Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Inesivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Engramática,inesivo é o nome duncaso no que vai unha palabra cando se quere indicar o lugar en cuxo interior se realiza a acción o proceso do verbo. En galego correspóndese coa preposiciónen ou condentro de.

Por exemplo, enturcoevlerimde significa 'dentro das miñas casas', deev 'casa'. Enfinés, 'na casa' étalo·ssa,maja·s enestoniano,etxea·n enéuscaro eház·ban enhúngaro.

Linguas aglutinantes

[editar |editar a fonte]

Naslinguas aglutinantes, este caso esprémese habitualmente mediante unafixo:

  • sufixo-ssa en finés:talo 'casa' →talossa 'na casa'
  • sufixo-s en estoniano:maja 'casa' →majas 'na casa'
  • sufixo-ban/-ben en húngaro:a ház 'a casa' →a házban 'na casa'
  • sufixo-ni/-de enxaponés:ie 'casa' →iede/ieni 'na casa'

Linguas flexivas

[editar |editar a fonte]

Naslinguas flexivas, o caso exprésase normalmente mediante unhapreposición, ou tameń medianteflexión:

  • preposiciónà enfrancés:la maison, "a casa" →à la maison "na casa" (en galego, a preposición éen).
  • preposiciónin e flexión dodativo enalemán:das Haus "a casa" →in dem Haus(e) ouim Haus(e)

En certaslinguas indoeuropeas, a utilización dunha flexión permite opor o inesivo e oilativo, que fan uso normalmente da mesma preposición:

  • enlatín
    • ilativo:in cubiculum eo 'vou ao cuarto' (flexión:acusativo)
    • inesivoin cubiculo sum 'estou no cuarto' (flexión:ablativo)
  • en alemán:
    • ilativo:ich gehe in den Wagen 'entro no coche' (flexión:acusativo)
    • inesivo :ich bin in dem Wagen 'estou no coche' (flexión:dativo)

Noutras linguas desta familia, entre elas o galego, esta oposición vén dada unicamente polocontexto ou polocotexto (por exemplo, pola utilización unverbo de movemento ouestático).

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Inesivo&oldid=6859507»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp