Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Inglaterra

Coord.:53°N1°O / 53,-1
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde marzo de 2023.)
Modelo:Xeografía políticaInglaterra
England (en)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoGod Save the King (1745)Editar o valor en Wikidata

Símbolo oficialRosa TudorEditar o valor en Wikidata
AlcumeBlightyEditar o valor en Wikidata
Epónimoanglos eterraEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 53°N1°O / 53,-1
EstadoReino UnidoEditar o valor en Wikidata
CapitalLondresEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación53.012.456(2011)Editar o valor en Wikidata (406,92hab./km²)
Número de fogares23.044.097 (2011)Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie130.278 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoScafell Pike (978 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoThe Fens(en)Traducir (−4 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de xullo de 927Editar o valor en Wikidata
Santo padrónXurxo de CapadociaEditar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoMonarquía parlamentaria
monarquía constitucionalEditar o valor en Wikidata
• MonarcaEditar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido(2022–)Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministroEditar o valor en WikidataKeir Starmer(2024–)Editar o valor en Wikidata
Moedalibra esterlinaEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico+44Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GB-ENGEditar o valor en Wikidata

Sitio webvisitengland.comEditar o valor en Wikidata
BNE: XX450601

Inglaterra (eninglés:England) é unha das nacións constituíntes doReino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa daGran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente aoPaís de Gales. Limita aonorte conEscocia, ao leste comar do Norte, aosur coCanal da Mancha e aooeste coocéano Atlántico,Gales e omar de Irlanda. A súa capital éLondres, a maior área urbana do Reino Unido.

Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dosanglos, unha dastribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe dalingua inglesa, daIgrexa Anglicana e doDereito Inglés, o cal puxo as bases doDereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu aRevolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.

Nela atópase aRoyal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten ademocracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.

OReino de Inglaterra (incluíndoGales) continuou como un estado independente até o1 de maio de1707, cando mediante aLei de Unión, levando a cabo os termos acordados noTratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política coReino de Escocia para crearen oReino Unido de Gran Bretaña.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O topónimo Inglaterra foi bautizado polo pobo dosanglos, a maior das tribos xermánicas asentadas en Inglaterra nos séculos V e VI, e supostamente orixinarios da península deAngeln, o que hoxe se coñece comoDinamarca e o norte deAlemaña.

O termo anglos, co que se coñece a este pobo, vai ser escrito de moi diferentes xeitos. A primeira referencia coñecida a este pobo atópase na versión latinaAnglii usada porTácito no capítulo 40 da súaXermania, escrita arredor do ano98. Non achega unha indicación precisa da súa situación xeográfica dentro da Xermania, mais apunta que, xunto con outras seis tribos, adoraban á raíña coñecida comoNerthus, cuxo santuario estaba situado "nunha illa no océano".

O antigo historiador doséculo VIII,Beda, na súaHistoria ecclesiastica gentis Anglorum ('Historia eclesiástica do pobo inglés'), refírese aopobo inglés comoAngelfolc (eninglés) ouAngli (enlatín).

Historia

[editar |editar a fonte]
Escudo.
Artigo principal:Historia de Inglaterra.

Opaís chamado Inglaterra, por contraponto cos estados e provincias que ocuparon o mesmo territorio en épocas anteriores formouse pola aglutinación gradual dos reinosanglos,saxóns exutos durante os séculosVII,VIII eIX.Ecgberht, rei deWessex (m.839) é en xeral considerado o primeirorei de toda Inglaterra, aínda que o seu título oficial foseBretwalda (literalmente "Sobreseñor da Bretaña"), e fose tecnicamente un "primeiro entre iguais" cos outros líderes ingleses. O título de "Rei de Inglaterra" xurdiu dúas xeracións máis tarde conAlfredo o Grande (gobernou entre871 e899).

Algunhas historias de Inglaterra escolares inícianse coa subida ao trono deGuillerme, o Conquistador en1066. Isto pode deberse ao orgullo que osingleses teñen da súa longa historia deindependencia, e gústalles, polo tanto, iniciar a contar sódespois da última invasión con éxito. A verdade é que, aínda que Guillerme teña reorganizado (e, en gran parte, substituído) aaristocracia inglesa, non se pode dicir con verdade que el teña "fundado" ou "unificado" o país. Con efecto, moita da infraestruturaanglosaxoa que existía sobreviviu á conquista de Guillerme e persiste aínda hoxe.

Nas escolas inglesas, a historia do país tende a comezar coa área xeográfica que viría un día a transformarse na Inglaterra, e por iso refírese inicialmente aXulio César e a expediciónsromanas posteriores. Estes estudos da historia do lugar propiamente dito, antes de ter adquirido o nomeInglaterra, axúdannos a comprender o desenvolvemento posterior da Inglaterra en canto nación.

Política e Goberno

[editar |editar a fonte]

Política de Inglaterra

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Política de Inglaterra.

Inglaterra non ten ningún goberno ou corpo de representantes independente doReino Unido.

Subdivisións e Gobernos locais

[editar |editar a fonte]

Tradicionalmente, divídese en condados (shires), de constitución que ten sido algo variable. Actualmente, a lista é a seguinte:

Bandeira de Inglaterra

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Xeografía de Inglaterra.

Inglaterra corresponde á maior parte dos dous terzos sur daGran Bretaña. Está limitada ao norte porEscocia e ao oeste poloPaís de Gales.

Clima

[editar |editar a fonte]

A maior parte de Inglaterra está cuberta de outeiros ("Roling Hills"), sendo máis montañosa no norte. A liña divisora entre tipos de terreo está indicada xeralmente pola liña Tees-Exe. Hai tamén unha área de pantanos, ó leste, que foi drenada para uso agrícola.

Val dorío Loud, típica paisaxe rural do norte de Inglaterra

Maiores áreas urbanas

[editar |editar a fonte]

As maiores cidades de Inglaterra son, por orde decrecente:Londres,Birmingham,Liverpool,Sheffield.

OTúnel do Canal, preto deDover, liga Inglaterra ao continente europeo.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Demografía de Inglaterra.

Inglaterra, cos seus 50 millóns de habitantes, dos cales cerca dunha décima parte pertencen a grupos étnicos non-brancos, é a nación coa poboación máis numerosa e etnicamente máis diversificada de todo o Reino Unido.

Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Inglaterra
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Inglaterra&oldid=6617023»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp