Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Isabel Perón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsabel Perón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es)María Estela Martínez CartasEditar o valor en Wikidata
4 de febreiro de 1931Editar o valor en Wikidata (94 anos)
A Rioxa, ArxentinaEditar o valor en Wikidata
Presidency of the Argentine Nation(en)Traducir
1 de xullo de 1974 – 24 de marzo de 1976
← Juan Domingo PerónJorge Rafael Videla →
First Lady of Argentina(en)Traducir
12 de outubro de 1973 – 1 de xullo de 1974
Vice-presidente da Argentina(pt)Traducir
12 de outubro de 1973 – 1 de xullo de 1974
← Vicente Solano LimaVíctor Hipólito Martínez →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadridEditar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismoEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoBuenos AiresEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, bailarinaEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Justicialista(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJuan Domingo PerónEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
5 de febreiro de 1975Operativo IndependenciaEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

BNE: XX4869153WikiTree: Martínez-1140
Isabelita Perón.

María Estela Martínez de Perón, de solteiraMaría Estela Martínez Cartas, tamén coñecida comoIsabel Martínez de Perón,Isabel Perón eIsabelita Perón, nada naRioxa o4 de febreiro de1931, é unhaex-bailarina eexpolíticaarxentina,presidenta da república entre o1 de xullo de1974 e o24 de marzo de1976, cando foi derrubada por ungolpe de estado. Dende2000 ten a nacionalidade española.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

É a filla máis nova de Carmelo Martínez, un empregado de bancaporteño e de María Josefa Cartas, e viviu os seus primeiros anos naRioja, onde nacera, ata que se trasladou sendo moi nova aínda aBuenos Aires, onde cursou os estudos primarios e logo estudos dedanza. Morreulle o pai cando tiña sete anos e na mocidade distanciouse da súa familia e adoptou o nome artístico de Isabel cando se incorporou a unha compañía de danza de xira porLatinoamérica. A fins de1955, mentres traballaba como bailarina nuncabaret dePanamá (onde era coñecida polo nome artístico «Isabel Gómez»), comezou unha relación sentimental co políticoarxentinoJuan Domingo Perón, daquela expresidente noexilio logo de ser derrocado o seu goberno, e viúvo. Viviron xuntos desde entón, en distintos países: Panamá,Venezuela,República Dominicana e finalmenteEspaña, onde casaron en1961.

En1965 viaxou a Arxentina, como delegada persoal de Perón, para facer fronte ao fenómeno doneoperonismo, pero retornou a España. Durante o goberno deHéctor José Cámpora, o20 de xuño de1973, Perón regresou definitivamente á Arxentina. Pouco despois Cámpora renunciou ao goberno para permitir eleccións libres. O seu sucesorRaúl Lastiri convocou a eleccións de presidente e vicepresidente da Nación, celebradas o23 de setembro de1973. Nelas venceu a parella encabezada por Juan Perón, con Isabel Perón como candidata á vicepresidencia, co 62% dos votos. Perón faleceu apenas un ano máis tarde, o1 de xullo de1974, e Isabel Perón asumiu a presidencia ese mesmo día.

No goberno

[editar |editar a fonte]

O seu goberno desenvolveuse no marco internacional da chamadacrise do petróleo e dunha extrema violencia política interna, con actuación de varios grupos armados.

Ignorou o achegamento que fixera Juan Domingo Perón ao líder da oposición, o 'radical'Ricardo Balbín, e Isabel Perón apoiouse principalmente no seu ministro de Benestar Social, o exsecretario persoal de Perón,José López Rega, coñecido comoDaniel polos seus achegados eo Bruxo polos seus adversarios políticos. López Rega exerceu unha importante influencia sobre Martínez, fortalecendo a presenza no goberno dos sectores dedereita sobre outros grupos, e organizou desde o goberno unha forza parapolicial coñecida comoAlianza Anticomunista Arxentina ouTriplo A que emprendeu accións de fustrigación a figuras destacadas daesquerda que acabarían en secuestros, torturas e asasinatos.

Desde o goberno a actitude de control foi tamén rigorosa: interveu en varias provincias disidentes, controlou as universidades, ossindicatos, as cadeas privadas de televisión, e reforzou a censura contra libros[1], xornais e revistas. O goberno exhibiu unha marcada inoperancia administrativa en distintas áreas.

Isabel Perón anuncia medidas económicas, aumento de salarios, chamado a paritarias e control estrito de prezos. Cadea Nacional1975.

Aeconomía arxentina sufriu danos graves, cunhainflación galopante, a paralización dos investimentos de capital, a suspensión das exportacións decarne aEuropa e o inicio do crecemento incontrolable dadébeda externa. Unha solución de corte monetarista tentada polo ministroAlfredo Gómez Morales, un histórico do peronismo, non tivo éxito, e provocou unha forte retracción da liquidez, co que se iniciou un complicado proceso deestanflación. A suspensión das compras de carne arxentina poloMercado Común Europeo empeorou a situación.

En xuño de1975, o novo ministro de Economía,Celestino Rodrigo, auspiciado por López Rega, aplicou unha violenta desvalorización da moeda acompañada de aumentos de tarifas. ORodrigazo, parte do plan de López Rega para debilitar as presións sindicais a través do desprestixio dos seus principais operadores, provocou a primeirafolga xeral contra un goberno peronista. En xullo de1975, ante a folga xeral e a presión daCGT e, en especial daUnión Obrera Metalúrgica deLorenzo Miguel, López Rega viuse obrigado a renunciar ao seu cargo no goberno e abandonar o país.

Ante a crecente actividade dos grupos armados de esquerda (tanto os que actuaban dentro doperonismo, ouMontoneros, como outros de corte marxista, coma oEjército Revolucionario del Pueblo) e de extrema dereita, Isabel Perón decidiu fortalecer a acción de goberno. Renovou a cúpula militar, designou aJorge Rafael Videla á fronte doexército, pechou publicacións opositoras e mesmo recorreu ao uso da forza militar contra a poboación civil, cando asina en1975 o decreto que dá inicio ao chamadoOperativo Independencia, a intervención militar naprovincia de Tucumán, oTucumanazo, que se sinala como o inicio doterrorismo de Estado.

Ao agravarse a crise política e económica, en setembro de 1975 Martínez pediu licenza do cargo por razóns de saúde; as súas funcións foron exercidas polo presidente provisional do SenadoÍtalo Lúder entre o13 de setembro e o16 de outubro de1975. Nun momento de especial tensión, ameazou nun discurso pronunciado desde o balcón daCasa Rosada con converterse namuller do látigo.

Golpe de estado

[editar |editar a fonte]

A constante presión militar púxose de manifesto nun levantamento encabezado polo entónbrigadierOrlando Jesús Capellini o18 de decembro de1975, que desembocou no pase a retiro do titular daForza Aérea arxentina,Héctor Luis Fautario e o seu segundo,José María Klix. O novo xefe da Aviación foi o brigadierOrlando Ramón Agosti. A sublevación foi controlada a duras penas. Isabel Perón negouse reiteradamente a renunciar mais anunciou o adianto das eleccións presidenciais para finais de1976.[2]

O clima político non mellorou coa destitución de López Rega nin co anticipo das eleccións. En marzo de 1976 o goberno solicitou a dous dirixentes opositores, Ricardo Balbín eÓscar Allende, que se dirixisen ao electorado solicitando o respecto aos prazos institucionais, xa que un golpe militar era percibido como inevitable. Ogolpe de estado prodúcese o24 de marzo de1976, encabezado polos comandantes en xefe do exército, mariña e aviación. Os golpistas destituíron o goberno constitucional e substituíuno por unhaxunta militar asemade que disolvían oCongreso. Isabel Perón foi axuizada por malversación de fondos públicos, acusada de pagar unha débeda persoal con fondos pertencentes a unha fundación, que logo devolveu. Foi confinada durante cinco anos, primeiro na residencia deEl Messidor (Neuquén) e logo nun pazo en San Vicente, nos arrabaldes deBos Aires.

Vida en España

[editar |editar a fonte]

Unha vez liberada, en xullo de1981, exiliouse de novo aMadrid, onde abandonou totalmente a actividade política, aínda que regresou ocasionalmente á Arxentina. O plebiscito sobre aCanle de Beagle foi a súa última aparición como figura histórica do peronismo, polo seu carácter de viúva de Perón. EnMadrid instalouse nunha mansión da zona de Puerta del Hierro, que tivo que vender como consecuencia de perder un preito sobre a herdanza do seu home coas irmás da primeira muller,Eva Perón. Na actualidade vive enVillanueva de la Cañada[3]. EnMadrid frecuentou sectores próximos aofranquismo e persoas públicas como o adiviñoOctavio Acebes, e adquiriu a nacionalidadeespañola no ano2000.

En2007 a Xustiza arxentina iniciou un proceso deextradición por supostos delitos de lesa humanidade durante a súa presidencia, pero aAudiencia Nacional deEspaña denegouna.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Prostitutas y heroínas, por Juan Irigaray,El Mundo, 6/1/2008.
  2. Alzamento de Cappelini, caída de Fautario, nombramiento de Agosti[Ligazón morta]
  3. La sombra de Isabelita Perón recorre Madrid,El País, 21/1/2012.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Isabel Perón
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Isabel_Perón&oldid=6810487»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp