Este artigo amosaletras árabes. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Oislam (enárabe:الإسلام,al-Islām (axuda·info)) ouislamismo é unharelixiónmonoteístaabrahámica cuxo dogma baséase no libro doCorán, o cal establece como premisa fundamental para os seuscrentes que «Non hai máis deus queAlá[1] e queMahoma é o último mensaxeiro de Alá».[2] A palabra árabeAllah, galeguizada como Alá, significaDeus e a súa etimoloxía é a mesma da palabrasemíticaEl (אל), coa que se nomea a Deus naBiblia. Os eruditos islámicos definen ao islam como: «A submisión a Deus o Altísimo a través domonoteísmo, a obediencia e o abandono daidolatría».[3] O libro sagrado do islam é oCorán,[4] ditado por Alá a Mahoma a través de Yibril (oArcanxo Gabriel). Os seguidores do islam denomínanse musulmáns (do árabemuslim مسلم, 'que se somete'). Testemuñan que Mahoma é o último dosprofetas enviados por Deus e selo da Profecía.[5]
En 2010 calculábanse en case 1600 millóns de seguidores do islam que son maioría en 49 países, arredor dun 87/90% dos musulmáns sonsunnitas e o 10/13%xiítas[6]. Segundo oVaticano, o islam (conxuntamente con todas as súas ramificacións) é arelixión máis estendida do mundo, xa que recentemente superou o número decatólicos,[7] e a segunda relixión do mundo se se súmase o número de fieis das distintas confesións docristianismo.
O islam xurdiu coa predicación de Mahoma no ano622 naMeca (na actualArabia Saudita). Baixo o liderado de Mahoma e os seus sucesores, o islam estendeuse rapidamente. Existe discrepancia entre os musulmáns e non musulmáns de se se estendeu por imposición relixiosa ou militar, ou porconversión dos pobos ao islam. As ensinanzas de Mahoma están contidos noCorán, ou Alcorán (Qur'an, "recitación" enárabe). Os musulmáns acreditan que Mahoma recibiu estas ensinanzas deAlá (a palabra árabe paraDeus), por intermedio doanxoXibreel (Arcanxo Gabriel) que Mahoma despois recitou para que outros pasasen a escrito, xa que era analfabeto segundo considera a tradición islámica[8], converténdose no mensaxeiro do islam[9]. Alén do Corán, inclúense entre os conceptos e prácticas relixiosas ospiares do islam, cinco para os sunnitas: profesión de fe (non hai máis deus que Alá e Mahoma é o seu profeta), orar cinco veces por día, a esmola, o xaxún no Ramadán e a peregrinación á Meca que os xiítas imamís inclúen entre as derivacións da fe xunto con outras prácticas; os ditos e accións de Mahoma tal como se recolle no corpus doshadith, distintos segundo a tradición sunnita e a xiíta e que para os sunnitas conforman asunna, que clarifican e explican as ensinanzas de Mahoma e que forman oRexistro histórico das accións e as ensinanzas do Profeta.
Ao contrario do xudaísmo e do cristianismo, o islam non atravesou un período de granreforma ou reformulación fundamental.
Para a maioría dos musulmáns o islam non é só unha relixión senón un xeito de vida, un sistema que dá instrucións que se relacionan con todos os aspectos da actividade humana, sexan políticos, sociais, financeiros, legais, militares ou interpersoais pero entre os crentes hai diversos graos de observancia, para uns é un asunto privado mentres para outros é a base de todo o seu sistema de relacións[10].
A palabraIslām, da raíz trilítera s-l-m, deriva do verbo árabeaslama, que significa literalmente ‘aceptar, renderse ou someterse‘.[11] Así, o islam representa a aceptación e sometemento ante Deus. Os fieis deben demostrar a súa submisión venerándoo, seguindo estritamente as súas ordes e abolindo opoliteísmo. En palabras doarabistaPedro Martínez Montávez:
Dise habitualmente queislam significa submisión total a Deus, o que é indubidablemente certo, aínda que non é menos certo que iso corresponde á tradución de só unha parte da palabra. Queda unha segunda parte por traducir, atendendo á raíz lingüística da que deriva, que cobre o campo semántico do benestar, da salvagarda, da saúde, da paz. Quere isto dicir, sinxela e profundamente, que o crente se somete a Deus, ponse nas súas mans, porque ten a seguridade de que así se pon a salvo. Obsérvese tamén queislam esalam -que é como en lingua árabe dise paz- son termos irmáns, ao derivar ambos da mesma raíz.[12]
A palabra está dada por numerosos significados no Corán. Nalgúns versículos (ayat آيات ʾāyātun), a calidade do islam como unha convicción interna é acentuada: «A quen queira que Deus se desexe dirixir, el ampliará o seu peito ao islam». Outros versos conectan a palabraislām edīn (traducido usualmente como 'relixión' ou 'fe'): «Hoxe, perfeccionei a súa relixión(dīn) para vostede; completei a miña bendición sobre vostede; aprobei o islam para a súa relixión.» Aínda, algunhas faccións describen o islam como unha acción de devolver a Deus, máis que soamente unha afirmación verbal de fe.
Con frecuencia confúndense os significados de palabras ou termos como árabe, musulmán, islámico e islamista, que teñen significados distintos; para aclarar os significados destas palabras poden consultarse diversas referencias bibliográficas.[13],[14],[15]
Ateoloxía xiítas contén cinco principios da relixión coñecida como Principios da relixión e ademais dos tres dossunnitas cren noutros dous, é dicir:Tawhid (Monoteísmo),Nubuwwah (Profecía),Maad (O Día da Resurrección),Imamah (Liderado),Adl (Xustiza).[16][17]
A Unicidade de DeusTawhid Na cosmovisión islámica a crenza máis importante é a crenza nun Deus Único.[18]
Nubuwwah significaProfecía " Deus elixiu algunhas persoas para guiar os seres humanos, a tales persoas deu o título de mensaxeiros.[18]
Imamah (Imanato) significa Liderado e Tutela, xa sexa nos asuntos relixiosos ou mundanais sobre as persoas, en sucesión ao Profeta do islam.[18]
Adl (Xustiza) Osxiítas cren que hai un ben intrínseco ou un mal nas cousas, e queDeus lles manda facer as cousas boas e lles prohibe as malas.[18]
Yaum al-Qiyamah, Día daResurrección, é a crenza na resurrección dos mortos e a vida logo da morte, unha das crenzas relixiosas fundamentais e en especial do islam.[18]
Segundo a opinión sunnita adoutrina islámica tencinco alicerces na súafe que forman parte das accións interiores dosmusulmáns. Os alicerces principais son:
Ashahada (profesión de fe), é dicir, aceptar o principio básico de que só hai un Deus e que Mahoma é o último dos seus profetas.
A oración.
Ozakat ouazaque (traducido ás veces comoesmola), é dicir, compartir os recursos cos necesitados.
A peregrinación á Meca (para quen poida) polo menos unha vez na vida.
Aos cinco alicerces da concepción sunnita engaden algúns o sexto alicerce doxihad ouesforzo na defensa da fe. En termos estritamente relixiosos, enténdese fundamentalmente como un esforzo espiritual interior de cada crente por vivificar a súa fe e vivir de acordo con ela. A isto chámasellexihad maior, mentres que existe unhaxihad menor que consiste en predicar o islam ou defendelo dos ataques. Deste último concepto nace a idea de xihad como loita ou guerra, que se popularizou en todo o mundo.
Ademais, conforme ao Corán todos os musulmáns teñen que crer enDeus, nos seusanxos, nos seus libros, nos seus profetas, napredestinación e na próxima vida.
A crenza na existencia de Deus é un principio común entre todas as doutrinas divinas, e basicamente, a diferenza substancial e fundamental entre unha persoa relixiosa -calquera sexa a doutrina que practique e un individuo materialista, radica nesta cuestión.[19]
Deus no Corán noméase a si mesmo comoAllah, nome derivado da raíz semíticaEl. Aínda que o termo é coñecido en Occidente como referencia ao Deus musulmán, para os falantes do árabe (de calquera relixión, incluídos cristiáns e xudeus) emprégase como referencia a "Deus".[20][21][22]A crenza enDeus dentro do islam consiste en catro aspectos:
Na súaexistencia. Isto é o primeiro da guía do Creador ao seu servo,[23] posteriormente polas evidencias do instinto natural do ser humano, a razón, os sentidos, os signos da creación e como proba principal; os textos sagrados.[24][25]
En que El é o único, nos seus actos e no dominio desteUniverso, é dicir: O único Creador, Sustentador, Soberano etc.
En que El é a únicadivindade e sustentador das calidades divinas, polo tanto soamente El é o merecedor da adoración.
Nos seus nomes e atributos: Consiste en afirmar de Deus o que afirmou de Si mesmo no Corán ou a través do profeta Mahoma, sobre os seus nomes e atributos divinos, sen distorsión, negación, ou asemellalo a algo deste mundo.[26][27]
Dado que se trata do mesmo Deus doscristiáns exudeus, as calidades que os musulmáns lle atribúen son basicamente as mesmas que lle atribúen aqueles, pero hai diferenzas considerables. É salientable, con todo, que o islam, á semellanza doxudaísmo pero afastándose docristianismo, insiste na súa radical unidade(tawhid), ou sexa, que é un e non ten diversas persoas (como afirma en cambio a maioría das correntes cristiás codogma daTrindade) no seu carácter incomparable e irrepresentable.
O islam refírese a Deus tamén con outros noventa e nove nomes, que son outros tantos epítetos referidos a calidades de Deus, tales como O Clemente (Al-Rahmān), O Apreciadísimo (Al-'Azīz), O Creador (Al-Jāliq). O conxunto dos99 nomes de Alá recibe en árabe o nome deal-asmā' al-husnà ou ‘os máis belos nomes‘, algúns dos cales foron utilizados así mesmo porcristiáns exudeus ou designaron a deuses daArabia preislámica. Algunhas tradicións afirman que existe un centésimo nome que permanece incognoscible, que é obxecto de especulacións místicas, e que se define nalgunhas ocasións como o Nome Inmenso(ism al-'Azam), ou como o Nome da Esencia, figura que existe igualmente no xudaísmo, e que ha ter unha grande importancia nosufismo. Outras veces, utilízase simplemente a palabrarabb (señor).
Mahoma dixo queDeus tiña 99 nomes; neste versículo do Corán menciónanse algúns:
É Alá "non hai máis deus que Deus", o Coñecedor do oculto e do patente. É o Compasivo, o Misericordioso. É Alá "non hai máis deus que Deus", o Rei, o Santísimo, a Paz, Quen dá Seguridade, o Custodio, o Poderoso, o Forte, o Sumo. Gloria a Alá! Está por encima do que lle asocian! É Allhá, o Creador, o Facedor, o Formador. Posúe os nomes máis belos. O que está nos ceos e na terra glorifícao. É o Poderoso, o Sabio.
Monoteísmo[29] segundo o islam significa a crenza na Unidade de Deus en todos os conceptos. El é Un en esencia. El é o Único Creador. El é o Único que dirixe o mundo. Soamente El merece a adoración e veneración. E El é Un en moitos outros aspectos.[30]
Todos os eruditos islámicos din que a orde máis importante que Deus dá ao home é que este recoñeza a súa absoluta unicidade (enárabe: توحيدTawhid) e isto significa que o adore unicamente a El,[31] e esta adoración non é válida excepto do monoteísta,[32] polo tanto Mahoma divulgou a súa mensaxe entre homes que tiñan diferentes tipos de adoración: algúns adorabananxos, outros adoraban profetas e homes piadosos, outros adorabanárbores,pedras, e entre eles había quen adoraba osol e alúa. A todos eles o Profeta reprendeulles os seus actos invitándoos ao islam sen facer distinción ningunha.[33]
Ou, humanos! Adorade o voso Señor, que vos creou a vós e a quen vos precederon, para que así sexades piadosos. El fixo da Terra un lugar habitable para vós e do ceo un teito, e fixo descender a choiva do ceo coa que fai brotar froitos para o voso sustento. Non asociedes, pois, comparte a Allah, sabendo que sabedes [que El é o único Creador].
Di: El é Allah, a única divindade. Allah é o Absoluto [de Quen todos necesitan, e El non necesita de ninguén]. Non xerou, nin foi xerado. Non hai nada nin ninguén que se asemelle a El.
A maioría dos versículos do Corán sobre esta materia salientan a Unidade de Deus con respecto á Creación, as ordes (a dirección do mundo) e o culto. Primeiro chaman a atención do home ao feito de que soamente Deus é o Creador do mundo. Soamente El ten a autoridade soberana sobre o mesmo. Logo extraen a conclusión de que soamente El merece ser adorado.[30]
A prohibición máis seria no islam é considerada comopoliteísmo[36] (enárabe: شركshirk) e os actos seguintes son considerados como tal: tomar intermediarios ante Deus, suplicar aos profetas, mortos ousantos, assupersticións, utilizaramuletos, pedras outalismáns para afastar o mal, sacrificar para outro que non sexa Deus, amaxia, consultaradiviños, aastroloxía, pedir a calquera tipo de imaxe ouestatua, xurar por outro que non forDeus, facer actos de adoración para aparentar, pedir a Mahoma etc.[37]
Non invoques, en lugar de invocar a Allah, o que non che pode beneficiar nin danarche. Se o fixeras, entón, serías dos impíos. Se Allah te aflixe cunha desgraza, ninguén senón El poderá librarte dela. Se El che desexa un ben, ninguén poderá opoñerse ao seu favor. Concédeo a quen El quere dos seus servos. El é o Indulxente, o Misericordioso.
O Corán refuta a teoría da pluralidade de deuses do seguinte xeito:
Deus non adoptou un fillo nin hai outro deus xunto a El. Se así for, cada deus atribuiríase o que crease e uns serían superiores a outros. Gloria a Deus, por encima do que lle atribúen! El é o Coñecedor do oculto e do manifesto. Exaltado sexa do que Lle asocian!
Se o mundo tivese máis dun creador, as relacións subsecuentes estarían limitadas a asumir unha das seguintes formas:
Que cada un deles tería autoridade soberana nunha parte do mundo, por exemplo, na parte que el mesmo creou. Neste caso as distintas partes do mundo terían distintos sistemas totalmente independentes un do outro. Pero nós vemos que todo o mundo ten un sistema compacto, único, interrelacionado.
Que un dos creadores e deus rexional, tivese unha posición superior á de todos os outros, para deste xeito manter un tipo de coordinación e harmonía xeral. Neste caso, o que exerce a autoridade suprema sería o real soberano de todo o mundo e todos os outros serían soamente os seus funcionarios. (Esta alternativa desemboca no monoteísmo).
Que cada un destes deuses tivese autoridade sobre o mundo e fóra libre de actuar independentemente e dar ordes como lle praza. Neste caso habería un caos e confusión total e non habería ningunha lei nin orde, como di o Corán:[30]
Se houbese neles (os ceos e a terra) outros deuses ademais de Deus, corromperíanse sen dúbida. Gloria a Deus, Señor do Trono, por encima do que Lle atribúen!
Anxo representado nunmosaico segundo a crenza Selxúcida.
Os anxos son criaturas que constitúen un intermedio entre Deus e este mundo visible e Deus encargoulles os asuntos do mundo da existencia e a lexislación. Os anxos son servos honorables que nunca desobedecen a Deus no que lles ordena. Todo o que lles manda lévano a cabo.[42]
Naquelesanxos de quen se saben os seus nomes (pola revelación), comoGabriel ouRafael, e daqueles cuxos nomes ignoran, cren neles en xeral.
Nas súas calidades, cren que o anxoGabriel se lle apareceu a Mahoma en diferentes formas. Son servos deDeus e non desobedecen a Deus no que lles ordena, non posúen calidades deseñorío oudivindade, son unha gran cantidade, moitísimos e o seu número soamente o coñece Deus.[43]
Se na Terra houbese anxos andando tranquilamente, fariamos que lles baixase do ceo un anxo como enviado.
A fe nos libros revelados dentro do islam comprende:
En que foron descendidos e revelados por Deus:
OCorán(Qur’an) revelado ao profeta Mahoma.
ATorá(At-Tawrat) revelada ao profeta Moisés.
OsSalmos(Az-Zabur) revelados ao rei David.
OEvanxeo(Al-Injil) revelado a Xesús (Issah para os musulmáns), fillo deMaría (Maryam).
Dicide: Cremos en Allah e no que nos foi revelado, no que revelou a Abraham, a Ismael, Isaac, Xacob e as doce tribos [descendentes dos fillos de Xacob], e o que revelou a Moisés, Xesús e aos profetas. Non discriminamos entre eles, e sometémonos a El.
Afirman o lexítimo que informan (no caso do Corán afirman todo) e aquilo que non foi terxiversado dos libros pasados. O Corán recoñece, pois, a orixe divina daConcep xudía e oEvanxeo cristián, por iso chama aoscristiáns e aosxudeus ’a xente do libro’(Ahl al-Kitab), pero non recoñece a autenticidade dos textos que actualmente teñen por auténticos osfieis de ditasrelixións; afirma que estiveron expostos aotahrif (تحريف) oudistorsión polas persoas, e como resultado non son cento por cento confiables. De todos os xeitos, a tradición católica non considera á Biblia como única fonte de coñecemento, polo que non entraría en contradición co cristianismo se se considera desde este punto de vista.[46]
Cren que deben actuar coasregras eleis que non foron abolidas deles, e que o Corán abroga a todos os libros excepto nalgunhas leis, para os musulmáns. Acerca dos asuntos que non abarca o Corán nin os devanditos de Mahoma, como sucesos ou datos históricos e non contradín ao islam, non os afirman nin os negan a prior.
Ao momento da súa morte no ano632, Mahoma lograra unificar toda a península arábica.
Arabia antes de Mahoma estaba escasamente poboada por habitantes de fala árabe. Algúns eranbeduínos, pastoresnómades organizados portribos. Algúns eran agricultores, que vivían en oasis no norte, ou nas áreas máis fértiles e densas no sur (no que se coñece agora comoIemen eOmán). Nese tempo, a maioría dos árabes eran seguidores dasrelixiónspoliteístas, aínda que unhas poucas tribos seguían oxudaísmo, ocristianismo (incluído onestorianismo) ouzoroastrianismo. A cidade daMeca era un centro relixioso para algúns politeístas árabes do norte, pois contiña o muro sagrado doZamzam e un pequeno templo, aKaaba.
A historia do islam comeza na Arabia no século VII coa predicación do profeta Mahoma, seguida da violenta conquista dos maiores Estados da época: o imperio persa sasánida, boa parte do Imperio romano e o reino visigodo.
Omar foi sucedido porUthman ibn Affan, outro dos primeiros seguidores de Mahoma. Baixo Uthman, o Novo califato viuse sumido nunha guerra civil á que se chamou aFitna, ou desorde. Moitos dos familiares e primeiros seguidores de Mahoma estaban descontentos con Uthman, porque sentían que estaba favorecendo indebidamente os seus parentes e actuando menos como un líder relixioso e máis parecido a un rei. Soldados rebeldes mataron a Uthman e ofreceron o liderado aAli ibn Abi Talib, o primo e xenro de Mahoma. O período do califato deAli ibn Abi Talib foi aquel en que asumiu directamente a carga e dirección da comunidade. Foi unha etapa extremadamente importante para o Estado Islámico pois intentou, nun lapso de tempo moi curto, poñer en práctica a súa concepción de goberno, da sociedade civil, dos lazos que unían os seus membros así como da súa concepción da vida doutrinaria, intelectual e espiritual da comunidade.[47] Ali morreu nas mans dun asasinocarixí, e osomeias reclamaron o califato. Eles lograron reter o liderado da maioría dos musulmáns por varias xeracións, pero salvo por un breve período, nunca volveron gobernar sobre un imperio islámico non dividido. A fe islámica diverxeu tamén, separándose nas principais de hoxe en día: ossunnitas e osxiítas.
Na historia do islam existen diversas dinastías que se disputaron os califatos ou o liderado do islam e moitos estados islámicos que ofrecían unha mínima ou ningunha obediencia ao califa.
Entre osséculosXIV e oXVII, un dos máis poderosos imperios foi oImperio de Malí, cuxa capital eraTombouctou. Con todo, esta cultura estivo profundamente pautada pola árabe (ata no idioma), non sendo realmente orixinal.
No século XVIII, houbo tres grandes imperios musulmáns: ootomán en torno aTurquía,Oriente Próximo, omar Mediterráneo e osBalcáns; osafaví enIrán,Iraq, aArmenia histórica, oCáucaso eAfganistán; e omogol noIndostán. Noséculo XIX, estes imperios caeran baixo a dominación do poder político e económico de Europa. Logo daprimeira guerra mundial, o remanente do Imperio Otomán foi dividido en protectorados ou esferas de influencia europeas. O islam e o poder político do islam experimentaron un rexurdimento noséculo XX, en boa medida grazas aopetróleo. Con todo, as relacións entre occidente e certo número de estados de maioría musulmá seguen sendo precarias cando non tensas.
Logo das perdas posteriores á primeira guerra mundial, os restos doImperio Otomán son esparexidos cosprotectorados europeos. Desde entón a maioría das sociedades musulmás convertéronse en nacións independentes, e adquiriron prominencia novos temas, como a riqueza petroleira e as relacións co estado deIsrael.
Aínda que o máis famoso movemento do islam en tempos recentes foi ofundamentalismo islámico, existen diversas correntes liberais que ven como alternativa o aliñar ao islam cos tempos contemporáneos.
Este movemento non está dirixido a cuestionar os fundamentos do islam, senón que trata de aclarar malas interpretacións ou abrir paso á renovación do islam como un centro moderno de pensamento e liberdade.
Países cuxa poboación musulmá supera o 10% do total (FONTE -CIA World Factbook, 2012). Os países coloreados con tons vermellos son aqueles nos que a maioría da poboación pertence a ramas do islam distintas da sunnita maioritaria.
Segundo o World Factbook[48] da CIA, no ano2005 o islam era a segunda relixión con máis seguidores no mundo, un 19,9% da poboación mundial. É así mesmo a relixión que está crecendo máis rapidamente,[49] feito atribuíble principalmente ao maior crecemento demográfico nos países musulmáns, así como ásconversións ao islam como relixión monoteísta.
A poboación musulmá estímase que excede os 1.200 millóns de persoas. Soamente o 18% dos musulmáns son etnicamente árabes; outro 20% atópase na rexión do sur doSáhara enÁfrica, e o 30% nosubcontinente indio (sumando os fieis dePaquistán,Bangladesh e aIndia). O país coa maior poboación de musulmáns do mundo éIndonesia, con case 200 millóns de fieis. Tamén hai importantes grupos musulmáns enChina, Europa, Asia Central eRusia.
En Europa,Austria foi o primeiro país en recoñecer o islam como unha das súas relixións oficiais, mentres queFrancia é o país europeo con maior poboación de musulmáns: 6 millóns, que representan un 10% da súa poboación total.
A Meca é a cidade a onde osmusulmáns polo menos teñen que peregrinar unha vez na súa vida se teñen a capacidade de facelo,[52] na Biblia é mencionada como "Padan-aram" (Parán=Mecca),[53] nela naceu Mahoma e áchaseMasjid al-Haram, onde rezar nela considérase como ter a recompensa de 100,000 oracións.[54]Nesta mesquita está localizada aKaaba, templo construído polo profetaAbraham e o seu filloIsmael,[55] oPozo de Zamzam, considerado por milagroso polos musulmáns desde o tempo en que lle foi revelado aAgar, xa que prové a miles de persoas en todo o país e cada peregrino bebe del.[56] Nos arredores atópaseMina e oMonte Arafat, onde Mahoma pronunciou o seu sermón de despedida fronte a máis de 100,000 persoas e o permanecer aí está considerado como un alicerce na peregrinación.[57]
Medina é un lugar moi querido polosmusulmáns, xa que recibiu o profeta Mahoma, cando emigrou daMeca, dándolle refuxio, recibiu e aceptou a súa mensaxe, os seus habitantes foron coñecidos como os "Ansar" por acollelo e facelo vencer ao islam, temas sobre os que todos os musulmáns están de acordo.[58] Mahoma transmitiu que nela duplicase a recompensa das boas accións, unha oración naMesquita do profeta ten a recompensa de 1.000 oracións. Tamén dixo que á súa entrada haianxos que a protexen das epidemias e que lle prohibirán a entrada ao Falso Mesías (co nomeárabe deAl-Dayal) do mesmo xeito queA Meca.[57]
Mahoma declarouna como sagrada e dixo que expulsa a mala xente como ofol daforxa expele ás impurezas doferro, e debido á elevada posición que foi concedida a estacidade e aos seus habitantes, informou queDeus deféndeos e maldí a todo aquel que os ameace inxustamente.[59] Aconsellou vivir e morrer nela, dixo que afe nesta cidade volve como unha serpe volve á súa cova.[60] EnMedina é onde Mahoma morreu e foi enterrado.
Atópase enXerusalén, a tradición musulmá relata que é o lugar onde Mahoma ascendeu aos ceos. No ceo fóronlle presentados os profetas e coñeceu aAbraham,Moisés eXesús entre outros. Posteriormente comunicouse con Deus interpoñéndose unha gran luz entre eles e foille establecida a oración.
A este acontecemento chámaselleAl-Israh wa Al-Miray (‘viaxe nocturna e ascensión‘), o capítulo 17 do Corán fala diso e o rezar na Mesquita de Al-Aqsa equivale a recompensa de 500 oracións.[61]
Tanto os xiítas como os sunís comparten certa veneración e obrigacións relixiosas cara a certos santuarios e lugares sagrados, como A Meca, Medina e Mesquita de Al-Aqsa pero a mesquita do Imán Alí e a mesquita do Imán Hussein tamén son veneradas. Logo da Meca e Medina, Nayaf e Kerbala son as cidades máis sagradas para os xiítas.
Erroneamente adoitase pensar que o verde é a cor do islam aínda que esta cor non ten significado relixioso algún no islam. Así mesmo moita xente pensa que a estrela e a lúa crecente simbolizan o islam, pero isto tampouco é certo. Estes eran, simplemente, os símbolos do Imperio Otomán e non do islam.
No islam cren que a adoración a símbolos ou obxectos materiais vai en contra do monoteísmo. Con todo, os musulmáns a miúdo usanazoras caligrafadas para decorar as mesquitas ou as súas casas propias.
O calendario islámico comeza coaHéxira, é dicir, a fuxida de Mahoma dende A Meca a Medina. Ese ano equivale ao 622 docalendario gregoriano. Os anos docalendario lunisolar poden ter 354 ó 355 días. Por iso, para establecer un ano islámico, non basta restar 622 anos ao calendario gregoriano.
Os días festivos islámicos, baseados no calendario lunisolar, celebraríanse en distintas datas cada ano se os levásemos ao calendario gregoriano.
Os musulmáns teñen dúas festividades:Eid al-Fitr (en árabe: عيد الفطر, 'banquete de caridade') eEid al-Adha (en árabe: عيد الأضحى, 'celebración do sacrificio'), outros agregan o díavenres.
Eid al-Fitr: significa o fin doRamadán. A noite anterior ao primeiro día desta festa tamén se considera particularmente auspiciosa. Pola mañá cedo, a comunidade en conxunto realiza diferentes oracións e celebra un almorzo que marca o fin do xaxún do mes máis importante para o mundomusulmán.
Eid al Adha: é representada polosmusulmáns de todo o mundo coa ofrenda dun sacrificio animal (comunmente unha vaca ou un cordeiro) como unha acción de gratitude paraDeus por salvar a vida do fillo do profeta Abraham. Con esta festividade, osmusulmáns lembran que islam significa submisión, xa que ninguén mostrou mellor a súa submisión a Deus queAbraham (en árabe: إبراهيمIbrahim), quen estivo disposto a sacrificar o seu propio fillo como proba da súa lealdade a Deus.
Festa de conmemoración do nacemento do profeta Mohammad: O día de nacemento do profeta Mohammad, o 17 de Rabi’ al-Awwal, é conmemorado por todos os musulmáns de Irán cunha gran festa.[62][63]
Eid al-Mabas: O día do inicio da profecía a Mohammad chámase “Mab’as” e os musulmáns celebran este día, chamándoo “Eid al-Mab’as”. O anxo Gabriel apareceulle no ano 610 na cova de Hira, situada na actual Arabia Saudita e ordenoulle que lera, ademais comunicoulle a elección que Deus realizara, tiña 40 anos.[64]
Eid al-Qadir Khom: é o aniversario da presentación do imam Alí como sucesor do profetaMohammad, Este día é unha festa importante do mundo xiíta (especialmente pos iranianos). A xente celebra este día, distribuíndo doces. O 18 de Zul Hiyya de cada ano celébrase no mundo xiíta o aniversario da declaración de Qdir Khum na cal o Profeta dixo acerca deAli ibn Abi Talib: Para quen eu sexa o seu Maulá (autoridade política e espiritual), este ´Ali é o seu Maulá.[65]
Estas dúas festividades celébranas os crentes visitando os fogares e comendo os pratos especialmente cociñados para esta ocasión. Todos sentan xuntos. Por tradición os nenos tamén reciben agasallos, as gratificacións e os doces entregados polos seus seres queridos como símbolo de amor. A forma de desexar unha feliz festa é pronunciando as palabras: Eid Mubarak!
Aarquitectura islámica é un termo amplo que agrupa os estilos relixiosos propios da cultura islámica desde os tempos de Mahoma ata os nosos días, influenciando no deseño e construción de edificios e estruturas por todo o mundo. Así mesmo, a arquitectura islámica manifesta a adaptación do estilo arábigo ás culturas e técnicas coas que toma contacto, desde a vasta achega helenística e bizantina en Oriente Próximo, África eAnatolia, ata o visigótico enAl-Andalus, ou o hindú ao Oriente.
A arquitectura islámica de todos os períodos e de todas as rexións ten un trazo distintivo: a harmonía e a beleza. O devandito do Mensaxeiro de Deus, Muhammad: «Deus é Belo e Ama a Beleza», fala da forte ligazón que existe no islam entre arte e espiritualidade.[66]
Os tipos principais de construcións da arquitectura islámica son amesquita, atumba, opalacio e oforte; aínda que tamén destacaron edificacións de menor importancia como osbaños públicos, asfontes e a arquitectura doméstica.
Dise que acolumna, oarco e acúpula son a «Santísima Trindade» da arquitectura islámica,[Cómpre referencia] xa que as tres xuntas son características que lle dan beleza e orixinalidade.
En630 o exército de Mahoma reconquistou a cidade daMeca para a tribo deQuraish. O santuario santo daKaaba foi reconstruído e dedicado ao islam; a reconstrución foi levada a cabo antes da morte de Mahoma no632 por un náufrago carpinteiroabisinio no seu estilo nativo. Este santuario estivo entre os primeiros traballos de grande envergadura do islam. As paredes foron decoradas con pinturas deXesús,María,Abraham, profetas,anxos eárbores. Despois doséculo VIII as doutrinas do islam, baseadas noHadiz, prohibiron o uso dese tipo de imaxes na súa arquitectura, especialmente seres humanos e animais.
Noséculo VII as forzasmusulmáns conquistaron extensos territorios. Unha vez que se establecían na rexión necesitaban un lugar onde construír unhamesquita. O deseño era simple, baseado na casa do profeta Mahoma, proveuse de elementos que foron incorporados, polos primeiros musulmáns, ás novas mesquitas e a outras construcións ou adaptáronos a edificios xa existentes, como igrexas, para o seu propio uso.
Acaligrafíaárabe está asociada coa arte xeométrica islámica do arabesco nas paredes e tamén nos teitos das mesquitas, así como nos textos escritos. Moitos artistas contemporáneos no mundo islámico debuxan baseándose na herdanza da caligrafía árabe para utilizar inscricións e abstraccións caligráficas no seu traballo.
Oárabe engloba nun só termo (jatt) as nocións de escritura e as decaligrafía, feito que se explica polo carácter sacro dunha lingua que é a do SagradoCorán. Poucas civilizacións levaron a arte da caligrafía a un rango tan elevado como o fixeron os musulmáns.
A caligrafía comezou a ser a máis venerada forma de arte islámica porque constitúe unha ligazón entre a lingua dos musulmáns e a súa relixión. Olibro sagrado do islam, o Corán, tivo un rol moi importante no desenvolvemento e evolución da lingua árabe, e por extensión, na forma de escribir o alfabeto árabe, é dicir, na súa caligrafía.Proverbios e amplas pasaxes do Corán seguen sendo fontes activas para a caligrafía islámica.
No islam hai diferentes denominacións relixiosas que son esencialmente similares na crenza, pero teñen diferenzas teolóxicas e legais importantes. As maiores ramas do islam son ossunnitas (ou sunnita) e osxiítas. Osufismo non é unha rama, senón unha derivación esotérica do islam. Distintasconfrarías e ordes practican esta versión do islam.
Preto do 90 % dos musulmáns son sunnitas (só son minoría fronte aos xiítas duodecimanos enIrán,Iraq eLíbano). Cren que Mahoma foi un profeta, un ser humano exemplar e que deben imitar as súas palabras e actos na forma máis exacta posible, pois o Corán indica que o profeta Mahoma é un bo exemplo a seguir. Oshadices describen as súas palabras e actos, constituíndo o principal alicerce da doutrina sunnita.
Os musulmáns xiítas, a segunda rama maior do islam, difiren dos sunnitas en que rexeitan a lexitimidade dos tres primeiroscalifas. Seguen os preceptos de hadices diferentes aos dos sunnitas e teñen as súas propias tradicións legais. Os eruditos xiítas teñen maior autoridade que os sunnitas e maior amplitude para a interpretación do Corán e dos hadices. Os imáns desempeñan un papel fundamental na doutrina xiíta. A principal vertente xiíta é a escola ya`farí (chamada así en honra do seu fundador,Ya`far as-Sadiq) ou escola xiíta duodecimana, cuxo nome deriva dos doce imams ou líderes infalibles que recoñecen despois do falecemento de Mahoma. Aínda así, todos ten en común a crenza enAli ibn Abi Talib, ou imam Ali como o sucesor do Profeta, e a sucesión deste último polos seus dous fillos: primeiro o seu fillo o imam Hasan e logo o seu fillo Husayn.Os xiítas existen na maioría dos países islámicos, pero a maioría deles atópanse enIrán,Iraq,Azerbaidján,India,Paquistán e oLíbano.[18]
En sentido non estrito, denomínase tamén xiítas a seitas tales como as do grupoismaelí, entre elas os seguidores doAga Jan, localizados principalmente nosubcontinente indio, osalauitas de Siria, os zaídes do Iemen etc.
Osufismo é unha práctica que ten seguidores entre os sunnitas e os xiítas. Segundo a maioría dos autores sunnitas, é o camiño da práctica do terceiro aspecto do islam, oihsan ou perfección espiritual. Doutra banda, pode dicirse que o seu obxectivo é o esforzo por adquirir as características do servo ouser humano perfecto (insan al-kamil ouabd al-kulli). Salientan varios aspectos espirituais, como o perfeccionamento da fe, o estado de lembranza divina continuo (dhikr), a purificación do ego (nafs) a través de determinadas prácticas espirituais. A maioría dos seus seguidores organízanse en confrarías (tariqa en árabe) sufíes. Con todo, hai algunhas delas que non poden incluírse dentro desas dúas ramas, como é abektashi ou outras, como as de aparición enEuropa eAmérica, que pertencen a movementosnew age (Nova era).
O sufismo está presente no mundo islámico desde o seu Occidente, en países comoSenegal, ata o seu Oriente, por exemploIndonesia, así como en países europeos ou americanos.
↑Shil, Mahmoud Isma`il & `Abdul-Wahid, `Abdur-Rahman."The Well of Zam zam".IslamOnline. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xuño de 2009. Consultado o 23 de xaneiro do 2016.
↑57,057,1Muslim (1998) Tomo 3. Libro de la Peregrinación.
Al-Hashimi, Muhammad Ali (2002a).La verdadera personalidad del musulmán. Riyadh: IIPH.ISBN 9960-850-08-0..
Sánchez-G. P. M. Asuero-M. Bernardini (eds.) (2007).España y el Oriente islámico entre los siglos XV y XVI (Imperio otomano, Persia y Asia central) Actas del congreso Università degli Studi di Napoli “l’Orientale” Nápoles 30 de septiembre - 2 de octubre de 2004. Istambul: Isis.ISBN 978-975-428-341-9..
Al Ashqar, Omar Sulaiman (2003a).La creencia en Allah. Riyadh: IIPH.ISBN 9960-850-02-1.
Al Ashqar, Omar Sulaiman (2003b).El mundo de los ángeles. Riyadh: IIPH.ISBN 9960-850-10-2.
Al Ashqar, Omar Sulaiman (2003c).Los profetas y sus mensajes. Riyadh: IIPH.ISBN 9960-850-04-8.
Al Ashqar, Omar Sulaiman (2003d).Designio divino y predestinación. Riyadh: IIPH.ISBN 9960-850-01-3.
Al Ashqar, Omar Sulaiman (2003e).La resurrección menor. Riyadh: IIPH.ISBN 9960-850-00-5.
Al-Hashimi, Muhammad Ali (2002b).La verdadera personalidad de la mujer musulmana. Riyadh: IIPH.ISBN 9960-850-13-7.
Al-Mubarakafuri, Safi Al-Rahman (2008).Medina, la iluminada: Un resumen de su historia, virtudes y sitios importantes. Riyadh: Darussalam.
Al-Marzuqi, Umar, (2006).Sistema económico en el islam "النظام الاقتصادي في الإسلام"p. 61-67. Riyahd: Makatabah Ar-Rushd.
Al-Maududi, Abu Al'Ala (1997).Los principios del islam. Riyadh: IIPH.
Al-Uzaimin, Muhammad Ibn Saalih (1997).Explanation of the Three Fundamental Principles of Islaam. Birmingham: AL-Hidayyah.ISBN 1-898649-25-1.
Al-Uzaimin, Muhammad Ibn Saalih (2006).La creencia de los seguidores de la tradición profética. Riyadh: The Islamic Propagation Office in Rabwah.
At-Tahawi, Abu Yafar (2007).Aquidah At-Tahawiah. Riyadh: Islamic Propagation Office in Rabwah.
Rahim, M. A. (2003).Jesús, un profeta del islam. Riyadh: IIPH.ISBN 9960-850-03-X.
Sabq, Said (2001).Fiqh As-Sunnah. Riaydh: Al-Rushd.
Salam Naaman, Raad (2011).En el nombre de Dios de las tres religiones monoteístas (Judaísmo, Cristianísmo e Islam). Alicante: Editorial Club Universitario.ISBN 978-84-9948-420-4.