Diversospobos indíxenas habitaron Indiana durante miles de anos, algúns dos cales foron expulsados polo goberno dos Estados Unidos entre 1800 e 1836. Indiana recibe o seu nome por ser un estado que estaba amplamente habitado por tribos nativas mesmo despois de que se lle concedese a condición de estado. Dende entón, os patróns de asentamento en Indiana reflectiron a segmentación cultural rexional presente no leste dos Estados Unidos; a parte máis setentrional foi colonizada por xente que procedía deNova Inglaterra eNova York, Indiana central polo inmigrantes de Mid-Atlantic e Ohio, e a Indiana do sur por colonos de estados sureños como Kentucky eTennessee.[1]
Indiana ten unha economía diversa cun produto interior bruto de 377,1 billóns de dólares en 2019.[2] Ten varias áreas metropolitanas cunha poboación superior a 100 000 habitantes e un bo número de cidades pequenas e vilas. Indiana é a sede de equipos deportivos profesionais nos que se contan osIndianapolis Colts daNFL e osIndiana Pacers daNBA, e neste estado celébrase o evento deportivo de carreiras deIndianapolis 500.