A unha altitude de 440msnm, omunicipio ocupa unha superficie de 301 km². É unha das cidades máis poboadas deSiberia, contando con 623 736 habitantes no ano2017, o que facía unha densidade de poboación de 2 251,75 hab./km² nese ano.
A cidade de Irkutsk encóntrase ao sueste dos outeiros da chaira de Irkutsk-Cheremkhovo, cerca da rexión montañosa do lago Baikal e dentro da mestataiga típica do leste de Siberia. A parte principal da cidade háchase nachaira de inundación do río Angara,[1], a 72 km da súa saída do lago Baikal. O río, de 580 m de ancho, está represado polo encoro dacentral hidroeléctrica de Irkutsk.
A cidade encóntrase no sur de Siberia, a 5 042 km ao leste deMoscova,[2] a 2 887 km deVladivostok, a 520 km ao norte deUlán Bátor e a 1 650 km ao noroeste dePequín. Orío Irkut, do que a cidade debe o seu nome, é un pequeno río que se une ao Angara xusto enfronte da cidade. A parte principal de Irkutsk está separada por varios monumentos —como o mosteiro, a fortaleza e o porto— así como dos seus suburbios, por outros afluentes do Angara, como o Ida ou o Ushakovka. Así mesmo, dúas partes importantes de Irkutsk son habitualmente coñecidas como "a beira esquerda" e "a beira dereita", con respecto ao curso do río Angara.
Segundo os plans rexionais de Irkutsk, a cidade absorberá no futuro as cidades industriais deShelekhov eAngarsk para formar unhaárea metropolitana de máis dun millón de habitantes.
A característica arquitectura de madeira dos edificios do século XVII foron deseñados para soportaren os severos invirnos que sofre a rexión.Avenida Sedova (Улица Седóва).A estación de Irkutsk-Passazhírskiy.
En 1652, Iván Pojábov construíu unha parada para ocomercio depeles cosburiatos. Oscosacos instaláronse alí e Irkutsk foi oficialmente considerada como cidade en 1686. A partir desta data desenvólvese grazas áexportación dooro, omarfil demamut e as peles da marta cibelina cara áChina. Noséculo XIX, as fortunas medran rapidamente grazas ás minas de ouro, que atraen aos pioneiros. NoExtremo Oriente ruso, que aínda non estaba conectado co resto do país polo ferrocarriltransiberiano, a criminalidade e a violencia eran o calvario diario dos seus habitantes. A presenza de tabernas e cabarés neste lugar atraían aos menores de idade e aos vendedores.
Durante todo o século XIX moitos artistas, oficiais militares e aristócratas rusos foron enviados a Siberia debido á súa participación noLevantamento decembrista contra otsarNicolao I. Debido a esta circunstancia, Irkutsk converteuse no centro principal da vida intelectual e social para estes exiliados, e a maior parte da herdanza cultural da cidade provén deles; moitas das súas casas de madeira, adornadas con decoracións talladas a man, sobreviven hoxe, en contraste duro cos bloques de apartamentos estándar soviéticos que os rodean.
Irkutsk, durante moito tempo, tivo a reputación de ser unha cidade notabelmente bela, con rúas amplas, ben pavimentadas e ben alumeadas. Porén, un incendio ocorrido entre o 4 e o 6 de xullo de1879 reduciu a cinzas unha gran parte da cidade, que contaba entón con cerca de 33 000 habitantes. O palacio do gobernador xeral, as principais oficinas administrativas e municipais e moitos dos outros edificios públicos foron destruídos polo lume, e os arquivos do goberno, a biblioteca e o museo da sección siberiana da Sociedade Xeográfica Rusa quedaron completamente queimados. As tres cuartas partes da cidade foron destruídas, incluíndo aproximadamente 4 000 vivendas.[3] O gobernador obrigou entón aos habitantes a reconstruír as súas casas en pedra.
A cidade recuperouse rapidamente, e aelectricidade chegou en1896, o primeiroteatro foi construído en1897 e a estación principal de ferrocarril (estación de Irkutsk-Passazhírskiy) inaugurouse en1898. O primeiro tren chegou a Irkutsk o 16 de agosto dese mesmo ano. En1900, a cidade conseguiu o alcume deo París de Siberia.
Irkutsk foi o centro administrativo do efemeroóblast de Siberia Oriental, que existiu entre 1936 e 1937. A cidade converteuse posteriormente no centro administrativo doóblast de Irkutsk, despois de que o óblast de Siberia Oriental se dividira nosóblast de Chitá e de Irkutsk.
Durante os anoscomunistas, a industrialización de Irkutsk e de toda a Siberia desenvolveuse con rapidez. Un gran polígono foi construído en Angar entre 1950 e 1959 para facilitar o desenvolvemento industrial.
A catedral da Epifanía, o palacio do gobernador, unha facultade de medicina, un museo, un hospital militar e moitas fábricas están entre as institucións públicas e os edificios desta época. O monumento aAleksandr Kolchak, deseñado porVyacheslav Klykov, deuse a coñecer en2004. O27 de xullo de2004, asinagoga de Irkutsk (construída en1881) foi destruída por un incendio. En decembro de2016 74 persoas de Irkutsk morreron nun envelenamento masivo pormetanol.
En2007, osector servizos empregaba ao redor do 80 % da poboación activa.[4] En2011 os empregados totais eran 232 000. O salario medio nese ano era de 24 800rublos, mentres que o salario mínimo era de 6 131 rublos. A participación no comercio representa o 45 % da economía da cidade,[5] e os sectores líderes na industria son a maquinaria e a elaboración de produtos alimenticios. O prezo medio de mercado de 1 m² de vivenda en outubro de 2011 no mercado secundario era de 48 034 rublos.[6]
Brumfield, William (2006):Irkutsk: Architectural Heritage in Photographs. Moscova: Tri Kvadrata Publishing.ISBN 978-5-9460-7061-4.
Polunina N. M.; Korobov S. A.; Sutton, J. M. & Korobova, G. W. (2008):Her Majesty - Queen of Siberia. Irkutsk: Publishers Korobov.ISBN 978-5-9460-7061-4.