In vivo (dolatín:dentro do vivo) significa "que ocorre ou ten lugar dentro dun organismo". En ciencia,in vivo refírese a experimentación feita dentro ou no tecido vivo dunorganismovivo, por oposición a un parcial oumorto. Probas con animais e osensaios clínicos son formas deinvestigaciónin vivo.
Este tipo de investigación aproxímase ao suxeito de experimentaciónholismico. É a miúdo máis apropiado para a observación de efectos finais e totais para unexperimento no suxeito vivente. Nabioloxía molecular,in vivo refírese a experimentación a nivelcelular, onde estas poden ser rotas e analizadas.
No pasado, oscoelliños de indias foron tan comunmente usadosin vivo como suxeito experimental, que se fixo parte dos idiomasgalego,castelán así como doinglés: -ser un coelliño de indias para alguén/algo-. Con todo, estes animais foron substituídos por un tipo derata máis pequena, barata e rápida en reprodución.
Tamén pode facer referencia a calquera tipo de experimentación por oposición a aquela que se faiin vitro, por exemplo, os experimentos de propagación de plantas que se fan en viveiros considéransein vivo, contrario ao que sucede cando se propagan plantas en tubos de ensaio, que se considerain vitro. En ambos os casos o suxeito de experimentación está vivo.