AsIllas Scilly (encórnico:Syllan) son unarquipélago do suroccidente deCornualla. Unha das illas,St Agnes, é o punto máis meridional deInglaterra, estando 6,4 km máis ó sur que o punto máis meridional da illa deGran Bretaña, enLizard Point.
Segundo o censo de 2011, a poboación das illas era de 2 203 persoas.[1] Scilly forma parte do condado cerimonial deCornualla, e algúns dos seus servizos convínanse cos de Cornualla. Porén, dende 1890, as illas teñen unha autoridade local separada da do condado. Dende a orde das Illas Scilly de 1930, esta autoridade ten o status de consello de condado e hoxe é coñecido como Consello das Illas Scilly.
O adxectivo en inglés "Scillonian" é empregado ás veces para referirse ós habitantes do arquipélago. ODucado de Cornualla é propietario vitalicio das illas. O turismo é a principal actividade económica local, xunto coa agricultura de flores de corte.