Isabel II de España era filla do reiFernando VII e da súa cuarta dona, a súa sobriñaMaría Cristina de Borbón-Dúas Sicilias. Isabel chegou ao trono o29 de setembro de1833, despois da morte do seu pai, cando tiña tres anos de idade. O nacemento de Isabel e a chegada ao trono supuxeron o inicio dun longo conflito na familia, pois o seu tío,Carlos María Isidro de Borbón, até entón herdeiro da coroa, non aceptou que Isabel fose nomeada Princesa de Asturias e máis tarde Raíña.
Nos primeiros anos de reinado, cando Isabel era nena, a súa nai asumiu o trono até1840. Neste período tivo lugar aprimeira guerra carlista (1833 -1840). Dende 1840 até1843 foi rexente o xeneralEspartero, que finalmente foi obrigado a deixar a rexencia.
Aos trece anos, Isabel foi declarada maior de idade, e cando cumpriu os 16 anos, o goberno concertou o seu matrimonio co seu primo infanteFrancisco de Asís de Borbón.
SegundoBenito Pérez Galdós, Isabel odiaba o seu marido, que segundo dicían erabisexual ouhomosexual. A raíña dixo o seguinte na súa noite de vodas:"¿Que le diré de un hombre que llevaba en su camisón encajes como yo?". É moi posible que Isabel non tivese ningún fillo con Francisco, senón cos seus diversos amantes, entre eles Enrique Puig Moltó, quen moitos ven como pai deAfonso XII.
Isabel tivo outros fillos comoIsabel de Borbón e Borbón, coñecida como"La Chata", e a infanta Eulalia, moi criticada polas súasaccións subidas de ton.
Isabel, denominadaA raíña dos tristes destinos marchou aFrancia en1868, tralo triunfo da revolución coñecida comoA Gloriosa, e en Francia deixou o trono para dar paso ao seu fillo Afonso XII.
Isabel II reinou durante un período de transición en España. Na etapa na que reinou, moitas colonias españolas deLatinoamérica conseguiron a independencia. Moitas veces os políticos manipulábana, xa que interfería na política da nación.