Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Guerra de Afganistán (1978-1992)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Invasión soviética de Afganistán»)
Guerra de Afganistán
Guerra de AfganistánEditar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
 Casus
Intervención soviética no territorio de Afganistán en apoio da facción encabezada polo líder doPDPAKarmal contra a liderada porAmin.
Datas
 Data de comezo
25 de decembro de 1979Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
15 de febreiro de 1989Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Implicados
Forzas
Forzas soviéticas:

Forzas afgás:

Muxahidíns:200.000–250.000[13][14][15]
Baixas
Forzas soviéticas:

14.453 asasinados (en total)

  • 9.500 asasinados en combat[16]
  • 4.000 mortos por feridas[16]
  • 1.000 mortos por enfermidades ou accidentes[16]

53.753 feridos[16]

312 desaparecidos[17]

Forzas afgás:

18.000 asasinados[18]
Muxahidíns:75.000–90.000 asasinados, +75.000 feridos (estimación)[19]Civís (Afgáns):

600.000–2 000 000 asasinados[20]

5 millóns derefuxiados fora de Afghanistan

2 millóns dedesprazados internos

Preto de 3 millóns de afgáns feridos (a maior parte civís)[21]

Civís (soviéticos):

Ao redor de 100 mortos
Localización
 Localización
Identificadores
Freebase/m/0ksflEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Aguerra deAfganistán foi unconflito que se estendeu entre abril de1978 e abril de1992, e que constituíu a primeira etapa daguerra civil afgá. Considerado como parte daguerra fría, enfrontou ao goberno afgán apoiado polasforzas armadas soviéticas, contra os chamadosmuxahidins, grupos de insurxentes de varias nacionalidades, na súa maioría combatentes islamistas. Os insurxentes recibiron formación militar nas veciñasPaquistán eChina,[8] ademais de millóns de dólares deEstados Unidos,Reino Unido,Arabia Saudita, e outrospaíses.[2][3][4][8][22] Os máis de dez anos de guerra provocaron que moitos afgáns fuxiran do seu país, con destino principalmente aPaquistán eIrán. Ademais dos que morreron en combate, centos de miles de civís afgás foron asasinados.

Na orixe do conflito encóntrase o triunfo en1978 daRevolución de Saur e a chegada ao poder dun gobernosocialista liderado poloPartido Democrático Popular de Afganistán, que iniciou unha serie de profundas reformas de modernización do país e repartimento da terra. Estas reformas provocaron unha forte oposición nos sectores máis conservadores do país, así como no estamento relixioso e de poder, e comezaron a producirse rebelións armadas ao longo do territorio, apoiadas polos Estados Unidos coa chamadaOperación Ciclón, que subministrou armas e un amplo financiamento aos rebeldes islámicos muxahidins.

En 1979 o goberno afgán pediu a intervención daUnión Soviética. Tras negarse nun principio a intervir, esta acabou por entrar no país despois do asasinato do líder da Revolución,Nur Muhammad Taraki, por parte deHafizullah Amín. Así, o 24 de decembro de 1979 comezou o despregue do 40º Exército soviético en Afganistán, baixo o mando deLeonid Brezhnev.[23] Os soviéticos executaron ao ditador Amin e subiron ao poder aBabrak Karmal. Os combates contra os muxahidins alongáronse durante nove anos, ata que a intervención soviética no conflito rematou trala firma doAcordos de Xenebra entre aRepública Democrática de Afganistán e Paquistán. A retirada xeral das tropas comezou o15 de maio de1988, e concluíu o15 de febreiro de1989, baixo o mando do último presidente soviético,Mikhail Gorbachev. Con todo, os enfrontamentos entre as tropas gobernamentais e os muxahidins continuaron ata abril de 1992, ata a caída do goberno da República Democrática de Afganistán e a instauración doEstado Islámico de Afganistán.[24][25][26]

Contexto histórico

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Historia de Afganistán.

ARepública Democrática de Afganistán formouse tralaRevolución de Saur, o27 de abril de1978. O goberno implantou políticas en beneficio dos pobres e dos agricultores e aplicou a axendasocialista. Mantivo importantes relacións diplomáticas coaUnión Soviética. O5 de decembro de1978, asinouse un tratado de amizade entre ambos países. O3 de xullo de1979, o presidente estadounidenseJimmy Carter asinou a primeira directiva para ofrecer axuda financeira de maneira encuberta aos opositores ao goberno prosoviético deCabul.[27]

A intervención militar rusa en Afganistán remóntase ás expansiónstsaristas coñecidas como "Gran Xogo", que mantiñan Rusia e Gran Bretaña. Esta comezou noséculo XIX, con acontecementos como oIncidente de Panjdeh, un enfrontamento militar que tivo lugar en1885, cando o exército ruso se apoderou do territorio afgá ao sur dorío Oxus, ao redor dun oasis en Panjdeh. Este interese na rexión continuou durante a era soviética, na que se destinaron millóns en axuda económica e militar a Afganistán entre os anos1955 e1978.[28]

En febreiro de 1979, arevolución islámica derrocou aoSha do país contiguo de Irán, que estaba apoiado polos Estados Unidos. O embaixador dos Estados Unidos en Afganistán,Adolph Dubs, foi secuestrado por militantes dunha organización vinculada ao movemento dePaíses Non Aliñados, coñecida como Setami Milli, e posteriormente asasinado durante un asalto levado a cabo pola policía afgá, asistida por axentes soviéticos. Esta morte provocou un importante deterioración das relacións afgán-estadounidenses.[29]

Estados Unidos despregou vinte buques e dous portaavións nogolfo Pérsico e nomar Arábigo, e producíronse unha serie de ameazas de guerra entre os Estados Unidos e Irán.[30]

En marzo de 1979 asinouse untratado de paz, apoiado polos Estados Unidos, entre Israel e Exipto. A Unión Soviética considerou que os Estados Unidos sacou proveito deste tratado. Así, unxornal soviético afirmaba que Exipto e Israel se converteran nos "xendarmes doPentágono". Os soviéticos crían que o tratado non era só un acordo de paz entre os seus antigos aliados exipcios e Israel, senón tamén unha alianza militar.[31] Ademais, Estados Unidos vendeu máis de 5.000mísiles aArabia Saudita e abasteceu aos rebeldes leais á coroa, contrarios ao gobernonasserista, naguerra civil do Iemen do Norte. Tamén empeoraron nesa mesma época as relacións entre a Unión Soviética eIraq. En xuño de 1978, Iraq comezou a establecer relacións cordais con países occidentais, chegando a mercar a Francia armamento defabricación italiana, aínda que a maioría o obtiña da Unión Soviética, os seus aliados doPacto de Varsovia e a China.

Revolución de Saur

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Revolución de Saur.

O reiMohamed Zahir ascendeu ó trono en1933 e estivo reinando até1973. O primo de Zahir,Mohammad Daoud Khan, exerceu comoprimeiro ministro dende1954 até1963. OPartido Democrático Popular de Afganistán (PDPA), de ideoloxíamarxista, gañou forza nestes anos. En1967, o PDPA dividiuse en dúas faccións, oKhalq (traducido por masas ou pobo), liderado porNur Muhammad Taraki eHafizullah Amin e oParcham (traducido por estandarte), liderado porBabrak Karmal.

o17 de xullo de 1973, o ex-Primeiro Ministro Daoud fíxose co poder mediante ungolpe de estado, acusando ao goberno real de corrupción e de ser o causante das mala situación económica que atravesaba o país. Este golpe, supuxo a fin da monarquía e durante o seu goberno, Daoud gozou dunha boa reputación entre boa parte da poboación afgá, aínda que non entre os partidarios do PDPA.

A forte oposición das faccións do PDPA foi reprimida polo réxime de Daoud. A morte deMir Akbar Khyber, un dos líderes do PDPA, en estrañas circunstancias desencadeou unha onda de protestas en Cabul contra o goberno de Daoud, nas que foron arrestados varios dos principais dirixentes do PDPA.[32][33]

O27 de abril de1978, oexército afgá, que simpatizaba co PDPA, derrocou a Daoud e executouno posteriormente xunto con algúns membros da súa familia.[34] Nur Muhammad Taraki,secretario xeral do PDPA, converteuse en presidente dun Consello Revolucionario, así como no Primeiro Ministro daRepública Democrática de Afganistán, que acababa de ser creada.

Faccións dentro do PDPA

[editar |editar a fonte]

Trala revolución, Taraki asumiu a presidencia e os postos de primeiro ministro e de secretario xeral do PDPA. O goberno foi dividido segundo as faccións existentes, co President Taraki e viceprimeiro ministroHafizullah Amin da facción Khalq fronte a líderes da facción Parcham tales coma Babrak Karmal eMohammad Najibullah. Os conflitos no PDPA, deron lugar a situacións deexilio,purga e execución de membros do Parcham.[35]

Durante os primeiros dezaoito meses de goberno, o PDPA aplicou un programa de estilo soviético con reformas modernizadoras, moitas das cales foron vistas polos conservadores como contrarias aos principios do islam.[36] Algúns dos decretos, que establecían cambios nas políticas matrimoniais e reformas agrarias, non foron ben recibidos por unha poboación na que predominaba tradición islámica, especialmente por parte dos grandesterratenentes, que resultaron prexudicados pola abolición dausura (aínda que esta estaba prohibida no islam) e a cancelación das débedas que tiñan os pequenos agricultores. A mediados 1978, comezou unha rebelión, co ataque duns rebeldes a unha gornición militar na rexión deNuristan, ao leste de Afganistán, e pronto se estendeu unha guerra civil por todo o país. En setembro de 1979, o viceprimeiro ministro Hafizullah Amin ocupou o poder trala morte nun tiroteo do presidente Taraki. Os dous meses de goberno de Amin estiveron marcados por unha inestabilidade provocada por unha toma de decisións contraria aos seus opoñentes do PDPA e á crecente rebelión.

Relacións afgán-soviéticas

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Aeroporto internacional de Cabul.
Mulleres afgás participando nun programa da Asociación afgá de Girl Scouts a finais da década de1950.

AUnión Soviética exercera unha grande influencia na política afgá, dende a infraestrutura civil e militar á sociedade.[37] Na década de1980, moitos afgás dominaban a lingua rusa.[37] Dende1947, Afganistán estivera baixo a influencia do goberno ruso e recibira importantes axudas, en forma de asistencia económica e adestramento e armamento militar.

Afganistán xa recibiu axuda económica rusa no ano1919, pouco despois daRevolución Rusa, cando o novo goberno se enfrontaba águerra civil. Subministraronarmas de pequeno calibre, munición, e uns cantos avións, e (segundo fontes soviéticas) un millón derublos de ouro, para apoiar á resistencia afgá durante aterceira guerra anglo-afgá. En1942, a URSS volveu axudar ás Forzas Armadas de Afganistán, con avións e armamento, e establecendo centros de formación enTashkent (República Socialista Soviética de Uzbekistán). A cooperación militar entre os dous países asentouse en1956, e os acordos de máis importancia producíronse na década de1970, na que a URSS enviou conselleiros e especialistas. A Unión Soviética construíu así mesmo unha extensa rede de infraestruturas, participou na construción de universidades, institutos politécnicos, hospitais, infraestruturas civís, centrais eléctricas e colexios locais.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Borer, Douglas A. (1999). Cass, ed.Superpowers defeated: Vietnam and Afghanistan compared. Londres. p. 216.ISBN 0-7146-4851-5. 
  2. 2,02,1Barlett, Donald L.; Steele, James B. (13 de maio de 2003)."The Oily Americans".Time. Arquivado dendeo orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o2008-07-08. 
  3. 3,03,13,2"Interview with Dr. Zbigniew Brzezinski-(13/6/97).". Arquivado dendeo orixinal o 29 de agosto de 2000. Consultado o 03 de febreiro de 2013. 
  4. 4,04,14,24,3Charlie Wilson: Congressman whose support for the mujahideen helped force the Soviet Union out of Afghanistan
  5. ""Reagan Doctrine, 1985," United States State Department". State.gov. Arquivado dendeo orixinal o 10 de maio de 2007. Consultado o2011-02-20. 
  6. Interview with Dr. Zbigniew Brzezinski – (13 de xuño de 1997). Part 2.] Episode 17. Good Guys, Bad Guys. 13 de xuño de 1997.
  7. Corera, Gordon (2011).MI6: Life and Death in the British Secret Service. Londres: Phoenix.ISBN 978-0753828335. 
  8. 8,08,18,2Shichor 157–158
  9. Crile, George (2003).Charlie Wilson's War: The Extraordinary Story of the Largest Covert Operation in History. Atlantic Monthly Press.ISBN 0-87113-854-9. 
  10. "Saudi Arabia and the Future of Afghanistan". Arquivado dendeo orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 03 de febreiro de 2013. 
  11. Nyrop, Richard F.; Donald M. Seekins (xaneiro de 1986).Afghanistan: A Country Study(PDF). Washington, DC: United States Government Printing Office. pp. XVIII–XXV. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 03 de novembro de 2001. Consultado o 03 de febreiro de 2013. 
  12. Mark N. Katz (9 de marzo de 2011)."Middle East Policy Council | Lessons of the Soviet Withdrawal from Afghanistan". Mepc.org. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  13. Maxime Rischard."Al Qa'ida's American Connection". Global-Politics.co.uk. Arquivado dendeo orixinal o 21 de novembro de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  14. "Soviet or the USA the strongest". Translate.google.no. Arquivado dendeo orixinal o 17 de marzo de 2019. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  15. "Afghanistan hits Soviet milestone – Army News". Armytimes.com. Consultado o 15 de febreiro de 2012. 
  16. 16,016,116,216,3"Copia arquivada"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 18 de xullo de 2006. Consultado o 18 de xullo de 2006. 
  17. DK289.A39 1992 Glazami marshala i diplomata : kriticheskiĭ vzgli︠a︡d na vneshni︠u︡i︠u︡ politiku SSSR do i posle 1985 goda / S.F. Akhromeev, G.M. Kornienko, p. 25
  18. Russia's War in Afghanistan – David C. Isby, David Isby – Google Libros. Books.google.es. Arquivado dendeo orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 15 de febreiro de 2012. 
  19. Antonio Giustozzi (2000).War, politics and society in Afghanistan, 1978–1992. Hurst.ISBN 1-85065-396-8.A tentative estimate for total mujahideen losses in 1980-02 may be in the 150–180,000 range, with maybe half of them killed. 
  20. "Death Tolls for the Major Wars and Atrocities of the Twentieth Century". necrometrics.com. Consultado o 24 de setembro de 2012. 
  21. Hilali, A. (2005). US-Pakistan relationship: Soviet Intervention in Afghanistan. Burlington, VT: Ashgate Publishing Co. (p.198)
  22. Kinsella, Warren. "Unholy Alliances", Lester Publishing, 1992
  23. "Timeline: Soviet war in Afghanistan".BBC News. Publicado o17 de febreiro de2009. Consultado o 22 de marzo de 2009.
  24. Yousaf, Mohammad & Adkin, Mark (1992).Afghanistan, the bear trap: the defeat of a superpower. Casemate. p. 159.ISBN 0-9711709-2-4. 
  25. Richard Cohen (22 de abril de 1988)."The Soviets' Vietnam".The Washington Post. Arquivado dendeo orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  26. "Afghanistan was Soviets' Vietnam".Boca Raton News. 24 de abril de 1988. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  27. From the Shadows, Pg. 146. Google Books. 9 de xaneiro de 2007.ISBN 9781416543367. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  28. Rubin, Barnett R.The Fragmentation of Afghanistan. New Haven: Yale University Press, 1995. p. 20.
  29. Harrison, Selig; Cordovez, Diego (1995).Out of Afghanistan: The Inside Story of the Soviet withdrawal. New York: Oxford University Press. pp. 34–35.ISBN 0-19-506294-9. 
  30. Valenta, Jiri (1980).From Prague to Kabul: The Soviet Style of Invasion. 
  31. Goldman, Minton (1984).Soviet Military Intervention in Afghanistan: Roots & Causes. 
  32. Hilali, A. Z. (2005). "The Soviet Penetration into Afghanistan and the Marxist Coup".The Journal of Slavic Military Studies18 (4): 709.doi:10.1080/13518040500354984. 
  33. Bradsher, Henry S. (1983).Afghanistan and the Soviet Union. Durham: Duke Press Policy Studies. pp. 72–73. 
  34. Garthoff, Raymond L. (1994).Détente and Confrontation. Washington D.C.: The Brookings Institute. p. 986. 
  35. The April 1978 Coup d'etat and the Democratic Republic of Afghanistan – Library of congress country studies(Consultado o 4 de febreiro de 2007)
  36. "Afghanistan Marxist Coup 1978". Onwar.com. Arquivado dendeo orixinal o 08 de novembro de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  37. 37,037,1Press Release (13 de febreiro de 2009)."Tips for Soviet in Afghanistan".BBC, 1979. Consultado oMarch 2, 2012. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Guerra de AfganistánModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Guerra_de_Afganistán_(1978-1992)&oldid=7103463»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp