Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ilustración

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Ilustración (homónimos).
Ilustración
 Instancia de
Datas e cronoloxía
 Data de comezo
século XVIIEditar o valor en Wikidata
 Data de remate
século XIXEditar o valor en Wikidata
 Precedido por
 Sucedido por
Características
 Influído por
Localización
 Localización
Fontes e ligazóns
Redes
Enciclopedia Galega Universal: 136852
Wikidata C:Commons
Pintura deCharles Gabriel Lemonnier que representa a lectura dunha traxedia deVoltaire, por entón no exilio,O orfo da China (1755), nosalón literario demadame Geoffrin na rúa Saint-Honoré deParís. Os personaxes máis notables reunidos en torno ao busto de Voltaire sonRousseau,Montesquieu,Diderot,d'Alembert,Buffon,Quesnay,Du Plessis eCondillac. Ademais, figuranGresset,Marivaux,Marmontel,Vien,A Condamine,Raynal,Rameau,mademoiselle Clairon,Hènault,Choiseul,Bouchardon,Soufflot,Saint-Lambert, oConde de Caylus,Felice, obarón de Aulne,Malesherbes,Maupertuis,Mairan,d'Aguesseau,Clairaut, acondesa de Houdetot,Vernet,Fontenelle, oduque de Nivernais,Crébillon,Duclos,Helvètius,Vanloo,Lekain,Lespinasse,Boccage,Réaumur,Graffigny,Jussieu eDaubenton.
Rousseau
Denis Diderot, fundador daEnciclopedia Francesa

AIlustración (enfrancés:Siècle des Lumières; enalemán:Aufklärung; eninglés:Enlightenment; enitaliano:Illuminismo; encasteláIlustración) foi unha correntefilosófica,político esocialeuropea[1] que promoveu o progreso, oracionalismo e oliberalismo contra o poder real, anobreza e oescurantismo católico. Comezou noReino de Francia,[2] noReino Unido[2] e enAlemaña[2] ao final doséculo XVII.[1] Despois estendeuse, con pegada francesa,[1] a outras partes doOccidente durante oséculo XVIII,[1] chamado oséculo das luces.[2] Ao longo deste século, aínda que se mantiveron as características básicas doAntigo Réxime, o intenso impulso demográfico e económico e o estalido do pensamento ilustrado abrindo as portas a unha época de revolucións burguesas propiciadas polaRevolución Francesa e aRevolución Industrial. O nome en diferentes linguas deste movemento fai referencia árazón, identificada coa luz, o ideal e a guía dos individuos da época. Foi un dos movementos impulsor do capitalismo e da sociedade moderna. Tivo unha dinámica rápida nos países protestantes e máis lenta nos demais estados daEuropa.[3][4]

Dado que non existe unha data de inicio do movemento que goce do consenso de estudosos e académicos, a totalidade do século XVIII adoita considerarse como a época na que se desenvolveu (a pesar de que convive con outros movementos intelectuais). O seu final, por outra banda, adoita identificarse coa chegada dasguerras napoleónicas.

Portada da'Encyclopédie (1751)

O termo "Ilustración" refírese especificamente a un movemento intelectual histórico. Aínda que existen precedentes da Ilustración enInglaterra eEscocia de finais do século XVII, o movemento considérase de orixe francesa. Ademais, a Ilustración tamén tivo unha expresión estética, chamadaneoclasicismo. Dende oReino de Francia, onde madura, estendeuse porEuropa eAmérica e renovou especialmente as ciencias, a filosofía, a política e a sociedade. As súas contribucións foron máis discutidas no campo dasartes e daliteratura. Esta corrente avogaba polarazón como forma de establecer un sistema ético. A mentalidade ilustrada non presentaba actitudes uniformes, pero entre os denominadores comúns do movemento figuran elementos comonaturalismo,racionalismo ehumanismo.[1]

Entre1751 e1765 publícase a primeiraEncyclopédie noReino de Francia, deDenis Diderot eJean Le Rond d'Alembert, que pretendía recoller o pensamento ilustrado. Querían educar á sociedade, porque unha sociedade culta que pensa por si mesma era a mellor forma de asegurar o fin doantigo réxime (oabsolutismo e o fanatismo baséanse na ignorancia do pobo para dominalo.). Outros pensadores ilustrados comoMontesquieu,Rousseau eVoltaire colaboraron na súa redacción.

Os líderes intelectuais deste movemento considerábanse aelite da sociedade. O seu principal propósito era conducir o mundo cara ao progreso, sacándoo do longo período de tradición, superstición, irracionalidade e tiranía (un período que crían que comezou durante a chamadaIdade Escura). Os ilustrados non só comezaron unha tarefa derevisión e crítica ao antigo réxime, mentres o erosionaban, senón que tamén puxeron as bases de novosparadigmaspolíticos e dasciencias económicas esociais.[1] Este movemento trouxo o marco intelectual no que se producirían varias revolucións, en particular aguerra de Independencia Americana[5] e aRevolución Francesa, así como o auxe docapitalismo e o nacemento dosocialismo. Na música, estivo acompañado poloclasicismo, e nas artes plásticas, poloneoclasicismo.

Outro movemento filosófico destacado do século XVIII, moi relacionado coa Ilustración, caracterizouse por centrar o seu interese na fe e na piedade. Os seus partidarios intentaron utilizar o racionalismo como unha forma de demostrar a existencia dun ser supremo. Neste período, a fe e a piedade eran partes integrantes da exploración da filosofía natural e da ética ademais das teorías políticas do momento. Porén, destacados filósofos da Ilustración comoVoltaire eJean-Jacques Rousseau cuestionaron e criticaron a propia existencia de institucións como aIgrexa e oEstado.

Oséculo XVIII tamén viu o continuo aumento das ideas empíricas nafilosofía, ideas que se aplicaron ápolítica económica, aogoberno e a ciencias como afísica, aquímica e abioloxía.

Na historia nada é casual; un acontecemento é a consecuencia inevitable doutros que o precederon. ARevolución Francesa, aínda que tivo outras causas, non sería posible sen a presenza da Ilustración que, arroxando luz sobre o escurantismo daIdade Media, época na que se impedía o libre pensamento, afastou dogmas relixiosos para explicar o mundo os seus acontecementos, para examinalos á luz da razón. Tampouco existiría a Ilustración se non fora precedida dun debilitamento do poder da Igrexa por mor daReforma protestante, que dividiu o mundo cristián, e do humanismo, movemento filosófico que se centraba no ser humano e nas preocupacións terreais. quitando este privilexio a relixión, e rexeitando o teocentrismo.


Orixe

[editar |editar a fonte]

A ilustración foi un fenómeno cultural que se desenvolveu en Europa e América afectando á totalidade dos ámbitos sociais, políticas e culturais do mundo do século XVIII. Aínda que este movemento afectou a case todo o mundo, non tivo a mesma importancia nunspaíses que noutros, xa que algunhas nacións achegaron constantemente novas ideas, mentres que outras, limitábanse a seguir de lonxe as innovacións que se ían producindo nos outros países. Se se establece unha clasificación dos países "máis ilustrados", a orde sería:Francia,Alemaña eInglaterra.[6][7]

Definición do termo

[editar |editar a fonte]
A Ilustración significa o abandono dohome dunha infancia mental da que el mesmo é culpable.Infancia é a incapacidade de usar a propia razón sen a guía doutra persoa. Esta infancia é culpable cando a súa causa non é a falta deintelixencia, senón a falta de decisión ou de valor para pensar sen axuda allea.Sapere aude «Atrevete a saber!» Velaquí a divisa da Ilustración.
Immanuel Kant,Que é a Ilustración?

A Ilustración (Lumières, en francés;Enlightenment, en inglés;Illuminismo, en italiano;Aufklärung, en alemán),[8] en frase dun dos seus máis importantes representantes,D'Alembert, «discutiuno, analizou e axitou todo, desde as ciencias profanas aos fundamentos da revelación, desde ametafísica ás materias do gusto, desde amúsica ata amoral, desde as disputasescolásticas dos teólogos ata os obxectos docomercio, desde os dereitos dos príncipes aos dos pobos, desde a lei natural ata as leis arbitrarias das nacións, nunha palabra, desde as cuestións que máis nos incumben ás que nos interesan máis debilmente». Isto mesmo indícanos que, máis que o contido mesmo das súas doutrinas, o orixinal do movemento foi a forma depensamento e valoración.

Segundo as interpretaciónsmarxistas, entre cuxas opcións se atopa a deLucien Goldmann, a Ilustración pode ser definida como «unha etapa histórica da evolución global do pensamento burgués». Como tal, inseriría a súa filiación doutrinal noRenacemento e, especialmente, nascorrentes racionalistas eempiristas do século XVII (deDescartes, aLocke, pasando porBacon,Bayle,Galileo,Grocio,Hobbes,Leibniz,Newton,Spinoza, ou oslibertinos), e basea a súa posibilidade sociolóxica de desenvolvemento nas revolucións políticas neerlandesa e inglesa, no pulo da burguesía e nas transformacións económicas en xestación, apoiadas nunha conxuntura en alza, que desembocarán naRevolución Francesa.

Esquema xeral e hispánico

[editar |editar a fonte]
Retrato de corpo enteiro deJovellanos, pintado porFrancisco de Goya y Lucientes en 1798, considerado un dos máis emblemáticos personaxes da Ilustración española. Este intelectual español accedeu ao cargo de ministro e emprendeu reformas que non chegaron a consolidarse. No fondo apréciase unha estatua de Minerva, deusa da sabedoría, que parece estar "a bendicilo".

Desde Gran Bretaña, onde algúns dos trazos esenciais do movemento déronse antes que en ningún outro lugar, a Ilustración asentouse en Francia, onde a anglofilia foi difundida porVoltaire, e produciu en Francia un corpo ideolóxico, oenciclopedismo, e as súas máis difundidas personalidades (Montesquieu,Diderot,Rousseau,Buffon, etc). Agora ben, a filosofía ilustrada máis sólida foi sen dúbida a máis tardía alemá, que conKant culminará a creación do pensamento propiamente moderno, xa moi por encima da ideoloxía enciclopedista. A Ilustración tamén deu os seus froitos propios noutras lugares europeos e americanos. En ocasións recreáronse proxectos ilustrados máis ou menos autónomamente, pero na maioría de casos vinculados ao pensamento inglés e, sobre todo no que se refire á ideoloxía enciclopedista, a Francia (así enPaíses Baixos,Polonia,Rusia,Suecia, apenínsula italiana ea ibérica etc., ou nas súascolonias americanas). Desde o punto de vista sociopolítico foron froitos condicionados polo grao de desenvolvemento ideolóxico adquirido no momento do lanzamento da nova ideoloxía e polo proceso interno seguido ao longo do seu desenvolvemento. Se a Ilustración alemá foi por necesidade teórica de asimilación lenta e complexa, o ideoloxismo ilustrado foi rápido e coa superficialidade característica que o amparaba na vida mundana, da moda e os costumes.[9]

A Ilustración en España

[editar |editar a fonte]

En España a Ilustración coincidiu cos reinados deFernando VI eCarlos III. Aínda que a situación en que se atopaba o país obstaculizou unha eclosión inmediata, o auxe dinámico dalgunhas das súas zonas xeográficas (especialmenteCataluña[10]) e a actuación coadxuvante do poder político facilitaron a aparición dun nutrido e valioso grupo de ilustrados (Cabarrús,Cadalso,Campomanes,Capmany,Feijoo,Floridablanca,Jovellanos etc.)[11] condicionado, con todo, polo arraigamento e a preponderancia do pensamento escolástico tradicional. A creación dasReais Academias da Lingua,da Historia,da Medicina e doReal Gabinete de Historia Natural (actualMuseo Nacional de Ciencias Naturais), son reflexo dos logros da Ilustración española, que nin moito menos foi relativa ao influxo francés.[12]

A polémica acerca da existencia ou non dunha Ilustración española (polarizada nas opinións contrarias deOrtega y Gasset eEugeni d'Ors[13]), máis o engadido dunha escasamente articulada investigación posterior durante gran parte doséculo XX, atendía a razóns máis políticas que científicas e tivo como consecuencia un gran atraso no recoñecemento da existencia e reconstrución dunha sólida e internacionalizada Ilustración española ou hispánica, tanto humanística como científica, empirista e cristiá, progresista pero moi escasamente política, unha tardía Ilustración universalista de gran envergadura, encabezada porJuan Andrés, creador da Historia universal das letras e as ciencias,Lorenzo Hervás eAntonio Eximeno, construtores de feito daComparatística moderna. Trátase dunha nutrida gama de intelectuais, algúns de primeira orde (Miguel Casiri,Raimundo Diosdado Caballero,Juan Bautista Muñoz,Juan da Concepción,Pedro Franco Dávila,Antonio José Cavanilles,José Celestino Mutis,Vicente Requeno,Juan Ignacio Molina, Pedro José Márquez,Francisco Javier Clavijero, entre outros), en boa parte xesuítas españois expulsados en 1767, pero tamén americanos e filipinos. É o que se veu en chamar Escola Universalista Española do século XVIII.[14]

A Ilustración en Galiza

[editar |editar a fonte]

En Galiza fundáronseSociedades Económicas de Amigos do País, coma a deSantiago (1784) ou a deLugo (1785). Amais, creouse a Academia de Agricultura do Reino de Galiza e fundouse o Real Consulado Marítimo da Coruña, que activou o comercio atlántico.

Os ilustrados galegos promoveron a resolución de cuestións concretas, coma o estado dos camiños, a necesidade de converter orío Miño en navegábel ou o fomento do comercio de gando.

No panorama intelectual, sobresaíron personalidades beneditinas comaBenito Xerónimo Feijoo ouMartín Sarmiento. Amais,Lucas Labrada escribiuDescrición económica do reino de Galiza.

A Ilustración en Hispanoamérica

[editar |editar a fonte]

AHispanoamérica chegaron as ideas da Ilustración a través da metrópole.[15] Existe, xunto ao marbete de Ilustración Española, o máis xeral de Ilustración Hispánica, que abarca tanto o español como o hispanoamericano.[16]

Nos ámbitos da política e a economía, as reformas impulsadas polo despotismo ilustrado a finais do reinado deFernando VI e durante o do seu sucesorCarlos III tiñan por obxecto reafirmar o dominio efectivo do goberno deMadrid sobre a sociedade colonial e conter ou frear o ascenso das elites crioulas.

As autoridades españolas procedían a unha explotación máis sistemática e profunda das colonias. Procuraban, ademais, fortalecer e aumentar amariña de guerra e establecer unidades do exército regular español nas diversas rexións deAmérica.

NoVicerreinado de Nova España (México), no ámbito dos colexios daCompañía de Xesús, vemos xurdir un importante grupo de científicos e filósofos ilustrados, encabezados porJosé Rafael Campoy (1723-1777), que defenden unha clara separación entre a filosofía e as ciencias naturais, unha maior especialización no estudo científico e unha simplificación no método do ensino filosófico, evitando as sutilezas siloxísticas, así como a submisión incondicional ás autoridades.[17] Neste grupo de estudosos que traballa principalmente naCidade de México,Tepotzotlán,Guadalaxara e Valladolid (Morelia), destacan o historiador e naturalista, xesuíta expulsado,Francisco Javier Clavijero (1731-1787), membro sobresaínte da Escola Universalista Española do século XVIII, que empregaba un método histórico sistemático e sorprendetemente moderno; o filósofoAndrés de Guevara e Basoazábal (1748-1801), que se basea en Bacon, Descartes e os censistas para expor a necesidade dunha filosofía moderna, xustificar o método indutivo e experimental, e denunciar o abuso do método dedutivo; e principalmenteJuan Benito Díaz de Gamarra e Dávalos (1745-1783), crítico da escolástica e defensor da ciencia e da modernidade, cuxo eclecticismo ilustrado está principalmente rexido polos valores do bo sentido, a racionalidade, a tolerancia e a utilidade para o home.

No sur do continente, o pensamento ilustrado tivo un primeiro gran pulo naReal Audiencia de Quito mediante a chamadaEscola da Concordia, fundada na cidade deQuito polo Dr.Eugenio Espejo en 1791, e á cal pertencían nobres da elite criolla e profesionais mestizos. Os pensamentos e debates xurdidos na Escola da Concordia plantaron as primeiras sementes de nacionalismo e independencia deSuramérica, xa que a partir de varios sucesos ocorridos cos seus diferentes membros, a ilustración propagaríase cara ao resto de territorios dos vicerreinados deNova Granada ePerú.

Ideas básicas

[editar |editar a fonte]

A ilustración presenta as seguintes ideas:

  • Empirismo: os ilustrados, en contra da obriga a aceptar as verdades en base á fe ou á autoridade de quen as proclama, contrapuxeron a experimentación para poder coñecer o mundo e conseguir o progreso. O coñecemento nace da experiencia e todo aquilo que non poida ser verificado pola mesma, como a fe ou a metafísica, non poden ser consideradas nun plano de igualdade co que nace do empírico, como a ciencia.
  • Criticismo: o ilustrado aspira a someter a crítica racional todo o coñecemento anterior, poñendo en cuestión todo o herdado por tradición ou imposto pola simple fe.
  • Desexo deCoñecemento: o ilustrado sente un enorme desexo de coñecer o mundo onde habita, de iluminalo, aínda que tamén sente a necesidade de dar a coñecer o aprendido.
  • Utopismo: Crese que a aplicación da razón a todos os aspectos da vida humana permitira unha mellora constante da sociedade e un progreso económico e cultural ilimitado.
  • Progreso eFelicidade: o ilustrado ao que aspira como obxectivo prioritario é a conseguir a felicidade neste mundo.
  • Reformismo: os ilustrados propoñen modernizar a sociedade mediante lentas reformas que sería levadas a cabo por reis e gobernos de carácter absolutista.[18]

Características

[editar |editar a fonte]

As características máis importantes desta corrente son:

  • Natureza: desexo de descubrir mediante a aplicación da razón e da observación asleis que rexen a natureza. Amor á natureza.
  • Razón: Fe constante no poder da razón humana, polo tanto, todo o racional erabo, mentres que o irracional era incorrecto.
  • Igualdade: Todos oshomes proceden da mesma natureza, polo que todos posúen a capacidade de razoar xa que todos son iguais.
  • Progreso: crenza no progreso dasociedade humana, para mellorar as condicións de vida e acadar a felicidade.
  • Liberdade: En cuestións políticas, relixiosas, intelectuais e económicas.
  • Deísmo: É a relixión natural. Tiña o seu fundamento en que Deus e a alma non podían ser coñecidos xa que eran algo abstracto, que non se percibe cos sentidos.
  • Moral laica: É independente da relixión, xa que os homes réxense por morais, non só porque Deus manda observalas, senón porque a razón esixe o respecto dosdereitos dos demais.[19]

O pensamento partía do suposto de que o ser humano nacera para ser feliz, de que a razón humana era capaz por si soa de acadar a verdade e dos principios fundamentais da teoría deJohn Locke e a partir de aí os filósofos ilustrados propuñan unha nova forma deEstado que garantise aliberdade, a seguridade e a prosperidade e que, como consecuencia fose representativa e non totalmente dependente da vontade domonarca. Pero para que trunfase está postura os filósofos eran conscientes que tiña que cambiar a sociedade e estar baseada natolerancia e a igualdade legal, pero non económica.[20][21][22]

Representantes

[editar |editar a fonte]

Os máximos representantes deste movemento foron:Montesquieu, que teorizou sobre a separación de poderes,Voltaire, defensor da liberdade de pensamento, eRousseau, que expresou o principio desoberanía nacional.[23]

  • Montesquieu: Era membro da nobreza francesa e admirador do réxime parlamentario inglés, xa que consideraba a este o mellor sistema político capaz de garantir aliberdade dos homes e impedir así o abuso dos gobernantes. Pero a súa maior achega foi a teoría daseparación de poderes (lexislativo, executivo e xudicial) na súa obraO espírito das leis para evitar o despotismo.
  • Voltaire: A súa filosofía era a defensa dos dereitos do home para seguir os ditados da súa razón á vez que dicía que o home debía seguir as súas ideas e opinións con respecto á relixión e a práctica da mesma. Voltaire cría no deísmo, xa que pensaba que Deus creara o Universo, pero que só lle dera o primeiro impulso, e que despois non interviñera en nada máis. Amais, promoveu a creación de parlamentos que limitasen o poder dos reis e a reforma dosistema fiscal para acabar cos privilexios.
  • Jean Jacques Rousseau: Os seus ideais partían do suposto de que os homes posúen dereitos naturais que deben ser respectados por todos, pero inclúe outro elemento como característica da natureza humana, a idea de que o estado natural era unha situación perfecta na cal todos os homes eran bos, pero que ao formarse na sociedade xorden as desigualdades e así o egoísmo. E isto ocasionou que os homes perderon os sentimentos morais concedidos pola natureza, para cambialos por unha actitude racionalista e fría que os afasta da súa bondade innata. Na súa obraO contrato social sostivo que o poder reside no pobo e que o Estado xorde coma resultado dun pacto ou contrato entre os cidadáns, concepción que inspirou o concepto desoberanía nacional[24].
  • Denis Diderot: critica a sociedade corrupta do seu tempo e é racionalista e materialista igual queVoltaire, sostén que as ciencias naturais permitirán o progreso técnico, polo que está en contra darelixión tradicional.
  • François Quesnay: Foi o cabeza dun grupo de pensadores que deron orixe ao movemento chamadofisiocracia e que desenvolveron unha teoría acerca das leis que rexen as actividades económicas. Esta teoría baséase no principio de que o desenvolvemento económico dun país está determinado polo nivel de produción agrícola e non pola riqueza metalúrxica que posúa.

Intelectuais influentes

[editar |editar a fonte]

A Era da Ilustración foi precedida e estivo estreitamente relacionada coarevolución científica.[25] Entre os filósofos anteriores cuxa obra influíu na Ilustración atópanse:Francis Bacon,Pierre Gassendi,René Descartes,Thomas Hobbes,Bento Spinoza,John Locke,Pierre Bayle, eGottfried Wilhelm Leibniz.[26][27] Algunhas das figuras da Ilustración foronCesare Beccaria,George Berkeley,Denis Diderot,David Hume,Immanuel Kant,Lord Monboddo,Montesquieu,Jean-Jacques Rousseau,Adam Smith,Hugo Grotius, eVoltaire.[28]

Unha das publicacións máis influentes da Ilustración foi a "Encyclopédie" ("Enciclopedia"). Publicada entre 1751 e 1772 en 35 volumes, foi compilada por Diderot,Jean Le Rond d'Alembert e un equipo de 150 persoas. A “'Encyclopédie”' contribuíu a difundir as ideas da Ilustración por toda Europa e máis aló.[29] Outras publicacións da Ilustración inclúen "Tratado sobre os principios do coñecemento humano" (1710) de Berkeley, "Cartas sobre os ingleses" (1733) e "Dicionario filosófico" (1764) de Voltaire; "Tratado da natureza humana" (1740), de Hume; "O espírito das leis" (1748), de Montesquieu; Discurso sobre a desigualdade (1754) e O contrato social (1762), de Rousseau;Dos delitos e dos castigos (1764), de Cesar Beccaria;A teoría dos sentimentos morais (1759) eA riqueza das nacións (1776), de Adam Smith; eCrítica da razón pura (1781), de Kant.[Cómpre referencia]

Temas

[editar |editar a fonte]

Filosofía

[editar |editar a fonte]
René Descartes, amplamente considerado unha figura fundamental no xurdimento dafilosofía moderna e da ciencia.

Oempirismo de Bacon e a filosofíaracionalista de Descartes sentaron as bases do pensamento ilustrado.[30] O intento de Descartes de construír as ciencias sobre unha basemetafísica segura non tivo tanto éxito como o seumétodo da dúbida aplicado á filosofía, que conduciu a unhadoutrina dualista da mente e a materia. O seuescepticismo foi refinado por Locke na súa obraEnsaio sobre o entendemento humano (1690) e polos escritos de Hume na década de 1740. O dualismo de Descartes foi cuestionado pola afirmación intransixente de Spinoza sobre a unidade da materia na súaTractatus (1670) eÉtica (1677).[31]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,31,41,5Martínez Ruiz & de Pazzis Pi Corrales 2008, p. 14.
  2. 2,02,12,22,3DDAA, The Great Encyclopedia in Catalan (2004) p. 8227
  3. Kors, Alan Charles. Encyclopedia of the Enlightenment. Oxford: Oxford UP, 2003. Print.
  4. Casey, Christopher (30 de outubro de 2008).""Grecian Grandeurs and the Rude Wasting of Old Time": Britain, the Elgin Marbles, and Post-Revolutionary Hellenism".Foundations. Volume III, Number 1. Arquivado dendeo orixinal o 13 de maio de 2009. Consultado o 25 de xuño de 2009. 
  5. Kingfisher Publications 2003, p. 211.
  6. Robert R. Palmer,The Age of the Democratic Revolution (1964)
  7. Russell, Bertrand.A History of Western Philosophy. p 492–494
  8. U. Im Hof,La Europa de la Ilustración, Barcelona, Crítica, 1993, cap I.
  9. Cf. Cf. F. Sánchez-Blanco Parody,Europa y el pensamiento español del siglo XVIII, Madrid, editorial Alianza, 1991.
  10. Ocampo Suárez-Valdés, Joaquín."Los catalanes en España y la Economía política de la Ilustración : ¿«Conquista pacífica» o Españas vencidas?".www.cervantesvirtual.com(encastelán). Consultado o 30 de xaneiro do 2024.Revista de historia moderna nº 29, 2011, pp.185-204. ISSN 0212-5862 
  11. J.A. Maravall, Estudios de la historia del pensamiento español (siglo XVIII), Madrid, Mondadori, 1991.
  12. Cf. F. Sánchez-Blanco Parody,Europa y el pensamiento español del siglo XVIII, ob. cit.
  13. Cf. P. Aullón de Haro,Los géneros ensayísticos en el siglo XVIII, Madrid, Taurus, 1987.
  14. Cf. P. Aullón de Haro,La Escuela Universalista Española del siglo XVIII, ob. cit.
  15. Cf. D. Soto Arango,La Ilustración en América Colonial. Bibliografía crítica, Madrid, CSIC, 1995.
  16. Cf. Araceli García Martín (ed.),La Ilustración Hispánica, ob. cit.
  17. Cf. S. Vargas Alquicira,La singularidad novohispana en los jesuitas del siglo XVIII, México, UNAM, 1989.
  18. Hooker, Richard (1996)."The European Enlightenment". Arquivado dendeo orixinal o 10 de xaneiro de 2008. Consultado o 18 de xaneiro de 2008. 
  19. Israel, J. (2001).Radical Enlightenment; Philosophy and the Making of Modernity 1650–1750. Oxford, Oxford University Press. p. 159. 
  20. Véxase Darnton,The Literary Underground, 184.
  21. Darnton,The Literary Underground, 135–147.
  22. Darnton,The Literary Underground, 13, 17.
  23. Frost, Martin (2008)."The age of Enlightenment". Arquivado dendeo orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 18 de xaneiro de 2008. 
  24. Fernández Bulete, Virgilio (2012).Ciencias socias historia. SM Xerme.ISBN 978-84-9854-281-3. 
  25. I. Bernard Cohen, "Scientific Revolution and Creativity in the Enlightenment."Eighteenth-Century Life 7.2 (1982): 41–54.
  26. Israel, Jonathan I.Democratic Enlightenment. Oxford: Oxford University Press 2011,9
  27. Sootin, Harry.Isaac Newton. New York: Messner (1955)
  28. Jeremy Black, "Ancien Regime and Enlightenment. Some Recent Writing on Seventeenth-and Eighteenth-Century Europe,"European History Quarterly 22.2 (1992): 247–55.
  29. Robert Darnton,The Business of Enlightenment: a publishing history of the Encyclopédie, 1775–1800 (2009).
  30. The Dream of Enlightenment: The Rise of Modern Philosophy. W. W. Norton & Company. 2016.ISBN 978-1-63149-208-2. 
  31. Rahman, Shoaib (2023).The Roots of Enlightenment: A HISTORICAL ANALYSIS OF THE AGE OF REASON IN THE EIGHTEENTH CENTURY EUROPE(eninglés) (Hardcover ed.). Fadew, Inc.ISBN 979-8-8681-1641-4. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Ilustración

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Becker, Carl L.The Heavenly City of the Eighteenth-Century Philosophers. (1932)
  • Bronner, Stephen. The Great Divide: The Enlightenment and its Critics
  • Burns, William.Science in the Enlightenment: An Encyclopædia (2003) 353pp
  • Chisick, Harvey.Historical Dictionary of the Enlightenment. 2005. 512 pp
  • Delon, Michel.Encyclopædia of the Enlightenment (2001) 1480pp
  • Dupre, Louis.The Enlightenment & the Intellectual Foundations of Modern Culture 2004
  • Gay, Peter.The Enlightenment: The Rise of Modern Paganism (1966, 2nd ed. 1995), 952 pp;The Enlightenment: The Science of Freedom, (1969 2nd ed. 1995)
  • Greensides F, Hyland P, Gomez O (ed.).The Enlightenment (2002)
  • Cowan, Brian,The Social Life of Coffee: The Emergence of the British Coffeehouse. New Haven: Yale University Press, 2005
  • Darnton, Robert.The Literary Underground of the Old Regime. (1982).
  • Edelstein, Dan.The Enlightenment: A Genealogy (University of Chicago Press; 2010) 209 pages
  • Golinski, Jan. "Science in the Enlightenment, Revisited,"History of Science (2011) 49#2 pp 217–231
  • Goodman, Dena.The Republic of Letters: A Cultural History of the French Enlightenment. (1994).
  • Hesse, Carla.The Other Enlightenment: How French Women Became Modern. Princeton: Princeton University Press, 2001.
  • Hankins, Thomas L.Science and the Enlightenment (1985).
  • Diderot, Denis.Rameau's Nephew andFirst Satire.' (2008).
  • Diderot, Denis. "Letter on the Blind" in Tunstall, Kate E.Blindness and Enlightenment. An Essay. With a new translation of Diderot's Letter on the Blind (Continuum, 2011)

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Conceptos
Pensadores
Alemaña
España
Estados Unidos
de América
Francia
Grecia
Irlanda
Italia
Países Baixos
Polonia
Portugal
Romanía
Rusia
Reino Unido
(Escocia)
Xenebra
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ilustración&oldid=7148660»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp