Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Illa Raiatea

Coord.:16°49′S151°26′O / -16.82,-151.44
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlla Raiatea
Imaxe

Localización
Mapa
 16°49′S151°26′O / -16.82,-151.44
División administrativadepartamentos e territorios de ultramar de Francia
ColectividadePolinesia Francesa
ArquipélagoIllas de SotaventoEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación12.245(2012)Editar o valor en Wikidata (69,97hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie175 km²Editar o valor en Wikidata
Medición14 (ancho) ×20 (lonxitude) km
Bañado porOcéano PacíficoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Temehani(en)Traducir (1.017 m)Editar o valor en Wikidata

Omarae Taputapu´tea de Raiatea cuntiki.

Raaiatea (entahitianoRa'iātea) é unha illa dasillas de Sotavento, no arquipélago dasIllas da Sociedade naPolinesia Francesa. Está situada a 210 km ao oeste deTahití, entreHuahine, que se atopa a 40 km, eBora Bora.

Situado na costa sur atópase o histórico marae deTaputapuatea que foi construído no 1000AD.

A localidade principal de a'iātea é'Uturoa, o centro administrativo dasIllas de Sotavento (FrancésÎles Sous-le-vent). Tamén hai colexios que serven como o principal centro educativo desecundaria para os estudantes das illas da rexiónBora Bora,Taha'a,Huahine eMaupiti.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]
Marae Taputapuatea, un antigomarae mencionado nas tradicións dos pobos da Polinesia, incluíndo, por exemplo, osmaorís deNova Zelandia, que consideran este lugar como un marae sagrado dos seus antepasados. Aquí é onde a viaxe da canoa hawaianaHokule'a chegou na súa primeira viaxe en 1976.

A ortografía do nome notahitiano éRa'iātea, que significaceo brillante.Ulieta é unha obsoletatranscrición comunmente utilizada no século XIX.

Oextintopaxaro Ulieta era orixinario desta illa, xunto con outras especies descoñecidas. Só existe no mundo un debuxo desta ave, no Museo de Historia Natural de Londres.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Cunha superficie total de 167,7 km² é a segunda illa máis grande do arquipélago, logo de Tahití. Un arrecife de coral rodea ao mesmo tempo as illas de Raiatea eTahaa compartindo a mesma lagoa. A altitude máxima é de 1.017 m no monte Tefatoaiti. Na cadea montañosa da illa, Temehani, atópase unha flor única, endémica e símbolo da illa, atiare apetahi. Trátase dunhagardenia branca de cinco pétalos en forma de man que se abre de madrugada cun ruído característico.

A poboación total era de 12.545 habitantes no censo do 2007, distribuída en tres comunas: Uturoa (a capital), Taputapuatea e Tumara´a. Uturoa é, ademais, a capital administrativa das illas de Sotavento e o segundo centro urbano da Polinesia Francesa con preto de 10.000 habitantes, logo dePapeete.

Historia

[editar |editar a fonte]

Antigamente a illa chamábaseHavai´i, nome sacro na cultura polinesia e relacionado cos nomes deHawai;Savai'i, enSamoa; e Havaiki, antigo nome deFakarava nasTuamotu. Situada no centro do triángulo cultural daPolinesia, foi o punto de partida da última onda migratoria, notablemente aNova Zelandia eHawa. Nas illas da Sociedade exerceu unha grande influencia relixiosa e cultural. O gran templo (en tahitianomarae) de Taputapuatea, dedicado ao deus Oro, era o centro relixioso máis importante das illas. O seu culto suplantou ao doutros deuses tradicionais como Taaroa e Tane, e os diferentes marae eran subsidiarios do de Taputapuatea. Ao redor seu formouse a seitaarioi, mestura relixiosa, aristocrática, guerreira e festiva, que era respectada en todas as illas e conseguía, só coa súa presenza e o seu carácter de tabú, unha tregua nas guerras tribais.

Raiatea foi explorada polo inglésJames Cook en1769, que transcribiu o seu nome comoUlietea, nome que foi utilizado durante anos. ParaDomingo Bonaechea (1775) foiA Princesa. Hoxe en día coñécella co sobrenome de «a illa sacra».

O primeiro europeo en rexistrar o avistamento de Raiatea foiPedro Fernández de Quirós en 1606, bautizándoa comoFugitiva.[1] O navegante polinesio,Tupaia, que navegou co explorador James Cook, naceu en Ra'iatea ao redor de 1725.Omai (c.1751-1780), outro mozo de Ra'iatea, viaxou cos exploradores europeos aLondres en 1774 e tamén serviu como intérprete para o capitán Cook na súa segunda e terceira viaxes.

O reiTamatoa VI foi o último monarca, reinando desde 1884 a 1888.

Galería

[editar |editar a fonte]
  • Vista aérea da illa de Ra'iātea.
    Vista aérea da illa de Ra'iātea.
  • Uturoa, vista desde Tapioi
    Uturoa, vista desde Tapioi
  • Unha illa ao sur de Ra'iātea coa illa Huahine no fondo.
    Unha illa ao sur de Ra'iātea coa illaHuahine no fondo.
  • Vista da vila de 'Uturoa e o océano.
    Vista da vila de 'Uturoa e o océano.
  • Barco a at Ra'iātea.
    Barco a at Ra'iātea.
  • Outra vista do marae de Taputapuātea.
    Outra vista do marae de Taputapuātea.
  • Vista de Pora Pora desde Ra'iātea.
    Vista dePora Pora desde Ra'iātea.
  • Vainas de Vainilla secándose ao sol.
    Vainas deVainilla secándose ao sol.
  • Portrait of Omai, óleo sobre lenzo, de Sir Joshua Reynolds, 1776
    Portrait of Omai, óleo sobre lenzo, de SirJoshua Reynolds, 1776

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Burney, JamesA chronological history of the discoveries in the South Sea or Pacific Ocean London, 1803, vII, p.326.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Illa RaiateaModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illa_Raiatea&oldid=6853088»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp