Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fainestes artigos. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de decembro de 1900 Laxe, España |
| Morte | 4 de maio de 1986 París, Francia |
| 23 de marzo de 1983 – 4 de maio de 1986 (electo) ← Julio Garrido Mareca(en) | |
| 25 de xuño de 1960 – 4 de maio de 1986 ← Salvador Golpe | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | xeólogo |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Avelina Peinador Porrúa |
| Premios | |
Isidro Parga Pondal, nado enLaxe o17 de decembro de1900 e finado naCoruña o4 de maio de1986, foi unquímico galego especializado enxeoloxía.[1][2] Destacou polos seus estudos en diversos eidos, que foron desde os da xeoquímica de rochas e minerais raros galegos, os areais galegos, o neovolcanismo da península Ibérica e o cartografado xeolóxico.[2]
Isidro Parga Pondal procedía de dúas familias da burguesía galega de gran sona, preocupadas polo país. Era sobriño neto do vateEduardo Pondal e neto do médico hidrólogoIsidro Pondal Abente por parte materna, e pola outra era neto deSalvador Parga Torreiro, catedrático de Dereito naUniversidade de Santiago de Compostela e senador, e fillo deJosé Parga Casal, doutor en Dereito pola USC.[1] Logo da prematura morte do seu pai, en1915, o seu homónimo avó foi o condutor de Isidro cara as ciencias experimentais.[3] Fixo os seus estudos de bacharelato enSantiago de Compostela e a carreira deQuímica na Universidade de Madrid, rematando a licenciatura en1922.[1]

En1923 obtivo praza de profesor auxiliar deQuímica inorgánica eAnalítica na Facultade de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Porén, aparecen os seus primeiros traballos sobre xeoquímica, publicados na revista doSeminario de Estudos Galegos nado recentemente e do que é membro. Desde a Sección de Ciencias Naturais do Seminario de Estudos Galegos, Isidro Parga Pondal fomentou a investigación sobre as riquezas do solo e o subsolo galego.
No ano1925 casou conAdelina Peinador Porrúa, filla do propietario doBalneario de Mondariz,Enrique Peinador Línes. Nese tempo realizou estudos de doutoramento enZürich, volvendo no1933 a cidade compostelá.
Coa creación do Laboratorio deXeoquímica da Universidade de Santiago de Compostela,[1] comezou as súas investigacións sobre Galicia e formou os primeiros xeoquímicos españois. En1934 rematou a súa tese de doutoramento obtendo a cualificación de sobresalientecum laude na Universidade de Madrid. No terreo do asociacionismo científico, Parga tivo un destacado papel na vida corporativa da Sociedad Española de Física y Química, onde acudía de cando en vez as súas sesións, especialmente desde1935. Viña sendo asociado desta corporación desde os seus tempos de estudante en Madrid e un estreito colaborador ata a súa destitución como docente.[3]
Ó comezo da guerra civil foi purgado do seu posto de profesor tras a delación porTomás Batuecas Marugán.[4] Tras a expulsión da Universidade de Santiago non retornaría máis á docencia universitaria, retirándose a súa vila natal, Laxe, onde se fixo cargo en1938 da dirección da empresaKaolines de Lage S.A.,[1] un traballo que, ademais de mantelo, a el e á súa familia, lle ía deixar capacidade de manobra para decidir libremente no que faría da súa vida en adiante.[5]
Máis tarde creou oLaboratorio Xeolóxico de Laxe, onde seguiría co labor investigador compartido e coordinado co traballo empresarial que levou a cabo cosirmáns Fernández López, ademais doutras iniciativas empresariais e de formación científica con mozos investigadores e xeólogos que viñan de todas as partes do mundo.[3] En1945 colaborou coInstituto Xeolóxico e Mineiro de España e en1954 comezou a colaborar coa Universidade deLeiden, facéndoo despois coas deMontpellier,Estrasburgo,Zürich,Munster eLisboa.

Faleceu na Coruña o 4 de maio de 1986 a causa dunderramo cerebral. Foi enterrado no cemiterio de Laxe.[6]

Foi premioRamón Mourente no1958. En1960 ingresou naReal Academia Galega coa lectura do discursoObservación, interpretación y problemas geológicos de Galicia, respondido porLuís Iglesias Iglesias[7]. No1962 foi nomeado profesor agregado do Instituto Lucas Malleda, recibindo a continuación diversas distincións: Pedrón de Ouro (1965), Premio de Ciencias da Deputación da Coruña (1972), Premio de Investigación da Universidade de Santiago e da Universidade Menéndez e Pelayo (1982), medalla Castelao, doutorhonoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela (1983), Presidente Honorario da Academia de Ciencias de Galicia, membro numerario da Academia de Doutores de Madrid, correspondente da Academia de Ciencias de Madrid e correspondente da A. de Ciencias e Arte de Barcelona. Concedéuselle oPremio Trasalba en1984. A Real Academia Academia Galega de Ciencias adicoulle no2009 oDía do Científico Galego,e no2015 foi homenaxeado con ocasión da celebración do VI Día da Ciencia en Galego.[8]
Diferentes institucións académicas levan o nome de Isidro Parga Pondal, entre elas o Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia. Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes. |
Entre outras dispersas,Mapa Geológico de Galicia (1963, realizando despois os correspondentes provinciais),Mapa Geológico de la Península Ibérica (1970).[2]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isidro Parga Pondal |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia. Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes. |