Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ikurriña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do País Vasco
Bandeira do País Vasco
Características
Uso
Proporción14:25
Adopción18 de decembro de1978
Cores     Vermello     Verde     Branco

Aikurriña[1] (enéuscaro:ikurrina,[2] e cuxa pronunciación é igual cá anterior) é abandeira dopobo vasco[3] e símbolo oficial dacomunidade autónoma doPaís Vasco. Esta bandeira consiste nunha cruz branca sobre unha cruz verde oblicua sobre un campo vermello. Foi deseñada en1894 polos irmánsLuis eSabino Arana Goiri.

Terminoloxía

[editar |editar a fonte]

O termo é unneoloxismo creado porLuis eSabino Arana, a partir deikur "marca, sinal" (que tamén é un neoloxismo extraído deirakurri "ler"), comparable áSenyera catalá ou aoMerkið feroés. Enéuscaro, ten o significado xenérico de "bandeira", mais especialmente aquela dePaís Vasco, segundo é definido polaEuskaltzaindia (a Real Academia da Lingua Éuscara).[2] A ortografía orixinal enbiscaíño dos Aranas era ikuŕiñ (p -a final é o artigo definido vasco, en singular). A ortografía vasca estándar moderna éikurrin.

Historia

[editar |editar a fonte]
Ikurriña coas proporcións do deseño orixinal dos irmáns Arana.

Segundo explicaba Arana (por exemplo, en 1895, por boca dun personaxebizkaitarra enLa bandera feniciaArquivado 01 de maio de 2007 enWayback Machine.), o deseño da bandeira baseouse no do escudo de Biscaia. Ten un fondo vermello, cor do señorío de Biscaia e, segundo Arana, cor do antigo fondo do escudo. Sobre este fondo, superponse unha aspa verde, símbolo do apóstolosanto André, patrón de Biscaia, tomada das sete cruces da bordura do escudo. Simbolizaría a independencia biscaina por terse acadado o día de santo André avitoria de Arrigoriaga contra os españois. Á cruz de santo André superponse unha cruz branca, símbolo da relixión católica, como a que aparece inserida no carballo do escudo. Esta orde na colocación das cruces significaba que a lexislación biscaína debía "supeditarse en todo ás leis relixiosas e morais".

Arana deseñou esbozos de bandeiras para outros territorios vascos, pero non se chegaron a difundir. A ikurriña, inicialmente símbolo de Biscaia, converteuse nuns anos en símbolo doPaís Vasco, arreconchegando símbolos máis antigos como olauburu ou oarrano beltza (aguia negra) doReino de Navarra. Adoptouse como estandarte oficial do País Vasco en1934, pero foi ilegalizada polo goberno militar sublevado en 1936. Durante o goberno de Francisco Franco a súa exhibición foi duramente perseguida en España, o que a converteu nun símbolo antifranquista. En parte por iso, foise popularizando noPaís Vasco francés. Durante os inicios da transición española trala morte de Franco, a súa exhibición seguiu sendo castigada en ocasións, pero relaxouse a presión. Así, por exemplo, o 5 de decembro de 1976, ó inicio dun partido de fútbol entre aReal Sociedad deDonostia e oAthletic Club deBilbao, os capitáns de ambos os equipos saíron ó campo portando unha ikurriña, sen ser detidos. O 19 de xaneiro de 1977 volveu a permitirse o seu uso en España, e en 1979 o estatuto do País Vasco recoñeceuna como a bandeira oficial.

Utilízana tamén os nacionalistas vascos enNavarra. NoPaís Vasco francés, aínda que non é oficial, é un símbolo aceptado pola práctica totalidade dos habitantes como símbolo cultural.

Na Comunidade Foral Navarra, principalmente na zona vascófona, varios concellos exhibían a ikurriña nas súas fachadas: o deLeiza, por exemplo, facíao desde a legalización da bandeira en 1977. Esta situación cambiou despois de que en 2003 o Parlamento Navarro aprobara aLei Foral de Símbolos de Navarra. Esta lei obriga a tódalas entidades da Administración Local de Navarra a exhibir abandeira de Navarra no exterior de tódalas súas sedes e edificios de servizos públicos, así como en despachos e salóns de plenos corporativos e prohibe que ondeen máis bandeiras que a oficial de cada entidade local, a bandeira oficial de Navarra, abandeira de España, e aBandeira da Unión Europea, salvo por protocolo en actos de irmandamento ou en visitas oficiais de autoridades doutro país, comunidade autónoma ou entidade local. Baseándose nesta lei, as autoridades forais denunciaron e pediron a inhabilitación de alcaldes que permitían a colocación de ikurriñas nos edificios municipais.

Por isto algúns concellos navarros recorren a invitar a conselleiros da comunidade autónoma do País Vasco ás súas festas locais, podendo colgar así legalmente a ikurriña nas fachadas das casas consistoriais. Outros concellos navarros colocan o estandarte nun lugar público destacado alleo ó consistorio, como se fai en varios municipios da comunidade autónoma vasca, onde si é legal que a ikurriña ondee na fachada, pero só cando se coloca a bandeira española en lugar preferente. Moitos outros concellos navarros limítanse a facer ondear as bandeiras oficiais.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Ikurriña".Diciopedia do século 212.Edicións do Cumio,Galaxia edo Castro. 2006. p. 1089. 
  2. 2,02,1Euskaltzaindia:Dictionary of the Standard BasqueArquivado 09 de abril de 2011 enWayback Machine., consultado o 4 de outubro de 2010.
  3. No Dicionario Único regulado pola Euskaltzaindia, o termoikurrin ten o seguinte significado: "bandeira, especialmente doPaís Vasco".

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  IkurriñaModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:País Vasco

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ikurriña&oldid=6955542»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp