Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Illa de Man

Coord.:54°14′06″N4°31′30″O / 54.235,-4.525
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Man (homónimos).
Modelo:Xeografía políticaIlla de Man
Isle of Man (en)
Mannin (gv)Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2018)

HimnoArrane Ashoonagh dy VanninEditar o valor en Wikidata

Lema«Quocunque Jeceris, Stabit»
«Wohin du es auch wirfst, es wird stehen»
«Whithersoever you throw it, it will stand»
«Където и да го хвърлиш, ще стои»Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 54°14′06″N4°31′30″O / 54.235,-4.525
CapitalDouglasEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación84.523(2024)Editar o valor en Wikidata (147,77hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua manxEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie572 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Snaefell (621 m)Editar o valor en Wikidata
Creación 10 de maio de 1765Dependencia da Coroa británica causado por Lei de compra da Illa de Man de 1765Editar o valor en Wikidata
Santo padrónMaughold(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Organización política
• SeñorEditar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido(2022–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno da Illa de ManEditar o valor en Wikidata
• Ministro xefe da IllaEditar o valor en WikidataHoward QuayleEditar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoTynwald ,Editar o valor en Wikidata
Membro de
MoedaLibra da Illa de ManEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.imEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+44Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 e999Editar o valor en Wikidata
Código de paísIMEditar o valor en Wikidata

Sitio webgov.imEditar o valor en Wikidata

AIlla de Man (eninglés:Isle of Man; enmanx:Ellan Vannin[1]), tamén coñecida simplemente comoMann (manx Mannin), é unhaDependencia da Coroa británica, localizada noMar de Irlanda entre as illas deGran Bretaña eIrlanda. Oxefe de Estado é oRei Carlos III, que ostenta o título deSeñor de Man. O Señor de Man é representado por un Tenente Gobernador, pero as relacións exteriores e a defensa son responsabilidade do Goberno Británico.

A illa está habitada dende o -6500. Como unha das seisnacións celtas, ten grande influencia culturalgaélica dende oséculo V, e fálase alingua manx, da familia lingüísticagoidélica. En 627,Edwin de Northumbria conquistou a Illa de Man xunto con gran parte deMercia. Noséculo IX, ospobos nórdicos comezaron a asentarse na illa. Posteriormente, os nórdicos deEscocia estableceron oReino das Illas. O título dos reis levaría dende entón o sufixo "e das Illas".Magnus III, rei de Noruega, era tamén coñecido como "Rei de Mann e das Illas" como parte da civilización dasHébridas entre 1099 e 1103.[2] Xurdiu entón unha cultura nórdico-gaélica e a illa ficou baixo control nórdico. En 1266, a illa converteuse en parte deEscocia, formalizado noTratado de Perth. Despois dun período no que o control da illa alternouse entre os reis de Escocia e os deInglaterra, a illa pasou a formar parte do control feudal da Coroa Británica en 1399. O señorío revestiu na Coroa Británica en 1765, pero a illa nunca chegou a formar parte deGran Bretaña ou o posteriorReino Unido, mantendo o seu status como unha dependencia da Coroa gobernada internamente.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A Illa de Man enmanx éEllan Vannin, ondeellan significailla. A máis antiga forma deMan éManu ouMana,[3] que aparece encaso xenitivo comoVaninn, significando logoEllan Vannin "Illa de Man".

O nome Mana/u está relacionado coa figura damitoloxía celta coñecida comoManannán mac Lir entre os irlandeses e comoManawydan polos galeses.[4]

O nome aparece documentado na historia comoMona (Xulio César,-54), comoMonapia ouMonabia (Plinio o vello,77),Monœda (Tolomeo,150),Mevania ouMænavia (Orosio,416), eEubonia ouEumonia polos escritores irlandeses. Engalés aparece comoManaw, e nasSagas de islandeses éMön.[5][6][7][8]

Malia que a Illa de Man nunca foi incorporada óImperio romano, foi citada polos clásicos, que a chaman de varias formas, comoMonapia, engrego Mοναοιδα (Monaoida), Mοναρινα (Monarina),Menavi eMevania.[9] Os nomes engalés antigo eirlandés antigo para a Illa de Man,Manau eMano, coinciden coManaw Gododdin, o nome para unha antiga rexión do norte de Gran Bretaña ó longo doEstuario de Forth.[10] O nome está probablemente conectado coa denominación galesa para a illa deAnglesey,Ynys Môn[10] e posiblemente coa raíz celta reflectida no galésmynydd, nobretónmenez e nogaélico escocésmonadh,[10] tódolos cales significan "montaña" e derivan da raízprotoindoeuropea *men-, "elevarse".[11] Neste caso, o nome sería unha referencia á illa aparentemente erguéndose por riba doMar de Irlanda no horizonte.[12]

Historia

[editar |editar a fonte]
Matrícula dun automóbil da illa de Man.
Artigo principal:Historia da Illa de Man.

A Illa de Man formou un posto avanzado do reinoviquingo dende arredor do ano900 e parte doreino noruegués dasHébridas até oséculo XIII, momento en que pasou a ser administrada pola coroaescocesa. Noséculo XIV foi transferida ó control inglés e áCoroa Británica en1765.

Unha das actuais inquedanzas da illa inclúe resucitar o unha vez case extintomanx e a recente e significativa inmigración de persoas de procedencia non manesa que presta servizos no sector financeiro.

O período celta

[editar |editar a fonte]
Ruínas da Catedral de San Xermán na illa San Patricio.

O asentamento dos pobos celtas remóntase cara ao500 a.C.. A lingua manesa, pertencente á póla céltica, comezará a pasar dun dialecto a unha lingua propia só a partir do século V .

O cristianismo foi importado á Illa de Man polo predicador irlandésSan Patricio, con el chegaron despois moitos misioneiros de países celtas, e deIrlanda en particular, a efectuar misións cristiás a partir do ano 500 dc, nun territorio aínda moi sometido á influencia dosdruídas.

Estes misioneiros contribuíron á edificación de pequenas capelas nas que pregaban. Pero a falta de espazo obrigaba a practicar os bautismos e a predicación a ceo aberto.

Áchanse sobre a illa 35 cruces celtas (chamadaskeeills), pero existían alí canto menos 174 polo que citan documentos antigos . Estas cruces foron xeralmente erixidas sobre monumentos funerarios. As numerosas igrexas e as capelas foron edificadas sobre a localización de keeills.

Goberno e política

[editar |editar a fonte]

O soberano da Illa de Man é o Rei de Gran Bretaña en calidade de Señor de Man (actualmente o reiCarlos III). Represéntaa na illa un Gobernador Xeral, que é elixido pola Coroa por un período de cinco anos. A illa de Man goza dun goberno, un parlamento e un sistema xudicial totalmente independente do británico. Porén, os cidadáns de Man son cidadáns británicos.

A Coroa inglesa ten a responsabilidade última da dirección da administración da illa de Man, para o cal sérvese dos membros do Goberno británico, os cales actúan -nestes asuntos- en calidade de conselleiros da Raíña.

Aínda que o sistema xurídico británico non abrangue a illa de Man, o sistema legal de Man baséase nos principios do dereito común inglés.

Organización político-administrativa

[editar |editar a fonte]
Mapa dos "sheadings" da illa de Man.

A Illa de Man está dividida en seis distritos administrativos, chamados "sheadings". Os seis "sheadings" sonAyre,Glenfaba,Garff,Michael,Rushen eMiddle. Os "sheadings" forman a base dalgúns distritos electorais e cada un ten un "coroner". Este oficio non debe ser confundido co de "xuíz de instrución" (en inglés taméncoroner), un cargo desempeñado habitualmente polo Grande Alguacil. Unha persoa pode desempeñar o papel de "coroner" en máis dun "sheading" ao mesmo tempo.

O termo 'sheading' suponse un vocábulo nórdico para 'división naval'; cada distrito estaba responsabilizado de producir un número concreto de barcos de guerra. Tamén pode ser unha palabra de orixe celta significando 'sexta parte'.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Mapa da Illa de Man.

Omonte Snaefell (621 m), domina o centro da illa desde o seu cumio e, segundo un antigo dito popular, pódense ver sete reinos: os Reinos de Man,Escocia,Inglaterra,Irlanda,Gales, a Illa de Man e oCeo.

Demografía

[editar |editar a fonte]

De acordo co censo do 2001, a Illa de Man é fogar de 76,315 persoas, dos cales aproximadamente 25,347 residen na capital da illa,Douglas (Doolish). Isto fai que a illa teña unha densidade de poboación de 133 hab/km².

Cultura

[editar |editar a fonte]

A cultura da illa de Man está fortemente influenciada polas súas orixes célticas e nórdicas. Está actualmente gozando dun renacer do idioma gaélico autóctono ( omanx ) (Gaelg). Aínda que o derradeiro falante nativo morreu en 1974, cos nenos pequenos está volvéndose a empregar o manx. Hai hoxe 27 falantes nativos e outros 650 falantes. Omanx está estreitamente relacionado coGaélico escocés e oirlandés.Unha amplamente coñecida expresión manesa é "Traa Dy Liooar", que significa "o tempo basta" e representa un esteorotípico aspecto da actitude dos maneses ante a vida.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Ellan é a palabra manx para "illa" eVannin é o caso xenitivo deMannin, e significa "de Mann".
  2. Magnus 3 Olavsson Berrføtt – Norsk biografisk leksikon. Snl.no. Consultado o 29 de xullo de 2013.
  3. Kinvig, R. H. (1975).The Isle of Man: A Social, Cultural and Political History (3ª ed.). Liverpool University Press. p. 18.ISBN 0-85323-391-8. 
  4. Kneale, Victor (2006). "Ellan Vannin (Isle of Man). Britonia".Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. Santa Barbara: ABC-CLIO. p. 676. 
  5. Moore 1903, p. 84
  6. Sacheverell 1859, pp. 119–120
  7. Waldron 1726, p. 1
  8. Kinvig, R.H. (1975).The Isle of Man. A Social, Cultural and Political History. (3ª ed.). Liverpool University Press. pp. 18–19.ISBN 0-85323-391-8. 
  9. Rivet, A.L.F. & Smith, Colin (1979). "The Place Names of Roman Britain". Batsford. pp. 410–411. 
  10. 10,010,110,2Koch, John T. (2006).Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO Ltd. p. 676.ISBN 978-1-85109-440-0. 
  11. Indogermanisches Etymologisches Woerterbuch: Record number 1277 (Root / lemma: men-1)
  12. Koch, John T. (2006).Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO Ltd. p. 679.ISBN 978-1-85109-440-0. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Illa de ManModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:Illa de Man

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]


Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illa_de_Man&oldid=6561646»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp