En 2017, aeconomía india foi a sexta maior do mundo porPIB nominal e a terceira maior porparidade de poder adquisitivo.[3] A consecuencia das reformas económicas baseadas na economía de mercado en1991, a India converteuse nunha das grandes economías de máis rápido crecemento,[4] sendo considerado un país recentemente industrializado. Porén, segue a lidar cos desafíos dapobreza,[5] acorrupción, amalnutrición, a desaxeitada sanidade pública e oterrorismo. A nivel militar, é un Estado posuidor dearmas nucleares e está considerado unhapotencia rexional, tendo ademais o segundo exército con máis tropas do mundo e sendo o quinto en gasto militar. A nivel político é unharepúblicaconstitucionalfederal gobernada baixo un sistemaparlamentario que consiste de 28 estados e 7 territorios da unión. A India é amplamente recoñecida pola súa desenvolvida industria docine, a súa ricacociña e a exuberantevida salvaxe evexetación. É unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade devida silvestre eespazos naturais protexidos.
O nomeIndia deriva deIndus, que á súa vez deriva da palabraHinduš, enpersa antigo. Do sánscritoSindhu, a denominación local histórica para o río Indo.[6] Os gregos clásicos referíanse aos indios comoIndoi (Ινδοί), pobos do Indo.[7]
AConstitución da India e o uso común en varias linguas indias igualmente recoñecenBharat como nome oficial de igualstatus.[8] É unha modernización do nome históricoBharatavarsha, que gañou apoios dende oséculo XIX ata os nosos días como un nome nativo da India.[9] Os estudosos cren que o nome débese átribo védica dosBharatas no Panxab no segundo milenio antes de Cristo.[10] Con todo, tradicionalmente, está asociado co reinado do lendario emperadorBharata.[11]Gaṇarājya (literalmente, Estado da xente) é o termosánscrito/hindi para "república" que se remonta a tempos antigos.[12][13][14]
Indostán, que é a palabrapersa para a “terra dos hindús” e historicamente referida ao norte da India, é tamén empregada ocasionalmente como sinónimo para toda a India.[15] Este nome da India data do terceiro século antes de Cristo e foi introducida polosmogois e foi amplamente empregado dende aquela. O seu significado varía, referíndose a unha rexión que comprende o norte da India ePaquistán, ou a India na súa totalidade.[9][16][15]
Durante o período de 2000-500 a. C., culturas de moitas rexións do subcontinente fixeron a transición doCalcolítico áIdade de Ferro.[23] OsVedas, as escrituras máis antigas dohinduísmo,[24] foron compostos durante ese período[25] e os historiadores teñen conectado os textos ácultura védica, localizada na rexión doPanxab e naplanicie Indo-Ganxética.[23] A maioría dos historiadores tamén considera que este período abrangueu varias ondas migratoriasindoarias no subcontinente, de norte a oeste.[26][24][27] Osistema de castas, que creou unhaxerarquía desacerdotes,guerreiros ecampesiños libres, mais excluíu aos pobosindíxenas ao cualificar as súas ocupacións como "impuras", xurdiu durante este período.[28] Sobre a meseta doDecán, as evidencias arqueolóxicas deste período suxiren a existencia dun estratopatriarcal de organización política.[23] No sur da India, a progresión cara ávida sedentaria apréciase polo gran número de monumentosmegalíticos que datan deste período, así como por vestixios deagricultura, tanques deirrigación e de tradicións deartesanía.[29]
No período védico, por volta do século V a. C., as pequenas tribos daplanicie do Ganxes e de rexións do noroeste consolidáranse en 16 grandesoligarquías emonarquías que eran coñecidas como osmahajanapadas.[30][31] A urbanización crecente e as ortodoxias desta época tamén crearon os movementos de reforma relixiosa dobudismo e doxainismo,[32] os cales se tornarían relixións independentes.[33] O budismo, con base nas ensinanzas deSiddhartha Gautama, atraeu seguidores de todas asclases sociais, exceptuando aclase media; as narracións da vida de Buda foron fundamentais para o inicio do rexistro da historia india.[32][34][35] O xainismo conseguiu gran prominencia na mesma época durante a vida do seu "Grande Heroe",Mahavira.[36] Nunha época de crecente riqueza urbana, ambas relixións propuxeron a renuncia aos bens materiais como un ideal[37] e estabeleceronmosteiros de longa duración.[30] Politicamente, por volta do século III a. C., oReino de Magadha tiña anexionado ou reducido a outros estados para emerxer como oImperio Maurya.[30] Pensouse que ese imperio controlou a maior parte do subcontinente exceptuando o extremo sur, mais agora pénsase que as súas rexións centrais estaban separadas por grandes áreas autónomas.[38][39] Os reis maurias son coñecidos tanto pola construción do seu imperio e determinación na xestación da vida pública, como pola renuncia deAsoca, o Grande (r. 273-232 a. C.), do militarismo e da súa promoción dodharma budista.[40][41]
A literatura sangan, escrita entámil, revela que entre o ano 200 a. C. e o 200 d. C. o sur da península estaba sendo gobernado polas dinastíasCheras,Cholas ePandias, que comerciaban intensamente coImperio Romano e cosuroeste e osueste deAsia.[42][43] Nese período o territorio do país tamén se tornou parte daRuta da Seda, unha rede derutas comerciais que unía oExtremo Oriente conEuropa. Por esas estradas os comerciantes indios vendían tecidos e especias a mercados de Asia Central, mentres que monxes e peregrinos budistas viñan deChina, ata o período dasGrandes Navegacións, cando se crearon ligazóns comerciais marítimas entre Occidente e Oriente.[44] No norte da India, ohinduísmo afirmou o control patriarcal familiar, o que levou ao aumento da subordinación das mulleres.[45][30] Ata os séculos IV e V, oImperio Gupta creara un complexo sistema fiscal e de administración nas grandes planicies do Ganxes, que se tornou un modelo para reinos indios posteriores.[46][47] Baixo os gobernos dos Guptas, un hinduísmo renovado baseado nadevoción en lugar da xestión ritual comezou a asentarse.[48] A renovación reflectiuse nun florecemento daescultura e aarquitectura, que encontrou patróns entre a elite urbana.[47] A literaturasánscrita clásica floreceu e a ciencia,astronomía,medicina e matemática indias experimentaron avances significativos.[47]
A idade media india, vai dende o 600 ata o 1200, e caracterízase polos reinos rexionais e pola diversidade cultural.[49] Cando o emperadorHarsha (r. 606-647) deKannauj, que gobernou gran parte da planicie do Ganxes entre o 606 ata o 647, tentou expandir o seu territorio cara ao sur, foi derrotado pologobernante Chaluca doDecán. O seu sucesor, no intento de expandirse cara ao leste, foi derrotado polorei Pala deBengala. Cando os Chalucas tentaron expandirse cara ao sur foron derrotados polos Palavas, que pola súa banda opúñanse aos Pandias e aos Cholas, de aínda máis ao sur.[50] Ningún gobernante dese período foi quen de crear un imperio unificado e os territorios baixo o seu control xeralmente non pasaban moito máis aló da súa rexión central.[49] Durante este tempo, pobos depastoreo cuxas terras tiñan sido liberadas para abrir o camiño á crecente economía agrícola foron acomodados dentro do sistema de castas, así como as novas clases dominantes non tradicionais. O sistema de castas, consecuentemente, comezou a mostrar as diferenzas rexionais.[51]
Nos séculos VI e VII, creáronse os primeiroshimnos devocionais enlingua támil. Estes foron imitados por toda a India e levaron ao rexurdimento do hinduísmo e ao desenvolvemento de todas as linguas modernas do subcontinente.[52] A realeza india, grande e pequena, e os templos por ela frecuentados, atraeron a gran número de cidadáns ás principais cidades, que se tornaron tamén importantes centros económicos. Templos en cidades de distintos tamaños comezaron a aparecer en todos os lugares ao mesmo tempo en que a India atravesaba outra era de urbanización.[53] Nos séculos VIII e IX, os efectos diso sentíronse noSueste Asiático, conforme os sistemas culturais e políticos do sur da India eran exportados a terras que se converterían en parte dos actuaisMyanmar,Tailandia,Laos,Camboxa,Vietnam,Malaisia eXava (Indonesia). Comerciantes, estudosos e ás veces exércitos indios envolvéronse nesta transmisión cultural; os asiáticos do sueste do continente tamén tomaron a iniciativa e organizaron moitas peregrinacións aos seminarios indios, amais de teren traducido os textos budistas e hindús aos seus respectivos idiomas.[54]
Despois do século X, clans nómades musulmáns do centro de Asia empregaron cabalaría de guerra e organizaron grandes exércitos unidos polaetnia e a relixión para invadir repetidamente as planicies do noroeste da Asia Austral, levando á creación do islámicoSultanato de Deli en 1206.[55] Osultanato controlou gran parte do norte da India e realizou moitas incursións ao sur do subcontinente. Aínda que era inquietante para as elites indias, o sultanato deixou a gran poboación non musulmá suxeita ás súas propias leis e costumes.[56][57] Ao repeler repetidamente osinvasores mongois no século XIII, o sultanato salvou a India da devastación experimentada pola Asia Central e Occidental, creando o escenario para séculos demigracións de soldados, homes instruídos, místicos, comerciantes, artistas e artesáns que marcharan daquelas rexións cara ao subcontinente indio, creando así unha cultura indo-islámicasincrética no norte do país.[58][59] A invasión do sultanato e a debilitación dos reinos da rexión do sur da India abriron o camiño aoImperio de Bisnaga.[60] Abrazando unha forte tradiciónshivaísta e construído sobre a tecnoloxía militar do sultanato, o imperio pasou a controlar a maior parte da India peninsular[61] e foi influente na sociedade do sur do país durante moito tempo.[60]
A principios do século XVI, o norte da India, na época baixo dominio principalmente musulmán,[62] caeu novamente fronte a superioridade da mobilidade e do poder de fogo dunha nova xeración de guerreiros deAsia Central.[63] O posteriorImperio Mogol non erradicou as sociedades locais que pasou a gobernar, mais equilibrounas e pacificounas a través de novas prácticas administrativas[64][65] e de elites dominantes diversas e inclusivas,[66] levando a unha lei máis sistemática, centralizada e uniforme por todo o imperio.[67] Evitando a súa identidade tribal e islámica, especialmente durante o goberno deAkbar, o Grande (r. 1556-1605), os mogois uniron os seus reinos distantes a través da lealdade, expresada a través dunha cultura influenciada porPersia e dun emperador que tiña importancia case divina.[66] As políticas económicas do Estado mogol tomaban a maior parte dos ingresos do imperio dosector agrícola[68] e determinaron que os impostos debían ser pagos en moedas deprata oficiais,[69] o que provocou a entrada de campesiños e artesáns en mercados maiores.[67] A relativa paz mantida polo imperio durante gran parte do século XVII foi un dos factores que axudaron á expansión económica da India nese período,[67] o que resultou nun aumento nos investimentos en pintura, amais de obras literarias, téxtiles e de arquitectura.[70] Novos grupos sociais homoxéneos no norte e no oeste da India, como osmarathi, osrajputs e ossikhs, gañaron ambicións militares e de goberno durante o dominio mogol, que, a través da colaboración ou da adversidade, deulles recoñecemento e experiencia militar. A expansión do comercio durante o goberno mogol deu orixe a novas elites comerciais e políticas ao longo das costas do sur e do leste do país.[71] A medida que o imperio se desintegrou, moitas desas elites foron capaces de manter os seus negocios baixo control.[72]
