Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Imperio Sueco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaImperio Sueco
Konungariket Sverige (sv)Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=glEditar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua suecaEditar o valor en Wikidata
RelixiónluteranismoEditar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1611Editar o valor en Wikidata
Disolución1721Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquíaEditar o valor en Wikidata
MoedaSwedish riksdaler(en)TraducirEditar o valor en Wikidata

OImperio Sueco (ensueco:det svenska stormaktsväldet) foi unha das grandes potenciaseuropeas doséculo XVII. Nahistoriografía moderna esta época é coñecida comostormaktstiden (dosueco:A era de grandeza ouA era do poderío).[1][2]

A paz de Westfalia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Paz de Westfalia.

Á conclusión daGuerra dos Trinta Anos, aPaz de Westfalia de1648 outorgou aSuecia certos territorios como indemnización de guerra. Suecia esixiu nas negociacións os territorios deSilesia ePomerania (baixo dominio sueco dende había vinte anos), e unha indemnización monetaria de 20 millóns deRiksdaler. Finalmente os representantes suecos,Axel Oxenstierna eJohan Banér, obtiveron: aPomerania Superior, máis as illas de Rügen e Usedom, un fragmento da Pomerania Inferior ao leste doOder, a illa deWollin e os dereitos de sucesión sobre o resto da Pomerania Inferior en caso de extinción dos Hohenzollern deBrandeburgo, a cidade deWismar, os bispados secularizados deBremen-Verden, máis a cidade deWildeshausen. Economicamente conseguiron cinco millóns de Riksdaler.

Estes territorios serían administrados como posesións suecas oufiefs dentro doSacro Imperio Romano Xermánico. Isto concedíalle a Suecia un voto na Dieta Imperial, ademais da administración do Círculo Imperial daBaixa Saxonia, alternándose conBrandeburgo-Prusia.Francia eSuecia convertéronse en garantes do tratado xunto aoEmperador, como se decidiu no congreso executivo deNúremberg de1650.

Contesto histórico

[editar |editar a fonte]

Suecia gañou posesións pequenas e dispersas como resultado de dezaoito anos de guerra, pero asegurouse o control de tres ríos principais do norte deAlemaña, oOder, oElba e oWeser, ademais de dereitos de aranceis sobre as devanditas arterias comerciais. As dúas principais razóns das súas pequenas ganancias territoriais foron a reticencia de Francia e a impaciencia da raíñaCristina de Suecia. Como resultado da intervención sueca, asegurouse a liberdade relixiosa para os protestantes enEuropa, o maior logro político de Suecia, que a converteu en abandeirado doprotestantismo continental durante setenta anos, até que se produciu o colapso do Sacro Imperio Romano Xermánico.

O ascenso de Suecia ao rango de poder imperial implicaba que debía continuar sendo unhamonarquía militar, armada ante posibles emerxencias. A pobreza e escasa poboación de Suecia facían que o país non estivese preparado para adoptar un status imperial. Con todo, a mediados doséculo XVII, con Francia como firme aliada, a incompatibilidade entre os seus poderes e as súas pretensións non resultaba tan obvia.

Consolidación estatal

[editar |editar a fonte]
Retrato do rei Gustavo II Adolfo

Polo momento, Suecia mantiña unha tenue posición de liderado. Un goberno coidadoso permitiría o dominio permanente da costa doMar Báltico, pero deixaba pouco espazo para erros. Desafortunadamente, a inexperiencia dos dous sucesores inmediatos deGustavo II Adolfo: Cristina de Suecia eCarlos X Gustavo, presentou grandes dificultades para o nacente imperio. Baixo o reinado da raíña Cristina é fundada Nova Suecia, unha pequena colonia sueca na costa oriental deAmérica do Norte, o29 de marzo de1638 polo exploradorPeter Minuit que incluía partes dos actuais estados estadounidenses deDelaware,Nova Jersey ePensilvania. O principal pobo da colonia era Forte Cristina, nomeada en honra da Raíña Cristina de Suecia. Preto de 600 colonos suecos establecéronse na área ese ano. Máis adiante, este pobo converteríase na actual cidade deWilmington, no estado de Delaware. O control sueco sobre a rexión só durou dezasete anos, xa que en setembro de1655, baixo a dirección do gobernador Johan Rising, Nova Suecia foi atacada pola veciña colonia neerlandesa deNovos Países Baixos, e foi anexada a esta última. A política financeira de Cristina levou ao Estado ao bordo dabancarrota. Estas dificultades económicas espertaron o descontento público previamente á súa abdicación. Os suecos temían que a grandeza externa e artificial do seu país puidese ser comprada coa perda das súas liberdades civís e políticas. O pobo buscaba un novo rei ao que expresar as súas queixas sobre o poder excesivo danobreza.

ChancelerAxel Oxenstierna.

Carlos X Gustavo foi un sólido árbitro entre o pobo e a nobreza. Principalmente un soldado, dirixiu a súa ambición cara á gloria en combate, pero tamén se trataba dun hábil político: Á vez que reforzaba o poderío militar, entendeu que era necesaria unha maior unidade interna para exercer unha firme política exterior. A cuestión interior máis perentoria que resolver era aReduktion, ou restitución de terras da Coroa. NoRiksdag de Estados de1655, o rei propuxo que aqueles nobres en posesión de terras da coroa debían pagar unha suma anual de 200 000 Riksdaler como arrendamento polas mesmas ou devolver un cuarto da propiedade, cun valor aproximado de 800.000 Riksdaler. A nobreza, desexosa de evitar os impostos, estipulou que a lei non tivese valor retroactivo máis atrás de1632, data da morte de Gustavo II Adolfo.

A raíñaCristina de Suecia.

O terceiro estado, asfixiado polos impostos, protestou ante esta decisión, e a dieta houbo de ser suspendida. O rei interveu, non para reprimir ás masas, como insistía o Parlamento, senón para pedir á nobreza que fixese concesións. Propuxo un comité especial para investigar o problema antes do encontro do seguinte Consello do reino ouRiksdag, e unha contribución proporcional que debía ser pagada por todas as clases até ese momento. Ambos os grupos mostráronse de acordo.

Carlos X Gustavo fixo o posible para recuperar ao país da inexperiencia financeira de Cristina; con todo, o seu propio desexo de gloria militar orixinou grandes problemas ao imperio. En tres días, persuadiu ao Consello do reino da conveniencia dun ataque aPolonia. Partiu desdeEstocolmo en dirección aVarsovia, o10 de xullo de1654, obtendo finalmente maior gloria persoal que beneficios para o seu reino. A guerra conPolonia pronto cobrou maiores dimensións e converteuse nunha guerra a nivel europeo. En1659, Carlos X Gustavo atacou por sorpresa a Dinamarca e emerxeu triunfante, logrando grandes vantaxes para o seu reino no Tratado de Roskilde, para morrer posteriormente enfermo. Tras a súa morte, o país quedou en mans da súa viúva Eduviges Leonor de Holstein-Gottorp e cinco funcionarios, como rexentes ante a minoría de idade do seu filloCarlos XI, que contaba con catro anos. O goberno sueco buscou rapidamente a paz cos numerosos inimigos de Suecia, entre os que agora se contaban oTsarato Ruso,Polonia,Brandeburgo eDinamarca.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Vem är vem i svensk historia(en sueco). 
  2. clipboard, Text-Anna Larsdotter 5 mars 2006 URL copied to (2006-03-05)."När Sverige var som störst".Popularhistoria.se(en sueco). Consultado o2023-03-01. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Imperio SuecoModificar a ligazón no Wikidata
Imperios Antigos
Imperios Medievais
Imperios Modernos
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Imperio_Sueco&oldid=6566090»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp