OImperio Romano de Occidente é o nome que se lle deu á parte occidental doImperio Romano despois da súa división porDiocleciano no ano286. Tivo unha existencia política separada tras a morte deTeodosio I (395), quen deixou a parte occidental do seu imperio aHonorio, e finalizou oficialmente coa abdicación deRómulo Augústulo o4 de setembro de476 polas presións do xefexermánicoOdoacro.
Sendo xa notoria a decadencia no Imperio Romano (395), o emperadorTeodosio decidiu dividir o imperio entre os seus dous fillos,Arcadio eHonorio, para facilitar o manexo de tan vastas terras.
Os bárbaros penetraron o territorio do imperio romano despois da súa disolución.
División do Imperio Romano e principais pobos veciños
Honorio situou a súa capital enMilán. Xa desde había tempo, a metade occidental do Imperio Romano estivera sumida en continuas guerras civís polo poder, con xenerais que se rebelaban cada poucos meses e se autocoroaban emperadores alternativos, especialmente enBritania e as Galias. A este complicado cadro que facía tremendamente difícil manter o goberno sobre o Imperio de Occidente uníanse as continuas inxerencias dos pobos bárbaros, que se poñían alternativamente ás ordes duns ou outros contendentes ou rompían con todos entregándose ao saqueo segundo lles conviña. Por todo iso, Occidente sufriu de forma moito máis contundente as consecuencias da crise doséculo III, mentres que Oriente lograba recuperarse aos poucos, a pesar de se afrontar de forma continua aosgodos e ospersas, grazas aos ingresos que os ricos campos de Anatolia e sobre todo Exipto lle proporcionaban, a súa maior cohesión interna e a súa poboación máis abundante e menos afectada polas guerras civís, a corrupción e as pestes como ocorría en Occidente.
A crise apoderouse de forma irreversíbel de Occidente cando osvisigodos baixo o mando deAlarico I se dirixiron aItalia no ano402. Ao principio, o xeneral romano de orixevándalaEstilicón, unha das últimas grandes figuras militares de Occidente, logrou pararlle os pés naBatalla de Pollentia. Para desgraza dos romanos, as tropas xa non abundaban tanto como antes e Estilicón só puido reunir homes suficientes retirando boa parte dos que vixiaban a fronteira do ríoRin. Como consecuencia diso, no Nadal do406 os vándalos,suevos,francos e, en menor medida, osxépidos,alanos,sármatas ehérulos, cruzaron de forma masiva o río xeado e se estenderon como unha praga por toda a Galia e logo porHispania, saqueando todas as cidades ao seu paso. Pouco despois Alarico volveu a ameazar a Roma esixindo o pagamento de importantes tributos, mentres en Britania un novo usurpador se coroaba a si mesmo comoConstancio III. Estilicón mostrárase incapaz de atallar a crise e foi executado en408.
As tropas romanas abandonaron Britania mentres era invadida por novos continxentes bárbaros, a fin de acalmar a situación na Galia, pero pouco puideron facer. En todo o Imperio a autoridade romana desaparecía, e só as sucesivas capitais de Milán eRávena contaban con forzas suficientes. Con este cadro, a Alarico foille doado chantaxear a abandonada cidade deRoma cercándoa sucesivamente en 408 e 409, retirándose cando obtiña o ouro convido coSenado. Pero o último ano non se lle puideron entregar as 4000 pezas esixidas e ordenou saquear a cidade en410. Tal feito foi visto polos propios romanos como o fin dunha Era e unha aldraxe inimaxinábel, pois a cidade que conquistara o mundo caía agora presa dos bárbaros. Alarico dirixiuse logo aNápoles con intención de embarcar e saquearÁfrica, pero morreu polo camiño. Sorprendentemente,Gala Placidia, irmá do emperadorHonorio (refuxiado en Rávena) que fora capturada en Roma, conseguiu convencer os visigodos para que asinasen a paz e se aliasen cos romanos. Selou esta alianza casando co novo rei visigodo,Ataúlfo, ao cal se lle cedeu aAquitania en412 co fin de que restablecese a autoridade romana sobre a Galia, e conseguiuno tras longas guerras con outros pobos bárbaros. Posteriormente, os godos recibirían tamén a encarga de restablecer a orde sobre Hispania, o que conseguiron cunhapequena consecuencia: ao expulsar os vándalos de Hispania en429, estes dirixíronse a África e arrasárona, tomandoCartago. Alí apoderáronse do que quedaba da frota romana e aprenderon a arte de navegar, estendendo o seu novo imperio marítimo sen problemas porCórsega,Sardeña, parte deSicilia e asBaleares. Saquearon tamén moitas cidades, incluída de novo Roma en455. Os romanos perdían o dominio dos mares e a súa principal reserva decereais, a do Norte de África.
Reducido á Galia, Italia e parte de Hispania, o decadente Imperio viviu unha nova ameaza, peor aínda que as dos pobos xermánicos. Coa chegada doshunos deAtila en451, os romanos coñeceron a destrución total, os saqueos sistemáticos e o xenocidio de poboacións enteiras. O exército huno só puido ser expulsado da Galia grazas ao xenio militar do último gran xeneral romano,Aecio, que aliado cos visigodos deTeodorico, os francos e os alanos, logrou derrotar naBatalla dos Campos Cataláunicos aos hunos e os seus vasalosostrogodos. Porén, Atila recuperouse e invadiu Italia en452, deténdose só diante das portas de Roma cando opapaLeón I Magno se entrevistou con el. Dous anos máis tarde, a envexa e os celos moveron ao emperadorValentiniano III a se desfacer do seu mellor xeneral, Aecio, condenando ao Imperio para sempre.
A Valentiniano sucedérono emperadores cada vez máis febles e ficticios, ata que en476,Rómulo Augusto, chamado despectivamente "Augústulo" por ser só un neno, foi deposto porOdoacro, xefe doshérulos (tribo ostrogoda). Porén, Odoacro quixo gañarse o favor do Imperio de Oriente enviando as insignias imperiais a Constantinopla, coroándose só como rei de Italia e polo tanto asumindo o goberno de forma simbólica en nome do Emperador de Bizancio. Xa que logo, considérase o 476 como o fin do Imperio Romano e aIdade Antiga, e a Rómulo Augústulo como o último emperador, a pesar de que a autoridade de Occidente había tempo que era historia e que Oriente, en cambio, sobreviviu 1000 anos máis baixo o goberno dos bizantinos.
A Galia quedou dividida entre os novos reinos franco,burgundio e visigodo. Este último asumiu tamén o mando en Hispania tras a destrución doreino suevo, e posteriormente transplantaría a súa base a esta rexión, fundando nela oReino visigodo de Toledo.