En 1498 o navegante portuguésVasco da Gamachegou aKozhikode, na costa occidental do subcontinente indio, o marco inicial dunha relación luso-india que duraría cerca de 500 anos.[73] En 1510, o explorador portuguésAfonso de Albuquerque ampliou os territorios portugueses coa conquista deGoa, que rapidamente se tornaría a capital doEstado Portugués da India (unha entidade política que formaba parte doImperio Portugués). A India Portuguesa, como era coñecida a colonia lusitana, inicialmente abranguía todos os territorios conquistados polos portugueses noocéano Índico, mais despois restrinxiuse áCosta do Malabar, en territorios como Goa,Daman,Diu,Ilha de Anjadip,Dadra e Nagar Haveli,Simbor eGogolá.[74] A principios do século XVIII, coa liña entre a dominación comercial e política cada vez máis tenue, unha serie de empresas comerciais europeas, como aCompañía Británica das Indias Orientais, estableceran postos nas rexións costeiras do país.[75][76] O control dos mares, maiores recursos, adestramento militar e tecnoloxía máis avanzados levaron á Compañía Británica das Indias Orientais a flexionar cada vez máis a súa forza militar e facer iso atractivo a unha parcela da elite india; eses dous factores foron cruciais para permitir que a Compañía Británica gañase o control sobre a rexión deBengala en 1765 e marxinara ás outras empresas europeas concorrentes[77][75][78][79] O maior acceso ás riquezas de Bengala e o conseguinte aumento da forza e do tamaño do seu exército permitiron á Compañía das Indias Orientais anexar ou subxugar a maior parte do subcontinente indio durante os anos 1820.[80] Entón a India deixou de exportar ben manufacturados e, no seu lugar, pasou a abastecer aoImperio Británico conmaterias primas. Ese momento é considerado por moitos historiadores como o inicio doperíodo colonial no país.[75] Nesa época, co seu poder económico fortemente restrinxido poloparlamento británico, a Compañía comezou a entrar máis conscientemente en áreas non económicas, como educación, reforma social e cultura.[81]
Gravado daIndia Británica dunha edición de 1909 deThe Imperial Gazetteer of India. As áreas directamente gobernadas polos británicos están sombreadas en rosa; os principados baixosuzeranía británica están en amarelo.
Os historiadores consideran que a idade contemporánea da India comezou nalgún momento entre 1848 e 1885. O nomeamento en 1848 deJames Broun-Ramsay, Lord Dalhousie, como gobernador xeral da Compañía das Indias Orientais preparou o escenario para alteracións esenciais na transición do país a un Estado moderno. Estes cambios incluíron a consolidación e a demarcación da soberanía, o control da poboación e a educación dos cidadáns. Cambios tecnolóxicos —como o ferrocarril, as canles e otelégrafo— foron introducidos no país non moito tempo despois da súa introdución enEuropa.[82][83][84][85] No entanto, a insatisfacción coa Compañía tamén creceu durante este período e definiu aRevolta dos Sipais, en 1857. Alimentada por diversos resentimentos e percepcións entre a poboación, como as invasivas reformas sociais ao estilo británico, altos impostos sobre propiedades e o tratamento dalgúns príncipes e agricultores ricos, a revolta afectou a moitas rexións do norte e do centro da India e sacudiu os alicerces do goberno da Compañía.[86][87] Aínda que a rebelión foi reprimida en 1858, esta levou á disolución da Compañía das Indias Orientais, e a administración da India pasou a ser exercidadirectamente polo goberno británico. Amais de proclamaren unEstado unitario e unsistema parlamentarista limitado, inspirado polo parlamento británico, os novos gobernantes tamén protexeron a príncipes e aristócratas como unha salvagarda contra unha posible axitaciónfeudal futura.[88][89] Nas décadas seguintes, a vida pública emerxeu gradualmente en toda a India, levando á fundación do partidoCongreso Nacional Indio, en 1885.[90][91][92][93]
A carreira tecnolóxica e a comercialización da agricultura na segunda metade do século XIX estivo marcada por moitos contratempos económicos —moitos pequenos produtores fixéronse dependentes dos caprichos de mercados distantes.[94] Houbo un aumento no número de fames[95] e, malia os riscos do desenvolvemento dunha infraestrutura soportada polos contribuíntes indios, xerouse pouco emprego industrial para a poboación.[96] Houbo tamén efectos positivos: os cultivos comerciais, especialmente na rexión recentemente canalizada doPanxab, levaron a un aumento da produción de comida para o consumo interno.[97] A rede ferroviaria, desde o alivio da fame, axudou a reducir o custo dos bens mobles e axudou á nacente industria india.[98][97]
Jawaharlal Nehru (esquerda) converteuse no primeiro ministro da India, en 1947.Mahatma Gandhi (dereita) liderou o movemento pola independencia.
Despois daprimeira guerra mundial, ondealgúns milleiros de indios serviran,[99] comezou un novo período. Esta nova etapa estivo marcada por reformas británicas, mais tamén por unha lexislación máis represiva; polas reivindicacións cada vez máis sonoras da poboación india pola independencia e polo comezo dunmovemento non violento de non cooperación, do calMohandas Karamchand Gandhi se convertería en líder e símbolo de resistencia.[100] Durante os anos da década de 1930, os británicos promulgaron unha lenta reforma lexislativa e o Congreso Nacional Indio saíu vitorioso nas eleccións seguintes.[101] A década posterior estivo chea de crises: a participación india nasegunda guerra mundial, o pulo final do Congreso cara á non cooperación cos británicos e unha onda de nacionalismo musulmán. Todos foron coroados coa chegada da independencia en 1947, mais ao custo dunhasanguenta división do subcontinente en dous Estados: India ePaquistán.[102]
Vital para a autoimaxe da India como unha nación independente foi a súa constitución, concluída en 1950, que colocou no lugar da antiga colonia británica unharepúblicasecular edemocrática.[103] Nos 60 anos seguintes, a India tivo un historial mixto de éxitos e fracasos.[104] Mantívose unha democracia conliberdades civís, unha Corte Suprema activista e unha prensa, en gran parte independente.[104] A liberalización económica, que se iniciou na década de 1990, creou unha granclase media urbana e transformou a India nunha das economías de máis rápido crecemento do mundo, o que aumentou a influencia xeopolítica do país.Filmes,música e ensinanzas espirituais indias desempeñan un papel cada vez maior na cultura mundial.[104] No entanto, o país tamén ten sido oprimido por unhapobreza aparentemente inflexible, tanto no medio rural como no urbano;[104] pola violencia relixiosa e entrecastas;[105] por grupos insurxentes de inspiraciónmaoísta chamadosnaxalitas;[106] e poloseparatismo en Jammu e Caxemira eno nordeste do país.[107] O país ten disputas territoriais non resoltas coaRepública Popular da China, que se deterioraron ata aGuerra sino-india de 1962;[108] e co veciñoPaquistán, en guerras libradas en1947,1965,1971 e1999.[108] A rivalidadenuclear entre a India e Paquistán saíu á luz en 1998.[109] As liberdades democráticas sustentadas na India son únicas entre as novas nacións do mundo; no entanto, a pesar dos seus éxitos económicos recentes, a liberdade da súa poboación desfavorecida continúa a ser un obxectivo a ser alcanzado.[110]
A placa orixinal india correspóndese hoxe cosubcontinente indio, sendo tamén a parte máis antiga e estable da India, que se estende desde o norte, coascordilleirasSatpura eVindhya no centro. Estas cordilleiras paralelas van desde a costa domar Arábigo, no estado deGujarat, ata ameseta deChota Nagpur, no estado deJharkhand.[112] No sur, a meseta doDecán contén á esquerda e á dereita osGhats Occidentais eOrientais;[113] a meseta contén as formacións rochosas máis antigas do territorio, algunhas con máis de mil millóns de anos de antigüidade. Os puntos extremos do país localízanse a 6° 43' e 39° 26' de latitude norte[nota 2] e 68°7' e 89°25' de lonxitude leste.[114]
A India ten 7 517 quilómetros delitoral; destes, 5 423 pertencen ao subcontinente indio e 2 094 aosarquipélagos deAndaman e Nicobar eLaquedivas. A costa india ten un 43% depraias areosas, un 11% de costas rochosas (incluíndocantís) e un 46% demarismas ou costas pantanosas.[1] A India posúe dous arquipélagos: Laquedivas, atois de corais na costa suroeste india, e asillas de Andaman e Nicobar, cadeas de illas volcánicas nomar de Andaman.[115]
Os procesos xeolóxicos que definiron a actual situación xeográfica da India comezaron hai uns setenta e cinco millóns de anos, cando o subcontinente indio, entón parte dosupercontinente meridional deGondwana, desprendeuse do mesmo e se desprazou cara ao nordeste lentamente a través do que posteriormente se convertería noocéano Índico.[111] A subseguinte colisión do subcontinente contra aplaca eurasiática e a subdución baixo esta, orixinou a maior elevación da superficie terrestre: a cadea doHimalaia, agora situada no norte e nordeste da India.[111] No primitivo estrato mariño sito ao sur do emerxente Himalaia, os movementos da placa crearon unha vasta bacía, que foi paulatinamente reenchida polos sedimentos depositados polos ríos,[116] dando lugar á actualchaira indo-ganxética.[117] A oeste desta chaira encóntrase odeserto do Thar, separado polacordilleira Avarali.[118]
Unha parte do territorio dos estados do norte e do nordeste da India está localizada no macizo doHimalaia. O resto da India setentrional, central e oriental está ocupada pola zona fértil da gran chaira indo-ganxética. Na parte occidental, limitando con Paquistán suroriental, áchase o deserto deThar. A India meridional componse, case enteiramente, da meseta peninsular doDecán, que está flanqueada por dous macizos litorais de relevo accidentado, osGhats Occidentais e osGhats Orientais. Estes son os terreos máis antigos da India, como parte subsistente do antigoGondwana. A India posúe ademais tres arquipélagos: asillas Laquedivas, sitas ao longo da costa do suroeste; o cordal volcánico daillas de Andaman e de Nicobar no sueste, e asillas Sunderbans no delta do Ganxes, enBengala occidental.
OKangchenjunga, na fronteira entre a India e Nepal, na cordilleira doHimalaia, é o punto máis alto do país, a unhaaltitude de 8 586 metros sobre o nivel do mar.
A situación da India na converxencia das placas india e eurasiática posibilitaron a formación de grandes elevacións ao norte do país, na cordilleira do Himalaia. A India conta con catro elevacións por riba dos 7 000 metros sobre o nivel do mar, todos eles no Himalaia. Outros sistemas montañosos do país son osGhats Occidentais eOrientais ao sur do país, os montesAravalli no noroeste, osPatkai, e osVindhya eSatpura no centro do país.A seguinte táboa mostra as dez montañas máis altas da India:[119]
Os principais ríos da India teñen a súa orixe na cordilleira do Himalaia, coma oGanxes e oBrahmaputra, que desembocan nogolfo de Bengala.[120] Entre os afluentes máis importantes do Ganxes encóntranse os ríosYamuna e oKosi, cuxa pendente extremadamente baixa provoca inundacións catastróficas case todos os anos. Os ríos peninsulares máis importantes cuxas pendentes evitan inundacións son oGodavari, oMahanadi, oKaveri e oKrishna, que tamén desembocan no golfo de Bengala;[121] e os ríosNarmada eTapti, que desembocan no mar Arábico.[122] Na costa oeste, encóntranse tamén ospantanos do Rann de Kutch, mentres que noleste localízase a área protexida deSundarbans, que a India comparte conBangladesh.[123]
Un país tan extenso non ten un clima único. Os climas da India varían desde oclima tropical no sur a outros máis temperados no norte, ao pé doHimalaia, onde nas zonas montañosas se rexistran caídas continuadas de neve durante o inverno.
O clima da India está fortemente influenciado polo Himalaia e polo deserto de Thar, os cales favorecen o desenvolvemento deMonzóns.[125] O Himalaia e as montañas doHindu Kush, en Paquistán, fan de pantalla fronte osventos catabáticos fríos vidos desdeAsia Central, impedíndolles penetrar até o subcontinente indio, o que fai que este conserve a calor a maior parte do ano, ao contrario do que sucede na maior parte das rexións situadas á súa mesma latitude.[126][127] O cálido deserto de Thar, pola súa banda, desempeña un papel fundamental atraendo os ventos húmidos domonzón dende o suroeste, entre xuño e outubro, sendo responsábel de boa parte das precipitacións caídas na India.[125] As zonas climáticas principais que predominan no territorio indio son otropical húmido,tropical semihúmido e osubtropical húmido.[128]
Os bosques da India varían deselvas nas illas Andaman, Gates Occidentais e noroeste indio, atabosque temperado deconíferas do Himalaia. Entre eses extremos encóntranse os bosquescaducifolios da India Oriental; o bosque caducifolio no centro-sur e o bosquexerófito doDecán central e a planicie occidental doGanxes.[135] Estímase que menos do 12% da masa da India continental está cuberta por densos bosques.[136]
Moitas especies da India teñen a súa orixe evolutiva entaxons que habitabanGondwana, da cal a placa tectónica india se separou hai arredor de 100 millóns de anos. O movemento posterior da placa dosubcontinente indio e a súa colisión coa masa de terra deLaurasia deu inicio a un intercambio masivo de especies. O período devulcanismo e oscambios climáticos rexistrados hai 20 millóns de anos provocaron unhaextinción masiva de especies orixinarias de Gondwana.[137] Os mamíferos inmigraron ao subcontinente desdeAsia a través de douspasoszooxeográficos en ambos os dous lados emerxentes do Himalaia.[135] En consecuencia, apenas o 12,6% dosmamíferos e o 4,6% dasaves son especies endémicas, en contraste co 45,8% dos réptiles e o 55,8% de anfibios endémicos.[132] Na India existen 172especies ameazadas, o 2,9%.[138] Entre elas encóntranse oleón asiático, otigre de Bengala e ovoitre dorsibranco bengalí (Gyps bengalensis), que está case ameazado de extinción debido á inxestión decarne de gando tratada condiclofenaco.[139]
Nas últimas décadas as importantes migracións humanas e o seu alto impacto nosecosistemas locais supoñen unha ameaza a moitas especies salvaxe da India. Como resposta, o sistema deáreas protexidas eparques nacionais, establecido por primeira vez en1935, foi ampliado considerablemente. En1970 o goberno indio decretou aLei de Protección da Vida Salvaxe[140] e o "Proxecto Tigre", para protexer ohábitat desta especie animal, amais de en 1980 ter sido decretada a Lei de Conservación dos Bosques.[141] A India ten máis de cincocentos santuarios de vida salvaxe e trecereservas da biosfera,[142] catro das cales forman parte daRede Mundial de Reservas da Biosfera. 25zonas húmidas están rexistradas naConvención sobre as Zonas Húmidas.[143]
A India é unhademocraciaparlamentaria. O presidente é escollido indirectamente por un colexio electoral para un mandato de 5 anos. Opoder executivo pertence ao primeiro ministro.
O Parlamento ten dúas cámaras:Rajya Sabha (Senado) con 250 membros, e oLok Sabha ("Casa do Pobo", equivalente a unha cámara de deputados), con 545 membros.
A India é ademocracia máis populosa do mundo.[144] O país é unharepública parlamentaria cun sistemamultipartidario[145] con seis partidos nacionais acreditados, como oPartido do Congreso Nacional Indio (eninglésIndian National Congress - INC, ou simplementeCongreso) e oBharatiya Janata Party (BJP), amais de 40 partidos rexionais.[146] O Partido do Congreso é considerado decentro-esquerda ou "liberal" dentro da cultura política india, mentres que o BJP é de centro-dereita ou "conservador". Durante a maior parte do período comprendido entre 1950 —cando a India se tornou unharepública por primeira vez— e o final dos anos 1980, o Congreso mantivo a maioría no parlamento indio. Desde aquela, no entanto, o partido cada vez divide máis o escenario político co BJP[147] e con poderosos partidos rexionais que moitas veces forzan a creación de coalicións multipartidarias.[148]
Interior doSansad Bhavan durante unha sesión parlamentaria en 2010.
Nas tres primeiras eleccións xerais da República da India —en 1951, 1957 e 1962— o Congreso, liderado porJawaharlal Nehru, tivo unha serie de vitorias doadas. Coa morte de Nehru en 1964,Lal Bahadur Shastri tornouse rapidamente o primeiro ministro; que foi sucedido, logo da súa inesperada morte en 1966, porIndira Gāndhi, que levou ao Partido do Congreso a vitorias electorais en 1967 e 1971. Logo do descontento público causado pola declaración deestado de excepción en 1975 pola primeira ministra, o Congreso perdeu as eleccións en 1977; e o entón novoPartido Janata, que se opuña ao estado de excepción, gañou e o seu goberno durou pouco máis de tres anos. Ao volver ao poder en 1980, o Congreso viu un cambio no seu liderado en 1984, cando Indira Gāndhi foi asasinada e foi sucedida polo seu fillo,Rajiv Gandhi, que conquistou unha vitoria fácil nas eleccións xerais ao final dese mesmo ano. O Congreso foi elixido de novo en 1989, cando a coalición da Fronte Nacional, liderada poloJanata Dal (un partido recentemente creado), nunha alianza coa Fronte de Esquerda, venceu as eleccións; ese goberno tamén foi relativamente curto, xa que durou pouco menos de dous anos.[149] En 1991 tiveron lugar novas eleccións, mais ningún partido obtivo a maioría absoluta no parlamento. O Congreso, no entanto, por ser o maior partido do país, conseguiu formar ungoberno de minoría liderado porP. V. Narasimha Rao.[150]
Entre 1996 e 1998, houbo un forte período de axitación no goberno federal con varias alianzas de curta duración, tentando estabilizar o país. O BJP chegou brevemente ao poder en 1996, seguido por unha coalición de Fronte Unida que excluíu tanto ao BJP como ao INC. En 1998, o BJP e outros partidos menores formaron a Alianza Democrática Nacional, que conseguiu a vitoria e se converteu no primeiro goberno non congresista en gobernar o país durante unha lexislatura completa de cinco anos.[151] Nas eleccións xerais de 2004, o INC gañou a maioría das cadeiras noLok Sabha (cámara baixa do parlamento) e formou un goberno de coalición denominadoAlianza Progresista Unida (United Progressive Alliance, UPA), apoiada por diversos partidos de esquerda e membros de oposición ao BJP. A UPA chegou novamente ao poder naseleccións xerais de 2009, entre tanto, a representación dos partidos de esquerda dentro da coalición foi reducida de modo significativo,[152]Manmohan Singh converteuse no primeiro ministro, sendo reelixido despois de completar un mandato de cinco anos desde as eleccións de 1962, onde Jawaharlal Nehru fora elixido no seu cargo.[153]
Nas eleccións xerais de 2014, o BJP converteuse no primeiro partido político dende 1984 en gañar a maioría e gobernar sen o apoio doutros partidos.[154] O Primeiro Ministro da India éNarendra Modi, que anteriormente foraMinistro Xefe deGujarat. O 20 de xullo de 2017,Ram Nath Kovind foi nomeado o 14º Presidente da India e xurou o cargo o 25 de xullo de 2017.[155][156][157]
Opoder executivo recae sobre opresidente da India, que é oxefe de estado,[163] e é elixido indirectamente por uncolexio electoral[164] para un mandato de cinco anos.[165][166] Oprimeiro ministro é o xefe de goberno e exerce a maioría das funcións dopoder executivo.[163] Nomeado polo presidente,[167] o primeiro ministro é xeralmente próximo ao partido ou alianza política que conte coa maioría dos asentos da cámara baixa do parlamento.[163] O poder executivo consiste no presidente, o vicepresidente, o consello de ministros (sendo o gabinete o seu comité executivo), encabezado polo primeiro ministro. Calquera ministro do consello debe ser membro de calquera cámara parlamentaria. No sistema parlamentarista indio, o poder executivo está subordinado ao poder lexislativo, o primeiro ministro e o seu consello son directamente vixiados pola cámara baixa do parlamento.[168]
Opoder lexislativo da India está representado polo parlamento bicameral, que consiste nacámara alta, chamadaRajya Sabha (consello dos estados) e acámara baixa, chamadaLok Sabha (consello do pobo).[169] ARajya Sabha é un órgano permanente, que conta con 245 membros que ocupan o cargo durante un período de seis anos.[170] A maioría deles son elixidos indirectamente polas lexislaturas estatais e territoriais, medianterepresentación proporcional.[170] Dos 545 membros doLok Sabha, 543 son elixidos directamente polo voto popular para representar a determinados grupos sociais por un período de cinco anos.[170] Os outros dous membros son nomeados polo presidente entre acomunidade anglo-india.[170]
A India conta cunpoder xudicial de tres niveis, que consisten naCorte Suprema de Xustiza, encabezada polo xefe de xustiza, 21 tribunais superiores e un gran número de tribunais deprimeira instancia.[171] A Corte Suprema é un tribunal de primeira instancia para casos relacionados cosdereitos humanos fundamentais e untribunal de apelación por riba dos tribunais superiores.[172] É xudicialmente independente,[171] tendo o poder de declarar e elaborar leis e revogar leis nacionais ou estatais que violen a constitución.[173] A función de último intérprete da Constitución é unha das funcións máis importantes da Corte Suprema.[174]
Desde o fin daguerra fría, a India ten aumentado a súa cooperación económica, estratéxica e militar cosEstados Unidos e aUnión Europea.[186] En 2008, asinouse unpacto nuclear entre a India e os Estados Unidos. Aínda que a India xa posuía armas nucleares na época e non fose membro do Tratado de Non Proliferación Nuclear, o acordo recibiu a exención daAxencia Internacional de Enerxía Atómica e doGrupo de Fornecedores Nucleares, acabando coas restricións anteriores sobre tecnoloxía e o comercio nuclear do país. Como consecuencia, a India converteuse no sexto Estado con armas nuclearesde facto do mundo.[187] Posteriormente o país asinou acordos de cooperación en enerxía nuclear civil con Rusia,[188]Francia,[189]Reino Unido[190] e oCanadá.[191]
OPresidente da India é o comandante supremo dasforzas armadas do país; con 1,6 millóns de soldados activos, é o terceiro maior exército do mundo.[192] As forzas armadas comprenden oexército, amariña e aforza aérea; organizacións auxiliares inclúen o Comando de Forzas Estratéxicas e tres grupos paramilitares: osAssam Rifles, aForza Especial de Fronteira e aGarda Costeira India.[193] Oorzamento de defensa oficial indio para 2011 foi de 36,03 mil millóns dedólares, o 1,83% do seuPIB.[194] Para o ano fiscal que abrangue 2012-2013 foron orzados para esa área 40,44 billóns de dólares.[195] Segundo un informe de 2008 doSIPRI, o gasto militar anual da India en termos de poder de compra foi de 72,7 billóns de dólares.[196] En 2011, o orzamento anual de defensa do país tivo un aumento de 11,6%,[197] aínda que iso non incluía os fondos que chegan aos militares a través doutras ramas do goberno.[198] En 2012, o país era o maior importador de armas do mundo; entre 2007 e 2011, a India foi responsable do 10% dos gastos en compras internacionais de armas.[199] Gran parte do gasto militar destínase á defensa contra Paquistán e para combater a crecente influencia chinesa noocéano Índico.[197]
En materia dedereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen oComité de Dereitos Humanos (HRC), India firmou ou ratificou:
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.
A India está dividida en 29 estados (que á súa vez están divididos endistritos) e 7Territorios da Unión (incluído oTerritorio da Capital Nacional).[205] Todos os estados e os dous territorios da Unión dePondicherry e o Territorio da Capital Nacional elixen as súaslexislaturas e gobernos por medio do modelo de Westminster. Os outros cinco territorios da unión están rexidos de xeito directo polo goberno federal, a través de varias administracións designadas. En 1956, en virtude daLei de Reorganización dos Estados, o territorio indio foi dividido baseándose en aspectos lingüísticos.[206] A partir de entón, esta estrutura permaneceu sen cambios. Cada estado ou territorio da unión divídese en distritos administrativos.[207] Á súa vez, os distritos divídense entehsils e finalmente enaldeas.
Adicionalmente, malia nunca ter reclamado posesión territorial naAntártida, a India ten alí instaladas dúas bases científicas:Dakshin Gangotri eMaitri.
No período comprendido entre as décadas de 1950 e 1980, a economía india seguía tendencias socialistas. A economía mantívose paralizada por regulamentos impostos polo goberno, oproteccionismo e a propiedade pública, o que levou a unhacorrupción xeneralizada e a un lento crecemento económico.[208][209][210] En 1991, a economía nacional converteuse nunhaeconomía de mercado.[209][210] Este cambio na política económica en 1991 deuse pouco despois dunha crise aguda nabalanza de pagamentos, polo que desde aquela púxose énfase en facer docomercio internacional e doinvestimento estranxeiro directo un sector primordial da economía india.[211]
A agricultura india comezou entre o 7000 e o 6000 a. C., emprega a maior parte da forza de traballo nacional e o país é o segundo produtor agrícola mundial. Na imaxe, un agricultor traballa unarado turrado por bois en Kadmati,Bengala Occidental.
Durante as últimas décadas, a economía india tivo unha taxa de crecemento anual doproduto interior bruto de ao redor dun 5,8%, converténdose nunha das economías de máis rápido crecemento no mundo.[212] A India conta coa maiorforza de traballo do mundo, con máis de 513,6 millóns de persoas. Aagricultura foi sempre, e segue sendo, a base da economía india. En termos de produción, o sector agrícola representa o 28% do PIB, mentres que osector servizos representa o 54%, e a industria o 18%. Os principais produtos agrícolas e de gando inclúen oarroz, que constitúe o principal recurso das rexións deBombai,Malabar,Bengala eVira; otrigo, sobre todo nas poboacións do noroeste; omillo miúdo e osorgo que son alimentos esenciais para a xente deDeccán; omaínzo e acebada cultívanse principalmente nachaira do Ganxes; oté provén en gran cantidade do Assam, das zonas subhimalaias e dacosta Malabar; ocafé prodúcese especialmente no Deccán e acana de azucre na chaira ganxética. En menor escala plántasetabaco eopio. Por outra parte a produción deárboresfroiteiras e de plantasoleaxinosas (algodón,sésamo,pistacho ecolza) é tamén notábel. Existe un gran patrimonio forestal, rico enmadeiras como ateca, otipuana tipu, osándalo e, tamén, obambú. Agandaría ocupa un lugar primordial; coas súas 176 900 000 cabezas debovino posúe o maior patrimonio bovino do mundo, aínda que por motivos relixiosos prohíbese o consumo de carne, pois as vacas son animais sagrados para os hinduístas. Osbúfalos chegan ós 55 millóns de cabezas e son moi empregados nas labores agrícolas, especialmente nos arrozais. Osovinos alcanzan os 43 millóns e oscaprinos os 70 millóns de cabezas.[205]
A principal industria é atéxtil (algodón exute); séguena asiderúrxica, a mecánica (material ferroviario, aéreo, bicicletas), a electrónica, a química, a industria papeleira, as refinerías de petróleo, así como industrias do coiro,transportes,cemento,minaría (baseada na extracción docarbón, deferro, demanganeso, demica e debauxita), compañías desoftware, alimentarias, de aceites e da elaboración do tabaco.[205] En 2006, o comercio indio acadara unha proporción relativamente moderada do 24% do PIB, crecendo á taxa de 6% desde 1985.[209] O comercio da India representa un pouco máis do 1% do comercio mundial. As principais exportacións inclúen os derivados depetróleo, algúns produtos téxtiles, pedras preciosas, software, enxeñaría de bens, produtos químicos, peles e coiros.[205] Entre as principais importacións están o petróleo cru, maquinaria,xoias, fertilizantes e algúns produtos químicos.[205] Asindustrias, que aproveitan a existencia de materias primas e de grandes recursos hidroeléctricos, desenvolvéronse rapidamente con criterios de moderna racionalización.
A pesar do seu notable crecemento económico nas últimas décadas, a India ten a maior concentración de persoaspobres do mundo e ten unha alta taxa dedesnutrición ennenos menores de tres anos (46% en 2007).[213][214] A porcentaxe de persoas que viven por debaixo dolimiar de pobreza segundo oBanco Mundial, vivindo con menos dun dólar ao día (PPA, en termos nominais Rs. 21,6 ao día nas zonas urbanas e Rs. 14,3 nas zonas rurais) diminuíu do 60% en 1981 ao 42% en 2005.[215] A pesar de que nas últimas décadas a India ten evitado afame, a metade dos nenos teñen un peso inferior á media mundial, unha das taxas máis altas do mundo e case o dobre da taxa daÁfrica subsahariana.[216]
Un informe de 2007 deGoldman Sachs prevía que entre 2007 e 2020 o PIB indio cuadruplicaríase e podería superar ao dosEstados Unidos antes de 2050, mais seguiría a ser un dos países cos habitantes máis pobres do mundo durante varias décadas, cunha renda per cápita inferior á dos seus compañeiros "BRIC" (oBrasil,Rusia, a India e aChina).[217]
A pesar de que nas últimas décadas a economía india aumentou de xeito constante, este crecemento produciuse de xeito desigual, en especial cando se compara coacalidade de vida nos diferentes grupos sociais, económicos, en diversas rexións xeográficas, zonas rurais e urbanas.[218] En 2008, oBanco Mundial afirmaba que as prioridades máis importantes para o goberno indio deberían ser a reforma dosector público, a construción de infraestruturas básicas, o desenvolvemento agrícola erural sustentable, a eliminación das normas de traballo, a reforma nos estados máis atrasados e a loita contra aSIDA.[219]
De acordo co Informe Mundial de Custo da Vida de 2017 publicado polaEconomist Intelligence Unit (EIU) que foi creado comparando máis de 400 prezos individuais de 160 produtos e servizos, catro das cidades máis baratas do mundo estaban na India:Bangalore (3ª),Bombai (5ª),Chennai (5ª) eNova Deli (8ª).[220]
A India representaba aproximadamente o 2,9 % de todo o gasto eninvestigación e desenvolvemento do mundo en 2012, e o número de publicacións científicas do país está en aumento.[224] No entanto, de acordo co ministro de ciencia e tecnoloxía indio,Kapil Sibal, o país está a quedar por detrás en ciencia e tecnoloxía comparado cospaíses desenvolvidos.[225] A India ten só 140 investigadores por cada millón de habitantes, comparado cos 4 651 dosEstados Unidos.[225] O país investiu 3,7 billóns de dólares en ciencia e tecnoloxía entre 2002 e 2003. Comparado con iso,China investiu cerca de catro veces máis, mentres que os Estados Unidos investiron cerca de 75 veces máis que a India en ciencia e tecnoloxía.[226] A pesar diso, cinco Institutos Indios de Tecnoloxía foron situados entre as dez mellores escolas de ciencia e tecnoloxía de Asia, polaAsiaweek.[227] O número de publicacións de científicos indios está caracterizada por algunhas das taxas de crecemento máis rápidas entre os principais países. A India, xunto coa China,Irán e oBrasil son os únicospaíses en vías de desenvolvemento que forman parte dos 31 países que xuntos son responsables do 97,5% da produción científica do mundo.[228]
Desde a liberalización económica dos anos 1990, o desenvolvemento da infraestrutura no país progresou a un ritmo rápido e hoxe hai unha gran variedade de medios de transporte por terra, auga e aire. Con todo, o relativamente baixo PIBper capita da India fai que o acceso a estes medios de transporte non teña sido homoxéneo. A penetración de vehículos motorizados é baixa para os estándares internacionais, con só 103 millóns de coches nas estradas indias.[229] Por outra banda, só o 10% dos fogares do país posúen unha motocicleta.[230] Ao mesmo tempo, aindustria automobilística india está crecendo rapidamente, cunha produción anual de máis de 4,6 millóns de vehículos[231] e o volume de vehículos espérase que aumente de modo significativo no futuro.[232] Neste contexto, porén, otransporte público continúa a ser o principal medio de locomoción da poboación, e os sistemas de transporte público do país están entre os máis empregados do mundo.[233]
A pesar das melloras en curso na área, varios aspectos do sector de transportes aínda están cheos de problemas debido ás precarias infraestruturas e á falta de investimento nas rexións economicamente menos activas do país. A demanda de infraestruturas e servizos de transporte ten aumentado preto dun 10% por ano,[233] xa que a infraestrutura actual é incapaz de atender as demandas económicas crecentes. Segundo as estimacións de 2008 deGoldman Sachs, a India tería que gastar 1,7 billóns de dólares en proxectos de infraestrutura ao longo da década seguinte para impulsar o seu crecemento económico, dos cales 500 miles de millóns de dólares están orzados para seren gastos durante o Décimo Primeiro Plano Quincenal.[234]
A rede ferroviaria india é unha das maiores do mundo (con 63 465 quilómetros de extensión[235]) e é o sistema máis empregado do planeta,[233] transportando 651 millóns de pasaxeiros e máis de 921 millóns de toneladas de carga en 2011.[236] O sistema ferroviario indio, introducido en 1853 polos británicos, é subministrado e mantido pola estatalIndian Railways, baixo a supervisión do Ministerio das Ferrocarrís.[237]
A India ten unha rede de estradas nacionais que enlazan todas as principais cidades e capitais de estados, formando a columna vertebral da economía do país. En 2010, o país tiña un total de 79 443 km de estradas nacionais, dos cales 200 km eran clasificados comoautoestradas. A rede de estradas estatais tiña un total de 131 899 km ese mesmo ano e o total da rede de estradas india cerca de 3 300 000 km.[238]
Segundo o Proxecto de Desenvolvemento de Tráfico Rodado Nacional (PNDS), a intención é equipar a algunhas das principais estradas nacionais con catro carrís, amais de tamén existir un plan para converter algúns treitos desas estradas en seis carrís.[240] A Autoridade Nacional de Estradas estima que cerca do 65% da carga e o 80% do tráfico de pasaxeiros do país son transportados por estradas. As estradas nacionais indias transportan cerca do 40% do total do tráfico rodado, aínda que só ao redor do 1,7% da rede de estradas estea cuberta por esas estradas principais. O crecemento medio do número de vehículos ten sido en torno a un 10,16% por ano nos últimos anos.[238]
Construción dacentral nuclear de Kudankulam, enTamil Nadu, que terá capacidade para producir 1260 MW de enerxía.
A política enerxética da India está definida en gran parte polo crecente déficit enerxético do país[247] e polo maior foco no desenvolvemento defontes alternativas de enerxía,[248] particularmente aenerxía nuclear,solar eeólica.[249] Cerca do 70% da capacidade de xeración de enerxía do país procede decombustibles fósiles, sendo ocarbón o responsable do 40% do consumo total da enerxía india, seguido polopetróleo e pologas natural co 24% e 6% respectivamente.[247] O país é en gran parte dependente de importacións de combustibles fósiles para atender as súas demandas enerxéticas; en 2030, a dependencia da India de importacións de enerxía deberá superar o 53% do consumo total do país.[247] En 2009-10, o país importou 159,26 millóns de toneladas de petróleo, que equivale ao 80% do seu consumo interno, e o 31% do total das importacións indias proveñen do petróleo.[247][250] O crecemento da xeración de electricidade na India ten estado dificultado pola escaseza de carbón nacional[251] e, como consecuencia, as importacións de carbón para a produción de electricidade aumentaron un 18% en 2010.[252]
Debido á súa rápida expansión económica, o país ten un dos mercados enerxéticos que máis rapidamente crecen do mundo, e espérase que se converta no segundo maior contribuínte no aumento da demanda enerxética global en 2035, representando o 18% do aumento do consumo mundial.[249] Dada a crecente demanda de enerxía e as limitadas reservas de combustibles fósiles no mercado interno, o país ten plans ambiciosos para expandir as súas industrias de enerxía renovable e nuclear. A India ten o quinto maior mercado de enerxía eólica do mundo[253] e ten plans de ampliar cerca de 20 xigawatts de capacidade de enerxía solar en 2022,[249] amais de prever tamén aumentar a contribución da enerxía nuclear á capacidade total de xeración de electricidade do 4,2% ao 9% en 25 anos.[254] O país ten cinco reactores nucleares en construción e planea construír outros dezaoito para 2025.[255]
Cunha poboación de máis dun billón de habitantes,[256] a India é o segundo país máis poboado do mundo tralaChina. Desde os anos1960, o país experimentou un rápido aumento na súa poboación urbana debido, en boa parte, aos avances médicos e aos aumentos masivos da produtividade agrícola debidos árevolución verde.[257][258] A poboación urbana da India a finais doséculo XX era once veces superior á de principios do século e vense concentrando cada vez máis nas grandes cidades. En 2001, 35 cidades da India tiñan unha poboación igual ou superior a un millón de habitantes. Cada unha das tres cidades máis poboadas,Bombai,Nova Deli eCalcuta, tiñan daquela máis de dez millóns de habitantes. Porén, nese mesmo ano, un 70% da poboación vivía en áreas rurais.[259][260]
É un país novo con 560 millóns de persoas de menos de 25 anos. En 2004, un habitante de cada dous tiña menos de 25 anos e un 70% da poboación era rural.
Comparando cos parámetros occidentais, a India é un país que acrecenta a súa poboación con gran rapidez. Cada ano hai un saldo positivo de 19 millóns de individuos, como consecuencia dunhataxa de fertilidade de 3,1 fillos por muller como media —contra 1,7 na China. Así cóidase que a India será o país con máis poboación do mundo arredor do ano2035.
A India é a segunda entidade xeográfica con maior diversidade cultural, lingüística e xenética do mundo, despois deÁfrica.[205] O país é o fogar de dúas grandes familias lingüísticas: aindoaria (falada por aproximadamente o 74% da poboación) e adravídica (falada por aproximadamente o 24%). Outras linguas faladas na India proveñen daslinguas austroasiáticas etibeto-birmanas. Ohindi conta co maior número de falantes,[261] e é a lingua oficial darepública.[262] Oinglés é empregado amplamente en negocios e na administración, e ten ostatus de "idioma oficial subsidiario", sendo tamén importante na educación, especialmente naensinanza media e superior.[263]
Cada estado e territorio da unión ten os seus propios idiomas oficiais, e a constitución dálle recoñecemento legal a outras 21 linguas, que son faladas por un importante sector da poboación ou forman parte da herdanza histórica india. Mentres que osánscrito e otámil teñen sido consideradas linguas clásicas durante moitos anos,[264][265] o goberno indio tamén concedeu ostatus de lingua clásica aokannará e aotelugu.[266] Ao que seguiron omalaiala en 2013,[267] e oodia en 2014.[268][269] O número de dialectos na India chega a máis de 1 652.[270]
Máis de 800 millóns de indios (o 80,5 % da poboación) sonhindús. Outros grupos relixiosos con presenza importante no país son osmusulmáns (13,4 %),cristiáns (2,3 %),sikhs (1,9 %),budistas (0,8 %),xainistas (0,4 %),xudeus,zoroastristas (parsis), entre outros.[271] Osadivasi constitúen o 8,1 % da poboación.[272] A India ten a terceira maior poboación musulmá do mundo e a maior poboación musulmá para un país de maioría non musulmá.[273]
Ataxa de alfabetización no país é do 64,8% (53,7% para as mulleres e 75,3% para os homes)[274] O estado co maior índice de alfabetización éKerala, co 91%, mentres queBihar ten a menor taxa, con apenas o 47%.[275][276] A ración sexual é de 944 homes por cada mil mulleres, mentres que a taxa decrecemento demográfico anual é de 1,38%; cada ano son rexistrados 22,01 nacementos por cada mil persoas.[274] Segundo aOrganización Mundial da Saúde (OMS) cada ano morren 900 000 indios por beberen auga non potable e por inhalaren aire contaminado.[277] Amalaria é endémica na India.[278] Existen cerca de 60 médicos para cada 100 000 persoas no país.[279]
A educación no país é proporcionada e mantida polos sectores público e privado, co control e financiamento de tres niveis do goberno: central, estatal e local. Na antiga cidade deTaxila encontrouse o primeiro centro de ensino superior rexistrado na India, datado no século V a. C., mais é discutible se este pode ser considerado unha universidade. A Universidade deNalanda, fundada no ano 470, foi o máis antigo sistema educativo universitario de todo o mundo, no sentido moderno de "universidade".[281]
A educación occidental enraizou na sociedade india co establecemento doRaj británico. O sistema educativo está baixo o control do Goberno da Unión e, con algunha autonomía, dos estados. Varios artigos da constitución india consideran a educación como un dereito fundamental. A maioría das universidades do país están controladas pola Unión ou polos gobernos dos estados. O país ten feito progresos por aumentar a taxa de frecuencia noensino primario e na expansión daalfabetización a tres cuartos da poboación.[282] A mellora no sistema educativo indio é frecuentemente citada como un dos principais factores docrecemento económico do país nos últimos anos.[283] Boa parte do progreso, especialmente na educación superior e na investigación científica, atribúese a varias institucións públicas. O mercado educativo privado indio moveu 40 billóns de dólares en 2008 e aumentou a 70 billóns en 2012.[284]
Con todo, o país continúa e enfrontarse a grandes desafíos nesta área. Malia o crecente investimento educativo, o 25% da poboación da India é aínda analfabeta, só o 15% dos indios chegan aoensino secundario e tan só o 7% cursan unposgrao.[285] A calidade da educación, sexa no ensino básico ou no superior, é baixa de modo significativo, comparado coa das principais nacións en desenvolvemento. En 2008, as institucións de ensino superior ofrecían prazas suficientes para tan só o 7% da poboación en idade universitaria do país, o 25% dos postos docentes en toda a India están vacantes, e o 57% dos profesores universitarios non teñen omestrado ou odoutoramento.[286] En 2011, existían 1 522 facultades de enxeñaría, cun total anual de 582 000 estudantes,[287] amais de 1 244politécnicas, cun total anual de 265 000 estudantes. No entanto, estas institucións enfróntanse a varios problemas, como a escaseza de profesores e as preocupacións sobre a calidade do ensino ofrecido.[288]
A India ten un sistema sanitario universal mantido polos seus estados e territorios constituíntes. A constitución responsabiliza a cada estado de "elevar o nivel da nutrición e da calidade de vida do seu pobo e da mellora da saúde pública entre as súas funcións primarias". A Política Nacional de Saúde foi aprobada poloParlamento da India en 1983 e actualizada en 2002.[289] Paralelo ao sector público, e de feito máis popular, está o sector médico privado. As familias indias urbanas e rurais tenden a empregar con maior frecuencia a sanidade privada, como reflicten as enquisas.[290]
A India ten unhaesperanza de vida de 64/67 anos (m/f) e unha taxa demortalidade infantil de 61 por mil nacidos vivos.[291] O 42% dos nenos indios menores de tres anos padecendesnutrición, a maior taxa incluíndo aÁfrica subsahariana onde a malnutrición infantil ascende ao 28%.[292] Aínda que a economía do país ten crecido un 50% entre 2001 e 2006, a taxa de desnutrición infantil caeu tan só un 1%, quedando por detrás de países con taxas de crecemento similares.[277] A desnutrición impide o desenvolvemento social e cognitivo dos nenos, amais de reducir os seus niveis de escolaridade e renda en idade adulta.[277] Estes danos irreversibles dan como resultado unha menor produtividade do país.[277] Como máis de 122 millóns de familias non contan con baño, e o 33% non teñen acceso aretretes, máis do 50% da poboación do país (638 millóns de persoas) defecan ao aire libre cada día.[293] Esta taxa é considerablemente maior que as deBangladesh e oBrasil (7%), e daRepública Popular da China (4%).[293] A pesar de que 211 millóns de persoas tiñan acceso a sistemas desaneamento básico entre 1990 e 2008, apenas o 31% utilizan os recursos ofrecidos.[293]
A cultura da India é a expresión dunha das máis antigas - máis de 4000 anos de documentos, tanto escritos comomonumentais - e diversificadascivilizacións do planeta, polo tanto inclúe un gran número de expresións en todos os campos.[294] Durante operíodo védico (ca.1700-500 a.C), os fundamentos da filosofía,mitoloxía e literatura hindú foron establecidos e moitas crenzas e prácticas que aínda existen actualmente, tales comodharma,karma,ioga emoksha, consolidáronse.[295] A India é notable pola súadiversidade relixiosa, sendo ohinduísmo, osikhismo, oislamismo, ocristianismo e oxainismo as principais e máis populares relixións do país.[296] A relixión predominante, o hinduísmo, foi formada por varias escolas históricas de pensamento, coma osupanishads,[297] osioga sutras, o movementobhakti[296] e a filosofíabudista.[298]
Temos que lembrar que a India está constituída por variasetnias, tanto nativas como dos conquistadores que aló estiveron en varios períodos da súa longa historia. A cultura india está marcada por un alto grao desincretismo[299] epluralismo. Os indios teñen conseguido conservar as súas tradicións previamente establecidas, mentres absorberon novos costumes, tradicións e ideas de invasores e inmigrantes, ao mesmo tempo que estenderon a súa influencia cultural a outras partes deAsia, principalmenteIndochina eExtremo Oriente.[300]
Indios celebrando oHoli, coñecido comoFestival das Cores, en Adoor, no estado deKerala.
Un dos aspectos destacultura, pese a estar oficialmente rexeitado por ter aspectos negativos, é osistema de castas da India, característico doshindús, non só na India, mais tamén noNepal. A sociedade tradicional da India está definida por esta xerarquía social relativamente restrita. O sistema de castas describe a estratificación e as restricións sociais dosubcontinente indio; tamén define as clases sociais por gruposendogámicos hereditarios, que ao principio se denominanjatis oucastas.[301] A India declarou a "intocabilidade" ilegal en 1947 e, dende aquela, promulgou outras leis antidiscriminatorias e iniciativas para o benestar social, aínda que os informes suxiren que moitosdalits ("ex-intocables") e outras castas máis baixas en áreas rurais continúan a seren segregadas e se enfrontan coa persecución e á discriminación.[302][303][304] Nos lugares de traballo das grandes cidades e nas principais empresas indias ou internacionais, o sistema de castas practicamente perdeu a súa importancia.[305][306]
Os valores tradicionais das familias indias son moi respectados e o modelopatriarcal ten sido o máis común durante séculos, aínda que recentemente a familia nuclear estea a se converter no modelo seguido pola poboación que vive nazona urbana.[208] A maioría dos indios teñen os seuscasamentos arranxados polos seus pais e por outros membros respectados da familia, co consentimento da noiva e do noivo.[307] Omatrimonio é planeado para toda a vida,[307] a taxa dedivorcio é extremadamente baixa.[308] O casamento na infancia é aínda unha práctica común, e a metade das mulleres indias casa antes dos dezaoito anos.[309][310]
Moitas celebracións indias son de orixe relixiosa, aínda que algunhas dependan da casta ou o credo. Algunhas das festas máis populares do país son:Diwali,Holi,Durga Puja,Eid ul-Fitr,Eid al-Adha,Nadal eVesak.[311] Amais destas, a nación ten tres festas nacionais: odía da República, o día da independencia e oGandhi Jayanti, en homenaxe aMahatma Gandhi. Outra serie de días festivos, variando entre nove e doce días, son celebrados oficialmente en cada estado. As prácticas relixiosas son unha parte integral da vida cotiá e son un asunto de interese público. A roupa tradicional varía de acordo coascores eestilos segundo a rexión e depende de certos factores, incluíndo o clima. Os estilos de vestir inclúen pezas simples coma osári para asmulleres e odhoti para oshomes;pantalóns ecamisas de estilo europeo tamén son populares entre os homes.[312] O uso de xoias delicadas, modeladas en flores reais usadas durante a India antiga, forma parte dunha tradición que se remonta a cerca de 5000 anos; as pedras preciosas tamén son empregadas na India como talismáns.[313]
Os principais símbolos nacionais do país son a súabandeira, o seuemblema e o seuhimno.[314][315] A India conta tamén con outros símbolos nacionais como a canciónVande Mataram (composta ensánscrito porBankimchandra Chatterji e que ten o mesmo status que o himno nacional) ou varias especies de animais significativas do país. Amais dos símbolos nacionais, cada estado e territorio da unión ten os seus propios símbolos.[316] Amais da bandeira, o emblema, o himno e a canción nacional, a India posúe diversos símbolos nacionais:[317]
A cociña da India presenta unha forte dependencia de herbas eespecias, con pratos a miúdo apelando ao uso sutil dunha ducia ou máis de condimentos diferentes;[318] a gastronomía do país tamén é coñecida polas súas preparaciónstandoori. Notandoor, un forno de arxila empregado na India hai case 5000 anos, as carnes permanecen cunha "suculencia infrecuente" e é posible facer o pan plano inchado coñecido comonaan.[319] Os alimentos básicos son otrigo (principalmente no norte do país),[320] oarroz (especialmente no sur e no leste) e aslentellas.[321] Moitas especias populares en todo o mundo son orixinarias do subcontinente indio,[322] mentres que opemento, que é nativo dasAméricas e foi introducido polosportugueses, é amplamente utilizado pola poboación local.[323] Oayurveda, un sistema de medicina tradicional, usa seisrasas e tresgunas para axudar a describir os comestibles.[324] Ao longo do tempo, conforme ossacrificios de animais feitos polosvédicos foron suplantados pola noción desacralidade inviolable da vaca, ovexetarianismo foi asociado a un alto nivel relixioso e tornouse cada vez máis popular,[325] unha tendencia axudada polo aumento de normasbudistas,xainistas ebhaktishindús.[326] A India ten a maior concentración de vexetarianos do mundo: unha pescuda realizada en 2006 constatou que o 31% dos indios eranlactovexetarianos e outro 9% eranovovexetarianos.[326] Entre os costumes alimenticios máis tradicionais e comúns están as comidas feitas preto ou no propio chan, as comidas segregadas por casta e xénero e o uso da man dereita ou dun anaco deroti (tipo de pan) en lugar doscubertos.[327][328]
Gran parte da arquitectura da India, incluído oTaj Mahal e outras obras da arquitecturamogol e do sur do país, combina antigas tradicións locais con estilos importados doutras nacións.[329] A arquitectura vernácula, porén, está altamente rexionalizada. AVastu Shastra, literalmente "ciencia da construción" ou "arquitectura" e atribuída a Mamuni Maia,[330] explora como as leis da natureza afectan as habitacións humanas,[331] amais de empregar xeometría precisa e aliñamentos direccionais para reflectir construcións cósmicas.[332]
A arquitectura dos temploshindús está influenciada polosShastras Shilpa, unha serie de textos fundamentais cuxa forma mitolóxica básica é amandala Vastu-Purusha, unha praza que encarna o concepto de "absoluto".[333] O Taj Mahal, construído na cidade deAgra entre 1631 e 1648 por orde do emperadorShah Jahan e en memoria da súa esposa, é descrito na lista doPatrimonio Mundial daUNESCO como "a xoia da arte musulmá na India e unha das obras mestras universalmente admiradas da herdanza do mundo".[334] A arquitecturaneo-indo-sarracena, desenvolvida polosbritánicos a finais do século XIX, baseouse na arquitectura indo-islámica.[335]
Amúsica da India vai a través de varias tradicións e estilos rexionais. A música clásica abrangue dous xéneros e as súas diversas ramificacións populares: o hindustai, do norte, e escolas carnáticas, do sur.[336] Entre as formas populares rexionalizadas inclúense ofilmi e músicas folclóricas; a tradición sincrética dosbauls é unha forma moi coñecida desta última. A danza india tamén ten formas clásicas e diversas. Entre as danzas folclóricas máis coñecidas destacan obhangra do Panxab, obihu de Assam, ochhau de Bengala Occidental e Jharkhand, osambalpuri de Odisha, oghoomar do Rajastán e olavani, de Maharashtra. Oito formas de danza, moitas con formas narrativas e elementos mitolóxicos, teñen sido recoñecidas como danzas clásicas pola Academia Nacional de Música, Danza e Teatro da India. Estas son:bharatanatyam, do estado de Tamil Nadu,kathak, de Uttar Pradesh,kathakali emohiniyattam, de Kerala,kuchipudi, de Andhra Pradesh,manipuri, de Manipur,odissi, de Orissa, e osattriya, de Assam.[337] O teatro indio mestura música, danza e diálogos improvisados ou escritos.[338] Moitas veces baseado namitoloxía hindú, mais tamén inspirado en romances medievais ou eventos sociais e políticos, o teatro indio inclúe obhavai de Gujarat, ojatra de Bengala Occidental, onautanki e oramlila do Norte da India, otamasha de Maharashtra, oburrakatha de Andhra Pradesh, oterukkuttu de Tamil Nadu e oyakshagana de Karnataka.[339]
As primeiras obras literarias da India, compostas entre o ano 1400 a. C. e o 1200 d. C., foron escritas ensánscrito.[340][341] Obras prominentes desta literatura sánscrita inclúen épicas, como oMahābhārata e oRamayana, e dramas deKālidāsa, como oAbhijñānaśākuntalam (O Recoñecemento de Sakuntala), e poesías, como oMahākāvya.[342][343][344] OKama Sutra, o famoso libro sobrerelacións sexuais, tamén ten a súa orixe no país. Desenvolvida entre o 600 a. C. e o 300 d. C. no sur da India, a literaturasangamm comprende 2 381 poemas e é considerada como unha antecesora da literaturatámil.[345][346][347][348] Do século XIV ao XVIII, as tradicións literarias indias atravesaron un período de drásticos cambios a causa do xurdimento de poetas devocionais (movementobhakti) comoKabir,Tulsidas eGuru Nanak. Este período estivo caracterizado por un espectro variado e amplo de expresión e correntes de pensamento e, como consecuencia, as obras literarias medievais indias difiren de modo significativo da tradición clásica.[349] No século XIX, os escritores indios tomaron un novo interese polas cuestións sociais e descricións psicolóxicas. No século XX, a literatura india foi influenciada polas obras do poeta e romancista bengalíRabindranath Tagore.[350]
Aindustria cinematográfica india é a maior do mundo.[351]Bollywood, barrio localizado na cidade deBombai onde son realizados os filmes comerciais en hindú, foi recentemente convertido no centro da industria cinematográfica máis prolífica do mundo, igualando a súa importancia conHollywood.[352] Tamén se realizan filmes tradicionais e comerciais en zonas onde obengalí,kannará,malaiala,marathi,támil etelugu son idiomas oficiais.[353] O cine do sur da India atrae máis do 75% dos espectadores do cine nacional.[354]
A radiodifusión televisiva comezou na India en 1959 como un medio estatal de comunicación e tivo unha lenta expansión durante máis de dúas décadas.[355] O monopolio estatal na transmisión da televisión terminou en 1990 e, dende aquela, canais por satélite téñense feito cada vez máis populares na cultura popular da sociedade india.[356] Hoxe, a televisión é omedio con maior alcance na India; estimacións da industria indican que en 2012 había máis de 554 millóns de consumidores de TV, 262 millóns de satélite e/ou conexión por cable, comparado con outras formas de medios de masas, como aprensa (350 millóns), aradio (156 millóns) ouInternet (37 millóns).[357]
Sachin Tendulkar celebra o seu 38ºtest century durante un partido decrícket contraAustralia en 2008. Tendulkar xa alcanzou diversos récords mundiais no deporte.
Na India continúan a ser bastante populares numerosos deportes tradicionais, como okabaddi, okho kho, opehlwani e ogilli-danda. Algunhas das primeiras formas deartes marciais asiáticas, como okalari payattu, omushti yuddha, osilambam e omarma adi, orixináronse na India. O Rajiv Gandhi Khel Ratna e o Premio Arjuna son as máis altas formas de recoñecemento do goberno para a realización atlética; o Premio Dronacharya é concedido pola excelencia enadestramento. Oxadrez, que parece quecomezou na India comochaturanga, está a recuperar popularidade co aumento do número de mestres indios nese deporte.[358][359] O tradicionalxogo de taboleiro indio chamadopachisi foi xogado nun bloque xigante demármore polo emperadorAkbar.[360]
Ohóckey sobre herba na India é administrado porHockey India. Aselección nacional de hóckey venceu aCopa do Mundo de Hóckey sobre Herba de 1975 e, ata 2012, tiña oito medallas olímpicas de ouro, unha de prata e dúas de bronce, o que o converte no equipo máis laureado nesta modalidade. A India tamén ten desempeñado un papel importante na popularización docrícket, sendo o deporte máis popular do país. O crícket indio gañou aCopa do Mundo de Crícket de1983 e de2011, oICC Mundial Twenty20 de 2007 e compartiu o trofeo doICC Champions de 2002 conSri Lanka. O Consello Nacional de Control do Crícket na India (BCCI) realiza unha competiciónTwenty20 coñecida comoIndian Premier League. A India acolleu ou coorganizou varios eventos deportivos internacionais; osXogos Asiáticos de1951 e de1982, as Copas do Mundo de Crícket de1987,1996 e 2011, osXogos Afro-Asiáticos de 2003, oICC Champions Trophy de 2006, a Copa de Hóckey Masculino de 2010 e osXogos da Commonwealth de 2010. Algúns dos grandes eventos deportivos internacionais realizados anualmente na India inclúen oChennai Open (tenis), osmaratóns de Bombai e Dehli, e oIndian Masters (golf). O primeiroGran Premio da India tivo lugar a finais de 2011.[369] O país ten sido, tradicionalmente, dominador nosxogos Surasiáticos. Un exemplo desa dominación é a competición debaloncesto, onde aselección nacional da India gañou tres dos catro torneos ata o momento.[370]
As tres principais festividades nacionais do país son o Día da República, o Día da Independencia e o Aniversario de Gandhi. Amais destas tres festas nacionais, ao longo do ano teñen lugar numerosas celebracións relacionadas cos distintos cultos relixiosos do país. Nos distintos estados e rexións celébranse distintas festas locais en función da relixión que neles se practique.[371]
Entre as celebracións hindús máis populares encóntranse oDiwali, oGanesha Shaturthi, oHoli, ou oDussehra. A comunidade musulmá celebra en todo o país oEid-ul-Fitr, oMuharram ou oRamadán. Pola súa banda os sikhs celebran o nacemento deGuru Nanak, os cristiáns oNadal e aSemana Santa, e en certos lugares os xainistas celebran oPryushan.[371] A continuación algunhas das festividades máis importantes do país:
Conmemora o día no que entrou en vigor a Constitución do país. O evento é un recordo constante das accións altruístas dos mártires do país e os que deron as súas vidas loitando pola liberdade.[373]
Adicada á figura de Mohandas Karamchand Gandhi, esta celebración lembra aos indios os sacrificios do que outorgou ao país o don da independencia, e que inspirou a xeracións futuras a vivir unha vida de irmandade e paz. A data coincide co día do aniversario de Bapu.[373]
↑O punto máis setentrional baixo o control da India é oGlaciar Siachen enJammu e Caxemira; con todo, oGoberno da India considera toda a rexión do antigo principado de Jammu e Caxemira, incluíndo as áreas ao norte administradas por Paquistán, como territorio seu. Polo tanto asigna a latitude 37° 6' como o seu punto máis setentrional. (India Yearbook 2007. Publications Division, Ministry of Information & Broadcasting, Govt. Of India. 2007.ISBN81-230-1423-6.Lyon, Peter (2008).Conflict Between India and Pakistan: An Encyclopedia. ABC-CLIO, 2009.ISBN9781576077122.)
↑Servizo de Investigacións Económicas (2009)."Briefing Room - India"(eninglés). USDA.gov. Arquivado dendeo orixinal o 20 de maio de 2011. Consultado o 13 de outubro de 2015.
↑"Official name of the Union".Courts Informatics Division,National Informatics Centre, Ministry of Comm. and Information Tech(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 22 de xullo de 2015.Name and territory of the Union- India, that is Bharat, shall be a Union of States.
↑Barrow, Ian J. (2003). "From Hindustan to India: Naming change in changing names".South Asia: Journal of South Asian Studies26 (1). pp. 37–49.doi:10.1080/085640032000063977.
↑"A chegada à Índia".Projeto final da disciplina de Descobrimentos e Expansão Portuguesa, dos alunos do Curso de Pós-Graduação em História e Geografia(enportugués).Universidade Portucalense. Arquivado dendeo orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015.
↑"India Becomes a Billionaire".Population Division Department of Economic and Social Affairs(eninglés). Organización das Nacións Unidas. Consultado o 27 de xullo de 2015.
↑Dutt, S. (1998). "Identities and the Indian State: An Overview".Third World Quarterly(eninglés)19 (3) (Third World Quarterly). pp. 411–434.doi:10.1080/01436599814325.
↑Echeverri-Gent, J. (Xaneiro de 2002). "Politics in India's Decentred Polity". En Ayres, A.; Oldenburg, P.Quickening the Pace of Change. India Briefing. Londres:M. E. Sharpe. pp. 19–53.ISBN978-0-7656-0812-3.
↑Sinha, A. (2004). "The Changing Political Economy of Federalism in India".India Review3 (1). pp. 25–63.doi:10.1080/14736480490443085.
↑163,0163,1163,2Sharma, R. (1950). "Cabinet Government in India".Parliamentary Affairs(eninglés)4 (1). pp. 116–126.
↑Sripati, V. (1998).Toward Fifty Years of Constitutionalism and Fundamental Rights in India: Looking Back to See Ahead (1950–2000).American University International Law Review14. pp. 413–496.
↑Kumar, A. V. (1 de maio de 2010)."Reforming the NPT to Include India".Bulletin of Atomic Scientists. Arquivado dendeo orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 19 de outubro de 2015.
↑""India"".The World Factbook(eninglés). Central Intelligence Agency. Arquivado dendeo orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 29 de xullo de 2015.
↑210,0210,1Astaire Research (2006)."The India Repor"(PDF)(eninglés). UK IBC.com. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 30 de agosto de 2015.
↑Compilado e editado pola División de Investigación, Referencia e Adestramento (2011).India Yearbook 2011. Ministerio de Información e Comunicacións. Goberno da India.ISBN978-81-230-1674-0.
↑"Discover Opportunity: Infrastructure in India"(PDF)(eninglés). India Brand Equity Foundation (IBEF), unha iniciativa do Ministerio de Comercio e Industria, Goberno da India. p. 6. Consultado o 30 de agosto de 2015.
↑Dyson, Tim; Casses, Robert; Visaria, Leela (2004).Twenty-first century India: population, economy, human development, and the environment. Oxford University Press. pp. 115–129. 0199243352.
↑Ratna e Undit (2007).City, Society, and Planning: Planning Essays in honour of Prof. A.K. Dutt. Concept Publishing Company. pp. 271–272. 8180694615.
↑B. Mallikarjun (2004)."Language in India"(eninglés). Language in India.com. Consultado o 5 de outubro de 2015.
↑Ministerio de Asuntos Internos (1960)."DOL"(eninglés). Notification No. 2/8/60-O.L. Arquivado dendeo orixinal o 06 de outubro de 2007. Consultado o 16 de decembro de 2009.
↑Sanford B. (1998).The Dravidian Languages(eninglés). Taylor and Francis. p. 436. 0415100232.
↑Ministerio de Asuntos Tribais. Tribal.nic.in, ed."Introduction". Arquivado dendeo orixinal o 23 de xuño de 2008. Consultado o 19 de xuño de 2016.
↑Folha de S. Paulo, ed. (8 de outubro de 2009)."Muçulmanos passam de 1,5 bi e são quase 25% da população mundial". Consultado o 24 de maio de 2013.No topo da lista estão Indonésia, com 202.867.000 (12,9% da população muçulmana mundial) e Paquistão, com 174.082.000 (11,1%). Há ainda a Índia, com 160.945.000 de muçulmanos, número que representa 10,3% da população muçulmana mundial e 13,4% da população indiana.
↑Departamento de Relacións Públicas de Kerala (2007). Kerala.gov.in, ed."Education"(en inglês). Arquivado dendeo orixinal o 17 de abril de 2008. Consultado o 17 de decembro de 2009.
↑Shiv Lal, G.S. Sonal, P.K. Phukan (1999). Med Ind.nic.in, ed."tatus of Malaria in India"(PDF)(en inglês). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 03 de xuño de 2006. Consultado o 17 de decembro de 2009.
↑International Institute for Population Sciences and Macro International (Setembro de 2007)."National Family Health Survey (NFHS-3), 2005–06"(PDF)(eninglés). Ministerio de Saúde e Benestar Familiar, Goberno da India. pp. 436–440. Consultado o 27 de agosto de 2015.
↑"India"(eninglés). Organización Mundial da Saúde. Consultado o 27 de agosto de 2015.
↑Baidyanath, Saraswati (2006). "Cultural Pluralism, National Identity and Development".Interface of Cultural Identity Development(eninglés) (1 ed.). Nova Deli: Indira Gandhi National Centre for the Arts. pp. xxi+290 pp.ISBN81-246-0054-6.
↑"India - Caste"(eninglés). Encyclopædia Britannica. 2009. Consultado o 30 de xullo de 2015.
↑"India Aims for Center Court".The Wall Street Journal. 11 de setembro de 2009. Arquivado dendeo orixinal o 01 de outubro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015.
Halarnkar, Samar (13 de xuño de 2012)."Narendra Modi makes his move". BBC News.The right-wing Hindu nationalist Bharatiya Janata Party (BJP), India's primary opposition party
Malik, Yogendra K.; Singh, V.B. (Abril de 1992). "Bharatiya Janata Party: An Alternative to the Congress (I)?".Asian Survey32 (4). pp. 318–336.JSTOR2645149.doi:10.2307/2645149.
Srivastava, V. C. (2008). "Introduction". En V.C. Srivastava, Lallanji Gopal, D.P. Chattopadhyaya.History of Agriculture in India (p to c1200 AD). History of Science, Philosophy and Culture In Indian Civization. V (Part 1). Concept Publishing Co.ISBN8180695212.
"Religious Composition".Office of the Registrar General and Census Commissioner (Ministerio do Interior,Goberno da India). 2010–2011. Consultado o 20 de outubro de 2015.
"Census Data 2001".Office of the Registrar General and Census Commissioner (Ministerio do Interior,Goberno da India). 2010–2011. Consultado o 20 de outubro de 2015.
Agnivesh, Swami; Mani, Rama; Köster-Lossack, Angelika (25 de novembro de 2005)."Missing: 50 million Indian girls".New York Times. Consultado o 26 de outubro de 2015.
Bunting, Madeleine (22 de xullo de 2011)."India's missing women".The Guardian. Consultado o 26 de outubro de 2015.