Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Intelligentsia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.

Aintelligentsia (dolatín:intelligentia) é unha clase social formada por persoas involucradas en complexas actividades intelectuais e creativas orientadas ao desenvolvemento e a diseminación da cultura, incluíndo intelectuais e grupos sociais próximos a eles. O termo foi tomado ou ben do ruso, unha transliteración de ("intelliguéntsiya") ou ben do polaco. Os dous derivaron en principio da palabra francesa "intelligence". Ao comezo, o termo aplicouse no contexto dePolonia,Rusia e máis tarde, áUnión Soviética, e tivo un significado máis estreito baseado na autodefinición dunha certa categoría de intelectuais.

Historia do concepto

[editar |editar a fonte]

A noción dunhaelite intelectual como un estrato social distinguido ten orixes afastadas na historia. Por exemplo, os reis filósofos e os gardiáns da República de Platón e os monxes da Europa Medieval, quen agora son vistos como custodios da historia e a cultura.

O primeiro uso do termo "intelligentsia" (en ruso: интеллигенция) parece ocorrer noImperio Ruso na primeira metade do séculoXIX. Por exemplo, a palabra aparece casualmente nos diarios deVasily Zhukovsky, datados en1836. EnPolonia, ou máis precisamente Gran Polonia (que era entón parte dePrusia) o termo foi popularizado nun sentido máis próximo ao presente polo filósofo polacoKarol Libelt, e o seu uso estendeuse na ciencia polaca logo da publicación da súa "O miłości ojczyzny" (Sobre o amor á patria) en1844, na cal define "inteligencja" como aqueles membros educados da poboación que asumen un rol de liderado como académicos, profesores, clero, enxeñeiros e "que se guían pola razón do seu superior esclarecemento". O termo foi tamén popularizado por un escritor ruso,Pyotr Boborykin, na década de 1860. Boborykin proclamouse como "avó" da noción en1904. De aquí a noción estendeuse ao inglés e outros idiomas. En inglés, a palabra aplícase frecuentemente para describir a "intelligentsia" nos países de Europa Central e Europa do Leste no século XIX e XX. A distinción está baseada en que a situación cultural e económica dos intelectuais neses países é diferente á que existe en Europa Occidental ou en Norteamérica.

A emerxencia de clases de elite de intelectuais ou persoas con boa formación intelectual foi observada noutros países de Europa (por exemplo, "intellectuels" enFrancia e "Gebildete" enAlemaña). Con todo, no Imperio Ruso este proceso tivo características propias. Estas diferenzas foron causadas por distintos procesos históricos, cuxa influencia está aínda en disputa polos historiadores. A presenza de réximes autocráticos de longa duración ou un baixo nivel de educación xeral nestes países durante o século XIX cóntase entre estes factores. Esta situación puido motivar aos intelectuais locais a elaborar un sistema de valores comúns e un sentido de empatía mutua.

Adicionalmente, a intelligentsia en Europa Central e do Leste, dividida maiormente en cuestións nacionais, desenvolveu un sentido de responsabilidade pola propia nación, incluíndo o credo de que o progreso desta dependía do nivel cultural da intelligentsia nacional. Esta confianza levou con frecuencia á intelligentsia de Europa do Leste a ocupar o rol dunha inexistente oposición política, e as posicións tomadas pola intelligentsia tiveron consecuencias significativas nas revolucións ou movementos de liberación nacional en Europa Central e do Leste.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Intelligentsia&oldid=7162673»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp