Inmaculada Paz-Andrade
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de novembro de 1928 Pontevedra, España |
| Morte | 24 de novembro de 2022 Pontevedra, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Física aplicada |
| Ocupación | profesora universitaria, física |
| Familia | |
| Parentes | Valentín Paz-Andrade,tío |
| Premios | |

María Inmaculada Paz-Andrade Rodríguez, nada enPontevedra o14 de novembro de1928 e finada o24 de novembro de2022[1] na mesma cidade, foi unha influente[2] científica galega.
Foi doutora enFísica (1963) e catedrática defísica aplicada naUniversidade de Santiago de Compostela. Ampliou estudos enManchester eMarsella e en1964 introduciu amicrocalorimetría en España. Realizou traballos sobretermodinámica aplicada, estudoscalorimétricos e determinacións decalor específica de sólidos e líquidos. Coordinou o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o perigo de incendios forestais en Galicia e o proxecto THOR.
Si que pensei en tirar a toalla. Ser muller e competir na universidade é moi duro.[3]
Arde Galicia porque lle plantan lume.[4]
Foi a primeira muller nomeada, en1979,visiting research professor da Universidade de Manchester.
Era sobriña deValentín Paz-Andrade.