Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Inés Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaInés Rey

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es)Inés Rey GarcíaEditar o valor en Wikidata
11 de xullo de 1982Editar o valor en Wikidata (43 anos)
A Coruña, EspañaEditar o valor en Wikidata
Alcaldesa da Coruña
15 de xuño de 2019 –
← Xulio Ferreiro
Concelleira do Concello da Coruña
15 de xuño de 2019 –
Datos persoais
EducaciónUniversidade da CoruñaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, avogadaEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obreiro EspañolEditar o valor en Wikidata
Membro de

Twitter: inesreygarciaInstagram: inesreypsoeEditar o valor en Wikidata

Inés Rey García, nada naCoruña o 11 de xullo de1982, é unhaavogada e políticagalega militante doPSdeG. Dende o15 de xuño de2019 é a alcaldesa da Coruña. É a primeira muller na democracia que ostenta ese cargo.[1]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

É licenciada en dereito polaUniversidade da Coruña, carreira na que tivo como profesor de Dereito procesal ao seu antecesor na alcaldía,Xulio Ferreiro. Exerceu de avogada na súa cidade natal.

Militante dasXuventudes Socialistas de Galicia[2] e doPSdeG, naseleccións xerais de 2011 foi como número 2 da lista do partido aoSenado, por detrás do alcalde saínteJavier Losada, pero non foi escollida senadora.

En2018 presentou a súa candidatura ás primarias do seu partido para obtar á alcaldía da Coruña, xunto conJosé Manuel García,Rafael Arangüena eJuan Ignacio Borrego. Na primeira volta foi a segunda candidata máis votada con 96 sufraxios, por detrás de José Manuel García que obtivo 143.[3] Así e todo, na segunda volta que se celebrou o 25 de novembro de 2018 quedou de primeira, con 215 votos fronte aos 178 do outro candidato, encabezando así a lista doPSdeG nas eleccións municipais de 2019 na súa cidade.[4]

Naseleccións, celebradas o 26 de maio de2019, oPSdeG foi a segunda forza máis votada noconcello da Coruña con 9 concelleiros, quedando a 410 votos doPPdeG deBeatriz Mato, que foi a primeira forza tamén con 9 concelleiros.[5] Non obstante, Inés Rey foi investida alcaldesa da cidade o 15 de xuño de2019, grazas ao apoio dos 6 concelleiros daMarea Atlántica e os 2 doBNG.[6]

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

É nai de dous fillos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. A socialista Inés Rey promete ser "a alcaldesa de todos" os coruñeses con "humildade"
  2. "Inés Rey: «No me veo negociando, me veo gobernando y de próxima alcaldesa»".La Voz de Galicia, 27 de novembro de 2018
  3. "Las primarias que le cambiaron la cara al PSOE de A Coruña".La Voz de Galicia. 28 de novembro de 2011. 
  4. "Inés Rey candidata del PSOE y José Manuel García se despide como concejal".El Ideal Gallego. 26 de novembro de 2018. 
  5. "Elecciones municipales 2019. A Coruña".El País. Consultado o 22 de xuño de 2019. 
  6. "La socialista Inés Rey es elegida primera alcaldesa democrática de A Coruña con una llamada al "entendimiento"".eldiario.es. 15 de xuño de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2019. 


Predecesor:
Xulio Ferreiro
 
Alcaldesa da Coruña
 
2019 – actualidade
Sucesor:
No cargo
Antes da Restauración
A Coruña
Restauración
Segunda República
Franquismo
Democracia
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Inés_Rey&oldid=6811111»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp