Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Inconsciente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na linguaxe corrente, o termoinconsciente utilízase como substantivo para designar oconxunto dos procesos mentais que non necesitan depender dunha prioridade, pois ou ben non son relevantes para a tarefa que se está desenvolvendo ou porque xa teñen un camiño establecido que atende a eses eventos de forma automática, polo que non son pensadosconscientemente. Tamén se pode empregar como adxectivo, cunha connotación pexorativa, para falar dun individuo irresponsable ou tolo, incapaz de dar razón dos seus feitos e xestos.

Empregado por primeira vez como termo técnico enlingua inglesa en1751 (coa significación de non consciente) polo xurista escocésHenry Lord Kames (1696-1782), o termo inconsciente popularizouse máis tarde enAlemaña, na época romántica, (por exemplo, nun poema deGoethe "Á lúa" (1777) empregándose por primeira vez o termo en alemán:"unbewusst") designando un depósito de imaxes mentais, unha fonte de paixóns cuxo contido escapaba á consciencia.

Napsicanálise, o inconsciente é o concepto chave da teoría, posto que constitúe o seu principal obxecto de estudo, e designa no sentido tópico un sistema e un lugar psíquico descoñecido para aconciencia ("a outra escena") e no sentido dinámico ao conxunto dos contidos reprimidos que son mantidos á marxe, apartados da conciencia, aínda cando eles amosen unha permanente efectividade psíquica e intensa actividade a través de mecanismos e formacións específicas.

Historia do termo

[editar |editar a fonte]

Introducido na lingua francesa cara1860 (coa significación de vida inconsciente) polo escritor suízo Henri Amiel (1821-1881), foi admitido noDictionnaire de l'Académie française en1878.

Dende a Antigüidade, a idea da existencia dunha actividade que non fose a actividade daconciencia sempre deu lugar a múltiples reflexións. Pero debéuselle aRené Descartes (1596-1650) o principio dun dualismo corpo/mente que levaba a facer da conciencia (e docogito) o lugar da razón, oposto ao universo do despropósito. O pensamento inconsciente apareceu entón domesticado, sexa para integralo á razón, sexa para rexeitalo á tolemia.

Ao longo doséculo XIX, dendeWilhelm von Schelling (1775-1854) atéFriedrich Nietzsche (1844-1900), pasando porArthur Schopenhauer (1788-1860), a filosofía alemá adoptou unha visión do inconsciente oposta á doracionalismo e sen relación directa co punto de vista terapéutico da psiquiatría dinámica. Subliñou o lado nocturno da alma humana e tratou de facer emerxer o rostro tenebroso dunhapsique soterrada nas profundidades do ser. Sobre este horizonte despregáronse os traballos dapsicoloxía experimental, amedicina e afisioloxía: pensamos enJohann Friedrich Herbart,Hermann von Helmholtz,Gustav Fechrier,Wilhelm Wundt (1832-1920) e mesmoCarl Gustav Carus (1789-1869).

O Inconsciente na obra de Sigmund Freud

[editar |editar a fonte]

A historiografía experta, desdeLancelot Whyte atéHenri F. Ellenberger, demostrou que Freud non foi o primeiro pensador que utilizou o termo inconsciente para designar un concepto da súa teoría. Con todo, foi el quen terminou por convertelo nun fundamental para a súa disciplina, asignándolle unha significación moi distinta da que lle atribuían os seus predecesores.

Ao combinar tradicións da psiquiatría dinámica e afilosofía alemá, Freud elaborou unha concepción inédita do inconsciente. Realizou en primeiro lugar unha síntese dos ensinos deJean Martin Charcot,Hippolyte Bernheim eJosef Breuer, que o levou cara aopsicanálise e, nun segundo momento, proporcionou un andamiaje teórico ao funcionamento do inconsciente a partir da interpretación dos soños.

En efecto, paraSigmund Freud o inconsciente xa non é unha "supraconsciencia" ou un "subconsciente", situado sobre ou máis aló da consciencia; convértese realmente nunha instancia á cal a conciencia non ten acceso, pero que se lle revela nunha serie de formacións como ossonos, oslapsus, oschistes, os xogos de palabras, osactos errados e nossíntomas. O inconsciente, segundo Freud, ten a particularidade de ser á vez interno ao suxeito (e á súa consciencia) e exterior a toda forma de dominio polo pensamento consciente.

Partindo do concepto de inconsciente da filosofía alemá de principios do século XIX e que o científicoEduard von Hartmann había recapitulado na súa obra Filosofía do inconsciente, aparecida en 1868, Freud define o inconsciente dunha maneira completamente orixinal que xa non é simplemente o oposto ao consciente: O inconsciente freudiano é unha noción tópica e dinámica; é un sistema psíquico que ten contidos e que posúe mecanismos que se poden describir como especificamente inconscientes; é un sistema que se rexe por leis e posúe unha economía de enerxía que lle son propias.

A observación da vida normal de vixilia parecía validar esa concepción clásica do inconsciente. Pero a análise das formacións psicopatolóxicas da vida cotiá e do soño fixera aparecer ao inconsciente como "unha función de dous sistemas moi distintos". En diante, xunto ao consciente había que concibir dous tipos de inconsciente, ambos os inconscientes no sentido descritivo, pero moi distintos en canto á súa dinámica e ao devir dos seus contidos: os do inconsciente propiamente dito non podían chegar nunca á conciencia, mentres que os contidos do outro, denominado por tal razónpreconsciente, alcanzaban a conciencia en certas condicións, sobre todo despois de pasar o control dunha forma de censura.

Dentro da primeira teoría de Freud acerca da constitución do aparello psíquico, que tamén se adoita denominar "a primeira tópica freudiana", o inconsciente designa un do tres sistemas psíquicos que conforman o psiquismo (os outros dous son o consciente e o pre-consciente). O sistema inconsciente está constituído en gran parte (mais non sóamente) por contidos reprimidos aos que se lles impediu o acceso á conciencia, xustamente por obra do mecanismo darepresión. O contido do inconsciente son os "representantes psíquicos" das pulsións. Estes representantes, ao estar investidos con enerxía pulsional, buscan permanentemente abrirse paso cara á consciencia, no que se denominaretorno do reprimido. A única maneira na que logran acceder ao sistema preconsciente e á consciencia é a través de formacións de compromiso, procurando o máximo de satisfacción pulsional, mais logrando burlar a censura.

Evidentemente, o inconsciente só se pode coñecer cando xa non é inconsciente. O que podemos chegar a saber do inconsciente é o que xa experimentou unha transposición ou tradución ao inconsciente". A psicanálise consistiría segundo Freud xustamente niso: "O traballo psicanalítico bríndanos todos os días a experiencia de que esa tradución é posible. Para iso requírese que o analizado venza certas resistencias, as mesmas que no seu momento converteron a iso en reprimido por rexeitamento do consciente".[1]

A partir da segunda tópica freudiana, vale dicir, do momento no que Freud define as instancias psíquicasEgo, superego e id e debido a que as tópicas se superpoñen parcialmente, é dicir, dado que non existe unha correspondencia unívoca entre estas instancias psíquicas e os tres sistemas definidos na primeira tópica (porque hai partes do eu e do supereu que son igualmente inconscientes cóid) "inconsciente" pasa a ter unha función máis ben cualificadora, adxectiva.

É en1920 cando Freud fai unha viraxe na súa teoría, máis precisamente, co seu texto titulado "Máis aló do principio do pracer". No devandito texto Freud redefine os conceptos de pracer e displacer. Xa non se trata da oposición dunha serie de complementarios senón que pracer e displacer son disimétricos. A guerra recentemente desatada abre a pregunta sobre unha fenomenoloxía particular: asneurose de guerra. O feito que lle chama a atención a Freud é que aqueles que estiveron en situacións traumáticas, tales como estar na fronte de batalla, soñan reiteradamente coa situación traumática, é dicir que unha e outra vez se representa nos soños a vivenza traumática. Freud pregúntase como se pode artellar este fenómeno coa tese por el exposta de que o soño é un cumprimento de desexo. A esta altura da súa teoría Freud xa ten definido o concepto defixación dapulsión. Hai algo propio da pulsión que é traumático. Isto posibilítalle pensar un inconsciente non todoreprimido, só réstalle conceptualizar o cambio de meta, é dicir o displacer como meta. Cuestión que teoriza en1923 no seu texto "O problema económico do masoquismo".

O Inconsciente colectivo en Carl Gustav Jung

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Inconsciente colectivo.

É precisamente a conceptualización da teoría do inconsciente, entre outras razóns de índole teórica e persoal, a que xerará a separación entre Freud eJung. Será o derradeiro o que reformule e amplíe o carácterpersoal do inconsciente freudiano, estendéndoo «ad infinitum» a uninconsciente colectivo cuxo contido primordial serán osarquetipos. Deste xeito, e sempre dende o marco teórico daPsicoloxía analítica do autor suízo, o inconsciente ficaráestratificado en dous niveis:

  1. A propia denominación do inconsciente de Freud, ao que chamaráinconsciente persoal, aceptando e diferenzando así a postulación freudiana, e onde os contidos centrais ou constelacións do inconsciente serán distinguidos baixo o termo decomplexos, residindo un arquetipo no núcleo de cada un deles.
  2. O propioinconsciente colectivo, sede de e constituído polos arquetipos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Freud, Sigmund,O Inconsciente en Obras Completas, Vol. XIV, Amorrotu, B.Aires, 9ª. Edición 1996, páx. 161,ISBN 950-518-590-1 (Título orixinal:Dás Unbewusste, 1915)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Laplanche, Jean & Pontalis, Jean-Bertrand (1996).Dicionario de psicanálise. Tradución Fernando Gimeno Cervantes. Barcelona: Editorial Paidós.ISBN 84-493-0256-0. 
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Inconsciente&oldid=6651589»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp