de xaneiro de1918.

Media das temperaturas máxima e mínima (°C) (1961–1990)[12]
LocalizaciónXanFebMarAbrMaioXunXulAgostSetOutNovDecMedia
Reiquiavik[13]1,92,83,25,79,411,713,313,010,16,83,42,2Alta7,0
-3,0-2,1-2,00,43,66,78,37,95,02,2-1,3-2,8Baixa1,9
Akureyri[14]0,91,72,15,49,513,214,513,99,95,92,61,3Alta6,7
-5,5-4,7-4,2-1,52,36,07,57,13,50,4-3,5-5,1Baixa0,2

Vida vexetal e animal

[editar |editar a fonte]
Arao romeiro xunto aaraos dos cons.

Islandia é unha illa con poucos recursosminerais eagrícolas. O curto período de tempo dende a derradeiraIdade do xeo, arredor dos 10.000 anos, provocou que as plantas e os animais tivesen pouco tempo para emigraren á illa, desenvolverse e evolucionar. Aproximadamente 3 cuartos da illa atópanse baleiros de vexetación. A maior parte da vexetación consiste nas praderías, as cales constitúen o principal alimento para o gando. A única árbore nativa de Islandia é obidueiro (Betula pubescens Ehrh.). O poboamento permanente da illa causou un grande impacto no ecosistema, no solo volcánico e na limitada biodiversidade. Os bosques foron sistematicamente tallados durante séculos para a obtención de madeira e de leña. Adeforestación deu lugar áerosión e á perda desolo, o que fixo que os bosques tivesen maior dificultade para rexenerarse. Na actualidade, só se poden atopar pequenos bosques de bidueiro nalgúns lugares illados.

Os animais de Islandia son principalmente os domésticos, destacando aovella islandesa, asvacas, e ocabalo islandés. Nas augas oceánicas que arrodean o país viven multidude de especies de peixes o que fai que a pesca, sexa un dos grandes contribuíntes á economía islandesa, constituíndo o peixe a metade das exportacións do país. Entre os mamíferos salvaxes destacan oraposo ártico, ovisón, orato, arata, ocoello e oreno. Antes doséculo XIX, ososos polares adoitaban visitar a illa, ao viaxaren en anacos de xeo dendeGroenlandia. Asaves forman a comunidade animal máis abondosa da illa. A maioría destas sonaves mariñas. Destacan osaraos dos cons, osarao pequenos, osaraos papagaios, osaraos romeiros, asaguias peixeiras e asgarruchos as cales aniñan nos cantís da illa.

Política e goberno

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Alþingi, Presidente de Islandia e Primeiro Ministro de Islandia.
Alþingi, o parlamento nacional de Islandia, enReiquiavik.
Colexio electoral durante as eleccións de2009.
Os primeiros ministros dos países nórdicos, coa primeira ministra islandesa,Jóhanna Sigurðardóttir, no centro (2010).

Islandia é unharepúblicademocráticarepresentativa parlamentaria, segundo o cal oPrimeiro ministro de Islandia é o xefe de goberno. Opoder executivo é exercido polo goberno. Opoder lexislativo é exercido polo goberno e o parlamento, oAlþingi e opoder xudicial é independente do resto de poderes. Islandia formalizou en xullo de2009 a súa candidatura áUnión Europea.[15] No caso de que as negociacións sigan un curso normal realizarase unreferendo para que a adhesión sexa efectiva. Aprimeira ministraJóhanna Sigurðardóttir é unha das principais voces favorables á integración naUE.

Poder executivo

[editar |editar a fonte]

OPresidente de Islandia, elixido por un mandato de catro anos, ten poderes limitados, sendo o primeiro ministro e o seu gabinete os que exercen as funcións executivas. O presidente exerce funcións máis cerimoniais, servindo coma diplomático, representante do país e xefe de Estado. O xefe de goberno é oprimeiro ministro que, xuntamente co seu gabinete, coida da parte executiva do goberno. O gabinete é nomeado polo presidente despois de eleccións xerais para oAlþingi; con todo, este proceso é xeralmente conducido polos líderes dos partidos políticos, que deciden entre si. Só cando os líderes dos partidos son incapaces de chegaren a unha conclusión por si mesmos nun prazo razoable é o presidente quen exerce ese poder e nomea o propio gabinete, aínda que iso nunca aconteceu até o momento dende a República, fundada en1944, mais en1942 o rexente do país, Sveinn Björnsson, fixo nomear un parlamento non-gobernamental. O rexente tiña, para todos os efectos prácticos, a posición dun presidente, e Björnsson, de feito, tornouse no primeiro presidente do país en1944. Os Gobernos de Islandia foron case sempre coalicións de dúas ou máis forzas debido ao feito de que ningún partido político recibiu nunca unha maioría de escanos noAlþingi durante o período da república.

A extensión dos poderes políticos do presidente son contestados por estudosos legais en Islandia; diversas disposicións da Constitución parecen dar algúns poderes importantes ao presidente, mais outras disposicións, e as tradicións, suxiren outra cousa distinta. O presidente é elixido cada catro anos, ao igual que o gabinete gobernamental e os consellos municipais.

Poder lexislativo

[editar |editar a fonte]

O parlamento moderno, chamado "Alþingi", foi fundado en1845 como un órgano consultivo dorei danés, visto como o restabelecemento dunha asemblea fundada en930, no período da Mancomunidade e suspensa en1799. O Alþingi está composto por 63 membros, elixidos cada catro anos, excepto se fose disolto máis cedo. Existe sufraxio universal nas eleccións presidenciais e a idade mínima para presentar unha candidatura é de 18 anos. Os membros do Alþingi son elixidos con base á representación proporcional dos seis círculos electorais. Até1991 o Alþingi estivo dividido entre unha cámara alta e unha baixa, pero isto foi modificado para constituír un pleno sistema unicameral.

Poder xudicial

[editar |editar a fonte]

O sistema xudicial consiste no Tribunal Supremo ou Hæstiréttur, en que os conselleiros son nomeados polo presidente de por vida, e nos tribunais comarcais. A Constitución di que o poder xudicial está separado dos restantes, neste caso, lexislativo e executivo.

Divisións administrativas

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Organización territorial de Islandia.

Islandia divídese enrexións,circunscricións,condados econcellos.

Divisións de Islandia

As rexións son oito divisións territoriais usadas principalmente para fins estatísticos, aínda que tamén seguen esta división as xurisdicións dos tribunais de distrito e o sistema de código postal, este último con algunhas excepcións. Até o ano2003 tamén representaban circunscricións electorais para oAlþingi, cando foron modificadas ás actuais seis: Reiquiavik norte, Reiquiavik sur, Nordés, Noroeste, Sur e Suroeste. O cambio fíxose para harmonizar o peso de cada distrito, xa que anteriormente un voto emitido nalgunha das zonas escasamente poboadas de Islandia influía máis que un voto da cidade deReiquiavik. Aínda que este problema reduciuse co novo sistema, aínda existe.

A primeira forma de organización divide o país en oito rexións, que son empregadas principalmente para fins estatísticos; as cortes de distrito empregan unha versión máis antiga desta división para definir as súas xurisdicións.[16] Ata 2003, ascircunscricións para as eleccións parlamentarias definíanse polas rexións, mais cambiaron a só seis. O cambio nesta división realizouse para equilibrar o peso das diferentes circunscricións do país, xa que anteriormente un voto nunha das áreas escasamente poboadas tiña maior influencia que un voto emitido dentro da área da capital. Este desequilibrio reduciuse co cambio de circunscricións, mais aínda persiste.[16]

Os vinte e tres condados son, para a maioría, divisións históricas. Actualmente, o país divídese en 26 maxistrados (sýslumenn, singularsýslumaður) que corresponden aos gobernos locais. Entre as súas funcións encóntranse a recadación de impostos, orexistro civil, etc. Logo dunha reorganización dasforzas de seguridade en 2007, a cal combinou os corpos policiais de múltiples condados nun só, cerca da metade dos condados quedaron a cargo deste corpo policial unido e sen un goberno local.[16]

Hai 64 municipios en Islandia, os cales regulan asuntos do goberno local, como asescolas, otransporte e ouso do solo. Os municipios son o segundo nivel administrativo de Islandia, xa que os distritos electorais non teñen relevancia máis que con fins estatísticos e electorais.Reiquiavik é, con moito, o municipio islandés máis poboado, con cerca de catro veces a poboación deKópavogur, o segundo máis poboado.[16]

Condados

[editar |editar a fonte]

Cidades independentes

[editar |editar a fonte]

Enislandéskaupstaðir, en singularkaupstaður:

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Islandia.
Xeración deenerxía xeotérmica en Islandia, enerxía que se manifesta por medio de procesos xeolóxicos como volcáns, geyseres e fontes termais.

A economía tipoescandinava de Islandia é basicamentecapitalista, mais cunha ampla asistencia social, baixodesemprego e unha extraordinaria equidade na distribución de ingresos. Na ausencia de recursos naturais (excepto pola abundante enerxía hidroeléctrica exeotérmica), a economía depende principalmente da industria pesqueira, que dá lugar ao 70% das ganancias porexportacións e emprega ao 12 % da forza laboral.

A economía non só é moi sensíbel ás diminucións na cantidade de peixe senón tamén ás baixas nos prezos mundiais dos seus principais produtos de exportación: o peixe e os produtos relacionados coa enerxía:aluminio e ferrosilicio. O goberno de centro-dereita ten plans de continuar coa súa política de reducir oorzamento e o déficit por conta corrente, ao limitar os préstamos estranxeiros, conter ainflación, revisar as políticas depesca eagricultura, diversificar a economía eprivatizar as industrias estatais.

A economía islandesa estívose diversificando durante os últimos anos nas industrias manufactureiras e nos servizos. Novos desenvolvementos na produción desoftware,biotecnoloxía e servizos financeiros tamén están a crecer. O sectorturístico tamén se está expandindo coas recentes tendencias en ecoturismo e observación debaleas. O crecemento foi bastante estábel durante o período1996-2001 cun crecemento que roldou do 3% a 5% anual. En2002, con todo, houbo un declive nun ambiente derecesión xeneralizado. En2003 o crecemento volveu a repuntar e ainflación caeu do 5% ao 2%.

Crise económica de 2008/2011

[editar |editar a fonte]
Manifestación de protesta por mor da crise económica en Austurvöllur o15 de novembro de2008.

A crise económica de2008 foi a maior do país, incluíndo o colapso damoeda nacional, que perdeu un 50% do seu valor fronte aoeuro entre xaneiro e outubro de2008. O8 de outubro de2008, o Banco Central de Islandia abandonou a súa tentativa de manter unha taxa de cambio fixa en 131 coroas por euro e o9 de outubro, acoroa islandesa cotizábase a 340 por euro.

Ademais da moeda sucederon problemas cos principais bancos do país e houbo amplas dificultades no refinanciamento da débeda. A finais desetembro de2008, anunciouse que o banco Glitnir sería nacionalizado, e unha semana despois o control do Landsbanki e do Glitnir foron cedidos á Autoridade Supervisora Financeira de Islandia. Esa mesma organización tomou o control do Kaupthing. O20 de novembro de2008 o consello de administración doFondo Monetario Internacional aprobou un préstamo de 2 100 millóns dedólares a Islandia.[17]

Unha das causas desta crise foi que o país, ao ser unha illa moi afastada de Europa, tiña un sistema financeiro e económico máis ou menos equilibrado, e o efecto da globalización contribuíu a facilitar tanto unhas fortes entradas de diñeiro externo, como moitas facilidades aos bancos islandeses a financiarse no exterior. Este efecto, xunto ao exceso de ambición dos tres bancos privados islandeses e dalgúns novos empresarios, leváronlles a endebedarse e investir parte deste diñeiro na propia Islandia provocando fortes alzas na bolsa e no mercado inmobiliario.[18] Así, en xaneiro, o Partido Conservador viuse obrigado de deixar o poder despois de 18 anos.

A insistencia por parte do novo gobernosocialdemócrata en asumir as débedas dos bancos nacionalizados polo erario público, premido poloFMI,Países Baixos eGran Bretaña, provocou unha nova vaga de protestas que forzou ao goberno a convocar unreferendo sobre o asunto. Os resultados do plebiscito foron tallantes: o 93% dos votantes rexeitaron facerse cargo das débedas bancarias. A consecuencia inmediata foi unha crise política de grandes dimensións que desembocou na creación dunha comisión de cidadáns comúns encargados de redactaren unha novaConstitución[19].

Transporte

[editar |editar a fonte]
Mapa da Hringvegur, a estrada de circunvalación.

As principais comunicacións en Islandia son porestrada. A Estrada nº 1 ou de circunvalación, coñecida enlingua islandesa como Hringvegur, enlaza as cidades máis habitadas rodeando por completo a illa, e as estradas secundarias conectan con cidades menos importantes e aldeas. Hai en total 13.028 quilómetros de vías, 4.343 delas pavimentados e 8.685 sen pavimentar.

A navegación ao longo da illa está reservada ao transporte de mercadorías, aínda que este medio de transporte tende a ser suplantado polo transporte en camións. Voos con liñas regulares conectan o Aeroporto de Reiquivik co resto de cidades importantes do país, e hai que destacar que non hai vías férreas. A pesar do seu illamento xeográfico, a compañía aérea de baixos prezos Icelandair ten operativos voos dende o aeroporto Internacional de Keflavík e o de Reiquiavik aAmérica do Norte e cidades Europeas comoLondres eCopenhaguen. O outro aeroporto da illa é de Akureyri. Tamén está comunicada co resto de Europa a través de ferrys regulares, destacando os portos para o transporte mariño de Akureyri, Hornafjörður, Ísafjörður, Keflavík, Raufarhöfn, Reiquiavik, Seyðisfjörður, Straumsvík, Vestmannaeyjar.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Demografía de Islandia.

O1 de decembro do ano2008 Islandia tiña unha poboación de 319.756 habitantes. Aesperanza de vida era de 81,5 anos (a cuarta máis alta do mundo). O 99,9 % da poboación estaba alfabetizada e a media de fillos por muller era de 1,91. A natureza illada de Islandia supuxo unha taxa de inmigración e unhadiversidade xenética moi limitadas ao longo de centos de anos. A similitude xenética dos islandeses é, hoxe en día, motivo de estudo.

ListaxeMunicipioRexiónPob.

Reiquiavik

Kópavogur

Hafnarfjörður
1ReiquiavikHöfuðborgarsvæði120.165
2KópavogurHöfuðborgarsvæði30.401
3HafnarfjörðurHöfuðborgarsvæði26.031
4AkureyriNorðurland Eystra17.481
5ReykjanesbærHöfuðborgarsvæði14.099
6GarðabærHöfuðborgarsvæði10.584
7MosfellsbærSuðurnes8.517
8ÁrborgSuðurnes7.928
9AkranesVesturland6.630
10FjarðabyggðSuðurnes4.736
Censo 2009

Os islandeses falanislandés, unhalingua xermánica pertencente ao subgrupo delinguas escandinavas e, na súa gran maioría, sonluteranos. A composición étnica actual é a seguinte[20]

A minoría étnica máis grande é a minoríapolaca, que conta con máis de 8.000 habitantes, incluso algunhas páxinas web islandesas inclúen tamén unha versión polaca.[21]

Idioma

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Lingua islandesa.
Asrunas islandesas fóronse modificando para adaptarse aoalfabeto latino.

Alingua oficial de Islandia é oislandés, unhalingua nórdica que descende donórdico antigo. De feito, é a lingua que mudou menos dende que evolucionou do nórdico antigo, xa que ten preservado moitasflexións de verbos e substantivos. Ademais, boa parte do vocabulario islandés que se foi creando a través do tempo baséase máis nas raíces nativas das palabras que enempréstitos tomados doutras linguas. Tamén é a única lingua viva que aínda emprega a letrarúnicaÞ. A lingua viva máis próxima ao islandés é oferoés.[22] Na educación, o emprego e ensinanza dalingua de sinais islandesa encóntrase regulada poloPlan de Estudos Nacional.

Oinglés é amplamente empregado como a segunda lingua, do mesmo xeito que odinamarqués. Estudar ambas linguas é obrigatorio.[23] Outras linguas comunmente faladas son oalemán, onoruegués e osueco. A maioría aprende o dinamarqués de xeito que sexa comprensible para as persoas de fala norueguesa e sueca; frecuentemente esta lingua é denominadaskandinavíska («escandinavo») polos islandeses.[24]

No canto de empregarapelidos como en todaEuropa continental, os islandeses empreganpatronímicos. Este sitúase detrás do nome dado á persoa, por exemplo:Ólafur Jónsson («Ólafur, fillo de Jón») ouKatrín Karlsdóttir («Katrín, filla de Karl»). Como consecuencia, asguías telefónicas ordénanse alfabeticamente segundo o primeiro nome, non o patronímico.[25]

Relixión

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Relixión en Islandia.
Igrexa no noroeste de Islandia.

Os islandeses teñen asegurada aliberdade de culto polaConstitución, aínda que aIgrexa Nacional de Islandia, pertencente aoluteranismo, é arelixión de estado. En 2023, ao redor do 58,61 % dos islandeses pertencían a esta institución. Das outras relixións, o 4,5 % eran membros daIgrexa Luterana Libre de Reiquiavik e Hafnarfjörður, o 7,7 % eranagnósticos ouateos, o 3,83 %católicos e o resto pertecían a outras relixiónes.[26]

Dentro deste último grupo inclúense entre 20 e 25 denominaciónscristiás. A relixión non cristiá máis estendida no país é aÁsatrúarfélagið, unha relixiónneopagana inspirada en diversas formas de relixiosidadepoliteísta anteriores aocristianismo.[27] Islandia foi o primeiro país do mundo en recoñecer unha relixión neopagá como relixión legal.[28]

Cultura

[editar |editar a fonte]
Vestimentas tradicionais.

As mostras máis antigas que se coñecen son tallas en madeira que representan motivos daslendasviquingas,esculturas de temascristiáns e algúns manuscritos miniados. Entre osséculos XVI eXVIII cobrou grande importancia a arte popular, que se enriqueceu coa elaboración de pezas de ourivaría, a confección de teas e a realización degravados. Noséculo XIX experimentouse un renacer artístico coa penetración das correntes vindas deEuropa. Houbo un desenvolvemento da pintura de paisaxe, representada porÁsgrímur Jónsson (1876-1958) eJóhannes Kjarval (1885-1972), e daescultura, conÁsmundur Sveinsson eEinar Jónsson, o artista máis significativo e xenial da historia moderna de Islandia.

Noséculo XX introducíronse as correntes daarte abstracta, osurrealismo etc. Unha das figuras máis importantes da arte islandés contemporáneo éErró, quen produciu unha obra caracterizada por unha figuración de ton crítico. En canto á música os islandeses máis internacionais sonBjörk e o grupoSigur Rós.

Gastronomía

[editar |editar a fonte]
O típicoÞorramatur.
Björk, cantante, compositora e actriz, quizais unha das islandesas máis coñecidas a nivel mundial.
Ólafur Stefánsson coa selección de balonmán islandesa.
Eiður Guðjohnsen, o máis coñecido futbolista islandés.

A gastronomía de Islandia é unha cociña que conta con dúas vertentes principais, por unha banda a adoración polopeixe e doutra banda o gusto polas carnes (especialmente o cordeiro). Gran parte dos métodos de cociña son tradicionais, pero pode notarse unha influencia dacociña norueguesa nalgúns dos pratos. Un dos pratos máis populares é o Þorramatur.

Educación

[editar |editar a fonte]

O sistema educativo islandés é un dos máis reputados do mundo, grazas á súa cobertura e alto nivel de formación. Case o 100 % da poboación esta alfabetizada. A escolarización xeralizouse desde finais doséculo XVIII.

En1907 a asistencia a clase fíxose obrigatoria para todos os nenos dos 10 aos 14 anos; antes dos 10 eran instruídos nos seus fogares. En1946 a educación obrigatoria estendeuse dende os 6 até os 15 anos. En1993 existían 205 escolas de ciclo completo ademais de 36 colexios secundarios e 12 establecementos para educación terciaria.

Aqueles que desexen continuar a súa educación poden asistir tamén a colexios especializados ou a escolas de linguas. A educación académica propiamente dita non comezou até1847 coa formación do SeminarioTeolóxico, seguido en1876 pola Facultade deMedicina e en1908 pola Facultade deDereito.

Estas tres institucións fusionáronse en1911 cando a Universidade de Islandia se estableceu no Centenario do nacemento deJón Sigurdsson, e unha cuarta facultade, a deFilosofía, foi agregada, fundamentalmente relacionada confiloloxía,historia eliteratura.

Á facultade de Medicina agregáronse os departamentos de cirurxía dental e farmacia en1941 e1957 respectivamente.Economía, con énfase en administración de empresas, foi agregada á Facultade de Dereito en1941, mais é agora unha facultade independente. No mesmo ano foi inaugurada a Facultade de Enxeñaría e Ciencias, a cal agora confire o grao B.S. (Bacharel en Ciencias) enenxeñaría,matemáticas eciencias naturais. Dentro da Facultade de Filosofía é posible obter o grao B.A. (Bacharel en Artes) en materias tales comoinglés,francés,alemán,latín,grego, todas aslinguas nórdicas,física,matemáticas,química etc.

Toda a educación en Islandia é gratuíta. Varios centros de investigación e institucións experimentais traballan en cooperación coa Universidade. A Biblioteca Universitaria é a segunda en importancia do país, despois da Biblioteca Nacional.

En1967 foi fundado o Instituto do Manuscrito despois dun acordo alcanzado entre as autoridades danesas e islandesas asegurando o retorno dun gran número de preciosos manuscritos islandeses, preservados enCopenhaguen desde oséculo XVIII e comezos doXVIII. A colección inclúe a maioría dos manuscritos existentes da antiga literatura islandesa.

Deportes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Islandia nos Xogos Olímpicos.

Obalonmán é un dos deportes máis destacados, deporte no que a selección nacional conseguiu a medalla de prata, único metal obtido nosXogos Olímpicos de Beijing en 2008, e que supuxo o cuarto en toda a historia do país logo da prata de Vilhjálmur Einarsson en1956 e os bronces de Bjarni Friðriksson (1984) e Vala Flosadóttir (2000).

Algúns dos deportistas máis destacados na historia de Islandia foron Jón Páll Sigmarsson e Magnús Ver Magnússon, gañadores da competición do home máis forte do mundo catro veces cada un, o xogador de fútbolEiður Guðjohnsen ou os xogadores de balonmán Alexander Petersson, nacionalizadoletón, e Ólafur Stefánsson. Con todo, o deportista islandés máis coñecido mundialmente, aínda que de orixeestadounidense, sexa o famoso xadrecistaBobby Fischer.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraislandés.
  2. 2,02,1"Ingólfur Arnarson á að hafa fundið Ísland en hafði enginn komið til Íslands áður?".Vísindavefurinn(en islandés). Consultado o2023-08-26. 
  3. "Garðarshólmi – 'The Isle of Garðar'"(eninglés). North Sailing.is. 13 de decembro de 2005. Arquivado dendeo orixinal o 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  4. 4,04,1Evans, Andre (30 de xuño de 2016)."Is Iceland Really Green and Greenland Really Icy?"(eninglés).National Geographic. Arquivado dendeo orixinal o 28 de febreiro de 2021. Consultado o 11 de xuño de 2023. 
  5. De onde ven Islandia?
  6. "Hvert er formlegt heiti landsins okkar?".Vísindavefurinn(en islandés). Consultado o 26 de agosto de 2023. 
  7. "Icelandic glaciers". Consultado o 30 de novembro de 2006. 
  8. "Cloud-free Iceland".www.esa.int(eninglés). Consultado o2020-08-29. 
  9. "CIA - The World Factbook -- Iceland".Geography.United States Government.July 20,2006. Arquivado dendeo orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2006. 
  10. 10,010,110,2"National Land Survey of Iceland". www.statice.is. Unknown Publish Date. Arquivado dendeo orixinal o 02 de novembro de 2004. Consultado o 6 de agosto de 2006. 
  11. "Earth from Space: Cloud-free Iceland".www.esa.int(eninglés). Consultado o2025-06-01. 
  12. Icelandic Climatic Data (English introduction), Veđurstofa Íslands (Icelandic Meteorological Office)
  13. Reykjavík weather station (#1) climactic means chart from above site
  14. Akureyi weather station (#422) climactic means chartArquivado 19 de maio de 2006 enWayback Machine. from above site
  15. "Iceland".www.consilium.europa.eu(encastelán). Consultado o2022-12-10. 
  16. 16,016,116,216,3(CIA 2010)
  17. O FMI aproba conceder a Islandia un préstamo de máis de 1.600 millóns
  18. Islandia o paraíso turístico, a crise económica total
  19. Los islandeses se han rebelado contra su gobierno, exigiendo que no se pague la deuda de los bancos (Rebelion.org)
  20. Statice Islandia
  21. Por exemplowww.dv.is
  22. "Las islas Feroe"(encastelán). Eik.fo. Arquivado dendeo orixinal o 9 de agosto de 2011. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  23. "Icelandic Language"(eninglés). IcelandExport.is. 2010. Arquivado dendeo orixinal o 13 de outubro de 2006. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  24. "Heimur – Útgáfufyrirtækið"(en islandés). Heimur.is. 2005. Arquivado dendeo orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  25. Ministerio de Justicia y Derechos Humanos, ed. (2002)."Information on Icelandic surnames"(eninglés). DomsmalaRaduneyti.is. Arquivado dendeo orixinal o 5 de maio de 2010. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  26. "Populations by religious and life stance organizations"(eninglés). Statistics Iceland. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  27. "Religious organisations"(eninglés). Statice.is. 2008. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  28. Fox, William B. (1993)."Allsherjargoði - Sveinbjörn Beinteinsson Remembered"(eninglés). AM First books.com. Consultado o 11 de xullo de 2023. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Islandia
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Atlas de Islandia

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Membros
Membros asociados
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Islandia&oldid=7082256»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp