Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Inocencio VII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaInocencio VII, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it)Cosimo de' MiglioratiEditar o valor en Wikidata
1339Editar o valor en Wikidata
Sulmona, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 1406Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortevelenoEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanasEditar o valor en Wikidata
204ºPapa
26 de outubro de 1404 – 6 de novembro de 1406
← Bonifacio IXGregorio XII →
Roman Caholic Bishop of Bologna(en)Traducir
19 de xuño de 1389 –
← Filippo Carafa della Serra(pt)TraducirBartolomeo Raimondi(en)Traducir →
Arcebispo de Rávena
5 de decembro de 1387 – 15 de setembro de 1400
← Ludovico di CasaleGiovanni Migliorati(pt)Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de PerugiaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoRoma
Estados PontificiosEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católicoEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de PaduaEditar o valor en Wikidata
ProfesoresJohn of Legnano(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Participou en
10 de outubro de 1404Conclave de 1404(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Innocent VII.Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Migliorati-2Find a Grave: 7719692Editar o valor en Wikidata

Inocencio VII, nado enSulmona sobre o1336 e finado enRoma o6 de novembro de1406), foi oPapa nº 204 daIgrexa católica de1404 a1406 e o terceiro papa do período dominado poloCisma de Occidente.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Orixe e formación

[editar |editar a fonte]

De nomeCosimo de Migliorati, nado no seo dunha familia humilde, estudouDereito Canónico eCivil enPerugia,Padua eBoloña. Posteriormente exerceu como profesor de dereito naUniversidade de Perugia ata que foi trasladado a Roma porUrbano VI. Logo é enviado a Inglaterra comorecadador de impostos, labor que realizou durante dez anos.[1]

Carreira eclesiástica

[editar |editar a fonte]

Cosimo de Migliorati foi consagrado bispo o 5 de decembro de1387, logo de ser nomeadoarcebispo de Rávena o 4 de novembro anterior polo papa Urbano VI. Migliorati non puido ocupar a súa sede enRávena por mor da oposición do Señor da cidade,Guido de Polenta, que dera a súa obediencia ao antipapaClemente VII. En xuño de1389 foi transferido á sede deBoloña.[1]

Migliorati foi creadocardeal porBonifacio IX o18 de decembro de1389, co título de cardeal presbítero da Santa Cruz de Xerusalén e actuou como legado seu naLombardía e aToscana, en importantes misións como a de pacificar aGian Galeazzo Visconti e as cidades deFlorencia eBoloña.[1]

Pontificado

[editar |editar a fonte]

Elección

[editar |editar a fonte]

Á morte de Bonifacio IX, os cardeais presentes noconclave do 17 de outubro de 1404, á cabeza de Migliorati comocamarlengo, xuraron renunciar á tiara en caso de ser elixidos se con iso era posíbel acabar co cisma que desde1378 dividía á Igrexa católica.

Migliorati foi elixido por unanimidade, a situación na cidade impediulle celebrar o concilio no que debería cumprir a súa promesa de renunciar á tiara. En efecto, o partidoxibelino inicia unha revolta cando coñece o resultado da elección, obrigando ao pontífice a reclamar axuda ao rei deNápoles,Ladislau quen sufoca a rebelión obtendo de Inocencio o compromiso de que nas negociacións para acabar co cisma, quedarían recoñecidos os seus dereitos ao reino napolitano que lle disputabaLois de Anjou.[2]

Accións pontificias

[editar |editar a fonte]

Inocencio VII foi un papanepotista, nomeou cardeal ao seu sobriño Ludovico Migliorati, quen até ese momento actuara como mercenario ás ordes de Gian Galeazzo Visconti. Ludovico, en1405, secuestrou e asasinou a once aristócratas romanos opositores do seu tío, polo que Inocencio tivo que fuxir aViterbo deixando Roma en mans de turbas de romanos furiosos que asasinaron a máis de trintagüelfos, membros do partido papal, entre eles o abade de Perugia. Novamente houbo de intervir Ladislau co envío de tropas que acabaron cos alborotos, permitindo que o Papa regresase a Roma en xaneiro de1406.[2]

Inocencio recompensou ao seu sobriño Ludovico nomeándoo marqués e conde deFermo. Enfurecido pola acción do pontífice, o rei Ladislau esixiu estender a súa autoridade sobre a propia Roma e osEstados Pontificios, para o cal premeu a Inocencio coas tropas que mantiña noCastelo Sant'Angelo que, aínda que estaban destinadas a protexer o Vaticano, eran utilizadas polo napolitano para efectuar incursións armadas en Roma e nos territorios circundantes. Só cando o pontífice excomungou a Ladislau, este retirou as súas tropas do castelo.[2]

Inocencio mantivo disputas co antipapaBieito XIII debido a que este último mandou unha carta acusando ao papa de non querer terminar o Cisma.[3]

Tumba de Inocencio VII, situada nasgrutas vaticanas.

Falecemento

[editar |editar a fonte]

Inocencio morreu en Roma, o 6 de novembro de 1406, de maneira imprevista. Rumoreouse que foi envelenado, pero non existen probas suficientes para aseguralo.[4]

Na literatura

[editar |editar a fonte]

No libro dasProfecías de San Malaquías pódese identificar a este papa co lemaDe meliore sidere (Da estrela mellor), cita que pode facer referencia ao apelido familiar, Migliorati, que significa "mellorado" e a que no seu escudo de armas aparece unha estrela.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2De Vicentiis, Amedeo (2000)."Innocenzo VII".Enciclopedia dei papi(en italiano). Treccani. Consultado o 29 de decembro de 2014. 
  2. 2,02,12,2Pastor, Ludovico (1910). "El Cisma y las Grandes Agitaciones Heréticas 1378-1406 (1409).". En Ramón Ruíz Amado.Historia de los papas en la época del renacimiento hasta la elección de Pío II(PDF)(en español). versión da 4ª edición alemá. Barcelona: Gustavo Gili. pp. 237–306. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 13 de decembro de 2014. 
  3. Ott, Michael."Inocencio VII, papa".Enciclopedia Católica(en español). Arquivado dendeo orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2014. 
  4. "Inocencio VII".Biografías y vidas. La enciclopedia biográfica en línea(en español). Consultado o 29 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Inocencio VII, papaModificar a ligazón no Wikidata
Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Inocencio_VII,_papa&oldid=6698070»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp