Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Imperio Seléucida

Coord.:33°05′40″N44°31′20″L / 33.0944,44.5222
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaImperio Seléucida

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 33°05′40″N44°31′20″L / 33.0944,44.5222
CapitalLysimachia(en)Traducir
Antioquía do Orontes(240 a. C.–64 a. C.)
Seleucia do Tigris(305 a. C.–240 a. C.)
Babilonia(312 a. C.–305 a. C.)Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación35.000.000Editar o valor en Wikidata (8,75hab./km²)
Lingua oficiallingua grega antigaEditar o valor en Wikidata
Relixiónrelixión da Grecia AntigaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie4.000.000 km²Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Reino asmoneo(140 a. C.–63 a. C.)Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación312 a. C.Editar o valor en Wikidata
Disolución63 a. C.Editar o valor en Wikidata
Sucedido porImperio PartoEditar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquíaEditar o valor en Wikidata

OImperio Seléucida (312 a. C. -63 a. C.) foi unimperio helenístico, é dicir, un estado sucesor doImperio de Alexandre Magno. Despois da morte de Alexandre Magno, os seus xenerais repartíronse o imperio, sendo protagonistas durante vinte anos de grandes loitas e pelexas por obter o poder. Foron os chamadosdiádocos, (διαδοχος) ou sucesores ou herdeiros. Despois destes antigos xenerais gobernaron os chamadosepígonos (επιγονος, 'os nados despois ou sucesores'). A loita entre eles para obteren o poder e a hexemonía durou case cincuenta anos, ata o281 a. C. en que morreu o último dos diádocos,Seleuco I Nicátor.

O vasto imperio deAlexandre Magno quedou dividido á súa morte da seguinte maneira:

A Dinastía seléucida foi fundada porSeleuco I Nicátor, trala derrota e morte do xeneralAntígono Monoftalmos. Esta dinastía gobernou ata o ano69 a. C. O seu territorio comprendíaBabilonia eSiria e gran parte de Asia Menor. Este vasto territorio estendíase para o leste, para o que hoxe éPaquistán e comprendía toda a gran meseta deIrán ata chegar ás montañas daIndia e polo norte ata os desertos domar de Aral. Estaba constituído por 20 pobos de distintas razas, lingua e relixión, cun total de máis de 30 millóns de habitantes. Tivo dúas capitais:Antioquía en Siria (actualmente chamada "Antakya" en turco) eSeleucia do Tigris enMesopotamia.

Os seléucidas (en laranxa, despois tamén en violeta) guerrearon adoito cos tolemaicos (en verde).

Esta dinastía foi herdeira da cultura helenística que procuraron difundir, pero gobernaron ao modo dos seus antecesores os reis sirios, mesopotámicos e persas, facéndose os seus reis adorar como deuses. Frecuentemente estiveron en guerra coadinastía tolemaica deExipto.

Pero foi un reino demasiado cumprido, demasiado plural e os seléucidas foron perdendo aos poucos o goberno das terras do leste dorío Éufrates e máis tarde foron expulsados de Asia Menor. Os pobos de Irán eran persas, medos e bactrianos e souberan conservar seu antiga relixión e a súa lingua, así que os gobernadores destes territorios aproveitaron a decadencia dos seléucidas para ser independentes. O gobernador grego daBactriana,Diódoto, tomou o título de rei no254 a. C., comezando desta maneira oreino de Bactriana (hoxe país deBalkh), conservando o grego como idioma, reino que durou ata o ano126.

No ano64 a. C. o romanoPompeio destituíu aos dous pretendentes ao trono seléucida e Roma anexionouse todos os territorios.

Os reis desta dinastía foron:

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Imperio Seléucida

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Levi, Peter (1988).Grecia: Cuna de Occidente(encastelán). Madrid: Folio.ISBN 9788422626169. 
  • Seignobos, Charles (1930).Historia Universal(encastelán). Vol. I (Oriente y Grecia). Madrid: Ed. Daniel Jorro. 

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Imperios Antigos
Imperios Medievais
Imperios Modernos
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Imperio_Seléucida&oldid=7283013»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp