Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Imperio Otomán

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:41°N29°L / 41,29
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaImperio Otomán
دولت عالیه عثمانیه (ota)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno nacional do Imperio OtománEditar o valor en Wikidata

Lema«دولت ابد مدت»Editar o valor en Wikidata
EpónimoOsman IEditar o valor en Wikidata
Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 41°N29°L / 41,29
CapitalIstanbul
Söğüt(pt)Traducir(1299–1329)
Bursa(1329–1365)
Didymoteicho(pt)Traducir(1361–1363)
Edirne(1365–1453)
Constantinopla(1453–1922)Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación24.000.000(1912)Editar o valor en Wikidata (4,62hab./km²)
Lingua oficiallingua turca otomáEditar o valor en Wikidata
RelixiónsunnismoEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie5.200.000 km²Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación29 de xullo de 1299Editar o valor en Wikidata
Disolución17 de novembro de 1922Editar o valor en Wikidata
Sucedido porGoberno de Ankara,ocupación de Esmirna ePincipado de SerbiaEditar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta(1302–1876)
monarquía dual(1876–1878)
monarquía absoluta(1878–1908)
monarquía dual(1908–1922)
unipartidismo(1913–1918)
ditadura militar(1913–1918)
monarquía
califato
monarquía constitucional
autoritarismoEditar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Xeral do Imperio Otomán ,Editar o valor en Wikidata
MoedaakçeEditar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 161335

OImperio Otomán (enturco moderno:Osmanlı İmparatorluğou ouOsmanlı Devleti), oficialmenteSublime Estado Otomán (enturco otomán: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه,Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتىOsmanlı Devleti, enturco:Yüce Osmanlı Devleti ouOsmanlı İmparatorluğu) foi unimperio que durou dende o27 de xullo de1299 até o29 de outubro de1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco, a Sublime Porta ou, máis comunmente, Turquía polos seus contemporáneos, aínda que os gobernantes osmanlíes xamais utilizaron ese nome para referirse ao seu Estado. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actualRepública de Turquía.

O Imperio Otomán comezou sendo un máis dos pequenosestados turcos que xurdiron naAsia Menor durante a decadencia doImperio Selxúcida. Os turcos otománs foron controlando paulatinamente aos demais estados turcos, sobreviviron ás invasións mongolas e baixo o reinado deMehmed II (1451-1481) acabaron co que quedaba doImperio Bizantino. A primeira fase da expansión otomá tivo lugar baixo o goberno deOsman I (1288-1326) e seguiu nos reinados deOrhan I,Murad I eBayezid I, a expensas dos territorios do Imperio Bizantino,Bulgaria eSerbia.Bursa caeu baixo o seu dominio en 1326 eAdrianópole en 1361. As vitorias otomás nosBalcáns alertaron aEuropa Occidental sobre o perigo que este Imperio representaba e foron o motivo central da organización dacruzada deSexismundo de Hungría. O sitio que puxeron os otománs aConstantinopla foi roto grazas aTamerlán, caudillo dosmongois, quen tomou prisioneiro aBayezid I en 1402, pero o control mongol sobre os otománs durou moi pouco. Finalmente, o Imperio Otomán logrouconquistar Constantinopla en 1453.

No cumio do seu poder, nosséculos XVI eXVII, controlaba territorios no sueste deEuropa,suroeste de Asia enorte de África. limitaba ao oeste coSultanato de Marrocos, ao leste conPersia e omar Caspio, ao norte coTsarato ruso, aMonarquía Habsburgo (Hungría eSacro Imperio Romano Xermánico) e aMancomunidade de Polonia e Lituania, e ao sur conSudán,Eritrea,Somalia e oEmirato de Diriyah (Arabia). O Imperio Otomán estaba formado por vinte e nove provincias e numerosos estados vasalos, algúns dos cales chegaron a ser absorbidos completamente polo imperio, mentres que a outros foilles concedido certo grao de autonomía no transcurso dos séculos. O imperio gañou tamén eventualmente autoridade sobre terras estranxeiras afastadas a través de declaracións de lealdade ao Sultán, como por exemplo a declaración do Sultán de Aceh en1565, ou a través de adquisicións temporais de illas, como por exemploLanzarote noocéano Atlántico en1585.

ConConstantinopla (enturco otomán: استنبول,Istanbul e قسطنطينيه,Kostantiniyye) como capital, e control de extensión de terra por todo omar Mediterráneo durante o reinado deSuleimán o Magnífico (dirixente de1520 a1566), o imperio foi o centro de interaccións entre o mundoOccidental eOriental durante seis séculos. O Imperio Otomán era, en moitos aspectos, o sucesorislámico dos antigos imperios clásicos. Numerosos trazos e tradicións culturais destes (en campos como a arquitectura, a cociña, o lecer e o goberno) foron adoptados polos otománs, quen os elaborou en novas formas. Estes trazos culturais máis tarde mesturáronse coas características dos grupos étnicos e relixiosos que vivían dentro dos territorios otománs e crearon unha nova e particular identidade cultural otomá.

Durante oséculo XIX, diversos territorios do Imperio Otomán independizáronse, principalmente en Europa. As sucesivas derrotas en guerras e o auxe dos nacionalismos dentro do territorio levaron ao decaemento do poder do imperio. A súa participación naprimeira guerra mundial seguido coaocupación de Constantinopla e o xurdimento de movementos revolucionarios dentro de Turquía déronlle o golpe mortal e resultou napartición do Imperio Otomán. O imperio chegou á súa fin, como réxime baixo a monarquía imperial, o1 de novembro de1922, rematando a súa existenciade iure o24 de xullo de1923 baixo otratado de Lausana. Foi sucedido pola República de Turquía, que foi oficialmente proclamada o29 de outubro dese mesmo ano.

Historia

[editar |editar a fonte]

Orixe

[editar |editar a fonte]
O sultán turcoOsman I.
Santa Sofía deConstantinopla foi construída poloImperio Bizantino noséculo VI d.C. Ao longo da súa historia foibasílica emesquita no Imperio Otomán.

A orixe dosturcos pódese atopar nas estepas da Asia Central, noTurquestán, nunha etnia dedicada á gandería trashumante, en especial de cabalos, e ao comercio, con prácticasseminómadas. Os turcos pronto se relacionan coas culturas musulmás da súa contorna, establecen con elas relacións comerciais e adoptan oislam na súaramasunnita. Este contacto poderíase deber áruta da seda, pois os mercadores musulmáns seguramente transitarían polos territorios onde habitaban os otománs. As primeiras entradas de tribos turcas na rexión que posteriormente sería o Imperio Otomán prodúcense no ámbito militar, cando os exércitos doCalifato Abasí necesitaron soldados para as loitas internas e contra os cristiáns e bizantinos durante oséculo IX. Por iso, recorreron aos territorios fronteirizos recrutando á poboación. Dentro do califato abasí xa pode apreciarse como os turcos van escalando posicións no exército e a administración. A lenta penetración de tribos turcas nesta zona realizouse de dúas maneiras: mediante a progresiva ocupación do territorio por parte dos grupos tribais e mediante a loita contra oImperio Bizantino, que dominara esta rexión durante moito tempo e ao que anularon militarmente.

A ocupación de Anatolia polos turcos pode ter a súa orixe nabatalla de Manzikert en 1071, cando os turcos, ao servizo dosselxúcidas, derrotaron ao exército bizantino do emperadorRomano IV Dióxenes. Isto permitiu que os selxúcidas creasen un vasto sultanato que abarcabaIraq eIrán. Cara a 1243, unha invasión mongol ao mando deBatu, o khan daHorda de Ouro, deixa feito cachizas devandito sultanato, o cal sobrevivira ás loitas internas, aos bizantinos, áprimeira cruzada e aos seus veciños sirios, oszanguíes eaiubides, sendo a soberanía mongol a que o substitúe. Con todo, a esta invasión, aínda sobreviven pequenas porcións de territorio que se converten nunha especie de principados autónomos. De todos estes, hai que destacar oSultanato do Rum, cuxa capital xa estaba enTurquía, pois era a cidade deConia.

Un deses principados —ao que poderiamos chamar o seu primeiro Estado otomán—, pequeno e insignificante, era onde habitaban os turcos, o cal fora cedido polo sultán selxúcida antes da invasión mongol ao primeiro membro dinástico dos otománs,Ertuğrul. Este territorio tiña por capital a cidade deSöğüt. Ertuğrul faleceu en 1290, dando paso á sucesión deOsman I ("Uthman", عُثمَان, en turco), nome do cal deriva a denominación de otománs ou dinastía osmanlí. Foi conOsman I cando empezou a expansión territorial dos turcos en Anatolia, sentando as bases dun imperio que duraría case sete séculos.

Expansión e primeiras vitorias

[editar |editar a fonte]
AMesquita Azul está situada fronte áigrexa de Santa Sofía, separadas ambas as dúas por un xardín.
O emperador bizantinoXoán V Paleólogo.
Expansión territorial otomá nos séculosXIV eXV.

Os otománs chegaron aAnatolia como parte do caudal de pobos turcos desaloxados polas invasións mongois do século XIII. O seu primeiro gobernante coñecido foiOrhan, quen foi fillo deOsman (ou Utmán I Gazi), unha figura de orixes escuras da que deriva o nome otomán.[1] Os primeiros seguidores de Osman consistían tanto en grupos tribais turcos como en renegados bizantinos, con moitos, pero non todos, conversos ao islam.[2][3] Osman estendeu o control do seu principado conquistando cidades bizantinas ao longo dorío Sacaria. Unha derrota bizantina nabatalla de Bafeo en 1302 tamén contribuíu ao ascenso de Osman. Non se entende ben como os primeiros otománs chegaron a dominar os seus veciños, debido á falta de fontes que sobreviven deste período. Oparadigma datese de Ghaza, popular durante o século XX, atribuíu o seu éxito á súa reunión de guerreiros relixiosos para loitar por eles en nome do islam , pero xa non é xeralmente aceptada. Ningunha outra hipótese obtivo unha ampla aceptación.[4][5]

A clave do seu reinado foi a conquista deBursa en 1326 eNicea en 1331.[6] Bursa non só proporcionou a capital, senón os útiles necesarios para crear unha administración otomá. Puido acabar tamén coa ameaza dos seus veciños turcomanos, a cidade deAidim, que proporcionaba mercenarios aXoán Cantacuzeno. Tras a caída de Aidim, serán os otománs os que axudarán a Cantacuzeno, o candidato ao trono bizantino, enfrontado aXoán V Paleólogo, tomándose como recompensa o dereito para saquear o territorio bizantino ao longo doExeo, enTracia, e a man da filla de Xoán Cantacuzeno,Helena.[7]

A partir de 1354, os corpos de expedición otománs dirixidos porSuleiman Paxa estableceron unha base permanente na península europea deGalípoli, a pesar das protestas de Cantacuzeno e outros. Este último tivo que abdicar por ser o responsable de que os turcos se introducisen en Europa. Baixo o mandato do seu fillo,Murad I (1360-1389), fixéronse as primeiras conquistas estables na Europa suroriental. TomouEdirne (Adrianópolis) en 1361, converteuna na súa capital e nomeou o primeirovisir do que sería o Imperio Otomán: Kara Halil Paxa, dos Candarli, familia que monopolizou o posto durante o século seguinte. O emperador bizantino comprometeuse a pagar tributo regularmente aos otománs e a enviar continxentes militares para o seu exército, debido a que non podían enfrontarse á presión turca sobreConstantinopla. Foi un dossultáns máis importantes do Imperio Otomán pola súa triunfal campaña militar enTracia e nosBalcáns, que acompañou con tacto e prudencia, pactando coa Igrexa ortodoxa. Tamén foi o primeiro en ser nomeado sultán, xa que os anteriores ostentaban o título deemires.

Para defender a Europa da ameaza otomá, opapa proclamou unha bula chamando dun modo formal ácruzada cara a 1366, que foi un fracaso en «a ruta dos serbios». Os otománs seguiron a política islámica tradicional de tolerancia cara aosdhimmis, ou «xente do libro», que tiñan dereito de protección sobre as súas vidas, propiedades e crenzas relixiosas sempre que aceptasen un goberno musulmán e pagasen os tributos (cizye) que lles eximían do servizo militar. Por iso non se fixo ningún esforzo para a conversión en masa da poboación. Durante o seu reinado tamén se creou o corpo dosxanízaros, unha peza clave no desenvolvemento posterior do imperio.

Enfrontamentos contra Hungría

[editar |editar a fonte]
A fronteira húngaro-otomá a comezos do século VI.
O sultán turcoBayezid I, quen se enfrontou, e venceu, ao rei Sexismundo de Hungría en 1389.
O sultán otománSuleiman o Magnífico, quen venceu aos húngaros en 1526.
O condeXoán Hunyadi, rexentehúngaro e vencedor dos turcos en 1456.

As ameazas multiplicábanse, e ao seu veciño Karaman uniuse a expansión mongol deTamerlán. Os turcos otománs continuaron avanzando cara aos territorios europeos, poñendo en alerta á potencia medieval doReino de Hungría. Desta forma, o reiLois I de Hungría o Grande conduciu en 1375 unha batalla noPrincipado de Valaquia. A situación política entre os valacos e os húngaros enfrontados aos turcos otománs xeraron certos conflitos entre ambos, o cal creou unha situación onde apenas se logrou conter as invasións sen expulsar aos turcos da zona.

Despois da morte do rei Lois I, sucedeu un curto período de inestabilidade política, ata que o reiSexismundo de Hungría subiu ao trono. De inmediato a ameaza otomá foi tomada en serio polo rei húngaro e os demais duques e Príncipes dos Estados satélites de Hungría, polo que se formou a coalición dos Estados eslavos do sur, dirixida por Sexismundo. Foi na decisivabatalla de Kósovo (1389)[8] cando a vitoria otomá sobre o Imperio serbio permitiu realizar novas conquistas ao sur dorío Danubio, acabando coa última defensa organizada na área dosBalcáns e deixando aHungría como único opoñente serio no sueste de Europa. Nesta batalla un soldado serbio,Milos Obilic, asasinou a Murad I (o único sultán asasinado nunha batalla), e sucedeulle o seu filloBayezid I (1389-1402), afianzándose na vitoria. Para evitar posibles loitas polo trono, foi este o primeiro sultán que matou a todos os seus irmáns, práctica común a partir deste intre e que institucionalizaría o sultánMehmed II. Os esforzos de Bayezid encamiñáronse a conquistar o oeste deAsia Menor, o que conseguiu en 1390.

Posteriormente, iniciaron unha serie de campañas militares que puxeron a totalidade dos Balcáns baixo o seu control, en particular despois da derrota dos cabaleiros cruzados nabatalla de Nicópolis de1396, esta batalla esta considerada como a última cruzada a grande escala da Idade Media , non conseguiu deter o avance dos victoriosos turcos otománs.[9] Ao pouco tempo, os nobres húngaros aínda descontentos alzáronse contra Sexismundo en 1401 e en 1403, sendo derrotados en ambas as ocasións. Tras vencelos, Sexismundo continuou no poder durante os corenta anos seguintes sen ningunha clase de obstáculo sucesorio, contendo os ataques turcos otománs, que xa realizaban incursións en territoriomagiar.

Nabatalla de Ankara en 1402,Tamerlán derrotou ás forzas otomás e tomou prisioneiro ao sultán Bayezid I, provocando o desorde do imperio.[10] Aguerra civil conseguinte, tamén coñecido comoFetret Devri , durou entre 1402 e 1413 cando os fillos de Bayezid loitaban pola sucesión. Rematou candoMehmed I emerxeu como sultán e restaurou o poder otomán.[11]

Estes feitos atrasaron un tempo a súa ascensión, que foi retomada a mediados do século XV. Desta forma, o Reino de Hungría seguiu contendo os embates do expansivo Imperio Otomán. En 1408, o rei húngaroSexismundo fundou entón aOrde do Dragón,[12][13] a cal continuou alentando o espírito de conservación do cristianismo e a independencia dos territorios europeos. A esta orde pertenceron, entre outros nobres, o príncipeVlad II Dracul do principado de Valaquia (actual Romanía) e o seu fillo, o coñecido e sanguinarioVlad III, do cal posteriormente xurdiu o personaxe de Bram Stoker,Drácula. Os otománs seguiron avanzando cara a Europa e en 1427 atacaron e ocuparon a fortaleza deGalambóc a beiras do Danubio ao suroeste do reino de Hungría.

As tropas otomás parecían indetenibles, a pesar de que o rei húngaro e polacoLadislau I organizou unha armada e partiu con ela cara ao leste en 1444. Os exércitos do sultán Murad II saíron vitoriosos nabatalla de Varna, na cal tamén morreu o rei cristián. Tras a morte de Ladislau I, ao non deixar herdeiros, o trono correspondíalle ao novo príncipeLadislau V, fillo do falecido rei húngaroAlberte de Habsburgo, quen gobernara antes do mártir de Varna. Debido a que Ladislau era moi novo para gobernar, os nobres húngaros escolleron de inmediato a un conde que fora comandante dos exércitos húngaros nas anteriores batallas contra os turcos:Xoán Hunyadi.

A entrada do sultánMehmed o Conquistador enConstantinopla; pintura deFausto Zonaro (1854–1929)

O fillo de Murad II,Mehmed o Conquistador , reorganizou tanto o estado como o exército, e o 29 de maio de 1453 conquistouConstantinopla, poñendo fin ao Imperio Bizantino, levando as fronteiras otománs ata Europa Central. Mehmed permitiu áigrexa ortodoxa oriental manter a súa autonomía e terras a cambio de aceptar a autoridade otomá.[14] Debido ás tensións entre os estados de Europa occidental e o posterior Imperio Bizantino, a maioría da poboación ortodoxa aceptou o dominio otomán como preferible ao veneciano.[14] A resistencia albanesa foi un gran obstáculo para a expansión otomá na península italiana.[15]

Hunyadi proseguiu a loita contra os turcos otománs e alcanzou a vitoria nositio de Belgrado (1456), sendo esta a primeira gran batalla gañada polos europeos cristiáns contra os turcos. En honra a esta proeza, o papaCalisto III ordenou que se establecese un toque de campás do mediodía para honrar a vitoria húngara. Desta maneira, Hungría recibiu o título de «último bastión do cristianismo en Europa», polo cal foi coñecida durante toda a época doRenacemento. Tras a morte de Xoán Hunyadi, e ao estar vacante o trono húngaro, o seu fillo máis novo foi elixido rei polos nobres, e desta forma,Matías Corvino foi coroado en 1458. O rei Matías Corvino mantivo unha política expansionista en Europa, e durante o seu reinado logrou igualmente conter os exércitos otománs.

O sultánSelim I (1512–1520) ampliou drasticamente as fronteiras do leste e do sur do Imperio ao derrotar o xaIsmail I doIrán safávida, nabatalla de Chaldiran.[16] ​​Selim I estableceu o dominio otomán en Exipto derrotando e anexionándose oSultanato mameluco de Exipto e creou unha presenza naval nomar Vermello. Despois desta expansión otomá, comezou a competición entre oImperio Portugués e o Imperio Otomán para converterse na potencia dominante na rexión.[17]

Morte do reiLois II de Hungría nabatalla de Mohács en 1526.

Suleiman o Magnífico (1520–1566) capturouBelgrado en 1521, conquistou as partes sur e central doReino de Hungría como parte dasguerras otomán-húngaras,[18][19] e, tras a súa vitoria histórica nabatalla de Mohács en 1526, na que tamén morreu o reiLois II de Hungría.[20], estableceu o dominio otomán no territorio da actual Hungría (agás a parte occidental) e noutros territorios centroeuropeos. Logoasediou Viena en 1529, pero non logrou tomar a cidade.[21] En 1532, fixo outro ataque contra Viena, pero foi rexeitado no asedio de Güns.[22][23]Transilvania,Valaquia e, de forma intermitente,Moldova, convertéronse en principados tributarios do Imperio Otomán. No leste, os turcos otománs tomaronBagdad os persas en 1535, acadando o control deMesopotamia e o acceso naval aoGolfo Pérsico.

En 1539, un exército otomán de 60.000 efectivos asediou aguarnición española deCastelnuovo nacosta adriática; o asedio exitoso custoulles 8.000 baixas aos otománs,[24] peroVenecia aceptou os termos en 1540, rendendo a maior parte do seu imperio noExeo eMorea.Francia e o Imperio Otomán, unidos pola oposición mutua ao dominio dosHabsburgo, convertéronse en fortes aliados. As conquistas francesas deNiza (1543) eCórsega (1553) producíronse como unha empresa conxunta entre as forzas do rei francésFrancisco I e Suleiman, e estaban comandados polos almirantes otománsHayreddin Barbarroxa eDragut.[25] Un mes antes do asedio de Niza, Francia apoiou aos otománs cunha unidade de artillaría durante a conquista otomá de Esztergom en 1543 no norte de Hungría. Despois de novos avances dos turcos, o gobernante dos HabsburgoFernando recoñeceu oficialmente o ascenso otomán en Hungría en 1547. En 1555, oCáucaso dividiuse oficialmente por primeira vez entre os safávidas e os otománs, unstatu quo que permanecería ata o final daguerra ruso-turca (1768 - 1774). Por esta partición do Cáucaso asinada naPaz de Amasia,Armenia occidental, oKurdistán eXeorxia occidental (incl. Samtskhe occidental ) caeron en mans otomás,[26] mentres que o sur deDaguestán, oleste de Armenia, oleste de Xeorxia e oAzerbaidján permaneceron persas.[27] Suleiman I morreu por causas naturais na súa tenda durante oasedio de Szigetvár en 1566.

Suleiman o Magnífico e a súa esposaRoxelana, dous retratos dopintorveneciano do século XVITiziano.

O Imperio Otomán acadou a súa máxima extensión xeográfica con Suleiman, que foi a época de ouro do Imperio. Ao final do reinado de Suleiman, o Imperio abarcaba aproximadamente 2.273.720 km2, estendéndose por tres continentes.[28] Ademais, o Imperio converteuse nunha forza naval dominante, controlando gran parte domar Mediterráneo.[29] Por esta época, o Imperio Otomán era unha parte importante da esfera política europea. Os otománs envolvéronse en guerras relixiosas multicontinentais cando España e Portugal se uniron baixo aUnión Ibérica. Os otománs tiñan o título de califa, o que significa que eran os líderes de todos os musulmáns en todo o mundo. Os iberos eran líderes dos cruzados cristiáns, polo que ambos estaban encerrados nun conflito mundial. Houbo zonas de operacións no mar Mediterráneo[30] e noocéano Índico,[31] onde os iberos circunnavegaban África para chegar á India e, no seu camiño, librar a guerra contra os otománs e os seus aliados, musulmáns locais. Así mesmo, os iberos pasaron polaAmérica Latina recentemente cristianizada e enviaron expedicións que atravesaron oPacífico co fin de cristianizar as antigasFilipinas musulmás e utilizalas como base para seguir atacando aos musulmáns noExtremo Oriente.[32] Neste caso, os otománs enviaron exércitos para axudar ao seu vasalo e territorio máis oriental, oSultanato de Aceh no sueste asiático.[33][34] Durante a década de 1600, o conflito mundial entre o Califato Otomán e a Unión Ibérica foi un punto morto xa que ambas as potencias estaban en niveis de poboación, tecnoloxía e económicos similares. Non obstante, o éxito do estamento político e militar otomán foi comparado co doImperio Romano, a pesar da diferenza no tamaño dos seus respectivos territorios.[35]

Decadencia

[editar |editar a fonte]

A decadencia otomá comezou despois da morte de Solimán o Magnífico, en1566. Unha serie de gobernantes ineptos fixeron florecer as intrigas de palacio, ata que a acción combinada do sultánMurad IV (ou Amurates IV) e daCasa de Koprulu motivou unha intensa reforma administrativa. Porén, o Imperio Otomán sufriu un serio revés cando comprometeu tódolos seus recursos nun novo asalto aViena, que fracasou en1683 grazas á dura resistencia dos polacos.

A partir de entón, os otománs descubriron que o seu poderío militar (baseado na disciplina da infantaría dexanízaros e a cabalaría desipahis) estaba a naufragar, e decidiron abrirse á diplomacia occidental. Desta maneira, os comerciantes cristiáns de Constantinopla (osfanariotas) abríronse paso na administración otomá. Este proceso durou todo o século XVIII, pero motivou o xurdimento daGrande idea de substituír o Imperio Otomán por un Imperio Grego. Os gregos alzáronse en armas a comezos do século XIX e obtiveron a súa independencia en1823, pero xamais chegaron a concretar a Grande idea. Os otománs volvéronse máis fanaticamente musulmáns que nunca, e enredáronse irremisiblemente no xogo político das potencias coloniais de Occidente, ó tempo que sobrevivía ás sublevacións que os seus propios novos oficiais, educados na arte da guerra occidental, promovían en nome deses mesmos valores occidentais que recibiran. O "home enfermo de Europa", como se cualificou ó imperio, sobreviviu aínda tres cuartos de século máis, grazas ó apoio deInglaterra (que precisaba os otománs para contrarrestar as ambicións deRusia de alcanzar omar Mediterráneo). Isto non impediu que os otománs perdesen virtualmente a administración de Exipto, ó tempo que os pobos cristiáns dos Balcáns (Serbia,Croacia,Bulgaria eRomanía) se foron independizando un detrás doutro.

Ocaso

[editar |editar a fonte]
Mehmed VI, o último sultán do Imperio Otomán abandonou o país despois da abolición do sultanato otomán, o 17 de novembro de 1922.

Finalmente, durante aprimeira guerra mundial, o Imperio Otomán aliouse coaTripla Alianza conformada porAlemaña,Italia eAustria. Após a derrota dos Imperios centrais, o Imperio Otomán (gravemente socavado polo espertar árabe apoiado polos ingleses deT. E. Lawrence) caeu naanarquía. Derrotado en todas as frontes, o Imperio Otomán asinou oarmisticio de Mudros o 30 de outubro de 1918.[36]Constantinopla foi ocupada polas forzas combinadas británicas, francesas, italianas e gregas.[37] En maio de 1919, Grecia taméntomou o control da área arredor de Esmirna[38] (agoraİzmir).

Apartición do Imperio Otomán concretouse nos termos dotratado de Sèvres de 1920. Este tratado, tal e como se deseñou naconferencia de Londres, permitía aosultán manter a súa posición e o seu título. O status de Anatolia era problemático dadas as forzas ocupadas.

Xurdiu unha oposición nacionalista comovemento nacional turco. Este movemento gañou aguerra de independencia de Turquía (1919–1923) baixo o liderado deMustafa Kemal (máis tarde recibiu o apelido "Atatürk"). O18 de setembro de1922, os exércitos de ocupación foron rexeitados e o país viu o nacemento do novo Estado turco. O1 de novembro, o recentemente fundado parlamento aboliu oficialmente osultanato, e o último sultán,Mehmed VI (que reinou entre 1918 e 1922), abandonou o país o 17 de novembro de 1922, dando fin a 623 anos de dominio otomán. Otratado de Lausana de1923 levou ao recoñecemento internacional da soberanía da recentemente formada "República de Turquía" e a república foi proclamada oficialmente o29 de outubro de 1923, na nova capital deAnkara. O 3 de marzo de 1924 foi abolido ocalifato.[39]

Goberno

[editar |editar a fonte]
OPalacio de Topkapı e oPalacio de Dolmabahçe foron as residencias principais dossultánsotománs enIstanbul entre 1465 e 1856[40] e 1856 a 1922,[41] respectivamente.
O sultán turco Osmán I.

Antes das reformas dos séculos XIX e XX, aorganización estatal do Imperio Otomán era un sistema con dúas dimensións principais, a administración militar e a administración civil. O sultán estaba na posición máis alta do sistema. O sistema civil baseábase en unidades administrativas locais en función das características da rexión. O Estado tiña control sobre o clero. Certas tradicións turcas preislámicas que sobreviviran á adopción de prácticas administrativas e legais doIrán islámico seguían sendo importantes nos círculos administrativos otománs.[42] Segundo o entendemento otomán, a responsabilidade principal do estado era defender e estender a terra dos musulmáns e garantir a seguridade e a harmonía dentro das súas fronteiras no contexto xeral da práctica islámicaortodoxa e da soberanía dinástica.[43]

Embaixadores no Palacio de Topkapi O Imperio Otomán ou, como institución dinástica, a Casa de Osman, non tivo precedentes e non tivo igual no mundo islámico tanto polo seu tamaño como pola súa duración.[44] En Europa, só aCasa de Habsburgo tivo unha liña igualmente ininterrompida de soberanos (reis/emperadores) da mesma familia que gobernou durante tanto tempo, e durante o mesmo período, entre finais do século XIII e principios do XX. A dinastía otomá era de orixe turca. En once ocasións, o sultán foi deposto (substituído por outro sultán da dinastía otomá, que era irmán, fillo ou sobriño do antigo sultán) porque era percibido polos seus inimigos como unha ameaza para o Estado. Só houbo dous intentos na historia otomá de derrocar a dinastía otomá gobernante, ambos fracasos, o que suxire un sistema político consolidado que durante un período prolongado foi capaz de xestionar as súas revolucións.[43] Como tal, o último sultán otomán Mehmed VI (1918-1922) foi undescendente directo patrilineal (liña masculina) do primeiro sultán otománOsman I (m. c. 1323/4), que non tivo parangón tanto en Europa (ex., a liña masculina da Casa dos Habsburgo extinguiuse en 1740) como no mundo islámico. O propósito principal doharén imperial era asegurar o nacemento de herdeiros masculinos ao trono otomán e asegurar a continuación do poder directo patrilineal (liña masculina) dos sultáns otománs nas xeracións futuras. A posición máis alta no islam,califato, foi reclamada polos sultáns otománs comezando porMurad I,[45] que foi establecido como o califato otomán.

O sultán otomán,pâdişâh ou "señor de reis", exercía como único rexente do Imperio e era considerado a personificación do seu goberno, aínda que non sempre exercía un control total. O harén imperial era un dos poderes máis importantes da corte otomá. Estaba gobernado polavalide sultan (sultana nai). En ocasións, a valide sultán involucrábase na política do Estado. Durante un tempo, as mulleres do harén controlaron efectivamente o Estado no que se denominou o "sultanato das mulleres". Os novos sultáns elixíanse sempre entre os fillos do sultán anterior.

O sólido sistema educativo daescola de palacio estaba orientado a eliminar aos herdeiros potenciais non aptos e a establecer o apoio da elite gobernante a un sucesor. As escolas de palacio, que tamén educarían aos futuros administradores do Estado, non tiñan unha vía única. En primeiro lugar, amadrasa (Medrese) estaba destinada aos musulmáns, e educaba a eruditos e funcionarios do Estado segundo a tradición islámica. A carga financeira da Medrese era sufragada porvakif, o que permitía aos fillos de familias pobres ascender a niveis sociais e ingresos máis altos.[46] A segunda vía era uninternado gratuíto para os cristiáns, oEnderûn,[47] que recrutaba anualmente a 3.000 alumnos entre mozos cristiáns de oito a vinte anos dunha de cada corenta familias das comunidades asentadas enRumelia ou os Balcáns, proceso coñecido comodevshirme (Devşirme).[48]

Yusuf Ziya Pasha, embaixador otomán nos Estados Unidos, enWashington DC, 1913

Aínda que o sultán era o monarca supremo, a súa autoridade política e executiva estaba delegada. A política do Estado contaba cunha serie de conselleiros e ministros reunidos ao redor dun consello coñecido comoDivan. O Divan, nos anos en que o Estado otomán aínda era unBeylik', estaba composto polos anciáns da tribo. A súa composición modificouse posteriormente para incluír a oficiais militares e elites locais (como conselleiros relixiosos e políticos). Máis tarde, a partir de 1320, nomeouse a un Gran Visir para que asumise algunhas das responsabilidades do sultán. O Gran Visir gozaba dunha considerable independencia respecto ao sultán, con poderes case ilimitados de nomeamento, destitución e supervisión. A partir de finais do século XVI, os sultáns retiráronse da política e o Gran Visir converteuse no xefe de Estado "de facto".[49]

Ao longo da historia otomá, houbo moitos casos nos que os gobernadores locais actuaron de forma independente e mesmo en oposición ao gobernante. Despois da revolución da xuventude turca de 1908, o estado otomán converteuse nunha monarquía constitucional. O sultán xa non tiña poderes executivos. Formouse un parlamento, con representantes elixidos das provincias. Os representantes formaron oGoberno Imperial do Imperio Otomán. Esta administración ecléctica manifestábase mesmo na correspondencia diplomática do Imperio cara a occidente, que inicialmente se realizaba enlingua grega.[50]

Ostughra eranmonogramas caligráficos, ousinaturas, dos sultáns otománs, dos que había 35. Esculpidos no selo do sultán, levaban os nomes do sultán e do seu pai. A frase e oración "sempre vitorioso" tamén estaba presente na maioría. O máis antigo pertencía a Orhan Gazi. Atughra, ornamentada e estilizada, deu orixe a unha rama dacaligrafía otomán-turca.

Dereito

[editar |editar a fonte]
Un xuízo otomán, 1877
Unha esposa infeliz que se queixa aocadi daimpotencia do seu marido, segundo unha miniatura otomá. Odivorcio estápermitido naLei islámica epode ser iniciado polo marido ou a muller.[51]

O sistema xurídico otomán aceptaba odereito relixioso sobre os seus súbditos. Ao mesmo tempo, oQanun (ouKanun), dereito dinástico, coexistía co dereito relixioso ouXaria.[52][53] O Imperio Otomán sempre se organizou ao redor dun sistema dexurisprudencia local. A administración legal no Imperio Otomán formaba parte dun esquema máis amplo de equilibrio entre a autoridade central e a local.[54] O poder otomán xiraba crucialmente ao redor da administración dos dereitos sobre a terra, que daba un espazo á autoridade local para desenvolver as necesidades domillet (comunidade confesional) local.[54] A complexidade xurisdicional do Imperio Otomán tiña como obxectivo permitir a integración de grupos cultural e relixiosamente diferentes.[54] O sistema otomán contaba con tres sistemas xudiciais: un para os musulmáns, outro para os non musulmáns, no que participaban xudeus e cristiáns designados que gobernaban sobre as súas respectivas comunidades relixiosas, e o "tribunal de comercio". Todo o sistema estaba regulado desde arriba mediante oQanun administrativo, é dicir, as leis, un sistema baseado noYassa turco e oTöre, que se desenvolveron na época preislámica.[55][56]

Con todo, estas categorías de tribunais non eran totalmente excluíntes; por exemplo, os tribunais islámicos, que eran os principais do Imperio, tamén podían utilizarse para resolver un conflito comercial ou disputas entre litixantes de distintas relixións, e os xudeus e cristiáns a miúdo acudían a eles para obter unha sentenza máis contundente sobre un asunto. O Estado otomán tendía a non interferir nos sistemas de dereito relixioso non musulmáns, a pesar de que legalmente tiña voz para facelo a través dos gobernadores locais. O sistema de dereito islámico daXaria desenvolveuse a partir dunha combinación doCorán; oHadīth (ou palabras do profetaMuhammad); oijmā' (ou consenso dos membros daComunidade musulmá); oqiyas (un sistema de razoamento analóxico a partir de precedentes anteriores); e os costumes locais. Ambos os sistemas ensinábanse nas facultades de Dereito do Imperio, que se atopaban enIstanbul eBursa.

O sistema xurídico islámico otomán tiña unha estrutura diferente á dos tribunais europeos tradicionais. Presidía os tribunais islámicos unQadi, ou xuíz. Desde o peche daijtihad, ou 'Porta da Interpretación', osQadi de todo o Imperio Otomán centrábanse menos nos precedentes legais e máis nos costumes e tradicións locais das zonas que administraban.[57] Con todo, o sistema xudicial otomán carecía dunha estrutura de apelación, o que daba lugar a estratexias de casos xurisdicionais nas que os demandantes podían levar as súas disputas dun sistema xudicial a outro ata conseguir unha sentenza ao seu favor.

A finais do século XIX, o sistema xurídico otomán experimentou unha reforma substancial. Este proceso de modernización xurídica comezou coedicto de Gülhane de 1839.[58] Estas reformas incluían o "xuízo xusto e público de todos os acusados, independentemente da súa relixión", a creación dun sistema de "competencias separadas, relixiosas e civís", e a validación dos testemuños dos non musulmáns..[59] Tamén se promulgaron códigos territoriais específicos (1858), códigos civís (1869-1876) e un código de procedemento civil.[59]

Estas reformas baseáronse en gran medida en modelos franceses, como indica a adopción dun sistema xudicial de tres niveis. DenominadoNizamiye, este sistema estendeuse ao nivel da magistratura local coa promulgación final daMecelle, un código civil que regulaba o matrimonio, o divorcio, a pensión alimenticia, o testamento e outros asuntos do estatuto persoal.[59] Nun intento de aclarar a división de competencias xudiciais, un consello administrativo estableceu que os asuntos relixiosos debían ser tratados polos tribunais relixiosos, e os asuntos estatutarios debían ser tratados polos tribunais Nizamiye.[59]

Exército

[editar |editar a fonte]
Otománssipahis en batalla, sostendo o estandarte da media lúa, porJózef Brandt

A primeira unidade militar do Estado otomán foi un exército organizado por Osman I a partir dos membros das tribos que habitaban os outeiros da Anatolia occidental a finais do século XIII. O sistema militar converteuse nunha intricada organización co avance do Imperio. O exército otomán era un complexo sistema de recrutamento e posesión de feudos. Os principais corpos doexército otomán incluíanxanízaros,sipaios,akıncı emehterân. O exército otomán foi no seu día unha das forzas de combate máis avanzadas do mundo, sendo un dos primeiros en utilizar mosquetes e canóns. Os turcos otománs empezaron a usarfalconetes, que eran canóns curtos pero anchos, durante ositio de Constantinopla. A cabalaría otomá dependía da alta velocidade e a mobilidade máis que da armadura pesada, utilizando arcos e espadas curtas sobre veloces cabalosturcomanos eárabes (proxenitores do cabalo de carreiraspurosangue),[60][61] e a miúdo aplicaban tácticas similares ás doImperio Mongol, como finxir a retirada mentres rodeaban ás forzas inimigas dentro dunha formación en forma de media lúa e logo realizaban o ataque real. O exército otomán seguiu sendo unha forza de combate eficaz durante todo o século XVII e principios do XVIII,[62][63] só durante un longo período de paz, de 1740 a 1768, quedou atrasada fronte aos rivais europeos do imperio.[64]

Rexemento de cabalería modernizadoErtugrul cruzando aponte de Gálata en 1901.

A modernización do Imperio Otomán no século XIX comezou co exército. En 1826, o sultán Mahmud II aboliu o corpo de xanízaros e estableceu o exército otomán moderno. DenominounoNizam-ı Cedid (Nova Orde). O exército otomán foi tamén a primeira institución que contratou a expertos estranxeiros e enviou aos seus oficiais para formarse a países da Europa occidental. En consecuencia, o movemento dos Mozos Turcos comezou cando estes homes relativamente novos e recentemente formados regresaron coa súa nova educación.

Aarmada otomá contribuíu enormemente á expansión dos territorios do Imperio no continente europeo. Iniciou a conquista do norte de África, coa incorporación deAlxeria e Exipto ao Imperio Otomán en 1517. A partir da perda de Grecia en 1821 e de Alxeria en 1830, o poder naval otomán e o control sobre os afastados territorios de ultramar do Imperio comezaron a declinar. O sultánAbdülaziz (reinou entre 1861 e 1876) tentou restablecer unha armada otomá forte, construíndo a maior frota despois das de Gran Bretaña e Francia. O estaleiro de Barrow, Inglaterra, construíu o seu primeirosubmarino en 1886 para o Imperio Otomán.[65]

Con todo, o colapso da economía otomá non podía soster a forza da frota durante moito tempo. O sultánAbdul Hamid II desconfiaba dos almirantes que estaban ao lado do reformistaMidhat Pasha e afirmaba que a frota, grande e cara, non fora útil contra os rusos durante a guerra ruso-turca. Encerrou á maior parte da frota noCorno de Ouro, onde os barcos deterioráronse durante os 30 anos seguintes. Tras a Revolución dos Mozos Turcos en 1908, o Comité de Unión e Progreso tratou de desenvolver unha forza naval otomá forte. En 1910 creouse aFundación da Armada Otomá para comprar novos barcos mediante doazóns públicas.

.A creación daaviación militar otomá data de entre xuño de 1909 e xullo de 1911.[66][67] O Imperio Otomán empezou a preparar os seus primeiros pilotos e avións, e coa fundación da escola de aviación (Tayyare Mektebi) enYeşilköy o 3 de xullo de 1912, o Imperio empezou a instruír aos seus propios oficiais de voo. A fundación da escola de aviación acelerou o avance do programa de aviación militar, aumentou o número de alistados nel e deu aos novos pilotos un papel activo no exército e na armada otomán. En maio de 1913, a escola de aviación puxo en marcha o primeiro programa de adestramento de recoñecemento especializado do mundo, e estableceuse a primeira división de recoñecemento separada.[Cómpre referencia] En xuño de 1914 fundouse unha nova academia militar, a escola de aviación naval (Bahriye Tayyare Mektebi). Co estalido da primeira guerra mundial, o proceso de modernización detívose bruscamente. Osescuadróns de aviación otomás loitaron en moitas frontes durante a primeira guerra mundial, desdeGalicia no oeste ata oCáucaso no leste e oIemen no sur.

Organización

[editar |editar a fonte]

Interiormente, os otománs organizaron o seu imperio non segundo o principio territorial, senón polo principio de poboación. Desta maneira, o imperio foi repartido entre musulmáns, cristiáns ortodoxos, xudeus, zoroastrianos etcétera, cada un dos cales conformaba unmillet coa súa propia autoridade a cargo. A nobreza otomá estaba por riba dosraiyeh (literalmente, o 'rabaño'), pero non tivo cargos no goberno ata que a súa presión obrigou aSuleimán o Magnífico a admitilos, a mediados do século XVI. A administración otomá estaba en mans dunhaCasa de escravos, que era recrutada entre os non musulmáns, e educada dende a infancia para ocupar cargos directivos. Incluso ata o visir do sultán era un escravo.

Divisións administrativas do Imperio Otomán en 1899 (ano 1317 Hijri)

Divisións administrativas

[editar |editar a fonte]

O Imperio Otomán subdividiuse por primeira vez en provincias, no sentido de unidades territoriais fixas con gobernadores nomeados polo sultán, a finais do século XIV.[68]

Oeialato (taménPashalik ouBeylerbeylik) era o territorio do cargo dunBeylerbey ("señor de señores" ou gobernador), e se subdividía á súa vez enSanjaks.[69]

Osvilaias introducíronse coa promulgación da "Lei vilaiete " (Teskil-i Vilayet Nizamnamesi)[70] en 1864, como parte das reformas do Tanzimat.[71] A diferenza do anterior sistema de eialato, a lei de 1864 estableceu unha xerarquía de unidades administrativas: o vilaia, aliva/sanjak/mutasarrıf, akaza e oconsello de aldea, aos que a Lei de vilaias de 1871 engadiu onahiya.[72]

Economía

[editar |editar a fonte]
Moedas do sultanato de Rûm e do Imperio Otomán noMuseo Arqueolóxico de Aydın

O goberno otomán seguiu deliberadamente unha política para o desenvolvemento de Bursa, Edirne e Istanbul, sucesivas capitais otomás, en importantes centros comerciais e industriais, considerando que os comerciantes e artesáns eran indispensables para crear unha nova metrópole.[73] Con este fin, Mehmed e o seu sucesor Bayezid, tamén alentaron e acolleron con satisfacción a migración dos xudeus de diferentes partes de Europa, que se estableceron en Istanbul e outras cidades portuarias como Salónica. En moitos lugares de Europa, os xudeus sufrían persecución a mans dos seus homólogos cristiáns, como en España, tras a conclusión daReconquista. A tolerancia mostrada polos turcos foi ben recibida polos inmigrantes.

Medalla de bronce europea da época doSultán Mehmed o Conquistador, 1481.

A mentalidade económica otomá estaba estreitamente relacionada cos conceptos básicos de Estado e sociedade no Oriente Próximo, nos que o obxectivo último dun Estado era a consolidación e extensión do poder do gobernante, e a forma de alcanzalo era obter ricos recursos de ingresos facendo prosperar ás clases produtivas.[74] O obxectivo último era aumentar os ingresos do Estado sen prexudicar a prosperidade dos súbditos para evitar a aparición de desordes sociais e manter intacta a organización tradicional da sociedade. A economía otomá expandiuse enormemente durante o período moderno temperán, con taxas de crecemento especialmente elevadas durante a primeira metade do século XVIII. A renda anual do imperio cuadriplicouse entre 1523 e 1748, axustada á inflación.[75]

A organización do tesouro e a chancelaría desenvolvéronse baixo o Imperio Otomán máis que baixo ningún outro goberno islámico e, até o século XVII, foron a organización líder entre todos os seus contemporáneos.[76] Esta organización desenvolveu unha burocracia deescribas (coñecidos como "homes da pluma") como grupo diferenciado, en parte ulama altamente capacitados, que se converteu nun corpo profesional.[76] A eficacia deste corpo financeiro profesional está detrás do éxito de moitos grandes estadistas otománs.[77]

Os estudos otománs modernos indican que o cambio nas relacións entre os turcos otománs e Europa central debeuse á apertura das novas rutas marítimas. É posible ver o declive da importancia das rutas terrestres cara a Oriente a medida que Europa Occidental abría as rutas oceánicas que circunvalaban Oriente Próximo e o Mediterráneo como algo paralelo ao declive do propio Imperio Otomán[78][Fallou a verificación] O Tratado anglo-otomán, tamén coñecido comoTratado de Balta Liman que abriu os mercados otománs directamente aos competidores ingleses e franceses, pode ser visto como unha das etapas deste desenvolvemento.

Mediante o desenvolvemento de centros e rutas comerciais, o fomento da extensión da superficie cultivada no país e o comercio internacional a través dos seus dominios, o Estado desempeñaba funcións económicas básicas no Imperio. Pero en todo iso dominaban os intereses financeiros e políticos do Estado. Dentro do sistema social e político no que vivían, os administradores otománs non podían ver a conveniencia da dinámica e os principios das economías capitalistas e mercantís que se desenvolvían na Europa Occidental.[79]

O historiador económicoPaul Bairoch sostén que olibre comercio contribuíu ádesindustrialización do Imperio Otomán. En contraste coproteccionismo da China, Xapón e España, o Imperio Otomán tiña unha política decomercio liberal, aberta ás importacións estranxeiras. Isto ten a súa orixe nascapitulacións do Imperio Otomán, que se remontan aos primeiros tratados comerciais asinados con Francia en 1536 e que se ampliaron coascapitulacións de 1673 e 1740, que reduciron osdereitos ao 3% para importacións e exportacións. As políticas liberais otomás foron eloxiadas por economistas británicos, comoJohn Ramsay McCulloch no seuDictionary of Commerce (1834), pero criticadas máis tarde por políticos británicos como o Primeiro Ministro Benjamin Disraeli, que citou ao Imperio Otomán como "un exemplo do prexuízo causado pola competencia desenfreada" no debate sobre asLeis de cereais de 1846.[80]

Demografía

[editar |editar a fonte]
Esmirna baixo dominio otomán en 1900

Unha estimación da poboación do imperio de 11.692.480 habitantes para o período 1520-1535 obtívose contando os fogares dos rexistros de diezmos otománs e multiplicando este número por 5.[81] Por razóns pouco claras, a poboación do século XVIII era inferior á do século XVI.[82] A estimación de 7.230.660 para o primeiro censo celebrado en 1831 considérase unha grave subestimación, xa que este censo só estaba destinado a rexistrar posibles recrutas.[81]

Os censos dos territorios otománs non comezaron até principios do século XIX. As cifras a partir de 1831 están dispoñibles como resultados oficiais do censo, pero os censos non cubrían a toda a poboación. Por exemplo, o censo de 1831 só contabilizaba aos homes e non abarcaba todo o imperio.[83][81] Para períodos anteriores, as estimacións do tamaño e a distribución da poboación baséanse en patróns demográficos observados.[84]

Vista deGalata (Karaköy) e daPonte de Galata noCorno de Ouro,c. 1880–1893

Con todo, comezou a aumentar até alcanzar os 25-32 millóns en 1800, cuns 10 millóns nas provincias europeas (principalmente nos Balcáns), 11 millóns nas provincias asiáticas e uns 3 millóns nas provincias africanas. A densidade de poboación era maior nas provincias europeas, o dobre que en Anatolia, que á súa vez triplicaba a de Iraq eSiria e quintuplicaba a de Arabia.[85]

Cara ao final da existencia do imperio, a esperanza de vida era de 49 anos, en comparación cos veintitantos anos que se vivía en Serbia a principios do século XIX.[86] As epidemias e as fames negras provocaron grandes trastornos e cambios demográficos. En 1785, ao redor dunha sexta parte da poboación exipcia morreu por mor da peste e Alepo viu reducida a súa poboación nun vinte por cento no século XVIII. Só en Exipto producíronse seis fames negras entre 1687 e 1731, e a última fame negra que azoutou #Anatolio foi catro décadas máis tarde.[87] Aepidemia de peste otomá de 1812-1819 cobraríase a vida de polo menos 300 000 persoas.[88]

O auxe das cidades portuarias provocou a concentración da poboación debido ao desenvolvemento dos barcos de vapor e os ferrocarrís. A urbanización aumentou entre 1700 e 1922, co crecemento de pobos e cidades. As melloras na saúde e o saneamento fixéronas máis atractivas para vivir e traballar. Cidades portuarias como Salónica, en Grecia, viron aumentar a súa poboación de 55 000 habitantes en 1800 a 160 000 en 1912, e Izmir, que tiña unha poboación de 150 000 habitantes en 1800, creceu até alcanzar os 300 000 en 1914.[89][90] Pola contra, algunhas rexións rexistraron descensos demográficos: Belgrado viu como a súa poboación se reducía de 25 000 a 8000 habitantes, debido principalmente aos conflitos políticos.[89]

A cidade deSafranbolu é unha das aldeas otomás mellor conservadas.

As migracións económicas e políticas tiveron un gran impacto en todo o imperio. Por exemplo, a anexión das rexións de Crimea e os Balcáns por parte do Imperio ruso e Austria-Habsburgo, respectivamente, provocou unha gran afluencia de refuxiados musulmáns: 200 000 tártaros de Crimea fuxiron a Dobruja.[91] Entre 1783 e 1913, chegaron ao Imperio otomán entre 5 e 7 millóns de refuxiados. Entre a década de 1850 e a Primeira Guerra Mundial, ao redor dun millón de musulmáns do Cáucaso Norte chegaron ao Imperio otomán como refuxiados.[92] Algunhas migracións deixaron pegadas indelebles, como a tensión política entre partes do imperio (por exemplo, Turquía e Bulgaria), mentres que noutros territorios observáronse efectos centrífugos, cunha demografía máis simple que xurdiu de poboacións diversas. As economías tamén se viron afectadas pola perda de artesáns, comerciantes, fabricantes e agricultores.[93] Desde o século XIX, unha gran parte da poboación musulmá dos Balcáns emigrou á actual Turquía. A estas persoas denomínaselles «Muhacir».[94] Cando o Imperio otomán chegou ao seu fin en 1922, a metade da poboación urbana de Turquía descendía de refuxiados musulmáns procedentes de Rusia.[95]

Lingua

[editar |editar a fonte]
Calendario otomán de 1911 mostrado en varios idiomas diferentes, tales como: turco otomán, grego, armenio, hebreo, búlgaro e francés.

O turco otomán era o idioma oficial do Imperio. Era unhalingua oguzturca moi influenciada polopersa e oárabe, aínda que os rexistros máis baixos falados polo pobo tiñan menos influencias doutras linguas en comparación coas variedades máis elevadas utilizadas polas clases altas e as autoridades gobernamentais.[96] O turco, na súa variante otomá, foi a lingua do exército e a administración desde os inicios do Imperio otomán. A Constitución otomá de 1876 consolidou oficialmente o status imperial do turco.[97]

Os otománs tiñan varias linguas influentes: o turco, falado pola maioría da poboación de Anatolia e pola maioría dos musulmáns dos Balcáns, excepto nalgunhas rexións comoAlbania,Bosnia[98] e osmegleno-romaneses que habitanNânti;[99] O persa, falado só polas persoas cultas;[98] o árabe, falado principalmente enExipto, oLevante,Arabia, Iraq, o norte de África,Kuwait e partes doCorno de África e obérberes no norte de África. Con todo, nos dous últimos séculos, o uso destas linguas volveuse limitado e específico: o persa utilizábase principalmente como lingua literaria para as persoas cultas,[98] mentres que oárabe utilizábase para as oracións islámicas. No período posterior aoTanzimat, o francés converteuse na lingua occidental máis común entre as persoas cultas.[100]

Debido ao baixo índice de alfabetización entre a poboación (ao redor do 2-3 % até principios do século XIX e só ao redor do 15 % a finais do século XIX), a xente común tiña que contratar aescribans como "redactores de solicitudes especiais" (arzuhâlcis) para poder comunicarse co goberno.[101] Algúns grupos étnicos continuaron falando nas súas familias e barrios (mahalles) coas súas propias linguas, aínda que moitas minorías non musulmás, como os gregos e os armenios, só falaban turco.[102] Nos pobos onde convivían dous ou máis poboacións, os habitantes adoitaban falar a lingua dos demais. Nas cidades cosmopolitas, a xente adoitaba falar a lingua da súa familia; nalgunhas cidades, moitos dos que non eran de etnia turca falaban o turco como segunda lingua. Con todo, non todas as cidades utilizaban o turco como lingua franca.[103].

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Kermeli (2008), p. 444
  2. Lowry, Heath (2003).The Nature of the Early Ottoman State. SUNY Press. p. 59.ISBN 9780791456361. 
  3. Kafadar, Cemal (1995).Between Two Worlds: The Construction of the Ottoman State. p. 127. 
  4. Finkel, Caroline (2005).Osman's Dream: The History of the Ottoman Empire. Basic Books. pp. 5, 10.ISBN 978-0-465-00850-6. 
  5. Lindner, Rudi Paul (2009). "Anatolia, 1300–1451". En Fleet, Kate.The Cambridge History of Turkey. 1, Byzantium to Turkey, 1071–1453. Cambridge: Cambridge University Press. p. 104. 
  6. Nicol (1993), p. 169.
  7. "John V Palaeologus". Enciclopedia británica. Consultado o 12 de xullo do 2022. 
  8. De Re Militari. The Society for Medieval Military."The Battle of Kosovo: Early Reports of Victory and Defeat". Arquivado dendeo orixinal o 12 de decembro de 2009. Consultado o 13 de xullo do 2022. 
  9. Nicolle, David (1999).Nicopolis 1396: The Last Crusade. Osprey Publishing.ISBN 978-1-85532-918-8. 
  10. Colin ImberThe Ottoman Empire 1300-1650. The Structure of Power. Palgrave Macmillan (2002), p. 18
  11. Ágoston, Gábor; Bruce Alan Masters (2009).Encyclopedia of the Ottoman Empire. Infobase Publishing. p. 363.ISBN 978-1-4381-1025-7. 
  12. Boulton, D'A. J. D.The Knights of the Crown: The Monarchical Orders of Knighthood in Later Medieval Europe, 1325–1520. Boydell Press, 2000. 348 ff.
  13. Rezachevici, Constantin. "From the Order of the Dragon to Dracula".Journal of Dracula Studies 1 (1999): pp 3–7. Transcriptions available online:(documento RTF),Barcelona-Esoterismo-Esoterisme-Magia.
  14. 14,014,1Stone, Norman (2005)."Turkey in the Russian Mirror". En Mark Erickson, Ljubica Erickson.Russia War, Peace And Diplomacy: Essays in Honour of John Erickson. Weidenfeld & Nicolson. p. 94.ISBN 978-0-297-84913-1. 
  15. Hodgkinson 2005, p. 240
  16. Savory, R. M. (1960). "The Principal Offices of the Ṣafawid State during the Reign of Ismā'īl I (907–930/1501–1524)".Bulletin of the School of Oriental and African Studies, University of London23 (1): 91–105.JSTOR 609888.doi:10.1017/S0041977X00149006. 
  17. Hess, Andrew C. (xaneiro de 1973)."The Ottoman Conquest of Egypt (1517) and the Beginning of the Sixteenth-Century World War".International Journal of Middle East Studies4 (1): 55–76.JSTOR 162225.doi:10.1017/S0020743800027276. 
  18. "Origins of the Magyars".Hungary. Britannica Online Encyclopedia. Consultado o 12 de marzo do 2024. 
  19. "Encyclopædia Britannica". Britannica Online Encyclopedia. Arquivado dendeo orixinal o 26 April 2012. Consultado o 12 de marzo do 2024. 
  20. Kubinyi András: II. Lajos. (in Kristó Gyula. Magyarország Vegyes házi királyai. Szkuits 2003. Budapest)
  21. Imber (2002), p. 50
  22. Thompson, Bard (1996).Humanists and Reformers: A History of the Renaissance and Reformation. Wm. B. Eerdmans Publishing. p. 442.ISBN 978-0-8028-6348-5. 
  23. Ágoston and Alan Masters, Gábor and Bruce (2009).Encyclopedia of the Ottoman Empire. Infobase Publishing. p. 583.ISBN 978-1-4381-1025-7. 
  24. Revival: A History of the Art of War in the Sixteenth Century (1937). Routledge. 2018. 
  25. Imber (2002), p. 53
  26. The Reign of Suleiman the Magnificent, 1520–1566, V.J. Parry,A History of the Ottoman Empire to 1730, ed. M.A. Cook (Cambridge University Press, 1976), 94.
  27. A Global Chronology of Conflict: From the Ancient World to the Modern Middle East, Vol. II, ed. Spencer C. Tucker, (ABC-CLIO, 2010). 516.
  28. Ágoston, Gábor (2009). "Süleyman I". En Ágoston, Gábor; Bruce Masters.Encyclopedia of the Ottoman Empire. p. 545. 
  29. Mansel, Philip (1997).Constantinople: City of the World's Desire, 1453–1924. Londres:Penguin Books. p. 61.ISBN 978-0-14-026246-9. 
  30. Crowley, RogerEmpires of the Sea: The siege of Malta, the battle of Lepanto and the contest for the center of the world, Random House, 2008
  31. "The Ottoman 'Discovery' of the Indian Ocean in the Sixteenth Century: The Age of Exploration from an Islamic Perspective".historycooperative.org. Arquivado dendeo orixinal o 29 de xullo de 2019. Consultado o 12 de marzo do 2024. 
  32. Charles A. Truxillo (2012), Jain Publishing Company,"Crusaders in the Far East: The Moro Wars in the Philippines in the Context of the Ibero-Islamic World War".
  33. Palabiyik, Hamit,Turkish Public Administration: From Tradition to the Modern Age, (Ankara, 2008), 84.
  34. İsmail Hakkı Göksoy.Ottoman-Aceh Relations According to the Turkish Sources(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 19 de xaneiro de 2008. Consultado o 12 de marzo do 2024. 
  35. Deringil, Selim (setembro de 2007)."The Turks and 'Europe': The Argument from History".Middle Eastern Studies43 (5). pp. 709–723.doi:10.1080/00263200701422600. 
  36. Karsh, Efraim,Empires of the Sand: The Struggle for Mastery in the Middle East, (Harvard University Press, 2001), 327.
  37. "Missioni all'estero:1918 – 1923. In Turchia: da Costantinopoli all'Anatolia."(enitaliano). Arma dei Carabinieri. Arquivado dendeo orixinal o 6 de maio de 2014. Consultado o 14 de xullo do 2022. 
  38. Llewellyn-Smith, Michael (1999).Ionian Vision : Greece in Asia Minor, 1919–1922. (New edition, 2nd impression ed.). Londres: C. Hurst. p. 92.ISBN 9781850653684. 
  39. Hakan Özoğlu (2011).From Caliphate to Secular State: Power Struggle in the Early Turkish Republic. ABC-CLIO. p. 8.ISBN 978-0-313-37957-4. 
  40. Simons, Marlise (22 de agosto de 1993)."Center of Ottoman Power".The New York Times. Consultado o 15de outubro do 2022. 
  41. "Dolmabahce Palace".dolmabahcepalace.com. Arquivado dendeo orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 15de outubro do 2022. 
  42. Itzkowitz 1980.
  43. 43,043,1Naim Kapucu; Hamit Palabiyik (2008).Turkish Public Administration: From Tradition to the Modern Age. USAK Books. p. 77.ISBN 978-605-4030-01-9. Consultado o 15 de outubro do 2022. 
  44. Black, Antony (2001).The History of Islamic Political Thought: From the Prophet to the Present. Psychology Press. p. 199.ISBN 978-0-415-93243-1. 
  45. Lambton, Ann;Lewis, Bernard (1995).The Cambridge History of Islam: The Indian sub-continent, South-East Asia, Africa and the Muslim west2. Cambridge University Press. p. 320.ISBN 978-0-521-22310-2. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 30 de xaneiro do 2023. 
  46. Lewis, Bernard (1963).Istanbul and the Civilization of the Ottoman Empire. University of Oklahoma Press. p. 151.ISBN 978-0-8061-1060-8. Consultado o 30 de xaneiro do 2023. 
  47. "The Ottoman Palace School Enderun and the Man with Multiple Talents, Matrakçı Nasuh".Journal of the Korea Society of Mathematical Education, Series D. Research in Mathematical Education14 (1): 19–31. marzo de 2010. Arquivado dendeo orixinal o 11 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 de xaneiro do 2023. 
  48. Karpat, Kemal H. (1973).Social Change and Politics in Turkey: A Structural-Historical Analysis. Brill. p. 204.ISBN 978-90-04-03817-2. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 30 de xaneiro do 2023. 
  49. Black, Antony (2001).The History of Islamic Political Thought: From the Prophet to the Present. Psychology Press. p. 197.ISBN 978-0-415-93243-1. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 20 de xuño de 2015. 
  50. Naim Kapucu; Hamit Palabiyik (2008).Turkish Public Administration: From Tradition to the Modern Age. USAK Books. p. 78.ISBN 978-605-4030-01-9. Consultado o 21 de xullo do 2023. 
  51. "Islamic Perspective on Divorce".Mwlusa.org. Arquivado dendeo orixinal o 2019-03-04. Consultado o 23 de xaneiro do 2024. 
  52. "Balancing Sharia: The Ottoman Kanun". BBC. Arquivado dendeo orixinal o 9 de outubro de 2013. Consultado o 8 de agosto do 2023. 
  53. Washbrook, D. and Cohn, H., Law in the Ottoman Empire: Shari'a Law, Dynastic Law, Legal Institutions.
  54. 54,054,154,2Benton, Lauren (3 de decembro de 2001).Law and Colonial Cultures: Legal Regimes in World History, 1400–1900. Cambridge University Press. pp. 109–110.ISBN 978-0-521-00926-3. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 8 de agosto do 2023. 
  55. Streusand, Douglas E. (2010).Islamic Gunpowder Empires Ottomans, Safavids, and Mughals. Milton: Routledge.ISBN 978-0-429-96813-6.OCLC 1202464532. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 8 de agosto do 2023. 
  56. The Ashgate research companion to Islamic law. P. J. Bearman, Rudolph Peters. Londres. 2016. p. 109.ISBN 978-1-315-61309-3.OCLC 1082195426. 
  57. Benton, Lauren (3 de decembro de 2001).Law and Colonial Cultures: Legal Regimes in World History, 1400–1900. Cambridge University Press. pp. 109–110.ISBN 978-0-521-00926-3. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 11 de decembro do 2023. 
  58. Selçuk Akşin Somel."Review of "Ottoman Nizamiye Courts. Law and Modernity""(PDF). Sabancı Üniversitesi. p. 2. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 12 de outubro de 2013. Consultado o 9 de xaneiro do 2024. 
  59. 59,059,159,259,3Epstein, Lee; O'Connor, Karen; Grub, Diana."Middle East"(PDF).Legal Traditions and Systems: an International Handbook. Greenwood Press. pp. 223–224. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 25 de maio de 2013. Consultado o 9 de xaneiro do 2024. 
  60. Milner, Mordaunt (1990).The Godolphin Arabian: The Story of the Matchem Line. Robert Hale Limited. pp. 3–6.ISBN 978-0-85131-476-1. 
  61. Wall, John F.Famous Running Horses: Their Forebears and Descendants. p. 8.ISBN 978-1-163-19167-5. 
  62. Murphey, Rhoads (1999).Ottoman Warfare, 1500–1700. UCL Press. p. 10. 
  63. Ágoston, Gábor (2005).Guns for the Sultan: Military Power and the Weapons Industry in the Ottoman Empire. Cambridge University Press. pp. 200–02. 
  64. Aksan, Virginia (2007).Ottoman Wars, 1700–1860: An Empire Besieged. Pearson Education Ltd. pp. 130–135.ISBN 978-0-582-30807-7. 
  65. "Petition created for submarine name".Ellesmere Port Standard. Arquivado dendeo orixinal o 23 de abril de 2008. Consultado o 5 de febreiro do 2024. 
  66. "Story of Turkish Aviation". Turkey in the First World War. Arquivado dendeo orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 5 de febreiro do 2024. 
  67. "Founding". Turkish Air Force. Arquivado dendeo orixinal o 7 de outubro de 2011. Consultado o 5 de febreiro do 2024. 
  68. Imber, Colin (2002)."The Ottoman Empire, 1300–1650: The Structure of Power"(PDF). pp. 177–200. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 26 de xullo de 2014. Consultado o 7 de febreiro do 2024. 
  69. Raymond Detrez; Barbara Segaert (2008).Europe and the historical legacies in the Balkans. Peter Lang. p. 167.ISBN 978-90-5201-374-9. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 18 de febreiro do 2024. 
  70. Naim Kapucu; Hamit Palabiyik (2008).Turkish Public Administration: From Tradition to the Modern Age. USAK Books. p. 164.ISBN 978-605-4030-01-9. Consultado o 29 de febreiro do 2024. 
  71. Maḥmūd Yazbak (1998).Haifa in the Late Ottoman Period 1864–1914: A Muslim Town in Transition. BRILL. p. 28.ISBN 978-90-04-11051-9. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 29 de febreiro do 2024. 
  72. Mundy, Martha; Smith, Richard Saumarez (2007).Governing Property, Making the Modern State: Law, Administration and Production in Ottoman Syria. I.B.Tauris. p. 50.ISBN 978-1-84511-291-2. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 29 de febreiro do 2024. 
  73. İnalcık, Halil (1970). "The Ottoman Economic Mind and Aspects of the Ottoman Economy". En Cook, M. A.Studies in the Economic History of the Middle East: from the Rise of Islam to the Present Day. Oxford University Press. p. 209.ISBN 978-0-19-713561-7. 
  74. İnalcık, Halil (1970). "The Ottoman Economic Mind and Aspects of the Ottoman Economy". En Cook, M. A.Studies in the Economic History of the Middle East: from the Rise of Islam to the Present Day. Oxford University Press. p. 217.ISBN 978-0-19-713561-7. 
  75. Darling, Linda (1996).Revenue-Raising and Legitimacy: Tax Collection and Finance Administration in the Ottoman Empire, 1560–1660. E.J. Brill. pp. 238–239.ISBN 978-90-04-10289-7. 
  76. 76,076,1Black, Antony (2001).The History of Islamic Political Thought: From the Prophet to the Present. Psychology Press. p. 197.ISBN 978-0-415-93243-1. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 10 de marzo do 2024. 
  77. İnalcık, Halil; Quataert, Donald (1971).An Economic and Social History of the Ottoman Empire, 1300–1914. p. 120. 
  78. Donald Quataert,The Ottoman Empire 1700–1922 (2005) p 24
  79. İnalcık, Halil (1970). "The Ottoman Economic Mind and Aspects of the Ottoman Economy". En Cook, M. A.Studies in the Economic History of the Middle East: from the Rise of Islam to the Present Day. Oxford University Press. p. 218.ISBN 978-0-19-713561-7. 
  80. Paul Bairoch (1995).Economics and World History: Myths and Paradoxes.University of Chicago Press. pp. 31–32. 
  81. 81,081,181,2Kabadayı, M. Erdem (28 de outubro de 2011)."Inventory for the Ottoman Empire / Turkish Republic"(PDF). Istanbul Bilgi University. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 28 de outubro de 2011. 
  82. Leila Erder and Suraiya Faroqhi (outubro de 1979). "Population Rise and Fall in Anatolia 1550–1620".Middle Eastern Studies15 (3). pp. 322–345.doi:10.1080/00263207908700415. 
  83. Kinross 1979, p. 281.
  84. Shaw, S. J. (1978)."The Ottoman Census System and Population, 1831–1914".International Journal of Middle East Studies (Cambridge University Press)9 (3): 325.doi:10.1017/S0020743800033602.Os otománs desenvolveron un sistema eficaz para contar a poboación do imperio en 1826, un cuarto de século despois de que se introducisen tales métodos en Gran Bretaña, Francia e América. 
  85. Quataert & Spivey 2000.
  86. Quataert & Spivey 2000, p. 112.
  87. Quataert & Spivey 2000, p. 113.
  88. Chase-Levenson, Alex (2020).The Yellow Flag: Quarantine and the British Mediterranean World, 1780–1860(eninglés). Cambridge University Press. p. 31.ISBN 978-1-108-48554-8. Consultado o 6 de novembro do 2025. 
  89. 89,089,1Quataert & Spivey 2000, p. 114.
  90. Pamuk, S (agosto de 1991). "The Ottoman Empire and the World Economy: The Nineteenth Century".International Journal of Middle East Studies23 (3) (Cambridge University Press). 
  91. Quataert & Spivey 2000, p. 115.
  92. Hamed-Troyansky 2024, p. 49.
  93. Quataert & Spivey 2000, p. 116.
  94. McCarthy, Justin (1995).Death and exile: the ethnic cleansing of Ottoman Muslims, 1821–1922. Darwin Press. p. [cómpre nº de páxina].ISBN 978-0-87850-094-9. 
  95. Stone, Norman (2005)."Turkey in the Russian Mirror". En Mark Erickson, Ljubica Erickson.Russia War, Peace And Diplomacy: Essays in Honour of John Erickson. Weidenfeld & Nicolson. p. 95.ISBN 978-0-297-84913-1.Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 20 de xuño de 2015. 
  96. Davison, Roderic H. (31 de decembro de 1964).Reform in the Ottoman Empire, 1856–1876.ISBN 978-1-4008-7876-5.doi:10.1515/9781400878765. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 10 de decembro do 2025.Existía o grupo otomán gobernante, agora concentrado en gran medida na burocracia centrada na Sublime Porta, e a masa do pobo, na súa maioría campesiños. O efendi desprezaba "o turco", que era un termo de oprobio que indicaba grosería, e prefería considerarse un osmanlí. O seu país non era Turquía, senón o Estado otomán. A súa lingua tamén era "otomá"; aínda que tamén podía chamala "turca", nese caso distinguíaa do "kaba türkçe", ou turco vulgar, a fala común. Os seus escritos incluían un mínimo de palabras turcas, agás as partículas e os verbos auxiliares. 
  97. "The Ottoman Constitution, promulgated the seventh Zilbridge, 1293 (11/23 December 1876)".The American Journal of International Law2 (4). 1908. p. 376.JSTOR 2212668.doi:10.2307/2212668. 
  98. 98,098,198,2Bertold Spuler (2003).Persian Historiography And Geography. Pustaka Nasional Pte Ltd. p. 69.ISBN 978-9971-77-488-2. Arquivado dendeo orixinal o 14 January 2023. Consultado o 1 de febreiro do 2026. 
  99. Kahl, Thede (2006)."The Islamisation of the Meglen Vlachs (Megleno-Romanians): The Village of Nânti (Nótia) and the "Nântinets" in Present-Day Turkey".Nationalities Papers34 (1). pp. 71–90.doi:10.1080/00905990500504871. Arquivado dendeo orixinal o 15 de abril de 2021. Consultado o 1 de febreiro do 2026. 
  100. Strauss, Johann (2010)."A Constitution for a Multilingual Empire: Translations of theKanun-ı Esasi and Other Official Texts into Minority Languages". En Herzog, Christoph; Malek Sharif.The First Ottoman Experiment in Democracy.Würzburg:Orient-Institut Istanbul. pp. 21–51.Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2019. Consultado o 15 de setembro de 2019.  (info page on bookArquivado 20 de setembro de 2019 enWayback Machine. atMartin Luther University) // CITED: p. 26 (PDF p. 28): "French had become a sort of semi-official language in the Ottoman Empire in the wake of theTanzimat reforms. [...] It is true that French was not an ethnic language of the Ottoman Empire. But it was the only Western language which would become increasingly widespread among educated persons in all linguistic communities."
  101. Kemal H. Karpat (2002).Studies on Ottoman Social and Political History: Selected Articles and Essays. Brill. p. 266.ISBN 978-90-04-12101-0. Arquivado dendeo orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 1 de febreiro do 2026. 
  102. Davison 1964, p. 62Tamén era certo que existía unha amálgama lingüística parcial entre os pobos do imperio. Moitos gregos e armenios non coñecían as súas linguas nacionais e só falaban turco, aínda que o escribían con caracteres gregos e armenios.
  103. Strauss, Johann (3 de xaneiro de 2012)."Linguistic diversity and everyday life in the Ottoman cities of the Eastern Mediterranean and the Balkans(late 19th–early 20th century)".The History of the Family16 (2) (Informa UK Limited). pp. 126–141.doi:10.1016/j.hisfam.2011.04.002. Consultado o 1 de febreiro do 2026. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Imperio OtománModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:Historia

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Historia deAnatolia
Imperios Antigos
Imperios Medievais
Imperios Modernos
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Imperio_Otomán&oldid=7305386»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp