Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Iris Murdoch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIris Murdoch

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1919Editar o valor en Wikidata
Dublín, IrlandaEditar o valor en Wikidata
Morte8 de febreiro de 1999Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Oxford (Reino Unido)Editar o valor en Wikidata
Causa da mortealzhéimerEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOxford Crematorium(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
EducaciónBadminton School(en)Traducir
Newnham College
Somerville College
Ibstock Place School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, biógrafa, profesora, prosista, filósofa, novelista, escritoraEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1953Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Oxford
St Anne's College(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJohn BayleyEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мёрдок Айрис)
Medvik >>>:Murdoch, Iris, 1919-1999,
Metzler Autorinnen Lexikon, (p.378–379) >>>:Murdoch, (Jean) IrisEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0613755IBDB: 6446
BNE: XX1062858Musicbrainz: f4958f9e-2ec7-41a9-b6d7-db6f2d4ef22fWikiTree: Murdoch-1169Find a Grave: 7253046Editar o valor en Wikidata

DameJean Iris Murdoch, nada enDublín o15 de xullo de1919 e finada enOxford o8 de febreiro de1999, foi unha escritora efilósofairlandesa, coñecida polas súas novelas en que combina unha rica caracterización con animados argumentos, incluíndo, polo xeral, temas de índole moral ou sexual.[1][2]

A súa primeira novela publicadaUnder the Net foi seleccionada en 2001 pola editorialModern Library como unha das 100 mellores novelas en lingua inglesa doséculo XX.[3] En 2005, a novela foi escollida pola revistaTime como unha das cen mellores novelas en inglés dende 1923.[4]

En 1987, foi nomeradaDama Comandante da Orde do Imperio Británico (DBE).

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Murdoch naceu en Blessington Street 59 en Dublín. O seu pai, Wills John Hughes Murdoch, proviña dunha familia de granxeirospresbiterianos deHillhall, (Condado de Down, preto deBelfast), e a súa nai, Irene Alice Richardson (1899–1985)[5] que se preparara como cantante dende nena, pertencía a unha familia anglicana de clase media de Dublín membro daIgrexa Anglicana de Irlanda.

Cando era moi nova, os pais de Murdoch mudáronse aLondres, onde o seu pai traballou como empregado do Ministerio de Saúde.[6] Murdoch foi educada en escolas progresistas: primeiro en Froeble Demonstration School e despois en Badminton School (Bristol) en 1932.

Comezou a estudar clásicos, historia antiga e filosofía noSomerville College,[7] deOxford. Recibiu un grao con honra de primeira clase en 1942.[8] Tras deixar Oxford pasou a traballar a Londres paraHM Treasury. En xuño de 1944 deixou a Treasury e pasou a traballar paraUNRRA. Ao principio estivo en Londres na Oficina Rexional Europea da axencia, mais en 1945 foi enviada primeiro aBruxelas, logo aInnsbruck, e finalmente aGraz, onde traballou nun campo de refuxiados. Deixou a UNRRA en 1946.[9]

Entre 1947 e 1948 estudou filosofía como posgraduada no Newnham College deCambridge. Coñeceu aWittgenstein en Cambridge, mais non o tivo como profesor, pois xa deixara oTrinity College antes de que ela chegase.[9] En 1948, converteuse en profesora do St Anne's College, de Oxford, onde deu clases de filosofía ata 1963.

En 1954 escribiu a súa primeira novela,Under the Net, mais xa publicara previamente ensaios sobre filosofía, incluído o primeiro estudo en inglés sobreJean-Paul Sartre. Dous anos máis tarde coñeceu e casou conJohn Bayley (1925-2015), profesor deliteratura inglesa e tamén escritor. O inhabitual matrimonio durou corenta e cinco anos, e Bayley coidouna ata os seus últimos días. Bailey pensaba que o sexo era "ineludibelmente ridículo". Murdoch, pola contra, tivo "múltiples relacións con homes e mulleres das que, en turbias ocasións, [Bailey] era testemuña el mesmo".[10][11]

Iris publicou vinte e cinco novelas máis e outros traballos sobre filosofía e drama ata 1995, ano en que comezou a padecer os efectos doalzhéimer, que ao principio atribuíu a «bloqueo de escritor». Faleceu en 1999, aos setenta e nove anos. Bayley volveu casar dous anos despois.[12]

Obras

[editar |editar a fonte]
Novelas
Relatos
  • Something Special (1957)
Filosofía
Teatro
Coleccións de poesía

Fonte :Centre for Iris Murdoch Studies, Faculty of Arts and Social Sciences Kingston University

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Artículo sobre Iris Murdoch en www.nytimes.com (en inglés)
  2. Jaume, A. (2019). "La más lista de Oxford".El País, sábado, 9 de marzo, suplementoBabelia, pp. 2-3. (Consultado o 9 de marzo de 2019)
  3. "100 Best Novels".www.modernlibrary.com. Consultado o 8 de marzo de 2019. 
  4. Lacayo, Richard."All-TIME 100 Novels".Time(eninglés).ISSN 0040-781X. 
  5. Meyers, Jeffrey (2013).Remembering Iris Murdoch: Letters and Interviews. Nova York: Palgrave Macmillan.ISBN 9781137352415. Arquivado dendeo orixinal o 7 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2015. 
  6. Wilson, A. N. (2003).Iris Murdoch as I knew her. Londres: Hutchinson.ISBN 9780091742461. 
  7. Susan, Brown; Patricia, Clements; Isobel, Grundy."Iris Murdoch".Orlando: Women's Writing in the British Isles from the Beginnings to the Present. Cambridge University Press. Consultado o 15 de outubro de 2018. 
  8. Somerville College."Iris Murdoch".Somerville Stories. Arquivado dendeo orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2012. 
  9. 9,09,1Conradi, Peter J. (2001).Iris Murdoch : A Life. Nova York: Norton.ISBN 0393048756. 
  10. Ann Wroe (31 de xaneiro de 2015)."Of literature and love".The Economist. Arquivado dendeo orixinal o 7 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2015.Sex did not feature much... 
  11. Archer, Graeme (23 de xaneiro de 2015)."The secrets of Iris Murdoch and John Bayley's unconventional marriage".The Telegraph. Arquivado dendeo orixinal o 3 de abril de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  12. Adams, Tim (18 de marzo de 2001)."Interview: John Bayley".The Observer(eninglés).ISSN 0029-7712. Consultado o 8 de marzo de 2019. 
  13. Murdoch, Iris (1989).The servants and the snow; The three arrows; The black prince : three plays. Londres: Chatto & Windus. p. 302.ISBN 9780701135904. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Iris Murdoch

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Antonaccio, Maria (2000)Picturing the human: the moral thought of Iris MurdochOUP.ISBN0-19-516660-4
  • Bayley, John (1999)Elegy for Iris. Picador.ISBN0-312-25382-6
  • Bayley, John (1998)Iris: A Memoir of Iris Murdoch. Gerald Duckworth & Co. Ltd.ISBN0-7156-2848-8
  • Bayley, John (1999)Iris and Her Friends: A Memoir of Memory and Desire. W. W. Norton & CompanyISBN0-393-32079-0
  • Bove, Cheryl (1993)Understanding Iris Murdoch. Columbia, University of South Carolina Press.ISBN087249876X.
  • Byatt. A.S. (1965)Degrees of Freedom: The Early Novels of Iris Murdoch. Chatto & Windus
  • Conradi, P.J. (2001)Iris Murdoch: A Life. W. W. Norton & CompanyISBN0-393-04875-6
  • Conradi, P.J. (foreword by John Bayley)The Saint and the Artist. Macmillan 1986, HarperCollins 2001ISBN0-00-712019-2
  • de Melo Araújo, Sofia & Vieira, Fátima (ed.) (2011)Iris Murdoch, Philosopher Meets Novelist. Cambridge Scholars Publishing.ISBN1-4438-2883-1
  • Dooley, Gillian (ed.) (2003)From a Tiny Corner in the House of Fiction: Conversations With Iris Murdoch. Columbia, University of South Carolina PressISBN1-57003-499-0
  • Laverty, Megan (2007)Iris Murdoch's Ethics: A Consideration of Her Romantic Vision. Continuum PressISBN0-8264-8535-9
  • Martens, Paul. (2012) "Iris Murdoch: Kierkegaard as Existentialist, Romantic, Hegelian, and Problematically Religious" inKierkegaard's Influence on Philosophy. Ashgate Publishing.ISBN978-140-944055-0.
  • Mauri, Margarita (ed.) (2014).Ética y literatura. Cinco novelas de Iris Murdoch. Kit-book.ISBN978-84-942067-2-6.
  • Monteleone, Ester (2012)Il Bene, l'individuo, la virtù. La filosofia morale di Iris Murdoch. Rome, Armando Editore.ISBN978-88-6677-087-9
  • Morgan, David (2010)With Love and Rage: A Friendship with Iris Murdoch. Kingston University Press.ISBN9781899999422
  • Widdows, Heather (2005)The Moral Vision of Iris Murdoch. Ashgate PressISBN0-7546-3625-9
  • Wilson, A.N. (2003)Iris Murdoch as I Knew Her. Londres, Hutchinson.ISBN9780091742461
  • Zuba, Sonja (2009)Iris Murdoch's Contemporary Retrieval of Plato: The Influence of an Ancient Philosopher on a Modern Novelist. Nova York, Edwin Mellen Press.ISBN9780773438248

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Iris_Murdoch&oldid=6954091»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp