De nomeÉtienne Aubert, naceu na aldea de Les Monts, diocese deLimoges (hoxe parte da comunidade deBeyssac, departamento deCorrèze). Despois de exercer como profesor dedereito civil enTolosa foi nomeado bispo deNoyon e posteriormente deClermont, dignidade que ocupou ata ser nomeado cardeal bispo deOstia en 1342.
Foi elixido Papa o 18 de decembro de 1352, tras pactar cos cardeais electores sobre a liña política que ía seguir o seu pontificado. Ó serlle imposta a tiara papal declarou nulo o acordo, alegando a súa ilegalidade por limitar o poder divino do Papa.
Durante o seu pontificado abordou con forza a reforma da administración eclesiástica, para o que prohibiu a acumulación de cargos e beneficios, obrigando ós bispos a residir nas súas respectivas dioceses. Loitou contra a corrupción e reduciu a ostentación e o luxo no que vivía a sé pontificia.
Na orde política, en 1360 logrou que Francia e Inglaterra, que se enfrontaban naGuerra dos Cen Anos desde 1337, firmasen aPaz de Bretigny. Consecuencia inmediata do período de paz que seguiu a este acordo foi que as tropas mercenarias de cada bando, ó seren licenciadas, se dedicaron á pillaxe, polo que Inocencio tomou a decisión de fortificar a sé pontificia de Avignon.
As profecías deSan Malaquías refírense a este papa comoDe montibus Pammachii (Do monte Pammacos), facendo referencia a que no seu escudo de armas figuran seis montañas.