Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Isildur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isildur (enquenyanamorado da Lúa ouservente da Lúa) é un personaxe daTerra Media creado polo escritorJ. R. R. Tolkien.

Era unhome deNúmenor, irmán máis vello deAnárion e fillo deElendil o Alto, pertencente á nobreza numenoriana. Cóntase naAkallabêth que Isildur escapuliuse entre os gardas do reiAr-Phârazon e chegou áÁrbore Branca deNúmenor, Nimloth, para tomar un froito del, prevendo talvez a súa futura destrución por orde deSauron. Dese froito naceu despois a Árbore Branca deMinas Ithil.

Cando o reiAr-Phârazon, último rei de Númenor, decidiu invadirValinor por consello de Sauron, osElendili, amigos dosElfos, escaparon ó leste, antes da destrución da illa deNúmenor. Entre eles ían Elendil e os seus fillos Isildur e Anárion, que fundaron despois os reinos deArnor eGondor respectivamente. Isildur tivo catro fillos:Elendur,Aratan,Ciryon eValandil. Do último, o menor descende a liña de sucesión dosReis de Arnor.

Máis tarde, ó final daSegunda Idade, Isildur partiu á guerra contraMordor, e durante a batalla deDagorlad loitou xunto co seu pai e os Elfos. Ó chegaren á porta deBarad-Dûr, Sauron mesmo saíu da súa torre, e loitou contraElendil, matándoo xunto aGil-Galad, rei dos elfos. Nese momento Isildur tomou aNarsil, a espada quebrada do seu pai, e cortoulle a Sauron o dedo coAnel Único. Entón Sauron perdeu o seu poder, e desapareceu. Isildur tomou o Anel e gardouno como prenda pola morte do seu pai e o seu irmán durante a guerra, malia queElrond eCírdan cominárono a destruílo na lava do próximoMonte do Destino para asegurar a derrota de Sauron.

Isildur, tras plantar a Árbore Branca enMinas Anor en memoria do seu irmán Anárion e confiar o reinado de Gondor ó seu sobriñoMeneldil, partiu cara ó norte para facerse cargo do reino de Arnor en nome do seu pai. Pero, ó ser atacado pororcos nosCampos Ledos, puxo o Anel, sabendo que o faría invisible, e botouse ó ríoAnduin. O Anel vingou ó seu creador e traizoou a Isildur, deslizándose do seu dedo. Os orcos vírono e matárono con frechas. Os seus tres fillos maiores, que o acompañaran á guerra, tamén morreron nese masacre. SóOhtar o escudeiro, xunto con outros dous homes, logrou sobrevivir, e levou os fragmentos de Narsil aValfendido. Valandil, por entón apenas un neno, convértese en rei de Arnor.

Predecesor:
Elendil

Rei deArnor

3441S. E. - 2T. E.
Sucesor:
Valandil
Predecesor:
Elendil

Rei deGondor

3441S. E. - 2T. E.
Sucesor:
Meneldil
Obras
Historia de
composición
Universo
ficticio
Pobos,
Monstros
Personaxes
Xeografía
Obxectos
Temas
Adaptacións,
legado
Mapas, atlas
Crítica
literaria
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Isildur&oldid=6273658»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp