Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Imperio Almohade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde febreiro de 2021.)
Modelo:Xeografía políticaImperio Almohade
الموَحدون (ar)Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=glEditar o valor en Wikidata
CapitalTinmel(pt)Traducir
MarrakechEditar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua árabeEditar o valor en Wikidata
Relixiónislam esunnismoEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.621.393 km²Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1121Editar o valor en Wikidata
Disolución1269(Gregoriano)Editar o valor en Wikidata
Sucedido porReino de Portugal eDinastía merínidaEditar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía
califatoEditar o valor en Wikidata
MoedaAlmohad dinar(en)TraducirEditar o valor en Wikidata

ADinastía Almohade foi unha potencia relixiosabérber que se converteu na quinta dinastíamoura, situada cronoloxicamente desde mediados doséculo XII até mediados doséculo XIII. O nome latino deriva da corruptela doárabe الموحدونal-Muwahhidun, i.e. "os monoteístas" ou "os unitaristas", que alude aofundamentalismo do movemento (véxaseTawhid).

Os almohades xurdiron enMarrocos noséculo XII, descontentos co fracaso dosalmorábides á hora de vigorizar os estados musulmáns naPenínsula Ibérica, así como tamén en soster areconquistacristiá. Conquistaron onorte de África atéExipto, e ocuparon sucesivamente gran parte deAl-Andalus.

Orixes

[editar |editar a fonte]

A fundación do movemento débese aIbn Tumart (c.1080 - c.1130), membro dos Masmuda, unha tribobérber daCordilleira do Atlas. Fillo do encargado de acender as lámpadas dunha mesquita, e notado pola súa piedade desde a xuventude, sería un rapaz pequeno e deformado que vivía como un mendigo devoto.

Mentres era novo, Ibn Tumart fixo aperegrinación áMeca, de onde foi expulsado polas súas críticas feroces ao cansazo excesivo doutros. De aí foi paraBagdad, onde se adheriu a unha escola ortodoxa. Mais construíu el mesmo un sistema propio, combinando as ensinanzas do seu mestre co misticismo e partes doutras doutrinas, centrado nounitarismo e que representaba unha revolta contra o que na súa opinión sería oantropomorfismo deAlá na ortodoxia musulmá.

Após o seu regreso a Marrocos, coa idade de 28 anos, comezou a predicar contra os principios relixiosos da interpretación persoal, aceptando só a tradición (Suna) e o consenso (Ijma). OemiralmorábideAli ibn Yusuf chegou a convocar un debateteolóxico enFez, convocando a Ibn Tumart. Na conclusión deste debate foi declarado que os puntos de vista deste erandemasiado radicais. Ibn Tumart foi condenado á prisión mais o emir permitiulle a fuga.

Despois de expulsáreno doutras cidades polas súas demostracións dun empeño relixioso excesivo, Ibn Tumart refuxiouse xunto co seu pobo, os Masmuda, na cordilleira do Atlas. Fundou o movemento dos almohades, autoproclamousemahdi (o guiado, profeta redentor doislam) e exhortou todos os musulmáns, especialmente os da Península Ibérica, a retornar ás orixes da súa fe, oCorán.

Imperio almohade

[editar |editar a fonte]
Torre Hassan, dearquitectura almohade, enRabat, Marrocos

É moi probábel que a influencia deIbn Tumart non tivese eco no futuro se non fose porAbd al-Mu'min, outro bérber, deAlxeria, que sería un soldado e membro da clase gobernante. Cando Ibn Tumart morreu en1128 no mosteiro que fundou en Tinmel, despois dunha grave derrota fronte aosalmorábides, Abd al-Mu'min mantivo a súa morte en segredo por dous anos, até estabelecer o seu poder. Entón asumiuse como seguidor domahdi.

Entre1130 e a súa morte en1163, Abd al-Mu'min non só expulsou os almorábides, como aumentou o seu poder por todo o norte de África até aoExipto, tornándose emir deMarraquex en1149. O seu fundamentalismo levouno até tomar medidas de expurga dos sospeitosos de pouca fe e falla en cumprir todos os ritos relixiosos, a máis grave de todas terminando na eliminación de toda unha tribo.

Os almohades entón trataron de unificar astaifas e formar un goberno islámico que puidese facer fronte aos cristiáns. En pouco máis de trinta anos, os almohades conseguiron forxar un poderoso imperio que se estendía desdeSantarém (no actualPortugal) atéTripoli (na actualLibia), incluíndo todo o norte de África e o sur da Península Ibérica.

Imperio almohade na Península Ibérica e rutas de ataque desdeCastela (C) eAragón (A). Sinálanse tamén o reino dePortugal (P), oReino de León (L) e oReino de Navarra (N)

En1170 os almohades transferiron a súa capital paraSevilla, onde fundaron a grande mesquita, posteriormente convertida en catedral cristiá. A torre da mesquita, aXiralda, foi construída en1184 para sinalar a ascensión deAbu Yusuf Ya'qub al-Mansur. Foi durante este período que resurxiron os estudos filosóficos conAverrois eIbn Tufail.

No entanto, desdeYusuf II, trataban os seus dominios fóra de Marrocos como provincias e gobernaban os seus correlixionarios na Península Ibérica e no restante do norte de África a través de gobernadores locais. Cando os emires atravesaban oEstreito de Xibraltar era para facer ajihad contra os cristiáns e volver para a súa capital,Marraquex.

A pesar dos esforzos dos gobernantes, a dinastía almohade tivo problemas desde o inicio en manter a turbulentaGranada pacificada e, por outro lado, algunhas das súas posturas mais radicais foron mal recibidas pola poboación musulmá da península, habituada ao compromiso e á coexistencia cos cristiáns.

Xiralda enSevilla.

Ospríncipes almohades tiveron unha carreira máis longa e marcante do que os seus antecesores almorábides.Yusuf I (11631184) eal-Mansur (1184-1199), sucesores deAbd al-Mu'min, eran homes fortes. Inicialmente o seu goberno levou á fuga de moitosxudeus ecristiáns para os estados cristiáns dePortugal,Castela eAragón, mais acabaron por se tornar menos extremistas que os almorábides.

A invasión do novo Reino dePortugal polos almohades comandados persoalmente polocalifaAbu Yusuf Ya'qub al-Mansur foi trabada en1190 enTomar, polos cabaleirostemplarios deGualdin Pais.

Ya'qub al-Mansur era un home de grande cultura, que escribía en bo estilo árabe e protexía o filósofoAverroes. O seu título al-Mansur, "O Vitorioso", débese á derrota que inflixiu aAfonso VIII de Castela, en1195, naBatalla de Alarcos. Pero os reinos cristiáns daPenínsula Ibérica estaban xa demasiado fortes para unha invasión musulmá, e os almohades non conseguiron conquistas sinalábeis.

Arte almohade

[editar |editar a fonte]

As construcións almohades caracterízanse pola simplicidade e austeridade, un reflexo da vida difícil dos nómades doMagreb. A pesar diso, moitos edificios teñen un tamaño considerábel. Exemplos clásicos deste movemento son aTorre del Oro e aGiralda, enSevilla, a mesquita Kutubiyya deMarraquex e a Torre Hasan enRabat.

Declive dos almohades

[editar |editar a fonte]
Batalla das Navas de Tolosa

1212 marcou o inicio da decadencia dos almohades. As forzas deMuhammad an-Nasir (11991214), sucesor de al-Mansur, despois dun avance inicialmente exitoso para o norte, foron aniquilados por unha alianza de tropas cristiás nabatalla de Navas de Tolosa naSerra Morena. Esa batalla destruíu o dominio almohade.

En1216-7 osmerínidas enfrontan os almohades enFez. Ibn Hud proclámaseemir deMurcia en1227, facéndolles fronte aos almohades, eTunes tórnase independente tres anos máis tarde.

Muhammad (I de Granada) Ibn al-Ahmar proclámase emir deArjona,Xaén,Guadix eBaza en1232. Cinco anos despois é recoñecido como emir deGranada.

Os almohades encoraxaron o establecemento de cristiáns até mesmo en Fez, e despois da Batalla de Navas de Tolosa, ocasionalmente facían alianzas cosreis de Castela. En África conseguiron expulsar os exércitos dos reisnormandos deSicilia das cidades costeiras. A historia do seu declive é diferente da dosalmorábides. Non foron tomados por un poderoso movemento relixioso, simplemente foron perdendo territorios coa revolta de tribos e cidades. Os seus inimigos máis importantes acabaron por ser os merínidas, que fundaron a seguinte dinastíamoura. En1268 os merínidas gobernan o Magreb.

O último califa almohade,Idris II, estaba reducido á posesión de Marraquex, onde foi asasinado por un escravo en1269. Tras o declive dos almohades, chegará adinastía merínida.

Califas almohades (1145-1269)

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Imperio Almohade

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Imperios Antigos
Imperios Medievais
Imperios Modernos
Historia de Al-Ándalus
Conquista musulmana
(711-758)
Dinastía Omeia
(756–1031)
Ruptura
(1031–1212)
Declive e conquista final
(1212-1492)


Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Imperio_Almohade&oldid=7093829»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp