Jarvis é unhailla deshabitada de 4,5 km² localizada a 0°22' a Sur e 160°03' a Oeste, no sur doocéano Pacífico, aproximadamente na metade do camiño entre oHawai e asIllas Cook. É un territorio dependente dosEstados Unidos, administrado deWashington polaUnited States Fish and Wildlife Service, que é parte daUnited States Department of the Interior, controlada polo sistema daNational Wildlife Refuge.
A illa foi descuberta en21 de agosto de1821 polo navíobritánicoEliza Francis, e foi nomeada polo seu comandante, Capitán Brown. Ela foi anexada polos Estados Unidos en1858, mais abandonada en1879 despois que toneladas de guano foran xa quitadas. A Gran Bretaña anexou a illa en1889, mais nunca realizou planos de exploración. Os depósitos deguano foron minerados ata o final do século XIX. Os EUA ocuparon e reclamaron a illa en1935.
O poboado deMillersville, na parte oeste da illa, foi utilizado como unha estación meteorolóxica de1935 ata o inicio dasegunda guerra mundial, cando foi entón abandonado; só foi reocupado en1957 por científicos, durante oAno Internacional da Xeofísica, porén novamente abandonado en1958.
A visita pública á Illa Jarvis require unha licenza especial daU.S. Fish and Wildlife Service, e é xeralmente restrinxido a científicos e educadores. A illa é visitada anualmente polaU.S. Fish and Wildlife Service e pola Garda Costeira Americana.
Non hai portos nin peiraos na illa, mais hai puntos de ancoradoiro próximos á costa. Só hai área de desembarque de barcos no medio da costa oeste e outro preto da parte suroeste dailla. Un faro diúrno érguese no medio da costa oeste.
O clima é tropical, con escasas choivas, ventos constantes e sol forte. Variando do nivel do mar a 7 metros de altura, o terreo é areoso, e a illa decorais é circundada por unha estreita orla dearrecifes. Os seus pequenosgramados, as súasviñas, e os seusarbustos son, principalmente, unhábitat para aniñaren e alimentárensepaxaros mariños,costeiros, e avida mariña. Non haiauga mineral na illa.

|
|---|
| Estados | | |
|---|
| Distrito Federal | |
|---|
| Áreas insulares | |
|---|
| Illas exteriores | |
|---|