Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo ou apartado conténafirmaciónsnon neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de formasubxectiva sen achegarinformación neutral everificable. Por favor, axudemellorando este artigo. |
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde decembro de 2017.) |
| Inditex | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de | |||||||
Forma xurídica | |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
Propietario/a | |||||||
Fundador/a | |||||||
Director/a executivo/a | |||||||
Presidente/a | |||||||
Cadro de persoal | |||||||
Ten en propiendade | |||||||
Entidades subsidiarias | |||||||
| Actividade | |||||||
Produto | |||||||
| Economía | |||||||
Bolsa de valores | |||||||
Ingresos totais | |||||||
Beneficio neto | |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
Fundación | |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
Páxina WEB | |||||||
| Wikidata C:Commons |
Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex) é unha multinacional da industria téxtil de orixegalega. É o primeiro grupo europeo de confección de roupa por diante da suecaH&M, a xaponesaUniqlo e a estadounidenseGap, sendo a terceira empresa do sector a nivel mundial trasNike (34.350 millóns de dólares) eLVMH (42.636 millóns de euros;Louis Vuitton,Moët Hennessy).[1] Ten a súa sede central noPolígono de Sabón enArteixo,provincia da Coruña. Está composto por case un cento de compañías de deseño, fabricación e distribucióntéxtil.Amancio Ortega, o home máis rico de España (e de Europa) é o fundador e o accionista maioritario. A súa presidenta actual éMarta Ortega[2].
Inditex a 31 de xaneiro de 2018 ten 7.475 tendas en todo o mundo[3] e posúe as marcasMassimo Dutti,Bershka,Oysho,Pull and Bear,Stradivarius,Zara,Tempe eUterqüe, e tamén a marca de baixo custoLefties. En marzo de 2015 Inditex acadou un valor en bolsa de 89.761 millóns de euros, sendo a segunda empresa do IBEX-35, despois doBanco Santander, en valoración.[4]
A maioría da produción atópase en países con man de obra barata comoMarrocos,China eTurquía, malia que boa parte da produción continúa en España ePortugal, en particular a da marca Zara. Ademais, Inditex ten unha fábrica de deseño e produción de calzado na vila deElx.


En1963Amancio Ortega,Rosalía Mera, Antonio e JosefinaPepita (irmáns de Amancio), Primitiva Renedo (muller de Antonio) e Miguel Jove (marido de Pepita) xunto con José Antonio Caramelo (quen máis tarde fundaríaCaramelo)[5] traballan en La Maja e marchan para fundar unha empresa dedicada á fabricación de pezas de roupa de vestir na rúa Noia da Coruña. En 1971 fundanGoa (as iniciais dos irmáns Amancio e Antonio Ortega Gaona ao revés) no Polígono daMoura na Grela. En 1974 Amancio Ortega merca a terceira parte do polígono de Sabón que estaba a construír aDeputación da Coruña en Arteixo. Non foi porén ata1975 cando abriu a primeira tenda baixo a denominaciónZara narúa Juan Flórez[6] daCoruña. Durante os dez anos seguintes, a cadea estendeuse rapidamente por todaEspaña e en1985 creouse INDITEX como cabeceira do grupo de empresas, que medrou progresivamente ata contar con varios centros de fabricación, que distribuían os seus produtos a distintos países europeos, abrindo tendas noPorto (1988),Nova York (1989) eParís (1990).
No ano1991 o grupo expandiuse coa creación da cadea de tendasPull and Bear e a adquisición do 65% da cadeaMassimo Dutti, merca que se completou en1995. Tamén se creouKiddy's Class, unha cadea de tendas de roupa para nenos.Bershka abriu as súas portas en1998 e ao ano seguinte mercouStradivarius.
O2001 converteuse nun ano importante para o grupo, coa apertura deOysho e a saída a bolsa do grupo o23 de maio por un valor total dun billón depesetas. Dous meses despois o grupo xa formaba parte do selectoIBEX 35. A expansión do grupo seguiu ata hoxe en día.
En 2002 crea a marcaOften que sae ao mercado en 2003. En 2006 a marca pecha tendo entón 40 establecementos, 36 en España e catro en Portugal. Trinta desas tendas foron vendidas ao empresario catalán Julián Imaz coas que creou Friday's Project. En 2010, xa coa marca Often pechada, o Tribunal Xeral da Unión Europea rexeitou a petición de Inditex para rexistrar a marca para reloxos e complementos por posible confusión coa marca española de reloxos Olten[7].
En 2011-12 a marca Oysho chegou a un acordo de deseño e colaboración conAdidas[8].
| Expansión internacional de | |
|---|---|
| Data | Países |
| 1988 | Portugal (Porto) |
| 1989 | Estados Unidos de América (Nova York) |
| 1990 | Francia (París) |
| 1991 | - |
| 1992 | México |
| 1993 | Grecia |
| 1994 | Bélxica eSuecia |
| 1995 | Malta |
| 1996 | Chipre |
| 1997 | Noruega eIsrael |
| 1998 | Xapón,Turquía,Reino Unido,Arxentina,Venezuela,Líbano,Emiratos Árabes Unidos eKuwait |
| 1999 | Alemaña, osPaíses Baixos,Polonia, oBrasil,Chile, oUruguai,Arabia Saudita,Bahrain e oCanadá |
| 2000 | Australia,Qatar,Dinamarca eAndorra |
| 2001 | Irlanda,Islandia,Luxemburgo,República Checa,Porto Rico,Xordania eItalia |
| 2002 | Finlandia,Suíza,O Salvador,República Dominicana eSingapur |
| 2003 | Eslovenia,Rusia,Eslovaquia eMalaisia |
| 2004 | Marrocos,Hong Kong,Estonia,Letonia,Lituania,Hungría,Romanía ePanamá |
| 2005 | Mónaco,Costa Rica,Indonesia,Filipinas eTailandia |
| 2006 | Serbia,China eTunisia |
| 2007 | Colombia,Croacia,Guatemala,Omán... |
| Fonte: Inditex | |
Vendas de Inditex por marca en 2016 (23 311 millóns de €)[9] Zara, 15 394 millóns € (66.04%) Pull & Bear, 1 566 millóns € (6.72%) Massimo Dutti, 1 630 millóns € (6.99%) Berhska 2 012 millóns € (8.63%) Stradivarius 1.343 millóns € (5.76%) Oysho 509 millóns € (2.18%) Zara Home 774 millóns € (3.32%) Uterqüe 83 millóns € (0.35%)
| Compañía | Nº de tendas a 29/12/2014[10] | Ano de creación |
|---|---|---|
| Zara | 2057 | 1975 |
| Bershka | 992 | 1998 |
| Stradivarius | 893 | 1999(adquirida) |
| Pull and Bear | 885 | 1991 |
| Massimo Dutti | 695 | 1995(adquirida) |
| Oysho | 561 | 2001 |
| Zara Home | 420 | 2003 |
| Uterqüe | 67 | 2008 |
| T o t a l | 6570 |
Dende a creación da empresa foise ampliando o número de marcas coas que vende. Algunhas son de creación propia e outras foron mercadas.
![]() |
O grupo Inditex facturou no ano 2005 uns 6.741 millóns de euros, un 25% máis que o ano anterior, converténdose así no primeiro grupo téxtil europeo (superando por primeira vez á empresa suecaH&M) e segundo do mundo detrás da empresa norteamericanaGap. O beneficio neto do grupo acadou os 803 millóns de euros nese ano. En 2006 o beneficio do grupo situouse nos 1.002 millóns de euros, cun volume de negocio de 8.196 millóns de euros.[11][12]
Ademais, o grupo integra tamén diversas empresas comoZara Logística ouTempe, de produción de calzado e a construtoraGOA Invest.[13] A roupa que non se vende despois de facer o ciclo por tódolos mercados onde está Inditex remata en mercados como o de África, fóra dos círculos nos que se moven as empresas de Inditex.[14]
Dende a súa creación o grupo Inditex mantén un crecemento de vendas superior á media do sector.
En 2007 oTribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a multa de 60.101 euros imposta a Inditex pola Xunta por ter instalado un xerador eólico sen autorización nas súas instalacións de Sabón.[15]
Entre 2007 e 2010 Inditex iniciou un proxecto de aforro enerxético e produción eléctrica construíndo unha planta de coxeración de 5.000 kW, unha instalación termo solar de 1.500 m2 e un aeroxerador de 850 kW. Entre todos producen máis da metade da enerxía consumida nas instalacións de Sabón. Nos centros loxísticos de Meco, Tordera, Zaragoza, Elche e León fixéronse instalacións fotovoltaicas[16]. O proxecto global inclúe a redución da enerxía consumida polas tendas, redución da produción de residuos e deseños ecoeficientes.
| País | Traballadores | Fornecedores | Fabricantes |
|---|---|---|---|
| 230.000 | 84 | 150 | |
| 200.000 | 248 | 761 | |
| 52.000 | 114 | 174 | |
| 50.000 | 129 | 251 | |
| 50.000 | 104 | 158 | |
| 16.000 | 147 | 291 | |
| 11.000 | 69 | 232 | |
| 10.553 | 198 | 149 | |
| 5.005 | 64 | 53 | |
| 143.206 | - | 130 | |
| 104.695 | 1 | 68 | |
| Inditex ten 1.398 fornecedores, uns 5.000 fabricantes en 40 países e uns 700.000 traballadores.[18][19] | |||
A roupa e complementos que vende Inditex provén principalmente de empresas alleas ao grupo aínda que os deseños e estilos son propios de cada marca xa que contan con xestión independente e organización propia na toma de decisións. O grupo comercializa 1177 millóns de pezas de ropa ao ano. Zara é a única marca que ten produción propia, aproximadamente a terceira parte dos seus artigos son feitos en fábricas de Inditex ou rematados alí. O calzado é deseñado e xestionado pola filial Tempe de Alacant para tódalas marcas do grupo. Os artigos de punto son fabricados porIndipunt en Narón, outra filial do grupo.

Inditex ten tódolos centros loxísticos en España que distribúen produtos de tódalas marcas[20] a nivel mundial.
Accionistas de inditex[22] Amancio Ortega (59.29%) Partler 2006 SL (9.28%) Rosalía Mera (6.99%) Rosp Corunna Participaciones Empresariales (6.99%) Capital Research And Management Company (4.97%) Inditex (0.38%) Pablo Isla Álvarez (0.02%) Antonio Abril Abadin (0.02%) Bolsa (12.06%)

A empresa foi denunciada en máis dunha ocasión pola utilización deman de obrainfantil,[23] así como polas duras condicións laborais,[24] próximas áescravitude[25][26] en países do terceiro mundo ou en vías de desenvolvemento.[27][28][29][30]
En2006 o diario portuguésExpresso fixo públicas fotografías en Felgueiras de nenos de 11 a 14 anos cosendo zapatos para Zara. Inditex comprometeuse a investigar o caso e declarou que no último ano ata 400 empresas deixaron de traballar para eles por diversos incumprimentos: traballo infantil, liberdade de asociación, saúde, seguridade ouimpacto ambiental[31][32].
Inditex prescindiu deJavier Chércoles Blázquez, Director do Departamento de Responsabilidade Corporativa, por diferenzas con Pablo Isla tras unha inspección en2008 a unha empresa que traballou para Zara en Bangladesh acusada de abusos verbais, físicos e reducións de salarios.[33] Chércoles redactou o Código Ético Interno de Zara, e Inditex aprobou o acordo de prevención após ocolapso do Rana Plaza enDacca.
En2011 AHA, unha contrata de Zara no Brasil, foi inspeccionada por un equipo de inspectores de traballo e axentes da policía. Liberaron 15 traballadores a maioría bolivianos e peruanos que eran explotados en condicións de escravitude enSão Paulo en xeiras de 16 horas diarias por un soldo miserable, algúns deles eran menores de catorce anos.[Verificar credibilidade]
O Uyghur Rights Monitor, a Universidade de Sheffield Hallam e o Uyghur Center for Democracy and Human Rights acusaron á empresa de empregar traballo forzadouigur a través do fornecedor de téxtiles con sede na China, Beijing Guanghua Textile Group[34]. Inditex, pola súa banda, refutou as acusacións de traballo forzado uigur nas súas cadeas de subministración[35]. Porén, o informe da Uyghur Rights Monitor revela que, a pesar da atención internacional ao problema, moitos produtos feitos con traballo forzado uigur son exportados á UE e a outros países, onde os consumidores os compran sen sabelo.
ACIG ten denunciado reiteradamente á construtoraGOA Invest polas condicións laborais das empresas que fan as tendas de Inditex.[36]
En decembro de 2023,ZARA publicou unha desculpa en Instagram tras recibir decenas de miles de comentarios e queixas, mentres ocancelo#BoycottZara era tendencia na rede social X, antiga Twitter. A empresa tivo que desculparse e retirar do seu sitio web e aplicación unha campaña publicitaria con manequíns sen extremidades ou envoltos en sudarios brancos. Para as activistas propalestinas que a denunciaron, a publicidade tiña unha grande semellanza cos efectos da campaña militarsionista de exterminio sobre a poboación civil deGaza que estaba a acontecer naquela altura[37]. Isto ocorría no contexto das críticas recibidas anteriormente polo director da súa franquía en Israel,Joey Schwebel, que organizara un acto de campaña para o político sionista de ultradereita e abertamente racistaItamar Ben Gvir[38].[39].
A empresa foi acusada de plaxio, e condenada en repetidas ocasións.[40][41][42][43][44]. Nun caso que tivo repercusión global, o Ministerio de Cultura de México afirmou que Zara estaba a utilizar patróns propios e distintivos das comunidades indíxenasmixteca,zapoteca emixe. No comunicado aos medios, o Ministerio de Cultura mexicano dixo que a propiedade colectiva e ancestral dos pobos orixinarios foi privatizada pola marca. Nunha nota enviada á CNN, a Inditex dixo ter "o maior respecto polo Ministerio de Cultura e as comunidades mexicanas", pero engadiu que o "deseño en cuestión non foi de ningún xeito tomado ou influenciado pola arte do pobo mixteco de México". Trala polémica, todas as coleccións obxecto da denuncia pública ficaron indispoñíbeis na páxina web da marca[45][46].
En2018 o goberno chinés acusou Zara de ter atentado contra a súa soberanía ao identificar aTaiwán como un país independente.[47] Inditex creou unha categoría individual para oTíbet,Hong Kong,Macau eTaiwán como mercados, e non como países.[48]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inditex |