Unindividuo é unhaunidade elemental dunsistema maior ou máis complexo. Respecto de dito sistema non ten sentido algo menor que un individuo. Por exemplo, respecto dunhasociedade humana non ten sentido algo menor que unhapersoa.
Enmetafísica, a palabra individuo, se ben algunhas veces significa "unhapersoa", máis frecuentemente designa calquera cousa numericamente singular. "Individuo", en canto elemento dovocabulario filosófico é un termo moi usado que se adoita encontrar en compañía de "particular" (de feito moitas veces trátase comosinónimo de particular, aínda que un se pregunta se os particulares abstractos se poden contar como individuos) e así úsase en contraposición con "universal"
O individuo é unha unidade, cadaquén é un ser diferente que posúeintelixencia.
Unha famosa obra sobre os individuos e a súa individualización é a escrita porP. F. Strawson,Individuals: An essay in Descriptive Methaphysics(Londres: Methuen & Co.Ltd., 1959; Nova York: Anchor 1963)
Na vida diaria un individuo é un conxunto depensamentos e accións que se considera coma unha entidade. Adóitase considerar a un individuo responsable das súas accións.
Pero non obstante, ocorre que despois de accidentes eenfermidades que causaron danocerebral, os pensamentos e accións duncorpo tórnanse tan drasticamente distintas que moita xente non opina que este corpo mantén ó mesmo individuo.
No pasado as persoas non se consideraban responsables polos danos causados en estado deembriaguez. Aparentemente considerábase que nese estado o corpo non mantén ó mesmo individuo que en estado sobrio.
Pódese supoñer que atolemia transitoria pódelle acontecer a calquera, e daquela o individuo normal é considerado ausente do corpo e polo tanto non responsable.