Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Iraq

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:33°N43°L / 33,43
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaIraq
جمهورية العراق (ar)
العراق (ar)
Republik Iraq (ms)
Iraq (ms)
Republic of Iraq (en)
Iraq (en)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoMawtiniEditar o valor en Wikidata

Lema«Takbir»Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 33°N43°L / 33,43
CapitalBagdadEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación38.274.618(2017)Editar o valor en Wikidata (87,57hab./km²)
Lingua oficiallingua árabe
lingua kurdaEditar o valor en Wikidata
RelixiónislamEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie437.072 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCheekah Dar(pt)Traducir (3.611 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1932Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública federal
federaciónEditar o valor en Wikidata
• Anexo:Lista(pt)TraducirEditar o valor en WikidataAbdul Latif Rashid(pt)Traducir(2022–)Editar o valor en Wikidata
• Prime Minister of Iraq(en)TraducirEditar o valor en WikidataMohammed Shia' Al Sudani(pt)Traducir(2022–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCouncil of Representatives of Iraq(en)Traducir ,(Escano: 329)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal207.691.599.310 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
Moedadinar iraquiano(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.iqEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+964Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911,104,115 e122Editar o valor en Wikidata
Código de paísIQEditar o valor en Wikidata

BNE: XX450598
Este artigo amosaletras árabes. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Iraq[1] (enárabe العراق), e oficialmenteRepública de Iraq (en árabe:Ar-Jumhūriyyat al-‘Irāq.oga [جمهورية العراق] (axuda · info), é un país deAsia Occidental que abrangue achaira aluvial deMesopotamia, o límite noroccidental dosMontes Zagros, e a parte leste dodeserto sirio.[2]

Iraq limita conTurquía polo norte, conIrán polo leste,Kuwait polo sueste,Arabia Saudita polo sur,Xordania polo suroeste eSiria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste doGolfo Pérsico. A súa capital,Bagdad está localizada na zona do centro deste. Os dous grandes ríos do país, oTigris e oÉufrates, discorren polo centro do país dende o noroeste cara ao sueste. Estes ríos, proporcionan a Iraq de terras aptas para a agricultura, en contraste das terras áridas que cobren a meirande parte de Asia Occidental.

Iraq era coñecido antigamente polo topónimogregoMesopotamia(Terra entre dous ríos) e foi o lugar de sucesivas civilizacións dende o milenio 6 antes de Cristo. A rexión entre os ríos Tigris e Éufrates é considerada como oberce da civilización e o lugar onde apareceu aescrita. En diferentes períodos da súa historia, Iraq foi o centro dos imperios indíxenasacadio,sumerio,asirio, ebabilónico. Formou parte dos imperiosmedo,aqueménida,helenístico,parto,sasánida,romano,rashidun,umayyad,abbásida,mongol,safávida,afsárida eotomán. Por outra banda, estivo baixo dominiobritánico comoMandato da Sociedade de Nacións.[3] Iraq é o fogar de dous dos lugares máis sagrados do mundo para oxiísmo:Najaf eKarbala.[4]

Os seus límites modernos foron establecidos en1920 polaSociedade de Nacións cando o Imperio Otomán foi divido segundo oTratado de Sèvres. Iraq foi posta baixo a autoridade do Reino Unido como "Mandato británico de Mesopotamia". A monarquía foi establecida en 1921 e oReino de Iraq obtivo a independencia en 1932. En 1958, a monarquía foi abolida e creouse a República de Iraq. Iraq foi controlado polo Partido Ba'ath dende 1968 ata o 2003. Despois dainvasión de 2003 liderada polosEstados Unidos de América e forzas multinacionais, o partido Ba'ath foi eliminado do poder e celebráronse eleccións parlamentarias. Apresenza americana en Iraq rematou no 2011.[5]

Historia

[editar |editar a fonte]

Antigo Iraq

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Mesopotamia.
Ocigurat de Ur (c. século XXI a. C.) atópase preto deNasiriya, Iraq.

O «Berce da civilización» é o termo que se utiliza comunmente para identificar a área que comprende o Iraq moderno, fogar da primeira civilización coñecida, acivilización sumeria. Esta orixinouse no fértil val regado polosríosTigris eÉufrates ao sur de Iraq, durante o períodoCalcolítico (período Ubaid). Para finais docuarto milenio antes de Cristo, neste lugar atopáronse os primeiros sistemas de escritura e da historia escrita. A civilización sumeria floreceu durante máis de 3000 anos e foi gradualmente sucedida poloimperio acadio durante o século XXIV a. C. Despois de dous séculos de dominio acadio foi seguido dun renacemento do Imperio sumerio durante o século XXI a. C. Unha invasión elamita no ano 2004 a. C. levou aterceira dinastía de Ur ao seu fin. No século XXI a. C., unha nova civilización acadia,Asiria, subira á posición dominante no norte de Iraq. Logo, durante o século XIX a. C. ao sur de Iraq formouse un Estadoamorreo contemporáneo, chamadoBabilonia.

OImperio seléucida gobernado polos gregos (en amarelo) con capital enSeleucia as veiras do Tigris, ao norte de Babilonia.

Durante o seguintes catorceséculos, Iraq converteuse no centro do poder mundial, baixo os imperios asirio e babilónico. Entre estes destacan oImperio babilónico deHammurabi e o Imperio asirio deShamshiadad I entre os séculos XIX e XVIII a. C., o Imperio asirio medio entre 1365 e 1076 a. C., o Imperio neoasirio entre 911 e 609 a. C. e o último Imperio babilónico de 620-539 a. C. O Imperio neoasirio, en particular, puxo a Iraq no centro dun enorme dominio que se estendía desde oCáucaso ataExipto eArabia, e desdeChipre aPersia.

No539 a.C.,Ciro II o Grande, rei da veciñaPersia derrotou oImperio neobabilónico nabatalla de Opis e Iraq sumouse ao Imperio aqueménida durante case dous séculos. Ciro II conseguiu o control da rexión que permaneceu baixo o mandato persa ata a súa conquista porAlexandre Magno no ano331 a.C.. Trala morte de Alexandro, adinastía seléucida de orixe grega gobernou durante máis de dous séculos.[6] Os partos (247 a. C.-224 d. C.) de Persia conquistaron a rexión durante o reinado deMitrídates I de Partia (entre 171 e 138 a. C). Desde Siria, os romanos invadiron a parte occidental da rexión en varias ocasións.

O cristianismo comezou a consolidarse en Iraq (sobre todo en Asiria) entre os séculos I e III, e Asiria converteuse no centro daIgrexa de Oriente.

Os sasánidas de Persia baixoArdashir I destruíron o Imperio parto e conquistaron a rexión no 224 d. C. A rexión foi provincia doImperio sasánida durante máis de catro séculos, ata a conquista musulmá de Persia, arredor da metade do século VII, tempo durante o cal se formaron varios Estados indíxenas durante a época dos partos, comoAdiabena,Osroena eHatra. Durante os anos 240 e 250 d. C., os sasánidas conquistaron gradualmente os estados independentes, culminando enAssur no 256 d. C. A rexión foi, polo tanto, unha provincia do imperio sasánida durante máis de catro séculos, e converteuse na fronteira e o campo de batalla entre osimperiossasánidas e obizantino, con ambos os imperios debilitándose mutuamente, abrindo camiño á conquista árabe-musulmá de Persia a mediados do século VII.

Idade Media

[editar |editar a fonte]
OCalifato abasí na súa maior extensión, c. 850.

A conquista árabe islámica a mediados do século VII d. C. estableceu oislam en Iraq, o que trouxo consigo unha grande afluencia de árabes e kurdos. Baixo ocalifato dos Rashidun,Alí, quen era primo e xenro do profetaMahoma, mudou a capital aKufa, ao converterse no cuarto califa. Ocalifato omeia gobernou a provincia de Iraq enDamasco durante o século VII, aínda que co tempo existiu uncalifato independente en Córdoba.

O califato abasí construíu a cidade deBagdad, ao longo do Tigris no século VIII, como a súa capital, e converteuse na principal metrópole domundo árabe e musulmán durante cinco séculos. Bagdad foi a cidade máis grande e multicultural daIdade Media, chegando a ter unha poboación que excedía o millón de habitantes,[7] e foi centro de aprendizaxe durante aidade de ouro islámica. Osmongois destruíron a cidade e queimaron a súa biblioteca durante oasedio de Bagdad no século XIII.[8]

En 1257,Hulagu Kan preparou un exército extremadamente grande co propósito deconquistar Bagdad. Cando chegaron á capital islámica, Hulagu esixiu a rendición, pero cando Al-Mustasim –o último califa abasí– negouse, Halagu enfureceuse e, de acordo coa estratexia mongol de desalentar a resistencia, asediou Bagdad , saqueou a cidade e masacrou a moitos dos habitantes.[9] As estimacións do número de mortos van de 200 000 ao millón de persoas.[10]

Osaqueo de Bagdad polos mongois.

Os mongois destruíron o califato abasí e aCasa da Sabedoría de Bagdad, que contiña numerosos documentos históricos de gran valor. A cidade nunca recuperou o seu status de centro principal de cultura e influencia mundial. Algúns historiadores cren que a invasión mongol destruíu gran parte do sistema derega que sostivera a Mesopotamia durante milenios. Outros historiadores apuntan ásalinización do chan como culpable da diminución da agricultura.[11]

APeste negra de mediados do século XIV devastou gran parte do mundo islámico.[12] A mellor estimación para o Medio Oriente é unha taxa de mortalidade de aproximadamente un terzo.[13]

En 1401, o xefe militar de ascendencia mongolTamerlán invadiu Iraq. Despois de conquistar Bagdad, foron masacrados máis de 20 000 dos seus cidadáns.[14] Tamerlán ordenara que cada soldado debía volver con dúas cabezas humanas cortadas polo menos como evidencia para mostrarllas.[15] Algúns guerreiros estaban tan asustados que mataron os prisioneiros capturados ao principio da campaña, para asegurarse de ter as cabezas esixidas por Tamerlán. Tamén masacrou a poboación nativa cristiá asiria e deixou completamente abatida a cidade de Asur.

Iraq otomán

[editar |editar a fonte]

No final do século XIV e nos principios do século XV, osKara Koyunlu, ou turcos de ovellas negras, gobernaron a área coñecida agora como Iraq. En 1466 os turcománs de ovellas brancas derrotaron os Kara Koyunlu e tomaron o control. Desde principios do século XVI, en 1508, Iraq do mesmo xeito que con todos os territorios dos antigos turcománs das Ovellas Brancas, caeu nas mans dos safavíes iranianos. Debido á rivalidade turco-iraniana dun século de duración entre os safavidas e os veciños turcos otománs, Iraq disputaríase entre os dous durante máis de cen anos durante as frecuentes guerras otomán-persas .

CoTratado de Zuhab en 1639, a maior parte do territorio da actual Iraq quedou baixo o dominio doImperio Otomán como o eialete de Bagdad. Ao longo da dominación otomá (1533–1918) o territorio de Iraq actual era un campo de batalla entre os imperios rivais rexionais e as alianzas tribais. Adinastía Safávida de Irán afirmou brevemente a súa hexemonía sobre Iraq durante os períodos de 1508–1533 e 1622–1638

No século XVII, os frecuentes conflitos cos safávidas minaran a fortaleza do Imperio Otomán e debilitaran o seu control sobre as súas provincias. A poboación nómade creceu coa chegada dos beduínos de Néyed procedentes da península arábiga. As incursións beduínas nas zonas poboadas fixéronse imposibles de frear.

O arqueólogoAusten Henry Layard escavando nas ruínas da cidadeasiria deNínive (1852).

Durante os anos 1747 e 1831 Iraq foi gobernado pola dinastíamameluca de orixexeorxiana,[16] o que logrou éxito na independencia daSublime Porta otomá, reprimiu as revoltas tribais, freou o poder dosxanízaros, restaurou a orde e introduciu un programa para a modernización económica e militar. En 1831 os otománs lograron derrocar o réxime mameluco e impuxeron un control estrito sobre Iraq. A poboación iraquí reduciuse a menos de cinco millóns de habitantes nos principios do século XX.

Reino de Iraq baixo a administración británica

[editar |editar a fonte]

Durante aprimeira guerra mundial, os otománs puxéronse ao lado de Alemaña e as potencias centrais. Na campaña de Mesopotamia contra as potencias centrais, as forzas británicas invadiron o país e sufriron unha dura derrota inflinxida polo exército turco durante oasedio de Kut (1915-1916). Con todo, posteriormente os británicos recuperáronse grazas ao apoio dos árabes e asirios locais. En 1916, os británicos e os franceses fixeron un plan para dividirse o Imperio Otomán despois da guerra, no marco doacordo Sykes-Picot.[17] As forzas británicas se reagruparon e tomaron Bagdad en 1917 e derrotaron os otománs. O armisticio asinouse en 1918. O Imperio Otomán foi desmembrado e o control que os otománs exercían sobre oseialetes (provincias) deBagdad,Mosul eBasora pasou ás mans doReino Unido. Os británicos formalizaron o seu control sobre Iraq ao recibiren unMandato da Sociedade de Nacións sobreMesopotamia en1920. Inicialmente o Mandato británico non incluía a provincia de Mosul, no norte, pero ao descubrirse a importancia dos xacementos petrolíferos alí presentes, Mosul foi integrada no Mandato en1926.[18][19]

O23 de agosto de1921 despois dun plebiscito co 96% de votos a favor foi nomeado e elíxido, co apoio dos británicos en agradecemento ás contribucións da súa familia durante aRebelión árabe, ohaxemitaFaisal I comorei de Iraq (antes xa fora nomeado rei daGran Siria polos nacionalista árabes tras finalizar a primeira guerra mundial, pero expulsado polos franceses).

Administración británica e reino independente

[editar |editar a fonte]

En1927 Faisal negocia cos ingleses a independencia de Iraq, abrindo un período que se caracterizará pola súa inestabilidade e pola represión das reivindicacións das minorías. Finalmente, Iraq é admitida como nación soberana naSociedade de Nacións o3 de outubro de1932,[20] aínda que a presenza militar británica continuou. Grupos nacionalistas liderados polo Partido Nacionalista e o Partido da Irmandade Nacional protagonizaron a oposición á presenza estranxeira no país. Un ano despois (8 de setembro de1933) o rei Faisal morre, deixando o seu fillo máis vello como sucesor,Gazi.[21]

O rei Gazi gobernou como cabeza figurativa despois da morte do rei Faisal en 1933, mentres tanto foi minado por diversos intentos de golpes militares, ata a súa morte en 1939. Gazi foi seguido polo seu fillo menor de idade,Faisal II. O seu tio 'Abd al-Ilah actuou como rexente durante a minoría de idade de Faisal.

En 1946, grandes folgas sacudiron aKirkuk. Os manifestantes denuncian as condicións de traballo, pero tamén a dominación británica sobre a compañía petroleira. Os líderes políticos dos partidos progresistas son encarcerados. En 1948, cando o goberno asinou un novo tratado de alianza co Reino Unido, producíronse manifestacións masivas. A monarquía perde o control das rúas por uns días. A lei do estado de emerxencia aplicouse inmediatamente e Nouri Said, un veterano da monarquía que xa asumira moitas veces o liderado do goberno, regresou ao poder e introduciu leis anticomunistas. O Secretario Xeral doPartido Comunista Iraquí, Youssouf Salman, é aforcado e os xornais censurados. A partir de 1954, a pertenza ao Partido Comunista levou á perda da nacionalidade.[22]

A inmensa pobreza no campo está a obrigar a moitos agricultores para trasladarse aos suburbios urbanos e causando algunhas tensións sociais. En 1955 no contexto daguerra fría, o Reino do Iraq entrou noPacto de Bagdad e uniuse aos Estados Unidos. A alianza do goberno cos estados occidentais promove o desenvolvemento do exército.[22]

República iraquí

[editar |editar a fonte]
Abdul Karim Qásim,primeiro ministro de Iraq entre1958 e1963.

O14 de xullo de1958 o xeneral de brigadaAbdul Karim Qasim encabezou a revolución dos Oficiais Libres iraquís, apoiados porExipto, derrocando a monarquía haxemita e proclamaron a república. Durante o seu goberno, Qasim foi coñecido popularmente como al-zaʿīm (الزعيم) ou "O líder" e é considerado por moitos o pai do Iraq moderno. Despois de tomar o poder, Qasim asumiu o cargo de primeiro ministro e ministro de defensa, mentres que o coronel Arif foi seleccionado como viceprimeiro ministro e ministro do interior. Convertéronse na máxima autoridade en Iraq con poderes executivos e lexislativos. Muhammad Najib ar-Ruba'i converteuse en presidente do Consello de Soberanía (xefe de estado), pero o seu poder era moi limitado.

Pouco despois, o26 de xullo de 1958, aprobouse aConstitución provisional, á espera de que se promulgase unha lei permanente despois dunreferendo libre. Segundo o documento, Iraq sería unharepública e unha parte danación árabe, mentres que comorelixión oficial do estado figuraba oislam. Os podereslexislativos recaeron noConsello de ministros, coa aprobación do Consello de soberanía, mentres que a función executiva tamén recaeu no Consello de ministros.[23] O novo goberno, de inspiraciónnacionalista árabe esocialista conta co apoio dos exiliados kurdos (cuxo regreso permitira) e do Partido Comunista. Nas semanas seguintes adoptáronse moitas reformas: reforma agraria, axuda ás familias pobres, plans urbanos, etc..[22]

O8 de febreiro de1963 Qasim foi derrocado porAbdul Salam Arif mediante outrogolpe de estado perpetrado por unha coalición debaazistas, militares e outros grupospanarabistas. Antes do golpe de estado, Arif fora elixido líder doConsello do Mando Revolucionario e tras o golpe foi proclamado Presidente de Iraq dada a súa gran popularidade.[24] O13 de abril de1966 o presidente Abdul Salam Arif morría nun accidente dehelicóptero preto de Basora e o sucedía interinamente o primeiro ministro Abdul Rahman al-Bazzaz, que ao cabo de tres días renunciaba en favor de Abd al -Rahman Arif, irmán do presidente falecido, que segundo se cre foi considerado polos militares do Consello de Mando da Revolución Iraquí máis débil e manexable que o presidente morto.[25] A noite do 16 ao 17 de xullo de 1968, mentres Arif durmía, ungolpe de estado, no que non houbo que lamentar mortes, depúñao e levaba ao poder ao xeneral baasistaAhmed Hassan al-Bakr. O ministro de defensa Hardan Al Tikriti, chamouno e informouno que xa non era presidente, deste xeito puido saír para aoexilio enTurquía.

Saddam Husayn

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Saddam Husayn.

A partir de1976 Al-Bakr empezou a delegar maiores funcións no seu lugartenente,Saddam Husayn membro destacado do revolucionarioPartido Árabe Socialista Baaz e, logo, da facción iraquí do partido e da súa organización rexional, Saddam xogou un rol clave no golpe de 1968 (logo denominado «Revolución do 17 de xullo»), que levou a rama iraquí do partido ao poder no país. Por influencia de Saddam, en1978 prohibiuse toda actividade política diferente á do Baath. Ao ano seguinte, o16 de xullo de1979, Al-Bakr renunciou aos seus cargos pouco despois de cumprir os 65 anos e transferiullos a Saddam Husayn, quen prontamente expulsou do goberno aos antigos funcionarios leais á Al-Bakr e que máis adiante pasaría a ser ditador de Iraq durante 24 anos.[26]

En 1979, tivo lugar arevolución iraniana. Despois de meses de incursións transfronteirizas entre os dous países, Saddam declarou a guerra contra Irán en setembro de 1980, iniciándose deste xeito aguerra iranio iraquí (ou primeira guerra do golfo pérsico), que case durou oito anos[27] e orixinou que ospaíses occidentais se puxesen na súa contra. Aproveitando o caos posterior á revolución en Irán, Iraq capturou algúns territorios no suroeste de Irán, pero Irán recuperou todos os territorios perdidos en dous anos, e durante o seguintes seis anos Irán estivo á ofensiva.[28] No marco da citada guerra iranio iraquí, Saddam Husayn cometeu unha serie de matanzas narexión kurda, ao norte de Iraq, que foron cualificadas por varios países comoxenocidio.[29] A matanza, coñecida comoOperación al-Anfal, saldouse coa destrución de 4500 poboacións[30] e aldeas, e co asasinato de ao redor de 180 000 civís.[31] A campaña de exterminio tivo lugar entre os anos 1986-1989, e nela levaron a cabo ofensivas directas, bombardeos aéreos, destrución de cidades, deportacións, fusilamentos e ataques conarmas químicas. A guerra química tivo episodios como oataque a Halabja, cidade que foi bombardeada congas mostaza, e os gases nerviosossarín,tabún eVX, provocando 5000 mortos nunha noite.[32] Estes ataques eran deseñados polo primo de Saddam,Ali Hassan al-Mayid, coñecido comoAlí o Químico.

Pozos de petróleo kuwaitís arden durante a Guerra do Golfo.

En 1990 tras chegar ao fin do conflito con Irán, desatouse o conflito coñecido como aGuerra do Golfo. No contexto das discusións en torno ao prezo do petróleo, Saddam ordenou unha nova invasión para anexionarseKuwait. Unha coalición de tropas internacionais de 34 países, liderada polos Estados Unidos, lanzan en xaneiro de 1991 aOperación Tormenta do Deserto. Como contraofensiva, Iraq bombardeou cidades deIsrael eArabia con mísilesScud. Finalmente Kuwait foi liberado e a súa soberanía restituída, aínda que Husayn continuou no poder. En 1993, Saddam anunciou a entrada daCampaña de fe nun contexto onde tanto a crise de sancións internacionais como o impacto psicolóxico das dúas guerras do golfo cuestionaran o liderado Baaz. Con esta campaña Saddam buscaba unha lexitimidade islámica. Á guerra sucedeulle unha década de sancións a Iraq, e conflitos entre o goberno e as minorías xiíta e kurda, que eranreprimidas etorturadas, que desencadeou aOperación Raposo do Deserto en 1998.

Derriba da estatua deSaddam Husayn que presidía apraza Firdos deBagdad (abril de 2003).

En outubro de2002 un referendo ratificou a permanencia do ditadorSaddam Husayn á fronte do estado durante 7 anos máis. Durante ese ano o presidente estadounidenseGeorge W. Bush insistía en que Iraq posuía armas de destrución masiva, e que debía destruílas tal como estaba acordado nas diversas resolucións daONU acordadas despois daGuerra do Golfo de1991. Iraq aceptou cumprir unha nova resolución da ONU que acordaba o envío de inspectores da ONU a Iraq para verificar o armamento que tiña. En 2003, no contexto internacional xurdido tras osatentados do 11 de setembro de 2001, o goberno dos Estados Unidos e os seus aliados acusaron o réxime de Husayn de posuírarmas químicas e dedestrución masiva como as que utilizou en 1988. A pesar da negación do réxime, oConsello de Seguridade das Nacións Unidas instou a Iraq con 3 resolucións (1441, 1483 e 1511), a que deixase paso a inspectores comoHans Blix. Ante os problemas e negativas para levar a cabo inspeccións, tivo lugar oCume dos Azores, onde houbo un ultimato que deu lugar áGuerra de Iraq, levada a cabo por unha nova coalición internacional. O réxime caeu en poucas semanas, e Saddam Husayn foi xulgado e executado a finais de 2006 por un tribunal iraquí. Paralelamente, tivo lugar unhainsurrección que atacaba tanto as tropas da coalición, como as faccións sunnitas, e cometía indiscriminados atentados terroristas contra a poboación civil. A ocupación finalizou coa retirada das tropas americanas en 2011.

En 2013, un dos grupos insurrectos afiliado aAl Qaida que participaba nainsurrección contra o goberno sirio incrementou o seu dominio ata proclamar a súa independencia respecto a organización transnacional, proclamou oEstado Islámico de Iraq e o Levante e anunciou unha campaña coa intención de conquistar todos os países onde, segundo a organización, oislam sería predominante nalgún momento histórico. O 29 de xuño de 2014 proclamaron o seu xefe desde 2010,Abu Bakr al-Baghdadi, como «califa Ibrahim» do Estado Islámico, declarando «suprimidas todas as organizacións e fronteiras», o que sumiu a Iraq nunha nova situación de guerra que durou ata o 9 de decembro de 2017 cando o Estado Islámico foi expulsado do territorio iraquí.

Hoxe en día, o país vive nunha inseguridade permanente debido os ataques dos insurrectos. As vítimas militares estadounidenses superan as 2.000 e as vítimas civís iraquís poden superar as 30 mil.

Tralas eleccións lexislativas de2005,Jalal Talabani (kurdo) é elixido presidente, estará acompañado por dous vicepresidentes, un xiíta e outro sunnita.

Goberno e política

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Política de Irak.
Centro de convencións de Bagdad, o lugar de reunión actual doConsello de Representantes de Iraq.

O 30 de xaneiro do ano 2005 unhaAsemblea Nacional Constituínte foi elixida mediantesufraxio universal, directo e secreto nuns comicios organizados polo goberno provisional iraquí instaurado no país coa transferencia de soberanía do 28 de xuño de 2004.[33]

Esta Asemblea aprobou unha novaConstitución Nacional que foi ratificada polo pobo de Iraq nunreferendo (co 82% dos votos a favor) o 15 de outubro de 2005 (nesta ocasión si votaron gran parte dos árabes sunnitas, aínda que o fixeron polo Non á Constitución; mentres que osárabesxiítas ekurdos fixérono a prol do texto constitucional).[34]

Segundo esta nova Constitución, o réxime político de Iraq é unharepública parlamentariafederal. Por esta razón, o gobernante do país é oprimeiro ministro; e opresidente representa unha figura simbólica de unidade. A Constitución recoñece oislam como fonte prioritaria do Dereito en Iraq, impoñendo a súa supremacía, mesmo, á propia constitución.

O Presidente da República é elixido poloConsello de Representantes (Cámara Baixa doParlamento) por unha maioría de polo menos dous terzos dosdeputados (artigo 68 da Constitución); pero se ningún candidato obtén esa maioría na primeira rolda, os dous máis votados competirán nunha segunda volta onde resultará elixido o que obteña os votos do maior número de deputados.

O artigo 74 da Constitución estipula que o Presidente da República debe asignar a misión de formar unGabinete ao candidato aprimeiro ministro dopartido político oucoalición política que teña maior cantidade de deputados no Consello de Representantes. O Presidente debe facer a asignación dentro dos quince días seguintes á primeira reunión de cada novo Consello de Representantes electo.

O candidato a primeiro ministro ten un prazo máximo de trinta días desde a súa asignación polo presidente para nomear osministros do seu gabinete e para deseñar a súa Plataforma Ministerial (o seu programa de goberno); e logo deberá presentarse ante o Consello de Representantes e pedir o seu apoio ou confianza. Entenderase que o Consello de Representantes outorgoulle a súa confianza e que polo tanto o primeiro ministro e os seus ministros foron elixidos; cando cada un dos seus ministros sexa aprobado ou ratificado de forma individual, e cando a súa Plataforma Ministerial sexa aprobada polamaioría absoluta do Consello de Representantes (polo menos a metade máis un dos deputados do Consello). Como o Consello componse actualmente dun total de 325 deputados, requírese o voto favorable dun mínimo de 163 deputados para que un candidato a primeiro ministro sexa elixido ou ratificado. En caso contrario, o presidente deberá asignar a formación do Gabinete a outro candidato.[35]

Por todo isto, cando os cidadáns iraquís elixen os seus deputados ao Consello de Representantes están a elixir de maneira indirecta ao presidente da República, ao primeiro ministro e ao resto do Goberno; e como en toda democracia parlamentaria, o líder de cada partido político ou coalición política que presenta unha lista de candidatos a deputados xógase nas eleccións lexislativas ou parlamentarias a posibilidade de ser elixido primeiro ministro.

O Consello de Representantes pode destituír o primeiro ministro e o seu Goberno cunvoto de censura ounon confianza que reúna o apoio da mesma cantidade de votos necesarios para ratificar ao primeiro ministro (polo menos a metade máis un dos deputados).

O primeiro ministro ten o poder de nomear e destituír todos os ministros do Goberno; pero para que o nomeamento dun ministro sexa válido ten que ser aprobado polo Consello de Representantes por maioría absoluta. Se non se consegue esa maioría, o primeiro ministro deberá nomear a outra persoa para o cargo.

O Consello de Representantes, ademais de elixir o presidente da República e ao primeiro ministro, exerce oPoder lexislativo; e unha Corte Suprema exerce oPoder xudicial.

Debido ao seu carácter federal, a Constitución permite ás Provincias organizarse enRexións Autónomas; que gozarían dunha ampla autonomía do Poder Central. O feito de que a Constitución estipule que estas rexións queden cunha gran parte das ganancias das riquezas petroleiras dispoñibles nos seus respectivos territorios, é unha das causas da forte oposición sunnita á Constitución (porque os árabes sunnitas viven nas rexións onde hai menos petróleo, mentres xiítas e kurdos viven nas que teñen máis recursos petrolíferos).

Desde 1992, o Goberno Rexional de Kurdistán (KRG) baseouse en Erbil. O KRG ten un Parlamento, elixido por votación popular, chamado Asemblea Nacional do Kurdistán iraquí, e un gabinete integrado polo PDK, o UPK e os seus aliados (Partido Comunista Iraquí, o Partido Socialista de Kurdistán, etc.) Estrutural e, oficialmente, as dúas partes mostran poucas diferenzas entre si. Do mesmo xeito que as súas organizacións internacionais que son similares e ambos teñen unha estrutura similar de autoridade. Oskurdos xa tiñan a súa Rexión Autónoma antes da aprobación da Constitución, e por iso a mesma recoñécelles un «status especial» con maior autogoberno. Os kurdos elixen en eleccións presidenciais rexionais directas aoPresidente daRexión Autónoma do Kurdistán (nome da súa rexión autónoma); tamén elixen a unparlamentorexional.

A Constitución estipula que o futuro Parlamento debe aprobar unha lei para crear e organizar oConsello da Unión; este Consello estará formado por representantes das autoridades das Rexións e Provincias, e será unha especie de Cámara Alta do Parlamento (Senado). Pero as súas funcións serán moi limitadas, sobre todo examinar as funcións e poderes das rexións e provincias; non poderá participar na elección do presidente e o primeiro ministro federais porque esta é unha atribución exclusiva do Consello de Representantes.

Manifestantes sunnitas participan nunha manifestación antigobernamental en Iraq en 2013.

As primeiras eleccións parlamentarias baixo a nova Constitución celebráronse o 15 de decembro de 2005; nelas aAlianza Unida Iraquí (coalición departidos confesionais xíitas) gañou a maioría no Consello de Representantes do novo Parlamento.[36]

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Provincias de Iraq

[editar |editar a fonte]

Ten unha superficie de 437.073 km², aproximadamente o tamaño deCalifornia. A capital éBagdad, de 3,8 millóns de habitantes (1986). Outras cidades importantes sonBasora,Mosul,Kirkuk,As-Sulaymānīya ouArbil.

Iraq está dividido en 19 provincias (muhafazat, singular:muhafazah):

Rexións de Iraq

Mapas e imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Mapa
    Mapa
  • Mapa de Iraq
    Mapa de Iraq
  • Imaxe satélite
    Imaxe satélite
  • Tormenta de area en Iraq
    Tormenta de area en Iraq

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Iraq.

A economía de Iraq caracterízase por unha forte dependencia da exportación depetróleo e por acentuar un desenvolvemento dirixido por organismos centrais. Antes do inicio da guerra contraIrán en setembro de 1980, o futuro da economía iraquí era brillante. A produción de petróleo alcanzara o nivel de 3,5 millóns de barrís por día e os ingresos do petróleo sumaban 21.000 millóns de dólares en1979 e 27.000 millóns de dólares en1980. Ao comezar a guerra, Iraq acumulara aproximadamente 35.000 millóns de dólares en reservas de divisas.

Educación

[editar |editar a fonte]

Segundo un informe deUNICEF publicado en 2018, a maioría dos nenos e nenas desfavorecidos non reciben «ningún apoio gobernamental», o que tende a acentuar as fendas e as desigualdades. Na educación en particular, onde as necesidades seguen sendo «inmensas» despois de anos de conflito. A metade das escolas públicas de Iraq necesitan ser rehabilitadas e o país necesita outras 7500 escolas. O 92% dos nenos están matriculados na escola primaria, pero só un pouco máis da metade dos nenos desfavorecidos terminan a escola primaria. A fenda amplíase aínda máis na educación secundaria e superior, «onde menos dunha cuarta parte se gradúa (23%), comparado coas tres cuartas partes dos nenos procedentes de medios acomodados (73%)». Por outra banda, só o 40% dos nenos e nenas están totalmente vacinados, e menos do 40% da poboación ten acceso á auga potable nos seus fogares, o que pon os nenos e nenas en grave risco de contraer enfermidades transmitidas pola auga.[37]

Demografía

[editar |editar a fonte]
Igrexa católica caldea,Bagdad
Nenos enSolimania

Evolución demográfica:

  • 1867: 1,3 millóns.
  • 1895: 1,9 mill.
  • 1914: 2,6 mill.
  • 1919: 2,9 mill.
  • 1933: 3,5 mill.
  • 1945: 4.611.400 (censo).
  • 1958: 6.488.000.
  • 1979: 12.650.000.
  • 1987: 16.335.200 (censo).
  • 1997: 22.018.000 (censo).
  • 2009: 31.234.000 (estimado).
  • 2019: 40 853 637 (censo)

Idiomas oficiais

[editar |editar a fonte]

É un país oficialmente bilingüe, sendo oárabe e okurdo os idiomas oficiais, o árabe é falado na maior parte do país, o kurdo é a lingua da Rexión autonóma Kurda ouKurdistán iraquí, chamada así desde a administración do partido Baath nos anos 1970 e 1980. Dita rexión ten o dereito de ensinar kurdo nas súas escolas.

Etnias

[editar |editar a fonte]

Un estudo doAl-Quds Press Research Center, con sede enLondres, dá a seguinte composición étnica e relixiosa:[38]

Etnia
  • Árabes: 82-84 %
  • Kurdos, turcománs, etc.: 16-18 %

Relixión

[editar |editar a fonte]
  • Musulmáns: 95-98 %
    • Sunnís: 38-40 % (árabes: 42-44 %; kurdos e turcomanos: 16-18 %)
    • Xiítas: 60-62 % (árabes: 86-88 %; kurdos e turcománs: 2-4 %)
  • Cristiáns e outros: 2-5 %; turcománs e asirios.
Peregrinos fronte á Mesquita de Al Abbas.

Iraq é un país predominantementemusulmán. Osxiítas constitúen máis da metade da poboación (55%), principalmente no sur e no distrito de Cidade Sadr de Bagdad. O representante máis importante da comunidade xiíta é o aiatolá Ali a-Sistani, especialmente influente desde o derrocamento do goberno deSaddam Husayn.[39]

En canto aossunnitas, están presentes no centro (rexión de Bagdad e Asiria), aos que hai que engadir grupos máis ou menos numerosos de yezidíes e mandeístas.

Oscristiáns (en particular a comunidade caldea), estimados en máis dun millón antes de 2003, foron desde entón obxecto de numerosas persecucións, e dous terzos deles emigraron na década seguinte,[40] tendencia que continuou coa aparición do Estado Islámico.[41]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parairaquí.
  2. "Declaration of Principles for a Long-Term Relationship of Cooperation and Friendship Between the Republic of Iraq and the United States of America". 26 de novembro de 2007. 
  3. Livescience.com (ed.)."Top 10 Battles for the Control of Iraq". Consultado o 23 de marzo de 2009. 
  4. On Point: The United States Army In Operation Iraqi Freedom - Page 265, Gregory Fontenot - 2004
  5. Basu, Moni (18 de decembro de 2011)."Deadly Iraq war ends with exit of last U.S. troops".CNN.com. Consultado o 18 de demcebro de 2011. 
  6. Umich.edu, ed. (29 de decembro de 1927)."Seleucia on the Tigris"(eninglés). Consultado o 6 de xullo do 2020. 
  7. Geography.about.com, ed. (6 de abril de 2011)."Largest Cities Through History"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 6 de xullo do 2020. 
  8. Acs.ucalgary.ca (ed.)."The Islamic World to 1600: The Arts, Learning, and Knowledge (Conclusion)"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 15 de agosto de 2009. Consultado o 06 de xullo de 2020. 
  9. Sfusd.k12.ca.us (ed.)."Battuta's Travels: Part Three – Persia and Iraq"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 23 de abril de 2008. Consultado o 6 de xullo do 2020. 
  10. Frazier, Ian (25 de abril de 2005)."Annals of history: Invaders: Destroying Baghdad".The New Yorker(eninglés): 4. Consultado o 6 de xullo do 2020. 
  11. Waterencyclopedia.com, ed. (11 de xaneiro de 2009)."Irrigation Systems, Ancient"(eninglés). Consultado o 6 de xullo do 2020. 
  12. The University of Calgary (ed.)."The Islamic World to 1600: The Mongol Invasions (The Black Death)"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 31 de xaneiro de 2009. Consultado o 06 de xullo de 2020. 
  13. Kathryn Jean Lopez (14 de setembro de 2005). Nationalreview.com, ed."Q&A with John Kelly on The Great Mortality on National Review Online"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 16 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de xullo do 2020. 
  14. Asianhistory.about.com, ed. (15 de febreiro de 2010)."Tamerlane – Timur the Lame Biography". Arquivado dendeo orixinal o 05 de outubro de 2011. Consultado o 6 de xullo do 2020. 
  15. Mert Sahinoglu (ed.)."14th century annihilation of Iraq". Arquivado dendeo orixinal o 26 de agosto de 2019. Consultado o 6 de xullo do 2020. 
  16. Reidar Visser (2005). LIT Verlag Münster, ed.Basra, the Failed Gulf State: Separatism And Nationalism in Southern Iraq. p. 19.ISBN 978-3-8258-8799-5. |data-acceso= require|url= (Axuda)
  17. "p.8"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 17 de marzo de 2016. Consultado o 06 de xullo de 2020. 
  18. Chronology 1926Arquivado 02 de abril de 2020 enWayback Machine..League of Nations Photo Archive. Consultado o 31-12-2007.
  19. MosulArquivado 23 de agosto de 2013 enWayback Machine.Revista TIMES 21 de xuño de 1925. Consultado o 31-12-2007.
  20. Ongsotto et.al.Asian History Module-based Learning Ii' 2003 Ed. p69.[1]
  21. Royal Ark
  22. 22,022,122,2"1958. Quand l’Irak découvrait l’espérance révolutionnaire".Orientxxi.info. Consultado o 29 de xaneiro de 2021. 
  23. Marr (2004), p. 158
  24. Ismael, Ismael & Abu Yaber 1991, p. 163.
  25. Ismael, Ismael & Abu Yaber 1991, p. 166.
  26. "Saddam Hussein: Presidente de la República (1979-2003), vicepresidente (1968-1979) y primer ministro (1979-1991, 1994-2003)".CIDOB(encastelán). Consultado o 9 de xullo de 2020. 
  27. Segal, David (28 de xaneiro de 2009)."The Iran-Iraq War: A Military Analysis".Foreign Affairs(eninglés): www.foreignaffairs.com. Consultado o 9 de xullo do 2020. 
  28. Karsh, Efraim (2002). Osprey Publishing, ed.The Iran–Iraq War, 1980–1988. Oxford, Oxfordshire.ISBN 978-1841763712. 
  29. "British Parliament officially recognizes 'Kurdish Genocide'".hurriyet Daily News(eninglés). Consultado o 9 de xullo do 2020. 
  30. Pedro González."El olvidado genocidio de los kurdos por las armas químicas de Saddam Husein"(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 15 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de xullo do 2020. 
  31. http://www.sptimes.com/2007/06/25/Worldandnation/Iraq_to_hang__Chemica.shtml
  32. "Las minorías de Irak".Dw. 14-03-2003. Consultado o 9 de xullo de 2020. 
  33. [Ligazón morta]
  34. "Iraq: aprueban nueva Constitución".BBC Mundo(encastelán). Consultado o 9 dexullo do 2020. 
  35. Constitución de Irak (traducción o inglés en USA TODAY.com)
  36. "Lidera Alianza Unida Iraquí en comicios parlamentarios, en El Universal de México". Arquivado dendeo orixinal o 25 de xullo de 2014. Consultado o 23 de agosto de 2020. 
  37. "« De profondes inégalités façonnent la vie des enfants en Irak »".Le Monde arabe(enfrancés). 26 de novembro de 2018. Arquivado dendeo orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 29 de agosto do 2020. 
  38. Citado en«¿Hay una mayoría sunní en Iraq?»Arquivado 31 de outubro de 2023 enWayback Machine.
  39. "Renaud Girard : après Daech, comment sauver le Moyen-Orient ?".Le Figaro(enfrancés). 2016-10-28. Consultado o 19 de febreiro do 2026. 
  40. "Les chrétiens d'Irak pris entre deux feux, inquiets après le retrait américain".Le Point(enfrancés). 2011-12-24. Consultado o 19 de febreiro do 2026. 
  41. "En Irak, l’amertume des chrétiens dans la ville fantôme de Karakoch".Le Monde.fr(enfrancés). 2016-12-27. Consultado o 19 de febreiro do 2026. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  IraqModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dependenciase rexións
administrativas especiais
Australia
China
Reino Unido
 Conflito árabe-israelí  
ParticipantesPersoeirosConflitosDiplomacia / Propostas de paz

Primarios:
Estados e autoridades:

ExiptoExipto
Iraq
Israel
Xordania
LíbanoLíbano
Palestina/Estado de Palestina
Arabia Saudita
Siria
Iemen

Organizacións:

Liga Árabe
Partido Baaz
Al-Fatah
Hamas
Consello Lexislativo
Hesbulá
FPLP
PIJ
OLP

Antigos participantes:

Exército da Guerra Santa
Man Negra
Haganah
Irgun
Lehi
Exército do Líbano do Sur
Mandato de Palestina

Outros:
Estados:

Canadá
Francia
AlemañaAlemaña
Irán
NoruegaNoruega
RusiaRusia
Reino UnidoReino Unido
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos

Organizacións:

Unión EuropeaUnión Europea
ONUONU

Antigas organizacións:

Unión SoviéticaUnión Soviética
República Árabe UnidaRepública Árabe Unida

Lester B. Pearson
ExiptoHosni Mubarak
República Árabe UnidaGamal Abdel Nasser
ExiptoAnwar Sadat
AlemañaJoschka Fischer
IránMahmoud Ahmadinejad
IránAli Khamenei
IránMohammad Khatami
IránRuhollah Khomeini
Reino de IraqFaisal I de Iraq
Saddam Husayn
Ehud Barak
Menachem Begin
David Ben-Gurion
Moshe Dayan
Levi Eshkol
Golda Meir
Benjamin Netanyahu
Ehud Olmert
Shimon Peres
Yitzhak Rabin
Ariel Sharon
Chaim Weizmann
Abdullah II de Xordania
Hussein I de Xordania
LíbanoHassan Nasrallah
LíbanoFouad Siniora
Mona Juul
Johan Jørgen Holst
Terje Rød-Larsen
Mahmoud Abbas
Yasser Arafat
Salam Fayyad
Marwan Barghouti
Ismail Haniya
Amin al-Husayni
Khaled Mashal
Ahmed Yassin
Folke Bernadotte
Hafez al-Assad
Bashar al-Assad
Idi Amin
Arthur Balfour
Ernest Bevin
Madeleine Albright
Ralph Bunche
George W. Bush
Jimmy Carter
Bill Clinton
Henry Kissinger
Dennis Ross
Cyrus R. Vance

1920 Revoltas de Palestina
1921 Revoltas de Iafa
1929 Revoltas de Palestina
1936–1939 Gran Revolta Árabe
1947 Revoltas de Xerusalén
1948 Guerra árabe-israelí
1953 Operación Shoshana
1956 Guerra de Suez
1967 Guerra dos Seis Días
1968–1970 War of Attrition
1972 Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic
1972 Operación Cólera de Deus
1973 Operation Spring of Youth
1973 Guerra do Yom Kippur
1975–1990 Guerra civil libanesa
1976 Operación Entebbe
1978 Operación Lintani
1979 Revolución iraniana
1981 Operación Ópera
1982 Guerra do Líbano
1982–2000 Conflito do Líbano do Sur
1985 Operación Perna de Madeira
1987–1990 Primeira Intifada
1991 Guerra do Golfo
1993 Operación Contabilidade
1996 Operación Uvas da Ira
2000–2005 Intifada de Al-Aqsa
2002 Operación Defensive Shield
2004 Operación Arco da Vella
2004 Operación Días de Penitencia
2006 Conflito de Gaza e Israel
2006 Conflito do Líbano e Israel
2007 Batalla de Gaza
2008-2009 Operación chumbo fundido
2014 Operación Marxe Protectora
2023 Conflito israelí-palestino
2023 Xenocidio de Gaza

Carta de Cambon
Declaración de Balfour de 1917
Acordo Faiçal-Weizmann de 1919
Conferencia de San Remo de 1920
Libro Branco de Churchill de 1922
Libro Branco de 1939
Plan da ONU para a partición de Palestina de 1947
Declaración de independencia de Israel
Resolución 194 da Asemblea Xeral da ONU de 1948
Acordos de armisticio de 1949
Carta Nacional Palestina de 1964
Resolución de Khartoum de 1967
Resolución 242 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 338 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 339 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 350 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 425 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Acordos de Camp David de 1978
Resolución 446 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Tratado de Paz exipcio-israelí de 1979
Resolución 452 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 478 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 497 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Acordos israelo-libaneses do 17 de maio de 1983
Conferencia de Madrid de 1991
Acordos de Oslo de 1993
Tratado de Paz xordano-israelí de 1994
Acordos de Wye River de 1998
Cume de Camp David de 2000
Cume de Taba de 2001
Iniciativa árabe de paz de 2002
Plan para a Paz de 2002
Resolución 1559 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 1583 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Cume de Sharm el-Sheikh Summit de 2005
Plan de retirada unilateral israelí
Documento dos prisioneiros palestinos de 2006
Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas

Membros
Observadores
Membro dun acordo bilateral de cooperación
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Iraq&oldid=7319810»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp