Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Islamabad

Coord.:33°41′56″N73°02′13″L / 33.6989,73.0369
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIslamabad
اسلام آباد‬‎ (ur)Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Epónimoislam e-abadEditar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 33°41′56″N73°02′13″L / 33.6989,73.0369
EstadoPaquistán
División administrativaTerritório da Capital Islamabad(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Capital de
Paquistán(1966–)Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.014.825(2017)Editar o valor en Wikidata (1.120,12hab./km²)
Xeografía
Superficie906 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude490 m-620 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1960Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoSheikh Ansar Aziz(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal44000Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico051Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webislamabad.gov.pkEditar o valor en Wikidata
BNE: XX5747818
Este artigo amosaletras urdús. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

A cidade deIslamabad (enurdú ‏اسلام آباد que significa: "Cidade doIslam") é a capital dePaquistán. Está situada ao nordés do país, noTerritorio da Capital Islamabad. Historicamente parte do territorio formaba parte da rexión doPanxab e outra parte deKhyber Pakhtunkhwa. Ten unha poboación de 1 151 868 habitantes (resultados preliminares do censo de2011)[1].

Historia

[editar |editar a fonte]

En 1958 decidiuse escoller unha comisión para elixir unha nova capital do novo estado que substituíra aKarachi a ao anoseguinte decidiuse por unha zona a 15 km ao nordés deRawalpindi. Un grupo deurbanistas, baixo a dirección do gregoConstantinos A. Doxiadis, foi encargado do deseño da nova urbe. O24 de febreiro de1960[2] o goberno paquistaní decidiu darlle o nome de Islamabad e no ano1961 comezaron as obras.

No ano1967, Islamabad converteuse xa oficialmente na capital do Paquistán. En1970 remataron os traballos de construción.

En outubro de ano2005 a cidade viuse afectada polo terremoto que sacudiu o subcontinente indio.

Xeografía e clima

[editar |editar a fonte]

Islamabad está situada no altiplano dePothohar, a unha altura entre 457 m e 610 m, ao sur dosAltos de Margalla, a uns 15 km da cidade deRawalpindi (antiga capital do país entre 1959 e 1968) e tamén cerca da deGakhar.

O clima está en parte regulado por tres lagos artificiais (Rawal, Simli e Khanpur), mais é con todo un clima extremo, con veráns moi calorosos e con choivas monzónicas en xullo e agosto; os invernos son moi fríos con nevaradas frecuentes sobre os altos e máis raras na cidade. As temperaturas oscilan entre un mínimo de -3,9 °C en xaneiro e un máximo de 46,1 º no mes de xullo.

Demografía

[editar |editar a fonte]
  • Censo de1981 - 204.364 habitantes .
  • Censo de1998 - 529.180 habitantes (censo oficial)
  • Cálculos para2006 - 794.531 habitantes.
  • Resultados preliminares do censo de 2011 1 151 868 habitantes

Turismo

[editar |editar a fonte]
  • Área Azul, o centro financeiro de Islamabad.
  • Avenida da Constitución.
  • Monumento Nacional, preto de Shakarparian.
  • Mesquita de Faisal, un dos monumentos emblemáticos de Islamabad's most; unha grande mesquita, agasallo do rei Faisal da Arabia Saudita.
  • Altos de Margalla, outeiros que arrodean a cidade.
  • Museo Lok Virsa.
  • Museo de Historia Natural do Paquistán.
  • Museo de Islamabad.
  • Galería Nacional de Arte.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Pak population increased by 46.9% between 1998 and 2011".The Times of India. 29 de marzo de 2012. Arquivado dendeo orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 7 de setembro de 2013. 
  2. Doxiadis, Constantinos."Projects- Islamabad the Capital of Pakistan"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 13 de outubro de 2007. Consultado o 8 de setembro de 2013. 
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Islamabad
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Islamabad&oldid=6934842»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp