Isabel de Wittelsbach
 |
| Biografía |
|---|
| Nacemento | (de)Elisabeth Amalie Eugenie in Bayern 24 de decembro de 1837 Herzog-Max-Palais, Alemaña(en)  |
|---|
| Morte | 10 de setembro de 1898 (60 anos) Xenebra, Suíza |
|---|
| Causa da morte | homicidio,acoitelamento |
|---|
| Lugar de sepultura | Cripta Imperial de Viena |
|---|
|
Grand Mistress of the Order the Starry Cross(en) |
|---|
24 de abril de 1854 – 10 de setembro de 1898 ← Sofia da Baviera(pt) – valor descoñecido → |
Consort of Hungary(en) |
|---|
|
Consort of Austria(en) |
|---|
|
Consort of Bohemia(en) |
|---|
 |
|
| Datos persoais |
|---|
| Outros nomes | Sissi Sisi |
|---|
| Relixión | Catolicismo |
|---|
| Actividade |
|---|
| Ocupación | monarca, cortesá |
|---|
| Interesada en | Hípica |
|---|
| Outro |
|---|
| Título | Queen Consort of Bohemia(en) (1854–) Raíña(1854–) Queen Consort of Hungary(en) (1854–) Empress Consort of Austria(en) (1854–) Emperatriz(1854–) Duquesa(1837–) |
|---|
| Familia | Casa de Wittelsbach |
|---|
| Cónxuxe | Arquiduque Francisco Xosé(1854–) |
|---|
| Fillos | Sofia Frederica da Áustria, Gisela da Áustria, Rodolfo de Habsburgo, Maria Valéria da Áustria |
|---|
| Pais | Maximiliano, duque da Baviera e Luísa Guilhermina da Baviera |
|---|
| Irmáns | Luís Guilherme da Baviera Helena Carolina da Baviera Carlos Teodoro, duque da Baviera Maria Sofia da Baviera Matilde Ludovica em Baviera Sofia Carlota da Baviera Maximiliano Emanuel da Baviera |
|---|
| Parentes | Irene Castriota Scanderbeg,devanceiro |
|---|
| Cronoloxía |
|---|
|
| 10 de setembro de 1898 | Murder of Elisabeth of Austria(en) |
| 24 de abril de 1854 | Marriage of Franz Joseph I of Austria and Duchess Elisabeth in Bavaria(en)  |
|
| Premios |
|---|
|
|
| Descrito pola fonte | Elisabeth: keiserinde af Østerrige og dronning af Ungarn(en) Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
|---|
     |
Elisabetta Amalia Eugenia von Wittelsbach (Elisabeth Amelie Eugenie Herzogin in Bayern) ouIsabel de Wittelsbach, nada enMúnic o24 de decembro de1837 e finada enXenebra o10 de setembro de1898, foi unhaprincesabávara que chegou a seremperatrizconsorte deAustria entre1854 e1898 eraíña consorte deHungría entre os anos1867 e1898.[1] No mundo xermanófono é máis coñecida comoIsabel de Austria (Elisabeth von Österreich).
Pertencente áCasa de Wittelsbach, nacida coa dignidade deduquesa en Baviera e tratamento de Alteza Real, era filla doduqueMaximiliano de Baviera e daprincesa realLudovica de Baviera.
Popularmente coñécese polo seuhipocorístico, orixinalmenteSisi, pero transformado enSissi a raíz das películas deErnst Marischka, grazas ás cales aínda se a recorda. Porén, algúns autores sosteñen, que o seu sobrenome tería sido en realidadeLisi, derivado de Isabel (Elisabeth en alemán).[2]
O seu pai, o duque Maximiliano Xosé pertenceu a unha dinastía da rama secundaria dos duques de Baviera e a súa nai, Ludovica, era filla do reiMaximiliano I de Baviera.
Con 16 anos, o4 de abril de1854, casou co Emperador de Austria,Francisco Xosé I de Habsburgo-Lorena. Polo seu matrimonio converteuse en Emperatriz de Austria e desde 1867 en Raíña de Hungría.
Dotada de gran beleza, caracterizouse por ser unha persoa rebelde, culta e avanzada para a súa época: fumaba, falaba varios idiomas, practicaba aequitación, escribíapoesía, coidaba a súa figura, gustáballe viaxar e detestaba o protocolo da corte imperial deViena, da que permaneceu afastada, debido en parte aos continuos enfrontamentos coa súa sogra, a arquiduquesa Sofía, e máis tarde pola morte da súa primoxénita Sofía e o suicidio do príncipe herdeiro, Rodolfo.
Ao ser coroada raíña deHungría, o8 de xuño de1867 enCfen, recibiu como obsequio o palacio Gödölö. Isto, xunto coas súas continuas viaxes a Hungría acrecentou o rumor dunha relación sentimental co condeGyula Andrássy. Entre os seus destinos no estranxeiro cabe destacarGrecia eIrlanda. Tamén visitou cidades españolas comoPalma,Alacant eElx, onde bautizou apalmeira de sete brazos. Estivo tamén enMadeira recuperándose dunha tuberculose bastante grave.
Morreu o10 de setembro de1898 enXenebra, asasinada poloanarquista italianoLuigi Lucheni, á idade de 61 anos.
- ↑Respecto ao nome, os membros da familia Wittelsbach eran batizados levando seu título por apelido, é dicirHerzog in Bayern para os homes eHerzogin in Bayern para as mulleres. Porén, é correcto engadirvon Wittelsbach entre o nome e o título, dado que ese é o apelido da dinastía.
- ↑"Sissi, Sisi oppure Lisi?"(enitaliano). 2017-03-07. Consultado o2025-01-09.