Il trovatore (engalego O trobador ) é unhaópera en catro actos con música deGiuseppe Verdi elibreto enitaliano deSalvatore Cammarano , baseada na obra de teatroEl trovador (1836 ) deAntonio García Gutiérrez . Foi estreada noTeatro Apollo deRoma , o19 de xaneiro de1853 .[ 4] Forma parte, xunto conRigoletto eLa traviata , da chamada "triloxía verdiana", formada polas óperas máis populares de Verdi escritas de xeito consecutivo.
Cammarano morreu a mediados de1852 antes de rematar o libreto, feito que dou ao compositor a oportunidade de propor revisións significativas, que baixo a súa dirección realizou o xove libretistaLeone Emanuele Bardare ,[ 5] e se ven en gran medida na ampliación do papel de Leonora.
A trama -intricada e novelesca- desenvólvese entreBiscaia eAragón , no marco da revolta deJaume d'Urgel a principios doséculo XV contraFernando de Antequera , a raíz do resultado doCompromiso de Casp , ao que se chegou logo da morte sen fillos deMartiño o Humano .[ 6]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea,19 de xaneiro de 1853[ 7] (Director : – ) Versión revisada en francés (Le trouvère ),12 de xaneiro de 1857[ 8] (Director: – ) Conde de Luna,un nobre ao servizo do príncipe de Aragón barítono Giovanni Guicciardi Marc Bonnehée Manrico,un trobador e oficial no exército do príncipe de Urgell tenor Carlo Baucardé Louis Guéymard Azucena,unha xitana, supostamente nai de Manrico mezzosoprano Emilia Goggi AdelaideBorghi-Mamo Leonora,dama nobre, namorada de Manrico e cortexada por De Luna soprano Rosina Penco PaulineGuéymard-Lauters Ferrando,oficial de Luna baixo Arcangelo Balderi Prosper Dérivis Ines,confidente de Leonora soprano Francesca Quadri Mme Dameron Ruiz,secuaz de Manrico tenor Giuseppe Bazzoli Sapin Un vello xitano baixo Raffaele Marconi Un mensaxeiro tenor Luigi Fani Amigos de Leonora, monxas, lacaios do conde, guerreiros, xitanos
↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008).Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 172–173.ISBN 978-84-670-2605-4 . ↑ Roger Alier, Marc Heilbron e Fernando Sans Rivière:La discoteca ideal de la ópera ,Editorial Planeta , S. A., 1995.ISBN 84-08-01285-1 . ↑ José María Martín Triana:El libro de la ópera , segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial,ISBN 84-206-0284-1 . ↑ Budden, Vol. 2, p. 66 ↑ Budden, Vol. 2, p. 65 ↑ Alier, Roger Guia Universal de la ópera . Barcelona, 2007, Edicións Robinbook. Pág. 912.ISBN 978-84-96924-03-1 ↑ Lista de cantantes tomada de Budden, p. 58. ↑ Lista de cantantes tomada de Pitou, p. 1335.