Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Inventio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Inventio é a segunda etapa doproceso retórico de construción dundiscurso consistente en achar os elementos referenciais do mesmo. É o primeiro bosquexo estrutural, nel localízanse os conceptos que han ser incluídos en cada unha das partes.

As etapas daretórica para a construción do discurso son:Intelectio,inventio,dispositio eelocutio.

Historia

[editar |editar a fonte]

A crítica máis antiga da retórica é que non trata un tema específico, isto é, que un orador pode dar un discurso sobre calquera tema e non sendo o contido o que importa, senón como un orador usa o idioma. Esa é unha das razóns poas quePlatón atacou esta práctica, baleira na súa opinión.

Aristóteles respondeu á crítica argumentando que razón e retórica van xuntas, argumentando que a razón dialéctica é a ferramenta para atopar verdades universais e a retórica é a ferramenta para aclaralas e transmitilas aos demais.[1] Ainventio serve ao orador a construír argumentos utilizando un sistema. Os retóricos romanosCicerón eQuintiliano dedicaron tempo a formular a teoría detrás da retórica dos argumentos. A inventio constaría de tres partes:

  • Analizar a tarefa
  • Encuentrar argumentos para o caso
  • Seleccionar os mellores argumentos

Acepción xacobea

[editar |editar a fonte]

Inventio, dolatíninventionem (nominativoinventio), e este das raíces indoeuropeas ou pre-indoeuropeas*en e*gwa para 'vir'[2] é significa "atopar", e é a palabra máis empregada para referirse aos feitos que levaron aoachado do sepulcro do Apóstolo Santiago en Galiza nos anos820-830.[3]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Nast, Condé (2014-11-27)."Perché nell'era di Google serve l'inventio, l’arte dell’infosourcing di Aristotele".Wired Italia(enitaliano). Consultado o2022-04-12. 
  2. "invention; Etymology, origin and meaning of invention".www.etymonline.com(eninglés). Consultado o2022-04-12. 
  3. "inventio - Xacopedia".xacopedia.com(en castelán). Consultado o2022-04-12. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Inventio&oldid=6409085»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp